Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

27º domingo tob 2015 bene pagola

413 views

Published on

Domongo B

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

27º domingo tob 2015 bene pagola

  1. 1. Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain. Musika: Bach, Concierto 2 violines en D. 4 outubro 2015 27 Tempo Ordinario Marcos 10, 2-16 José Antonio Pagola Acoller os pequenos
  2. 2. O episodio parece insignificante. Con todo, encerra un trasfondo de grande importancia para os seguidores de Xesús. Segundo o relato de Marcos, algúns tratan de acercar a Xesús uns nenos e nenas que brincaban por alí. O único que buscan é que aquel hombre de Deus os poida tocar para comunicarlles algo da súa forza e da súa vida. Ao parecer, era unha crenza popular.
  3. 3. Os discípulosOs discípulos moléstanse e tratanmoléstanse e tratan de impedilo.de impedilo. Pretenden levantarPretenden levantar un cerco en torno aun cerco en torno a Xesús.Xesús. Atribúense o poderAtribúense o poder de decidir quende decidir quen poden chegar atapoden chegar ata Xesús e quen non.Xesús e quen non. Interpóñense entreInterpóñense entre el e os máisel e os máis pequenos,pequenos, fráxiles efráxiles e necesitados denecesitados de aquela sociedade.aquela sociedade. En vez de facilitar oEn vez de facilitar o seu acceso aseu acceso a Xesús,Xesús, obstaculízano.obstaculízano.
  4. 4. Esquecéronse xa do xesto de Xesús que, uns días antes, puxo no centro do grupo un neno para que aprendan ben que son os pequenos os que han de ser o centro de atención e coidado dos seus discípulos. Esquecéronse de cómo lle deu unha aperta diante de todos, invitándoos a acollelos no seu nome e co seu mesmo agarimo.
  5. 5. Xesús indígnase. Aquel comportamento dos seus discípulos é intolerable. Enfadado, dálles dúas ordes: «Deixade que os nenos se acheguen a min. Non llelo impidades».
  6. 6. Quen lles ensinou a actuar dunha maneira tan contraria ao seu Espírito? Son, precisamente, os pequenos, débiles e indefensos, os primeros que han de ter aberto o acceso a Xesús.
  7. 7. A razón é moi profunda pois obedece aos designios do Pai: «Dos que son coma eles é o Reino de Deus».
  8. 8. No Reino de Deus e no grupo de Xesús, osNo Reino de Deus e no grupo de Xesús, os que molestan non son os pequenos, senónque molestan non son os pequenos, senón os grandes e poderosos, os que querenos grandes e poderosos, os que queren dominar e ser os primeiros.dominar e ser os primeiros.
  9. 9. O centro da súa comunidade non ha de estarO centro da súa comunidade non ha de estar ocupado por persoas fortes e poderosas que seocupado por persoas fortes e poderosas que se impoñen aos demais desde arriba.impoñen aos demais desde arriba. Na súa comunidade necesítanse homes eNa súa comunidade necesítanse homes e mulleres que buscan o último lugar para acoller,mulleres que buscan o último lugar para acoller, servir, abrazar e bendicir os máis débiles eservir, abrazar e bendicir os máis débiles e necesitados.necesitados.
  10. 10. O Reino de Deus non se difunde desde a imposición dos grandes senón desde a acollida e defensa dos pequenos.
  11. 11. Onde estes se converten no centro de atención e coidado, aí está chegando o Reino de Deus, a sociedade humana que quere o Pai.
  12. 12. ACOLLER OS PEQUENOS   El episodio parece insignificante. Con todo, encerra un trasfondo de grande importancia para os seguidores de Xesús. Segundo o relato de Marcos, algúns tratan de acercar a Xesús uns nenos e nenas que brincaban por alí. O único que buscan é que aquel home de Deus os poida tocar para comunicarlles algo da súa forza e da súa vida. Ao parecer, era unha crenza popular. Os discípulos moléstanse e tratan de impedilo. Pretenden levantar un cerco en torno a Xesús. Atribúense o poder de decidir quen poden chegar ata Xesús e quen non. Interpóñense entre el e os máis pequenos, fráxiles e necesitados de aquela sociedade. En vez de facilitar o seu acceso a Xesús, obstaculízano. Esquecéronse xa do xesto de Xesús que, uns días antes, puxo no centro do grupo un neno para que aprendan ben que son os pequenos os que han de ser o centro de atención e coidado dos seus discípulos. Esquecéronse de como lle deu unha aperta diante de todos, invitándoos a acollelos no seu nome e co seu mesmo agarimo. Xesús indígnase. Aquel comportamento dos seus discípulos é intolerable. Enfadado, dálles dúas ordes: «Deixade que os nenos se acheguen a min. Non llelo impidades». Quen lles ensinou a actuar dunha maneira tan contraria ao seu Espírito? Son, precisamente, os pequenos, débiles e indefensos, os primeros que han de ter aberto o acceso a Xesús. A razón é moi profunda pois obedece aos designios do Pai: «Dos que son coma eles é o Reino de Deus». No Reino de Deus e no grupo de Xesús, os que molestan non son os pequenos, senón os grandes e poderosos, os que queren dominar e ser os primeros. O centro da súa comunidade non ha de estar ocupado por persoas fortes e poderosas que se impoñen aos demais desde arriba. Na súa comunidade necesítanse homes e mulleres que buscan o último lugar para acoller, servir, abrazar e bendicir os máis débiles e necesitados. O Reino de Deus non se difunde desde a imposición dos grandes senón desde a acollida e defensa dos pequenos. Onde estes se converten no centro de atención e coidado, aí está chegando o Reino de Deus, a sociedade humana que quere o Pai.   José Antonio Pagola

×