Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
José Antonio PagolaRed evangelizadora BUENAS NOTICIAS                                     16 de setembro de 2012Anima a to...
O episodio de Cesarea de Filipo    ocupa un lugar central    no evanxeo de Marcos. Despois dun tempo de convivir   con El,...
No nome de  todos, Pedro contéstalle sen    dubidar:   "Ti es o   Mesías". Por fin parece     que todo    está claro.Xesús...
Xesús sabe que non é así. Aínda lles falta aprender algo         moi importante.  É fácil confesar a Xesús conpalabras, pe...
Marcos di que    Xesús  "empezou a  instruílos".   Non é unhaensinanza máis,   senón algo  fundamental     que osdiscípulo...
Desde o principio fálalles    "con toda claridade".Non lles quere ocultar nada.   Teñen que saber que o sufrimento o acomp...
Ao final, será condenado     polos dirixentes  relixiosos e morrerá        executado     violentamente.     Só ao resucita...
Pedro rebélase ante o que está      oíndo. A súa reacción é     incrible.  Toma a Xesús consigo e lévao   á parte para   "...
Quere facer  comprender aXesús que o que está dicindo é    absurdo.     Non está disposto a quesiga ese camiño.   Xesús ha...
Xesús reacciona cunha dureza descoñecida.De súpeto ve en Pedro os trazos de Satanás,           o tentador do deserto      ...
Vólvese de cara aos discípulos e increpa literalmente a Pedro                    con estas palabras:           "Ponte detr...
Logo chama a xente e os sus discípulos para que escoiten ben                     as súas palabras.          Volverá repeti...
Seguir a Xesús non é obrigatorio.É unha decisión libre de cada un.Pero temos que tomar en serio a             Xesús.Non ab...
Se queremos seguilo         na súa tarefa   apaixonante de facer un     mundo máis humano,  digno e ditoso, temos que    e...
TOMAR EN SERIO A XESÚS             O episodio de Cesarea de Filipo ocupa un lugar central no evanxeo de Marcos. Despois du...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

