Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

5º domingo toa 2014 bene pagola

753 views

Published on

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

5º domingo toa 2014 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a construír unha Igrexa máis fiel a Xesús. Pásao. Música:Mahler Adagio Sinfonia 5 Present.: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain 9 de febreIro de 2014 5º Tempo ordinario (A) Mateu 5, 13-16
  2. 2. Xesús dá a coñecer con dúas imaxes audaces e sorprendentes o que pensa e espera dos seus seguidores. Non han de vivir pensando sempre nos seus propios intereses, o seu prestixio o seu poder. Aínda que son un grupo pequeno no medio do vasto Imperio de Roma, han de ser o “sal” que necesita a terra e a “luz” que lle fai falla ao mundo..
  3. 3. “Vós sodes o sal da terra”. As xentes sinxelas de Galilea captan espontaneamente a linguaxe de Xesús. Todo o mundo sabe que o sal serve, sobre todo, para dar sabor á comida e para preservar os alimentos da corrupción.
  4. 4. Do mesmo modo, os discípulos de Xesús han de contribuír a que as xentes saboreen a vida sen caer na corrupción.
  5. 5. “Vós sodes a luz do mundo”. Sen a luz do sol, o mundo queda a escuras e non podemos orientarnos nin gozar da vida no medio das tebras.
  6. 6. Os discípulos de Xesús poden achegar a luz que necesitamos para orientarnos, afondar no senso último da existencia e camiñar con esperanza.
  7. 7. As dúas metáforas coinciden en algo moi importante. Se permanece illada nun recipiente, o sal non serve para nada. Só cando entra en contacto cos alimentos e se disolve coa comida, pode dar sabor ao que comemos.
  8. 8. O mesmo sucede coa luz. Se permanece pechada e oculta, non pode alumar a ninguén. Só cando está no medio das tebras pode iluminar e orientar. Unha Igrexa illada do mundo non pode ser nin sal nin luz.
  9. 9. O Papa Francisco decatouse que a Igrexa vive hoxe pechada en si mesma, paralizada polos medos, e demasiado afastada dos problemas e sufrimentos como para dar sabor á vida moderna e para ofrecerlle a luz xenuína do Evanxeo. A súa reacción foi inmediata: “Temos que saír cara ás periferias”.
  10. 10. O Papa insiste unha e outra vez: “Prefiro unha Igrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa, que unha Igrexa enferma polo encerro e a comodidade de aferrase ás propias seguridades. Non quero unha Igrexa preocupada por ser o centro e que remata clausurada nun embrollo de obsesións e procedementos”.
  11. 11. A chamada de Francisco está dirixida a todos os cristiáns: “Non podemos quedar tranquilos en espera pasiva nos nosos templos”. “O Evanxeo invátanos sempre a correr o risco do encontro co rostro do outro”.
  12. 12. O Papa quere introducir na Igrexa o que el chama “a cultura do encontro”. Está convencido de que “o que necesita hoxe a Igrexa é capacidade de curar feridas e dar calor aos corazóns”.
  13. 13. SALIR ÁS PERIFERIAS Xesús dá a coñecer con dúas imaxes audaces e sorprendentes o que pensa e espera dos seus seguidores. Non han de vivir pensando sempre nos seus propios intereses, o seu prestixio ou o seu poder. Aínda que son un grupo pequeno no medio do vasto Imperio de Roma, han de ser o “sal” que necesita a terra e a “luz” que lle fai falla ao mundo. “Vós sodes o sal da terra”. As xentes sinxelas de Galilea captan espontaneamente a linguaxe de Xesús. Todo o mundo sabe que o sal serve, sobre todo, para dar sabor á comida e para preservar os alimentos da corrupción. Do mesmo modo, os discípulos de Xesús han de contribuír a que as xentes saboreen a vida sen caer na corrupción. “Vós sodes a luz do mundo”. Sen a luz do sol, o mundo queda a escuras e non podemos orientarnos nin gozar da vida no medio das tebras. Os discípulos de Xesús poden achegar a luz que necesitamos para orientarnos, afondar no senso último da existencia e camiñar con esperanza. As dúas metáforas coinciden en algo moi importante. Se permanece illada nun recipiente, o sal non serve para nada. Só cando entra en contacto cos alimentos e se disolve coa comida, pode dar sabor ao que comemos. O mesmo sucede coa luz. Se permanece pechada e oculta, non pode alumar a ninguén. Só cando está no medio das tebras pode iluminar e orientar. Unha Igrexa illada do mundo non pode ser nin sal nin luz. O Papa Francisco decatouse que a Igrexa vive hoxe pechada en sí mesma, paralizada polos medos, e demasiado afastada dos problemas e sufrimentos como para dar sabor á vida moderna e para ofrecerlle a luz xenuína do Evanxeo. A súa reacción foi inmediata: “Temos que saír cara ás periferias” O Papa insiste unha e outra vez: “Prefiro unha Igrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa, que unha Igrexa enferma polo encerro e a comodidade de aferrase ás propias seguridades. Non quero unha Igrexa preocupada por ser o centro e que remata clausurada nun embrollo de obsesións e procedementos”. A chamada de Francisco está dirixida a todos os cristiáns: “Non podemos quedar tranquilos en espera pasiva nos nosos templos”. “O Evanxeo invítanos sempre a correr o risco do encontro co rostro do outro”. O Papa quere introducir na Igrexa o que el chama “a cultura do encontro”. Está convencido de que “o que necesita hoxe a Igrexa é capacidade de curar feridas e dar calor aos corazóns”. José Antonio Pagola.

×