Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

32º domingo tob 2012

420 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

32º domingo tob 2012

  1. 1. Chamando os seus discípulos, díxolles : - Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. Mc 12, 41-44
  2. 2. En moitas culturas as viúvasforon a imaxe vivinte da pobreza.
  3. 3. Pero tamén foron a imaxe da xenerosidade. A xenerosidade da viúva de Sarepta mereceulle as bendicións do Señor.Na súa humilde casa “nin a talla de fariña minguou, nin o aceite da aceiteira se esgotou”.
  4. 4. O evanxeo deste domingo contrapón a fachenda dos letrados á xenerosidade dunha viúva pobre. Aqueles “devoran os bens das viúvas co pretexto de longos rezos”. Esta deposita no peto do templo dúas insignificantes moedas.
  5. 5. O relato ten unha intención “mesiánica”.Xesús é un profeta como Elías e máis que un profeta.Observa os actos das xentes,pero, sobre todo, descobre as súas actitudes. Xesús coñece a máis fonda verdade de cada un.
  6. 6. Coñece e xulga.Nós valoramos os demais polo que teñen, non polo que son.Desculpamos o mal cando foi perpetrado polos poderosos.E aos humildes condenámolos por nada.
  7. 7. Pero Xesús é xusto e compasivo. El, que é a verdade, vive na verdade e non se deixa seducir pola mentira.Para El vale máis a interioridade do corazón que os ademáns ampulosos dos farsantes.
  8. 8. “Botou todo o que tiña para vivir”. O relato fala de Xesús, pero fala tamén de cada un de nós. Sabe valorar os xestos máis insignificantes das personas. Aprecia o que valena xenerosidade da dádiva e da ofrenda.
  9. 9. “Botou todo o que tiña para vivir”. Avergóñamos ver que Xesús está a carón dos pobres.Hoxe, máis que daquela, os créditos concédense aos que teñen, non aos que os necesitan.
  10. 10. “Botou todo o que tiña para vivir” Para Xesús a xenerosidade non consisteen dar algo do que se ten, senón en dalo todo: en diñeiros e en tempo, en amor e en vida.
  11. 11. Señor Xesús,que coñeces todos os nosos xestos e as nosas intencións máis ocultas, renóvanos por dentro, para quesexamos agradables aos teus ollos. Amén.
  12. 12. José Román Flecha AndrésPALABRA DEL SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro Panero

×