Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

26º domingo tob 2012

272 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

26º domingo tob 2012

  1. 1. Os discípulos de Xesús enfrontáronse cun que expulsaba demos no nome de Xesús,pero non era do seu grupo.
  2. 2. Xesús reprendeu a súa arrogancia dicíndolles:«Non llo impidades, porque un que fai milagres no meu nome non pode logo falar mal de min. O que non está contra nós está a favor noso». Mc 9, 38-40
  3. 3. “A avaricia e a arroganciason os principais vicios dos poderosos” Frase escrita polo historiador romano Tácito ao observar o comportamento de Claudio e de Nerón.
  4. 4. O salmo 18 di: “Preserva o teu servo da arrogancia,para que non me domine: así quedarei inocente do gran pecado”. O arrogante vólvese repugnante e paga en soidade o que crera conquistar na súa prepotencia.
  5. 5. O Evanxeo recolle tres sentencias de Xesús: Acoller os que fan o ben,veñan de onde veñan, aínda que aparezan como estraños.
  6. 6. Enxalzar a dignidade dos discípulos do Señor e anunciar o premio que lles espera aos que lles prestan axuda.
  7. 7. Manter unha coherencia tal que non cause escándalo entre os que os observan, nin os afaste a eles dos ideais do Reino de Deus.
  8. 8. “O que non está contra nós está“O que non está contra nós está a favor noso” a favor noso” Vemos como se atacan as civilizacións, os partidos políticos, os siareiros dos equipos deportivos, as bandas xuvenís.
  9. 9. Esas posturas “ en-contra-das” son frecuentes tamén entre os que se din amigos e aínda no seo das familias.Fan ver como adversarios os que deberían ser vistos como colaboradores e irmáns.
  10. 10. E ocorre no ámbito da fe. Os que nos trasmiten a palabra e a vontade de Deus son profetas que El nos envía. Non podemos reservar ese título só aos do noso grupo. Deus envía sempre a quen EL quere.
  11. 11. Señor Xesús,líbranos da nosa arrogancia, para que formemos a comunidade que Ti soñabas e nos axudemos a acoller o plan de Deus sobre nós. Amén.
  12. 12. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro Panero

×