Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

3º domingo toa 2014

520 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

3º domingo toa 2014

  1. 1. Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. Deixando Nazaré foi establecerse en Cafarnaum, xunto ao mar, en terras de Zabulón e Neftalí.
  2. 2. Desde aquela comezou Xesús a predicar, dicindo: (Mt 4, 12-17)
  3. 3. Conversión e seguimento Conversión e seguimento “ Ven  Elixe  Lévate  Aproveita as rebaixas…”
  4. 4. No evanxeo hai dúas ideas que resultan difíciles de comprender nos nosos días: e as dúas están expresadas en imperativo.
  5. 5. Para moitos “converterse” é tan só entrar nunha relixión. Pero, tras esa primeira conversión, hai que estar dispostos a deixar que Deus nos converta o corazón coa súa luz e a súa graza. O “seguimento” é a disposición para ir detrás de alguén ou xunto a alguén.
  6. 6. “Convertédevos porque está cerca o Reino dos Ceos” A chamada resoaba cunha urxencia especial: Era preciso cambiar de mentalidade, de comportamento e de actitudes. Deus tiña que ser recoñecido como o Señor.
  7. 7. “Convertédevos” Tamén nós necesitamos un cambio de mentalidade. Temos que revisar a nosa escala de valores, e controlar se as nosas ideas e valoracións coinciden coas de Xesús.
  8. 8. “Vinde e seguídeme” “Vinde e seguídeme” Seguimos aos que nos esixen un esforzo na liña do ben e a verdade ou aos que repiten que todo dá igual na vida? Preguntámonos, polo menos, a onde nos levan os uns e os outros?
  9. 9. Señor Xesús, a nosa fe dinos que a verdadeira conversión moral reclama de nós a decisión de seguirte a ti, coa alegre liberdade de quen foi chamado gratuitamente. Por iso dámosche grazas. Amén.
  10. 10. José Román Flecha Andrés Palabra del Señor, Salamanca , Editorial. Secretariado Presentación: Antonia Castro Panero Trinitario,2007

×