Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

29º domingo tob 2012

466 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

29º domingo tob 2012

  1. 1. O que queira ser importante, que sirva os outros; e o que queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal. Porque o Fillo do Home non veu para que o sirvan,senón para servir e dar a súa vida en rescate por todos. (Mc 10, 35-45)
  2. 2. O “trepa” intenta subir, pero el só. Ignora a todos os que o rodean, a menos que lle sirvan para alcanzar as metas que se propón. Non é estraño que suscite envexas, resentimentos e rancores.“Quen se cre que é ?”
  3. 3. En realidade “o trepa” non ignora a todo o mundo. Por todos os medios intenta ir “colocando” os membros da súa familia en postos vantaxosos. Que teñan seguridade e bo salario a cambio de pouco traballo. Iso é para el a antesala da gloria.13/10/2009
  4. 4. Este «trepador» explica moi ben a petición de Santiago e Xoán no evanxeo deste domingo. Os dous irmáns únense para pedir a Xesús un posto de honor e privilexio, esquecendo a todos os seus compañeiros.Martirio de Santiago
  5. 5. Naturalmente, estes reaccionan indignadosante aquela cara lavada dos fillos do Zebedeo, que pretenden desmarcarse do grupo.
  6. 6. A pretensión de Santiago e Xoán debeu de ser meditada moitas veces nas comunidades cristiás.Desde moi cedo deberon de xurdir os que pretendían usar fe no Señor para aproveitarse do Señor da fe. E dos irmáns na fe, naturalmente.
  7. 7. As tres grandes apetencias do ser humano son: San Marcos explícanos como as entende Xesús e como han de ser vividas polos seus discípulos.  O AUTÉNTICO POSTO DE HONOR É O DO SERVIDOR DE TODOS.
  8. 8. “O Fillo do Home non veu para que o sirvan” En Xesús reflectíase a grandeza de Deus. E con todo, non reclamaba unha entrega servil de ninguén.
  9. 9. Xesús prestaba a súa axuda aos necesitados e abatidos.O Señor converteuse voluntariamente nun escravo.El atreveuse a invertir a escala dos valores humanos.
  10. 10. “ e dar a súa vida en rescate por todos” A contía de rescate esixido reflicte a importancia da persoa secuestrada. A nosa dignidade é grande se o rescate pagado é a vida do Fillo de Deus.
  11. 11. Señor Xesús, a túa ensinanzae a túa conduta ridiculizan asnosas absurdas pretensións degrandeza.Grazas polo teu exemploe pola vida que entregachescomo rescate pola nosa. Amén.
  12. 12. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro Panero

×