Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

5º domingo tob 2012

559 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

5º domingo tob 2012

  1. 1. Á tardiña, cando se puxo o sol, leváronlle todos os enfermos e posuídos. Curou a moitos enfermos de diversos males e expulsou moitos demoños. ( Marcos 1, 29.32-34) 5º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B
  2. 2. Benedicto XVI presenta as obras sociais que, en nome do amor, os cristiáns realizaron a través dos séculos.
  3. 3. O Papa recorda que o emperador Xuliano o Apóstata tratou de imitar a actividade caritativa da Igrexa.
  4. 4. O evanxeo de hoxe conta que Xesús curou a sogra de Pedro. Xesús tomouna da man, e ela ergueuse e púxose a servir os seus hóspedes.
  5. 5. Hai un paso que vai da servidume ao servizo. E é Xesús quen o fai posible cun xesto - o de tocar a unha muller enferma - que non era ben visto nun rabino.
  6. 6. Peor visto era iso de quebrantar o descanso sabático, aínda que fose para curar unha enfermidade. Estes xestos indican que Xesús é a nova Lei, que vén substituír a antiga.
  7. 7. Xesús non rexeita os que sofren, nin se sente esmagado polas xentes que acoden a el. Nel amósase o poder de Deus. e tamén a súa misericordia.
  8. 8. A fe non é verdadeira se non se manifesta na busca fiel de Aquel en quen se di crer. Buscar a Xesús implica prestar atención á súa mensaxe e seguilo con xenerosidade. TODO O MUNDO TE BUSCA
  9. 9. No medio dun mundo marcado pola indiferenza, a increnza e a persecución aos crentes, hai moitas persoas que andan buscando o rastro do relixioso. Haberá que axudalas a pasar de crer en algo a crer en Alguén. TODO O MUNDO TE BUSCA
  10. 10. Señor Xesús, moitos buscaban en ti a curación e a saúde. Queremos buscarte polo que ti es. Amósate a este mundo «para que te encontre o que te busca». Amén.
  11. 11. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR –Salamanca Presentación: Antonia Castro Panero Música: Nos autem

×