Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

27º domingo tob bene pagolas 2012

261 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

27º domingo tob bene pagolas 2012

  1. 1. José Antonio PagolaRed evangelizadora BUENAS NOTICIAS 7 de outubro de 2012Loita contra o patriarcado seguindo a Xesús. Pásao. 27 Tempo ordinario (B) Marcos 10,1-12Música: Mendossohn- concierto de violines; present. B. Areskurrinaga HC;euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. Os fariseos formulan a Xesús unha pregunta parapoñelo a proba. Esta vez non é unha cuestión sen importancia, senónun feito que fai sufrirmoito as mulleres deGalilea e é motivo de vivas discusiónsentre os seguidoresde diversas escolas rabínicas:“Élle lícito ao varón divorciarse da súa muller?"
  3. 3. Non se trata do divorcio moderno que coñecemos hoxe, senón dasituación na que vivía a mullerxudía dentro do matrimonio,controlado polo varón.
  4. 4. Segundo a lei de Moisés, o marido podía romper o contrato matrimonial eexpulsar da casa a súa esposa. A muller, polo contrario,sometida en todo ao varón, non podía facer o mesmo.
  5. 5. A resposta de Xesús sorprende a todos. Non entra nasdiscusións dos rabinos. Invita a descubrir o proxecto orixinal deDeus, que estápor encima deleis e normas.
  6. 6. Esta lei"machista", en concreto, impúxose no pobo xudeu pola "dureza de corazón"dos varóns que controlan as mullerese sométenas á súa vontade.
  7. 7. Xesús afonda no misterio orixinal do ser humano. Deus “creounos varón e muller”. Os dous foron creados en igualdade. Deus non creou o varón con poder sobre a muller. Non creou a muller sometida ao varón.Entre varóns e mulleres non ha de haber dominación por parte de ningún dos dous.
  8. 8. Desde esta estrutura orixinal do ser humano, Xesús ofrece unhavisión do matrimonio que vai máis alá de todo o establecido pola "dureza de corazón" dos varóns. Mulleres e varóns uniranse para “ser unha soa carne”e iniciar unha vida compartida na mutua entrega sen imposición nin submisión.
  9. 9. Este proxecto matrimonial é para Xesús a suprema expresión do amor humano. O varón non ten dereito ningún a controlar a muller como se fose o seu dono. A muller non ha de aceptar vivir sometida ao varón.É Deus mesmo quen os atrae a vivir unidos por un amor libre e gratuíto. Xesús conclúe de maneira rotunda:“O que Deus uníu, que non o separe o varón”.
  10. 10. Con esta posición, Xesús está destruíndo de raíz o fundamento do patriarcado baixo todas as súas formas de control, sometemento e imposición do varón sobre a muller. Non só no matrimonio senón en calquera institución civil ou relixiosa.
  11. 11. Temos que escoitar a mensaxe de Xesús. Non é posible abrir camiños ao Reino de Deus e á súa xustiza sen loitar activamente contra o patriarcado.
  12. 12. Cando reaccionaremos na Igrexa con enerxía evanxélica contra tanto abuso, violencia e agresión do varón sobre a muller? Cando defenderemos a muller da "dureza de corazón" dos varóns?
  13. 13. CONTRA O PODER DO VARÓN Os fariseos formulan a Xesús unha pregunta para poñelo a proba. Esta vez non é unha cuestión senimportancia, senón un feito que fai sufrir moito as mulleres de Galilea e é motivo de vivas discusións entre osseguidores de diversas escolas rabínicas: “Élle lícito ao varón divorciarse da súa muller?" Non se trata do divorcio moderno que coñecemos hoxe, senón da situación en que vivía a mullerxudía dentro do matrimonio, controlado polo varón. Segundo a lei de Moisés, o marido podía romper o contratomatrimonial e expulsar da casa a súa esposa. A muller, polo contrario, sometida en todo ao varón, non podía facero mesmo. A resposta de Xesús sorprende a todos. Non entra nas discusións dos rabinos. Invita a descubrir oproxecto orixinal de Deus, que está por encima de leis e normas. Esta lei "machista", en concreto, impúxose nopobo xudeu pola "dureza de corazón" dos varóns que controlan as mulleres e sométenas á súa vontade. Xesús afonda no misterio orixinal do ser humano. Deus " creounos varón e muller". Os dous foroncreados en igualdade. Deus non creou o varón con poder sobre a muller. Non creou a muller sometida ao varón.Entre varóns e mulleres non ha de haber dominación por parte de ningún dos dous. Desde esta estrutura orixinal do ser humano, Xesús ofrece unha visión do matrimonio que vai máisalá de todo o establecido pola "dureza de corazón" d os varóns. Mulleres e varóns uniranse para "ser unha soacarne" e iniciar unha vida compartida na mutua entrega sen imposición nin submisión. Este proxecto matrimonial é para Xesús a suprema expresión do amor humano. O varón non tendereito ningún a controlar a muller como se fose o seu dono. A muller non ha de aceptar vivir sometida ao varón.É Deus mesmo quen os atrae a vivir unidos por un amor libre e gratuíto. Xesús conclúe de maneira rotunda: "Oque Deus uníu, que non o separe o varón". Con esta posición, Xesús esta destruíndo de raíz o fundamento do patriarcado baixo todas as súasformas de control, sometemento e imposición do varón sobre a muller. Non só no matrimonio senón en calquerainstitución civil ou relixiosa. Temos que escoitar a mensaxe de Xesús. Non é posible abrir caminos ao Reino de Deus e á súaxustiza sen loitar activamente contra o patriarcado. Cando reaccionaremos na Igrexa coa enerxía evanxélicacontra tanto abuso, violencia e agresión do varón sobre a muller? Cando defenderemos a muller da "dureza decorazón" dos varóns? José Antonio Pagola

×