Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

23º domingo tob

422 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

23º domingo tob

  1. 1. Domingo 23º TEMPO ORDINARIO - CICLO B Abriranse os ollos do cego, os oídos do xordo destaparanse, saltarácoma un corzo o coxo e a lingua do mudo cantará”. ( Isaías 35, 4-7)
  2. 2. A profecía de Isaías anunciaba os futuros tempos mesiánicos.O profeta ollaba ao seu redor e vía un ermo.Anunciaba tempos de mananciaise torrentes, de augas e estanques na estepa.
  3. 3. Esas esperanzas eran o reflexodunha humanidade que buscaen Deus a salvación integral da persoa e da sociedade.
  4. 4. É bo evocar esas esperanzas, porutópicas que parezan.Por difícil que pareza atarefa, ninguén pode caer natentación de abandonala.O Evanxeo xera un mundo novo.A evanxelización é a tarefa da vidacristiá.
  5. 5. O evanxeo deste domingo dinos que a xente pediu a Xesúsque impuxese as mans sobre un home xordo e que apenas podía falar. Xesús apartouno damultitude, achegou os seus dedos aos oídos e á boca do enfermo e pronunciou a palabra “Effetá” que significa “Ábrete”.
  6. 6. Só os xestos das súas mans podían facer perceptiblea compaixón e o poder de Xesús. E aquela palabra podía manifestar a súa forza e autoridade a todos os que podían oílo.
  7. 7. Xesús ergueu a vista ao ceo e suspirou.Coa súa mirada ao alto sinalabahabitualmente a súa confianza no Pai.O seu alento cortado reflectía o seu achegamento á dor o á debilidade das xentes.
  8. 8. Divino e humano. Así era El. E así terían que sertodos os que tratasen de seguir o seu camiño ao longo dos séculos.
  9. 9. “Todo o fixo ben”As accións boas reflicten a bondade de quen as fai.A bondade e a compaixón de Xesús.
  10. 10. “Fai oír os xordos” Se en Israel os libros santos invitaban ao crente a “oír” a voz de Deus, é porque dela dependía a súa liberdade.Agora Xesús capacita os xordos para escoitar e aceptar de corazón a única palabra que libera.
  11. 11. “Fai falar os mudos” Se os ídolos tiñan boca, non había voz na súa garganta.A mudez era o sinal máis claro da súa falsidade.Agora Xesús exhorta os seus a anunciar por todas partes a mensaxe da salvación e da vida.
  12. 12. Señor Xesús, axúdanos a escoitar con fe a túa palabrae a anunciala en todas partes con coraxe e ledicia. Amén.
  13. 13. Autor: José Román FlechaA PALABRA DO SEÑOREd. Secretariado Trinitario -Salamanca 2007

×