Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

3º pascua bene pagola 2012

315 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

3º pascua bene pagola 2012

  1. 1. José Antonio Pagola Rede evanxelizadora BUENAS 22 de abril de 2012 3º Pascua (B) NOTICIAS Lucas 24, 35-48 Contaxia a túa fe no Resucitado. Pásao.Música: Stefano Romaniw;present: B.Areskurrinaga HC
  2. 2. Lucas describe o encontrodo Resucitado cos seus discípuloscomo unha experiencia fundante. O desexo de Xesús é claro.A súa tarefa non rematou na cruz.
  3. 3. Resucitado por Deus despois da súa execución, toma contacto cos seus para poñer en marcha un movementode "testemuñas" capaces de contaxiar a todos os pobos a súa Boa Nova:"Vós sodes as miñas testemuñas".
  4. 4. Non é fácil converter en testemuñas aaqueles homes afundidos no desconcerto e no medo. Ao longo de toda a escena, os discípulos permanecen calados, en silencio total.
  5. 5. O narrador só describe o seu mundo interior: están cheos de terror; só senten turbación eincredulidade; todo aquilo parécellesdemasiado fermoso para ser verdade.
  6. 6. É Xesús quenvai rexenerar a súa fe. O máis importante é que non se sintan sós. Han de sentilo cheo de vida no medio deles.
  7. 7. Estas son as primeiras palabras que han de escoitar do Resucitado: “ A paz sexa convosco... Por que xorden dúbidas no voso interior?”.
  8. 8. Cuando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós; cando o fac emos opac nosos prota o e invisibl gonismos e e cos conflitos;cando a tristeza nos impide sentir todo menos a sú paz; s xia mos uns a outro cando nos conta e... pesimism o e incredulidad estamos pecando contra o Resucitado. Non é posible unha Igrexa de testemuñas.
  9. 9. Para espertar a súa fe, Xesús non lles pideque miren o seurostro, senón assúas mans e os seus pés. Que vexan as súas feridas de crucificado.
  10. 10. Que teñan sempre ante os seus ollos o seu amor entregado ata a morte. Non é unha pantasma: "Son eu en persoa". O mesmo que coñeceron e amaron polos camiños de Galilea.
  11. 11. Sempre que pretendemos fundamentar a fe no Resucitado coas nosas elucubracións, convertémolo nunha pantasma.
  12. 12. Para encontrarnos con el, temos que percorrer o relato dos evanxeos: descubrir esas mans que bendecían os enfermos e aloumiñaban os nenos,eses pés cansos de camiñar ao encontro dos máis esquecidos; descubrir as súas feridas e a súa paixón. É ese Xesús o que ahora vive resucitado polo Pai.
  13. 13. A pesar de velos cheos de medo e de dúbidas, Xesús confía nos seus discípulos. El mesmo enviaralles o Espírito que os sosterá.Por iso encoméndalles que prolonguen a súa presenza no mundo:"Vós sodes as testemuñas disto".
  14. 14. Non han de ensinar doutrinas sublimes, senón contaxiar a súa experiencia. Non han de predicar grandes teorías sobre Cristo senón irradiar o seu Espírito. Han de facelo crible coa vida, non só con palabras.
  15. 15. Este é sempre o verdadeiro problema da Igrexa: a falta de testemuñas.
  16. 16. TESTEMUÑAS  Lucas describe o encontro do Resucitado cos seus discípulos como unha experiencia fundante. Odesexo de Xesús é claro. A súa tarefa non rematou na cruz. Resucitado por Deus despois da súa execución, tomacontacto cos seus para poñer en marcha un movemento de "testemuñas" capaces de contaxiar a todos os pobos asúa Boa Nova: "Vós sodes as mis testemuñas". Non é fácil converter en testemuñas a aqueles homes afundidos no desconcerto e no medo. Ao longo detoda a escena, os discípulos permanecen calados, en silencio total. O narrador só describe o seu mundo interior:Están cheos de terror; só senten turbación e incredulidade; todo aquilo lles parece demasiado fermoso para serverdade. É Xesús quen vai rexenerar a súa fe. O máis importante é que non se sintan sós. Han de sentilo cheo devida no medio deles. Estas son as primeiras palabras que han de escoitar do Resucitado: “A paz sexa convosco... Porque xorden dúbidas no voso interior?". Cando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós; cando o facemos opaco e invisible cosnosos protagonismos e conflitos; cando a tristeza nos impide sentir todo menos a súa paz; cando nos contaxiamosuns a outros pesimismo e incredulidade... estamos pecando contra o Resucitado. Non é posible unha Igrexa detestemuñas. Para espertar a súa fe, Xesús non lles pide que miren o seu rostro, senón as súas mans e os seus pés.Que vexan as súas feridas de crucificado. Que teñan sempre ante os seus ollos o seu amor entregado ata a morte.Non é unha pantasma: "Son eu en persoa". O mesmo que coñeceron e amaron polos camiños de Galilea.Sempre que pretendemos fundamentar a fe no Resucitado coas nosas elucubracións, convertémolo nunha pantasma.Para encontrarnos con el, temos que percorrer o relato dos evanxeos: descubrir esas mans que bendecían osenfermos e aloumiñaban os nenos, eses pés cansos de camiñar ao encuentro dos máis esquecidos; descubrir as súasferidas e a súa paixón. É ese Xesús o que agora vive resucitado polo Pai. A pesar de velos cheos de medo e de dúbidas, Xesús confía nos seus discípulos. El mesmo enviaralles oEspírito que os sosterá. Por iso encoméndalles que prolonguen a súa presenza no mundo: "Vós sodes as testemuñasdisto". Non han de ensinar doutrinas sublimes, senón contaxiar a súa experiencia. Non han de predicar grandesteorías sobre Cristo senón irradiar o seu Espírito. Han de facelo crible coa vida, non só con palabras. Este é sempre o verdadeiro problema da Igrexa: a falta de testemuñas.  José Antonio Pagola

×