Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Loading in …3
×
1 of 15

9º domingo trindade b 2012 bene pagola

0

Share

Download to read offline

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

9º domingo trindade b 2012 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Anuncia a todos que Deus é o noso mellor Amigo. Pásao 3 de xuño de 2012 Santísima Trindade (B) Mateu 28, 16-20 Música:Bach;present: B. Areskurrinaga HC;
  2. 2. No núcleo da fe cristiá nun Deus trinitario hai unha afirmación esencial. Deus non é un ser tebroso e impenetrable, encerrado egoistamente en si mesmo. Deus é Amor e só Amor.
  3. 3. Os cristiáns cremos que no misterio último da realidade, dando sentido e consistencia a todo, no hai senón Amor.
  4. 4. Xesús non escribiu ningún tratado acerca de Deus. En ningún momento o encontramos expoñendo aos campesiños de Galilea doutrina sobre El. Para Xesús, Deus non é un concepto, unha bela teoría, unha definición sublime. Deus é o mellor Amigo do ser humano.
  5. 5. Os investigadores non dubidan dun dato que recollen os evanxeos. A xente que escoitaba a Xesús falar de Deus e o vía actuar no seu nome, experimentaba a Deus como unha Boa Nova.
  6. 6. O que Xesús di de Deus resúltalles algo novo e bo. a experiencia que comunica e contaxia parécelles a mellor noticia que poden escoitar de Deus. Por que?
  7. 7. Tal vez o primeiro que captan é que Deus é de todos, non só dos que se senten dignos para presentarse ante El no templo. Deus non está atado a un lugar sagrado. Non pertence a unha relixión. Non é propiedade dos piadosos que peregrinan a Xerusalén.
  8. 8. Segundo Xesús, “fai saír o seu sol sobre bos e malos". Deus non exclúe nin discrimina a ninguén. Xesús invita a todos a confiar nel: “Cando oredes dicide: Pai!”.
  9. 9. Con Xesús van descubrindo que Deus non é só dos que se achegan a El cargados de méritos. Antes que a eles, escoita os que lle piden compaixón porque se senten pecadores sen remedio.
  10. 10. Segundo Xesús, Deus anda sempre buscando os que viven perdidos. Por iso se sente tan amigo de pecadores. Por iso dilles que El “veu buscar e salvar o que estaba perdido”.
  11. 11. Tamén se dan conta de que Deus non é só dos sabios e entendidos. Xesús dálle grazas ao Pai porque lle gusta revelar aos pequenos cousas que lles quedan ocultas aos ilustrados.
  12. 12. Deus ten menos problemas para entenderse co pobo sinxelo que cos doutos que cren sabelo todo
  13. 13. Pero foi, sen dúbida, a vida de Xesús, dedicado en nome de Deus a aliviar o sufrimento dos enfermos, liberar a posuídos por espíritos malignos, rescatar a leprosos da marxinación, ofrecer o perdón a pecadores e prostitutas..., o que os convenceu que Xesús experimentaba a Deus como o mellor Amigo do ser humano, que só busca o noso ben e só se opón ao que nos fai dano.
  14. 14. Os seguidores de Xesús nunca puxeron en dúbida que o Deus encarnado e revelado en Xesús é Amor e só Amor cara a todos.
  15. 15. O MELLOR AMIGO   No núcleo d a fe cristiá nun Deus trinitario hai unha afirmación esencial. Deus non é un ser tebroso e impenetrable, encerrado egoistamente en si mesmo. Deus é Amor e só Amor. Os cristiáns cremos que no misterio último da realidade, dando sentido e consistencia a todo, non hai senón Amor. Xesús non escribiu ningún tratado acerca de Deus. En ningún momento o encontramos expoñendo aos campesiños de Galilea doutrina sobre el. Para Xesús, Deus non é un concepto, unha bela teoría, unha definición sublime. Deus é o mellor Amigo do ser humano. Os investigadores non dubidan dun dato que recollen os evanxeos. A xente que escoitaba a Xesús falar de Deus e o vía actuar no seu nome, experimentaba a Deus como unha Boa Nova. O que Xesús di de Deus resúltalles algo novo e bo. A experiencia que comunica e contaxia parécelles a mellor noticia que poden escoitar de Deus. Por que? Tal vez o primeiro que captan é que Deus é de todos, non só dos que se senten dignos para presentarse ante El no templo. Deus non está atado a un lugar sagrado. Non pertence a unha relixión. Non é propiedade dos piadosos que peregrinan a Xerusalén. Segundo Xesús, “fai saír o seu sol sobre bos e malos". Deus non exclúe nin discrimina a ninguén. Xesús invita a todos a confiar nel: "Cando oredes dicide: Pai!". Con Xesús van descubrindo que Deus non é só dos que se acercan a El cargados de méritos. Antes que a eles, escoita aos que lle piden compaixón porque se senten pecadores sen remedio. Segundo Xesús, Deus anda sempre buscando os que viven perdidos. Por iso séntese tan amigo de pecadores. Por iso dilles que El "veu buscar e salvar o que estaba perdido". Tamén se dan conta de que Deus non é só dos sabios e entendidos. Xesús dálle grazas ao Pai porque lle gusta revelar aos pequenos cousas que lles quedan ocultas aos ilustrados. Deus ten menos problemas para entenderse co pobo sinxelo que cos doutos que cren sabelo todo. Pero foi, sen dúbida, a vida de Xesús, dedicado en nome de Deus a aliviar o sufrimento dos enfermos, liberar a posuídos por espíritos malignos, rescatar a leprosos da marxinación, ofrecer o perdón a pecadores e prostitutas..., o que os convenceu que Xesús experimentaba a Deus como o mellor Amigo do ser humano, que só busca o noso ben e só se opón ao que nos fai dano. Os seguidores de Xesús nunca puxeron en dúbida que o Deus encarnado e revelado en Xesús é Amor e só Amor cara a todos.   José Antonio Pagola

×