Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

33º domingo tob 2012

447 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

33º domingo tob 2012

  1. 1. - Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con gran poder e maxestade; enviará os anxos para reunir os seus elixidos… Mc 13, 24-27
  2. 2. Moitos buscan nos horóscopos e adiviñosunha resposta aos seus interrogantes sobre o mañá. O futuro fascínanos e inquiétanos á vez, porque desexamos telo todo controlado ou porque nos axudaría a planificar o presente.
  3. 3. O “discurso escatolóxico“ de Xesús fala de futuro.Pero esa “ profecía” non achega datos científicos de ton catastrofista. É un “evanxeo”, unha boa noticia. Dinos como temos que ser e comportarnos no mundo.
  4. 4. Esas imaxes, tomadas dos antigos profetas, non dan unha información cósmica.Son un anuncio da manifestación gloriosa do Señor. Ante El o brillo dos astros palidece.
  5. 5. O texto é unharevelación sobre Xesucristo. Revelan a misión de Xesús e tamén a vocación de todos os que o siguen con fe.
  6. 6. As nubes significan o ámbito do divino. En Xesús cúmprese a profecía de Daniel.O Señor permanece porque a súa autoridad é celestial.
  7. 7. A el volven os seus ollos os que buscan paz esalvación, luz e orientación para as súas vidas.
  8. 8. O Señor advirtenos da caducidade das cousas.Se pasan os astros, moito máis pasarán as modas, as ideoloxías, os poderes deste mundo. mundo
  9. 9. A palabra do Señoré a Palabra eterna de Deus.En momentos de dúbida e de turbación, esa palabra ilumina o noso camiño. Permanece firme e válida polos séculos.
  10. 10. Señor Xesús, agradecemos o don da túa palabraque nos salva e nos orienta. Sabemos que recorresconnosco o camiño da historia.E con esperanza aguardamos a túa manifestación.Amén.
  11. 11. José Román Flecha AndrésPALABRA DEL SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro Panero

×