Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

6º pascua b 2012

326 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

6º pascua b 2012

  1. 1. “ A vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer. Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós”. Xn 15, 12-16
  2. 2. Non é fácil hablar do amor.Preferimos falar de amores concretos. E neste caso, falamos máis dos amores e amoríos dos demais que dos nosos.
  3. 3. Só os que viven de airear as súas peripecias amorosas parecen ter perdido o pudor. E, con todo, o pudor é a defensa da intimidade e da liberdade persoal.
  4. 4. Non se expón na praza o milagre da tenrura que supón o sabernos amados por alguén.
  5. 5. Aínda que teñamos feito mil cousas na vida, se temos deixado de amar, perdemos a viaxe. Perdémonos a nós mesmos.
  6. 6. Amar é saber que alguén conta connosco. Nacemos do amor.E nacemos tamén para o amor.
  7. 7. No evanxeo de hoxe, Xesús fala do amor.Sabe El que aínda as persoasmáis despegadas dos demais,aspiran a vivir un amor grande.E sabe que non é fácil encontrar a medida para calcular a cantidade e a calidade doamor.
  8. 8. “Este é o meu mandamento:Xesús dixera aos seus: que vos amedes uns a outros como eu vos amei”.Unha vida non abondará para descubrir a riqueza daquelas palabras.
  9. 9. Tratábase dun mandamento: O seu, propio e característico. Sempre existira o amor, pero agora presentábase como o testamento último do Señor.
  10. 10. Amarse uns a outros é unha aventura de universalidade e totalidade.Non se cumpre cando un se limita a “ser bo amigo dos seus amigos”. Iso fano tamén os pagáns. e ata os animais.
  11. 11. Amar coma El amou. Esa é a medida do amor cristián. Seremos cristiánsos que amemos coma El: é dicir, ata a morte.
  12. 12. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Relaxación con violíns

×