24º domingo tob 2012 bene pagola

449 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

24º domingo tob 2012 bene pagola

  1. 1. José Antonio PagolaRed evangelizadora BUENAS NOTICIAS 16 de setembro de 2012Anima a tomar en serio a Xesús. Pásao. 24º Tempo ordinario (B) Marcos, 8,27-35Música: Albinoni concerto nº 6;present. B Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. O episodio de Cesarea de Filipo ocupa un lugar central no evanxeo de Marcos. Despois dun tempo de convivir con El, Xesús fai aos seus discípulos unha pregunta decisiva:"Quen dicides que son eu?".
  3. 3. No nome de todos, Pedro contéstalle sen dubidar: "Ti es o Mesías". Por fin parece que todo está claro.Xesús é o Mesíasenviado por Deus e os discípulos ségueno paracolaborar con El.
  4. 4. Xesús sabe que non é así. Aínda lles falta aprender algo moi importante. É fácil confesar a Xesús conpalabras, pero aínda non sabeno que significa seguilo de cercacompartindo o seu proxecto e o seu destino.
  5. 5. Marcos di que Xesús "empezou a instruílos". Non é unhaensinanza máis, senón algo fundamental que osdiscípulos terán que ir asimilandopouco a pouco.
  6. 6. Desde o principio fálalles "con toda claridade".Non lles quere ocultar nada. Teñen que saber que o sufrimento o acompañará sempre na súa tarefa de abrir camiños ao Reino de Deus.
  7. 7. Ao final, será condenado polos dirixentes relixiosos e morrerá executado violentamente. Só ao resucitar se verá que Deus está con El.
  8. 8. Pedro rebélase ante o que está oíndo. A súa reacción é incrible. Toma a Xesús consigo e lévao á parte para "increpalo".Fora o primeiro en confesalo como Mesías.Agora é o primeiro en rexeitalo.
  9. 9. Quere facer comprender aXesús que o que está dicindo é absurdo. Non está disposto a quesiga ese camiño. Xesús ha de cambiar esa maneira de pensar.
  10. 10. Xesús reacciona cunha dureza descoñecida.De súpeto ve en Pedro os trazos de Satanás, o tentador do deserto que busca apartar as persoas da vontade de Deus.
  11. 11. Vólvese de cara aos discípulos e increpa literalmente a Pedro con estas palabras: "Ponte detrás de min, Satanás": volve ocupar o teu posto de discípulo. Deixa de tentarme. "Ti pensas como os homes, non coma Deus".
  12. 12. Logo chama a xente e os sus discípulos para que escoiten ben as súas palabras. Volverá repetilas en diversas ocasións. Non han de esquecelas endexamais. “O que queira vir comigo, que se negue a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga".
  13. 13. Seguir a Xesús non é obrigatorio.É unha decisión libre de cada un.Pero temos que tomar en serio a Xesús.Non abondan confesións fáciles.
  14. 14. Se queremos seguilo na súa tarefa apaixonante de facer un mundo máis humano, digno e ditoso, temos que estar dispostos a dúas cousas. Primeiro, renunciar a proxectos ou plans que se opoñen ao Reino de Deus. Segundo, aceptar os sufrimentos que nos poden chegar por seguir a Xesús eidentificarnos coa súa causa.
  15. 15. TOMAR EN SERIO A XESÚS O episodio de Cesarea de Filipo ocupa un lugar central no evanxeo de Marcos. Despois dun tempode convivir con El, Xesús fai aos seus discípulos unha pregunta decisiva: "Quen diícides que son eu?" . No nomede todos, Pedro contéstalle sen dubidar: "Ti es o Mesías". Por fin parece que todo está claro. Xesús é o Mesíasenviado por Deus e os discípulos ségueno para colaborar con El. Xesús sabe que non é así. Aínda lles falta aprender algo moi importante. É fácil confesar a Xesúscon palabras, pero aínda non saben o que significa seguilo de cerca compartindo o seu proxecto e o seudestino. Marcos di que Xesús "empezou a instruílos". Non é unha ensinanza máis, senón algo fundamental queos discípulos terán que ir asimilando pouco a pouco Desde o principio fálalles"con toda claridade". Non lles quere ocultar nada. Teñen que saber que osufrimento o acompañará sempre na súa tarefa de abrir camiños ao Reino de Deus. Ao final, será condenadopolos dirixentes relixiosos e morrerá executado violentamente. Só ao resucitar se verá que Deus está con El. Pedro rebélase ante o que está oíndo. A súa reacción é incrible. Toma a Xesús consigo e lévao áparte para "increpalo". Fora o primeiro en confesalo como Mesías. Agora é o primeiro en rexeitalo. Quere facercomprender a Xesús que o que está dicindo é absurdo. Non está disposto a que siga ese camiño. Xesús ten quecambiar esa maneira de pensar. Xesús reacciona cunha dureza descoñecida. De súpeto ve en Pedro os trazos de Satanás, otentador do deserto que busca apartar as persoas da vontade de Deus. Vólvese de cara aos discípulos eincrepa literalmente a Pedro con estas palabras:"Ponte detrás de min, Satanás": volve ocupar o teu posto dediscípulo. Deixa de tentarme. "Ti pensas como os homes, non coma Deus" . Logo chama a xente e os seus discípulos para que escoiten ben as súas palabras. Logo volverárepetilas en diversas ocasións. Non han de esquecelas endexamais. "O que queira vir comigo, que se negue a simesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga" . Seguir a Xesús non é obrigatorio. É unha decisión libre de cada un. Pero temos que tomar en serio aXesús. Non abondan confesións fáciles. Se queremos seguilo na súa tarefa apaixonante de facer un mundo máishumano, digno e ditoso, temos que estar dispostos a dúas cousas. Primeiro, renunciar a proxectos ou plans quese opoñen ao Reino de Deus. Segundo, aceptar os sufrimentos que nos poden chegar por seguir a Xesús eidentificarnos coa súa causa. José Antonio Pagola

×