Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

5º pascua b vide e bacelos 2012

297 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

5º pascua b vide e bacelos 2012

  1. 1. Son bos froitos os que proceden do Espírito de Xesús . O Espírito de Xesús é non buscar ser servido senón servir, estar aos pés dos demais para lavar os pés a calquera.O Espírito de Xesús é compadecerse sempre, sentirse afectado polas necesidades do outro, e poñerse á disposición para curar, aliviar, o que faga falta. Todo o Espírito de servizo, de compaixón coa xente, de entrega persoal por facer humanidade, é o Espírito de Xesús. Se ese é o noso Espírito, estamos enxertados nel, somos bacelos vivos. José Enrique GalarretaTexto: Jn, 15, 1-8 // Pascua 5 B.Comentarios e presentación: Asun Gutiérrez.Música: Mahler. Sinfonía 5ª. Adagietto.
  2. 2. O texto de hoxe e o do próximodomingo forman parte dochamado “discurso dedespedida”. Xesús comparte É como o seumesa e confidencias. testamento espiritual.Abre os seus beizose o seu corazón nunha cea quesabe a amor e a despedida.Trátase de dous discursose unha longa oración que Xesúspronuncia durante a última cea.
  3. 3. Eu son a vide verdadeira, e meu Pai é o viñateiro. O Pai corta todos os bacelos unidos a min que non dan froito e poda os que dan froito, para que dean máis froito.Xesús non di que El é a cepa ou o tronco da planta, di que é a vide, incluíndo tamén os bacelos e o froito. A poda é o labor constante e amoroso do Pai. A limpeza, o crecemento, o coidado da planta, necesita a poda.O viñateiro poda os brotes de soberbia, de egoísmo, de rutina, de insolidariedade... Poda, con esmero e cariño, todo o que impide dar froito.Os seus coidados sempre están dirixidos a axudarnos a dar máis e mellores froitos.
  4. 4. Vós xa estades limpios, grazas ás palabras que vos comuniquei.Permanecede unidos a min, como eu o estou a vós.Ningún bacelo pode producir froito por si mesmo, sen estar unido á vide, eo mesmo vos ocorrerá a vós, se non estades unidos a min.A Palabra de Xesús , a relación achegada e persoal con El limpa e libera.Vide e bacelos forman un todo. É unha unión íntima e total.Os bacelos necesitan recibir a Seiva, o Espírito, a Vida, da Vide.A auténtica vitalidade cristiá amósase na “permanencia” en Xesús e na súaPalabra, para poder dar froito, para ter e comunicar vida.
  5. 5. Eu son a vide, vós os bacelos. O que permanece unido a min, como eu estou unido a el, produce moito froito; porque sen min non podedes facer nada.Só Xesús pode dicir “sen min non podedes facer nada”. Ninguén pode nin debeintentar, ou parecer que o intenta, asumir ese protagonismo. El é a vide, nós osbacelos unidos á Vide. A unión é con El. El é quen pon nova forza, liberdade,vitalidade e alegría en nosa vida..Cada “bacelo”, unido á Vide, ten un crecemento que efectuar e unha misiónque realizar.
  6. 6. O que non permanece unido a min, é botado fóra, como os bacelos que se secan e son amontoados e botados ao lume para ser queimados.O Pai sabe que hai en cada un de nós que debe ser cortado, eliminado, purificado,queimado.Fai os cortes necesarios, con mestría e tenrura, para dar enerxía e vida, paraorientar, para axudar a crecer e a dar froito.El traballa en min, facendo a miña vida fecunda só con deixalo actuar.
  7. 7. Se permanecedes unidos a min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e terédelo. Meu Pai recibe gloria cando producides froito en abundancia, e os manifestades así como discípulos meus.As expresións que repite Xesús son: “permanecer” e “dar froito”.A imaxe da vide e os bacelos amosan o que era ser discípulo para a comunidadexoánica e para os cristiáns de todos os tempos : estar unido a Xesús, escoitar,actualizar e facer vida a súa palabra e implicarse na realidade = dar froito.Actuar así dá gloria ao Pai e sentido pleno e alegría profunda á vida.En que noto e en que notan que estou unido a Xesús ?
  8. 8. Pódanos o Pai, iso dis Ti. Poda os que dan froito, para que dean máis. Pódannos os amigos, o grupo, a comunidade, a través das relacións claras e fraternais; a través da axuda, a crítica e a experiencia. Pódannos cando poñen en crise o noso estilo de vida e a escala de valores; cando nos fan afrontar as incoherencias e zonas escuras de noso ser. Algúns pódanse a si mesmos para dar más froito. Saben dicir non a certas cousas. A maioría das podas veñen sen buscalas. Tráeas a vida cando menos o esperas; son podas involuntarias, imprevistas, a veces duras e dolorosas, e non sempre as aceptamos como algo positivo. Involuntaria ou voluntaria, a tempo ou a destempo, asumida ou rexeitada,a poda é o secredo das persoas que se fixeron fortes, dos hombres e mulleres que dan froito, dos que teñen vida. Pódanos, Señor! Pódame, Señor! Ulibarri, Fl.

×