Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

7º pascua ascensión b asunción 2012

349 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

7º pascua ascensión b asunción 2012

  1. 1. Quen se inclina cara aos demais...Texto: Marcos 16, 15-20 // Ascensión de Xesús –B-Comentarios e presentación: Asun Gutiérrez.Música: Dvorák. Sinfonía do Novo Mundo.
  2. 2. Lemos hoxe os últimos versículos do evanxeo deMarcos tal e como os encontramos actualmentenas nosas biblias.Este evanxeo acababa originalmente en Mc 16,8, o calresulta chocante porque deixaba sen contar asaparicións do Resucitado e a súa ascensión ao ceocomo fan Mateu e Lucas.Iso fixo que no século II se engadise un apéndice,a veces chamado “o final longo de Marcos”.Aínda que non forme parte da obra primitiva, foiconsiderado sempre canónico.
  3. 3. E díxolles:– Ide por todo o mundo e proclamade a Boa Nova a toda criatura. O que crea e se bautice, salvarase, pero o que non crea, condenarase. A Ascensión de Xesús non é un afastamento ou unha despedida, senón o comezo dun novo modo da presenza de Xesús. El é un amor que nunca se retira. A súa ausencia física abre un tempo novo: o tempo do testemuño. A mensaxe de Xesús é universal e mira á humanidade enteira. xa non hai un só pobo elixido, senón que é toda a humanidade a elixida e destinada a experimentar a salvación de Deus.
  4. 4. Aos que crean, acompañaranlles estes sinais: expulsarán demosno meu nome, falarán en linguas novas, collerán serpes coassúas mans , aínda que beban veleno, non lles fará dano;impoñerán as mans aos enfermos e estes curarán. O evanxelista describe os signos que naquela época e cultura eran signos palpables da presenza divina. Hoxe, igual que entón, o anuncio da Boa Nova ha de ir acompañado de signos de vida e de liberación. Somos enviados a anunciar a Boa Nova, non a ser profetas de calamidades. Practicando a arte de acoller, de agarimar, de curar, de amparar. Porque tenrura, liberación e abeiro era o que as persoas sentían cando se achegaban a Xesús. O mesmo que hoxe esperan encontrar nos seus seguidoras e seguidores.
  5. 5. Despois de falarlles, o Señor Xesús foi elevado ao ceo Xesús segue trastocando a escala de valores do mundo. Sobe Xesús, e con El sobe a condición humana. Sobe Xesús, e sobe a nosa esperanza nun mundo mellor, máis humano.Sobe Xesús, e sobe o noso espírito de servizo, o altruísmo, a solidaridade... Sobe Xesús, e baixan o egoísmo, a prepotencia, a indiferenza, a ambición, a explotación.Como Xesús, teñamos os ollos sempre alzados ao ceo, pisando forte a terra e arrimando o ombreiro á tarefa que nos deixou: a construción do Reino, que é promesa... e realidade gozosa.
  6. 6. e sentou á dereita de Deus. O evanxelista utiliza unha imaxe gráfica. Xesús Resucitado non ocupa un lugar físico nin se encontra en ninguna das dimensións que coñecemos. O importante é que Xesús segue vivindo a mesma vida do Pai, o que é para nós motivo de alegría e de esperanza.O que é realidade para Xesús, é realidad para nós, que tamén estamos chamados a ir ao ceo, con El, a carón do Pai. Con que actitude e con que sentimiento espero ese momento: con angustia, con certa incredulidade, con alegría, con anhelo..?
  7. 7. Eles saíron a predicar por todas partes e o Señor cooperaba con eles, confirmando a palabra cos sinais que os acompañaban.Xesús déixanos o encargo de amosar, coas nosas palabras e a nosa vida, o modeloque nos deixou: a súa humanidade profunda, a súa personalidade sensible, a súamirada misericordiosa, a súa capacidade de servir con liberdade e solidariedade e acoherencia que ha de existir entre o que se anuncia e o que se practica. É a misiónde todos os seus seguidores e seguidoras, sen excepción, facer presente a súapresenza no mundo, comunicar a Boa Nova, ser Boa Nova.Xesús segue cooperando connosco: “Sabede que eu estou convosco todos os días atao fin do mundo” (Última frase do evanxeo de Mateu).
  8. 8. Facede discípulos meus, non mestres;Facede persoas, non escravos;Facede camiñantes, non xente asentada,facede servidores, non xefes. Facede irmáns.Facede buscadores da verdade, non amos de certezas,Facede poetas, non pragmáticos.Facede persoas arriscadas, non espectadores. Facede irmáns.Facede profetas, non cortesáns,Facede xente inqueda, non satisfeita;Facede persoas libres, non leguleias;Facede xente evanxélica, non agoreira. Facede irmáns.Facede artistas, non soldados,Facede testemuñas, non inquisidores.Facede amigos de camiño. Facede irmáns.Facede persoas de encontro, con entrañas e tenrura, con promesase esperanzas, con presenza e paciencia, con misión e envío. Facede irmáns.Facede discípulos meus; dádelles todo o que eu vos dei e sentídevos irmáns. Ulibarri Fl.

×