Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

4º coresma c 2013 bene pagola (1)

740 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

4º coresma c 2013 bene pagola (1)

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 10 de marzo de 2013 Difunde a Boa Nova de Deus. Pásao. 4º Coresma (C) Lucas 15, 1-3. 11- 32Música:Mensajes serios;present:B.Areskurrinaga HC; esukaraz: D. Amundarain
  2. 2. Para non poucos, Deus é calquera cousa menos alguén capaz de poñer alegría na súa vida. Pensar nel tráelles malos recordos: no seuinterior espértase a idea dun ser ameazador e esixente, que fai a vida máis amolada, incómoda e perigosa.
  3. 3. Pouco a pouco prescindiron del.A fe quedou "reprimida" no seu interior.Hoxe non saben se cren ou non cren. Quedáronse sen camiños cara a Deus. Algúns lembran aínda "a parábola do fillo pródigo",pero nunca a escoitaron no seu corazón.
  4. 4. O verdadeiro protagonista desa parábola é o pai. Por dúas veces repite o mesmo grito de ledicia: "Este fillo meu estaba morto e volveu á vida; estaba perdido e témolo atopado".Este grito revela o que hai no seu corazón de pai.
  5. 5. A este pai non llepreocupa o seu honor,os seus intereses, nino trato que lle dan os seus fillos. Non emprega nuncaunha linguaxe moral. Só pensa na vida do seu fillo: que non quede destruído, que non siga morto, que non viva perdido sen coñecer a ledicia da vida.
  6. 6. O relato describe contodo detalle o encontrosorprendente do pai co fillo que abandonou o fogar. Estando aínda lonxe, o pai "viuno" vir famento e humillado,e "conmoveuse" ata as entrañas.
  7. 7. Esta mirada boa, chea de bondade e compaixón é a que nos salva. Só Deus nos mira así.
  8. 8. Axiña “bota a correr". Non é o fillo quen volve á casa. É o pai o que sae correndo e busca oabrazo con máis ardorque o seu mesmo fillo. “Botóuselle nos brazos e bicouno agarimosamente".
  9. 9. Así estásempre Deus.Correndo cos brazosabertos cara aos que volven a él.
  10. 10. O fillo comeza a súa confesión: preparounha longamente no seu interior. O pai interrómpeo para aforrarlle máis humillacións.Non lle impón castigo ningún, non lle esixe ningún rito deexpiación; non lle pon condición ningunhapara acollelo na casa.Só Deus acolle e protexe así os pecadores.
  11. 11. O pai só pensa na dignidade de seu fillo.Hai que actuar de présa. Manda traer omellor vestido, o anel de fillo e as sandalias para entrar na casa. Así será recibidonun banquete quese celebra no seu honor. O fillo ha de coñecer xunto a seu pai a vida digna e ditosa que non puido gozar lonxe del.
  12. 12. Quen oia esta parábola desde fóra, non entenderá nada.Seguirá camiñando pola vida sen Deus.Quen a escoite no seu corazón, tal vezchorará de ledicia e agradecemento.
  13. 13. Sentirá por vez primeira que no misterio último da vida hai Alguén que nos acolle e nos perdoa porque só quere a nosa ledicia.
  14. 14. CO BRAZOS SEMPRE ABERTOS  Para non poucos, Deus é calquera cousa menos alguén capaz de poñer ledicia na súa vida. Pensarnel tráelles malos recordos: no seu interior espértase a idea dun ser ameazador e esixente, que fai a vida máisamolada, incómoda e perigosa. Pouco a pouco prescindiron del. A fe quedou "reprimida" no seu interior. Hoxe non saben se cren ounon cren. Quedaron sen camiños cara a Deus. Algúns lembran aínda "a parábola do fillo pródigo", pero nunca aescoitaron no seu corazón. O verdadeiro protagonista desa parábola é o pai. Por dúas veces repite o mesmo grito de ledicia:"Este fillo meu estaba morto e volveu á vida; estaba perdido e atopámolo". Este grito revela o que hai no seucorazón de pai. A este pai non lle preocupa o seu honor, os seus intereses, nin o trato que lle dan os seus fillos. Nonemprega nunca unha linguaxe moral. Só pensa na vida do seu fillo: que non quede destruído, que non siga morto,que non viva perdido sen coñecer a ledicia da vida. O relato describe con todo detalle o encontro sorprendente do pai co fillo que abandonou o fogar.Estando aínda lonxe, o pai “viuno" vir famento e humillado, e "conmoveuse" ata as entrañas. Esta ollada boa,chea de bondade e compaixón é a que nos salva. Só Deus nos mira así. Axiña “bota a correr". Non é o fillo quen volve á casa. É o pai o que sae correndo e busca o abrazocon máis ardor que o seu mesmo fillo. “Botouselle nos brazos e bicouno agarimosamente". Así está sempreDeus. Correndo cos brazos abertos cara aos que volven a el. O fillo comeza a súa confesión: preparouna longamente no seu interior. O pai interrómpeo paraaforrarlle máis humillacións. Non lle impón castigo ningún, non lle esixe ningún rito de expiación; non lle poncondición ningunha para acollelo na casa. Só Deus acolle e protexe así os pecadores. O pai só pensa na dignidade de seu fillo. Hai que actuar de présa. Manda traer o mellor vestido, oanel de fillo e as sandalias para entrar na casa. Así será recibido nun banquete que se celebra no seu honor. Ofillo ha de coñecer xunto a seu pai a vida digna e ditosa que non puido gozar lonxe del. Quen oia esta parábola desde fóra, non entenderá nada. Seguirá camiñando pola vida sen Deus.Quen a escoite no seu corazón, tal vez chorará de ledicia e agradecemento. Sentirá por vez primeira que nomisterio último da vida hai Alguén que nos acolle e nos perdoa porque só quere a nosa ledicia.  José Antonio Pagola

×