Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

27º domingo toc 2013 bene pagola

645 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

27º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. 6 de outubro de 2013 27º Tempo ordinario (C) Lucas 17, 5-10 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Invita a crer en Deus e en Xesús. Pásao. José Antonio Pagola Música:”Tú eres mi refugio;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Xesús repetíralles en diversas ocasións: “Que pequeña é a vosa fe!”. Os discípulos non protestan. Saben que ten razón. Levan bastante tempo a carón del. Veno entregado totalmente ao Proxecto de Deus; só pensa en facer o ben; só vive para facer a vida de todos máis digna e máis humana. Poderano seguir ata o final?
  3. 3. Segundo Lucas, nun momento determinado, os discípulos dinlle a Xesús: ““Auméntanos a fe”Auméntanos a fe”.. Senten que a súa fe é pequena e débil. Necesitan confiar máis en Deus e crer máis en Xesús.
  4. 4. Non o entendenNon o entenden moi ben, pero nonmoi ben, pero non lle discuten.lle discuten. Fan xustamente oFan xustamente o máis importante:máis importante: pedirlle axudapedirlle axuda para que fagapara que faga medrar a súa fe.medrar a súa fe.
  5. 5. A crise relixiosa dosA crise relixiosa dos nosos días nonnosos días non respecta nin sequerarespecta nin sequera os practicantes.os practicantes. Nós falamos de crentesNós falamos de crentes e non crentes, como see non crentes, como se fosen dous grupos benfosen dous grupos ben definidos: uns teñen fe,definidos: uns teñen fe, outros non.outros non. En realidade, non é así.En realidade, non é así. Case sempre, noCase sempre, no corazón humano hai, ácorazón humano hai, á vez, un crente e un nonvez, un crente e un non crente.crente.
  6. 6. Por iso, tamén os que nos chamamos “cristiáns” temos que preguntarnos: Somos realmente crentes? Quen é Deus para nós? Amámolo? É El quen dirixe a nosa vida?
  7. 7. A fe pode debilitarse en nós sen que nunca nos teña asaltado unha dúbida. Se non a coidamos, pode irse diluíndo pouco a pouco no noso interior para quedar reducida sinxelamente a un costume que non nos atrevemos a abandonar por se acaso.
  8. 8. Distraídos por mil cousas, xa non acertamos a comunicarnos con Deus. Vivimos practicamente sen El.
  9. 9. Que podemos facer?Que podemos facer? En realidade, non se necesitan grandesEn realidade, non se necesitan grandes cousas. É inútil que fagamos propósitoscousas. É inútil que fagamos propósitos extraordinarios pois seguramente nonextraordinarios pois seguramente non os imos cumprir.os imos cumprir.
  10. 10. O primeiro é rezar como aquel descoñecidoO primeiro é rezar como aquel descoñecido que un día se achegou a Xesús e lle dixo:que un día se achegou a Xesús e lle dixo: ““Creo, Señor, pero ven na axuda daCreo, Señor, pero ven na axuda da miña incredulidade”.miña incredulidade”. É bo repetilas con corazón sinxelo.É bo repetilas con corazón sinxelo. Deus enténdenos. El espertará a nosa fe.Deus enténdenos. El espertará a nosa fe.
  11. 11. Non temos que falar con Deus como se estivese fóra de nós. Está dentro. O mellor é pechar os ollos e quedar en silencio para sentir e acoller a súa Presenza.
  12. 12. Tampouco nos temos que entreter en pensar nel como se estivese só na nosa cabeza. Está no íntimo do noso ser. Temos que buscalo no noso corazón.
  13. 13. O importante é insistir ata ter unha primeira experiencia, aínda que sexa pobre, aínda que só dure uns instantes.
  14. 14. Se un día percibimos que non estamos sós na vida, se captamos que somos amados por Deus sen merecelo, todo cambiará.
  15. 15. Non importa que teñamos vividoNon importa que teñamos vivido esquecidos del.esquecidos del. Crer en Deus é, antes que nada,Crer en Deus é, antes que nada, confiar no amor que nos ten.confiar no amor que nos ten.
  16. 16. SOMOS CRENTES? Xesús repetíralles en diversas ocasións: “Que pequena é a vosa fe!”. Os discípulos non protestan. Saben que ten razón. Levan bastante tempo a carón del. Veno entregado totalmente ao Proxecto de Deus; só pensa en facer o ben; só vive para facer a vida de todos máis digna e máis humana. Poderán seguilo ata o final? Segundo Lucas, nun momento determinado, os discípulos dinlle a Xesús: “Auméntanos a fe”.Senten que a súa fe é pequena e débil. Necesitan confiar máis en Deus e crer máis en Xesús. Non o entenden moi ben, pero non lle discuten. Fan xustamente o máis importante: pedirlle axuda para que faga medrar a súa fe. A crise relixiosa dos nosos días non respecta nin sequera os practicantes. Nós falamos de crentes e non crentes, como se fosen dous grupos ben definidos: uns teñen fe, outros non. En realidade, non é así. Case sempre, no corazón humano hai, á vez, un crente e un non crente. Por iso, tamén os que nos chamamos “cristiáns” temos que preguntarnos: Somos realmente crentes? Quen é Deus para nós? Amámolo? É El quen dirixe a nosa vida? A fe pode debilitarse en nós sen que nunca nos teña asaltado unha dúbida. Se non a coidamos, pode irse diluíndo pouco a pouco no noso interior para quedar reducida sinxelamente a un costume que non nos atrevemos a abandonar por se acaso. Distraídos por mil cousas, xa non acertamos a comunicarnos con Deus. Vivimos practicamente sen El. Que podemos facer? En realidade, non se necesitan grandes cousas. É inútil que fagamos propósitos extraordinarios pois seguramente non os imos cumprir. O primeiro é rezar como aquel descoñecido que un día se achegou a Xesús e lle dixo: “Creo, Señor, pero ven na axuda da miña incredulidade”. É bo repetilas con corazón sinxelo. Deus entende. El espertará a nosa fe. Non temos que falar con Deus como se estivese fóra de nós. Está dentro. O mellor é pechar os ollos e quedar en silencio para sentir e acoller a súa Presenza. Tampouco nos temos que entreter en pensar nel, como se estivese só na nosa cabeza. Está no íntimo de noso ser. Temos que buscalo no noso corazón. O importante é insistir ata ter unha primeira experiencia, aínda que sexa pobre, aínda que só dure uns instantes. Se un día percibimos que non estamos sós na vida, se captamos que somos amados por Deus sen merecelo, todo cambiará. Non importa que teñamos vivido esquecidos del. Crer en Deus é, antes que nada, confiar no amor que nos ten. José Antonio Pagola

×