Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

31º domingo toc 2013 bene pagola

845 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

31º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Música: Beethoven.Romance para violín Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain. 3 de novembro de 2013 31º Tempo ordinario (C) Lucas 19, 1-10
  2. 2. Xesús alerta con frecuencia sobre o risco de quedar atrapados pola atracción irresistible do diñeiro. O desexo insaciable de benestar material pode botar a perder a vida dunha persoa.
  3. 3. Non fai falla ser moi rico. Quen vive escravo do diñeiro termina encerrado en si mesmo. Os demais non contan. Segundo Xesús, “onde estea o voso tesouro, alí estará o voso corazón”.
  4. 4. Esta visión do perigo deshumanizador do diñeiro non é un recurso do Profeta indignado de Galilea. Diferentes estudos analizan o poder do diñeiro como unha forza ligada a pulsións profundas de autoprotección, busca de seguridade e medo á caducidade da nosa existencia.
  5. 5. Con todo, para Xesús, a atracción do diñeiro non é unha especie de enfermidade incurable. É posible liberarse da súa escravitude e empezar unha vida máis sa. O rico non é “un caso perdido”. é moi esclarecedor o relato de Lucas sobre o encontro de Xesús cun home rico de Xericó.
  6. 6. Ao atravesar a cidade, Xesús encóntrase cunha escena curiosa. Un home de pequena estatura subiu a unha poderoso “xefe de recadadores”.
  7. 7. Para a xente de Xericó, un ser desprezable, un recadador corrupto e sen escrúpulos como case todos. Para os sectores relixiosos, “un pecador” sen conversión posible, excluído de toda salvación.
  8. 8. Non obstante, Xesús faille unha proposta sorprendente: “Zaqueo, baixa decontado porque teño que aloxarme na túa casa”. Xesús quere ser acollido na súa casa de pecador, no mundo de diñeiro e de poder deste home desprezado por todos.
  9. 9. Zaqueo baixou en seguida e recibiuno con alegría. Non ten medo de deixar entrar na súa vida ao Defensor dos pobres.
  10. 10. Lucas non explica o que sucedeu naquela casa. Só di que o contacto con Xesús transforma radicalmente ao rico Zaqueo. O seu compromiso é firme.
  11. 11. En adiante pensará nos pobres: compartirá con eles os seus bens. Recordará tamén as vítimas das que abusou: devolveralles abondo o roubado. Xesús introduciu na súa vida xustiza e amor solidario.
  12. 12. O relato conclúe cunhas palabras admirables de Xesús: “Hoxe entrou a salvación nesta casa. Tamén este é fillo de Abraham. Porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o que estaba perdido”.
  13. 13. Tamén os ricos se poden converter. Con Xesús todo é posible. Non o temos que esquecer ninguén. El veu para buscar e salvar o que nós podemos estar botando a perder. Para Xesús non hai casos perdidos.
  14. 14. PARA XESÚS NON HAI CASOS PERDIDOS Xesús alerta con frecuencia sobre o risco de quedar atrapados pola atracción irresistible do diñeiro. O desexo insaciable de benestar material pode botar a perder a vida dunha persoa. Non fai falla ser moi rico. Quen vive escravo do diñeiro termina encerrado en si mesmo. Os demais non contan. Segundo Xesús, “onde estea o voso tesouro, alí estará o voso corazón. Esta visión do perigo deshumanizador do diñeiro non é un recurso do Profeta indignado de Galilea. Diferentes estudos analizan o poder do diñeiro como unha forza ligada a pulsións profundas de autoprotección, busca de seguridade e medo á caducidade da nosa existencia. Con todo, para Xesús, a atracción do diñeiro non é unha especie de enfermidade incurable. É posible liberarse da súa escravitude e empezar unha vida máis sa. O rico non é “un caso perdido”. É moi esclarecedor o relato de Lucas sobre o encontro de Xesús cun home rico de Xericó. Ao atravesar a cidada, Xesús encóntrase cunha escena curiosa. Un home de pequena estatura subiu a unha figueira para poder velo de cerca. Non é desconocido. Trátase dun rico, poderoso “xefe de recadadores”. Para a xente de Xericó, un ser desprezable, un recadador corrupto e sen escrúpulos como case todos. Para os sectores relixiosos, “un pecador” sen conversión posible, excluído de toda salvación. Non obstante, Xesús faille unha proposta sorprendente: “Zaqueo, baixa decontado porque teño que aloxarme na túa casa”. Xesús quere ser acollido na súa casa de pecador, no mundo de diñeiro e de poder deste home desprezado por todos. Zaqueo baixou en seguida e recibiuno con alegría. Non ten medo de deixar entrar na súa vida ao Defensor dos pobres. Lucas non explica o que sucedeu naquela casa. Só di que o contacto con Xesús transforma radicalmente o rico Zaqueo. O seu compromiso é firme. En adiante pensará nos pobres: compartirá con eles os seus bens. Recordará tamén as vítimas das que abusou: devolveralles abondo o roubado. Xesús introduciu na súa vida xustiza e amor solidario. O relato conclúe cunhas palabras admirables de Xesús: “Hoxe entrou a salvación nesta casa. Tamén este é fillo de Abraham. Porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o que estaba perdido” . Tamén os ricos se poden converter. Con Xesús todo é posible. Non o temos que esquecer ninguén. El veu para buscar e salvar o que nós podemos estar botando a perder. Para Xesús non hai casos perdidos. José Antonio Pagola

×