Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

26º domingo tob bene pagola 2012

449 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

26º domingo tob bene pagola 2012

  1. 1. 30 de setembrO de 2012José Antonio Pagola 26 Tempo ordinario (B) Marcos 9, 38-43.45.47-48Red evangelizadora BUENAS NOTICIASEnsancha O horizonte da Igrexa de Xesús. Pásao.Música: Beethoven concierto para violin;present: B. Areskurrinaga HC;euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. A escena é sorprendente. Os discípulos achegánse a Xesús cun problema. Esta vez, o portador do grupo non é Pedro, senón Xoán, un dos dous irmáns que andan buscando os primeiros postos.Agora pretende que o grupo de discípulos teña a exclusiva de Xesús e o monopolio da su acción liberadora.
  3. 3. Veñen preocupados. Un exorcista,non integrado no grupo, está botando demos no nome de Xesús. Os discípulos non se alegran de que a xente quede curada e poida iniciar unha vida máis humana.
  4. 4. Só pensan no prestixio do seu propio grupo. Por iso, trataron de cortar de raíz a súa actuación.Esta é a súa única razón: "Non é dos nosos".
  5. 5. Os discípulos dan por suposto que, para actuar en nome de Xesús e coa súa forza curadora, énecesario ser membro do seu grupo.Ninguén pode apelar a Xesús e traballar por unmundo máis humano, sen formar parte da Igrexa. É realmente así? Que pensa Xesús?
  6. 6. As súas primeiras palabras son rotundas: "Non llo impidades". O Nome de Xesús e a súa forza humanizadora son máis importantes que o pequeno grupo dos seus discípulos.
  7. 7. É bo que a salvación que trae Xesús se estenda máis alá da Igrexa establecida e axude as xentes a vivir de maneira máis humana. Ninguén ha de vela como unha competencia desleal .
  8. 8. Xesús rompe todatentación sectaria nos seus seguidores. Non constituío o seu grupo para controlar a súa salvación mesiánica. Non é rabino de unha escola pechada senón Profeta dunha salvación aberta a todos.
  9. 9. A súa Igrexa ha de apoiar o seu Nome allí onde éinvocado para facer o ben.
  10. 10. Non quere Xesús que entre os seus seguidores se fale dos que son nosos edos que non o son, os de dentro e os de fóra, os que poden actuar no seu nome e os que non poden facelo. O seu modo de ver as cousas é diferente: “O que non está contra nós está a favor noso".
  11. 11. Na sociedade moderna hai moitos homes e mulleres que traballan por un mundo máis xusto e humano sen pertencer á Igrexa.Algúns nin son crentes, pero están abrindo camiños ao Reino de Deus e á súa xustiza. Son dos nosos. Temos que alegrarnos en vez de miralos con resentimiento. Temos que apoiar en vez de descalificar.
  12. 12. É un erro vivir na Igrexa vendoen todas partes hostilidade e maldade,crendo inxenuamente que só nosoutrossomos portadores do Espírito de Xesús. Xesús
  13. 13. El non nos aprobaría.Invitaríanos a colaborar con alegría con todosos que viven de maneira evanxélicae se preocupan dos máis pobres e necesitados.
  14. 14. NINGUÉN TEN A EXCLUSIVA DE XESÚS  A escena é sorprendente. Os discípulos achéganse a Xesús cun problema. Esta vez, o portador dogrupo non é Pedro, senón Xoán, un dos dous irmáns que andan buscando os primeiros postos. Agora pretendeque o grupo de discípulos teña a exclusiva de Xesús e o monopolio da súa acción liberadora. Veñen preocupados. Un exorcista, non integrado no grupo, está botando demos no nome de Xesús.Os discípulos non se alegran de que a xente quede curada e poida iniciar unha vida máis humana. Só pensan noprestixio do seu propio grupo. Por iso, trataron de cortar de raíz a súa actuación. Esta é a súa única razón: "noné dos nosos". Os discípulos dan por suposto que, para actuar en nome de Xesús e coa súa forza curadora, énecesario ser membro do seu grupo. Ninguén pode apelar a Xesús e traballar por un mundo máis humano, senformar parte da Igrexa. É realmente así? Que pensa Xesús? As súas primeiras palabras son rotundas: "Non llo impidades". O Nome de Xesús e a súa forzahumanizadora son máis importantes que o pequeno grupo dos seus discípulos. É bo que a salvación que traeXesús se estenda máis alá da Igrexa establecida e axude as xentes a vivir de maneira máis humana. Ninguén hade vela como unha competencia desleal. Xesús rompe toda tentación sectaria nos seus seguidores. Non constituío o seu grupo paracontrolar a súa salvación mesiánica. Non é rabino dunha escola pechada senón Profeta dunha salvación abertaa todos. A súa Igrexa ha de apoiar o seu Nome allí onde é invocado para facer o ben. Non quere Xesús que entre os seus seguidores se fale dos que son nosos e dos que non o son, os dedentro e os de fóra, os que poden actuar no seu nome os que non poden facelo. O seu modo de ver as cousas édiferente: “O que non está contra nós está a favor noso". Na sociedade moderna hai moitos homes e mulleres que traballan por un mundo máis xusto ehumano sen pertencer á Igrexa. Algúns nin son crentes, pero están abrindo camiños ao Reino de Deus e á súaxustiza. Son dos nosos. Temos que alegrarnos en vez de miralos con resentimento. Temos que apoiar en vez dedescalificar. É un erro vivir na Igrexa vendo en todas partes hostilidade e maldade, crendo inxenuamente que sónosoutros somos portadores do Espírito de Xesús. El non nos aprobaría.Invitaríanos a colaborar con alegría contodos os que viven de maneira evanxélica e se preocupan dos máis pobres e necesitados. José Antonio Pagola

×