Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

22º domingo tob 2012 asun gutiérrez

414 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

22º domingo tob 2012 asun gutiérrez

  1. 1. Os cristiáns da primeira e segunda xeración recordaban a Xesús non tanto coma un home relixioso, senón como un profeta que denunciaba con audacia os perigos e trampas de toda relixión. O seu non era a observancia piadosa por encima de todo, senón a busca apaixonada da vontade de Deus. Xesús cita a Isaías: “Este pobo hónrame cos beizos, pero o seu corazón está lonxe de min. O culto que me dan está baleiro, porque a doutrina que ensinan son preceptos humanos”. Logo denuncia en termos claros onde está a trampa: “Deixades a un lado o mandamento de Deus para aferrarvos á tradición dos hombres”. José Antonio Pagola. O camiño aberto por Xesús.Texto: Marcos 7, 1-8.14-15.21-23 // Tempo Ordinario 22 –B- .Comentarios e presentación: Asun Gutiérrez Cabriada.Música: Mozart. Sinfonía nº 29, en la. Andante.
  2. 2. Os fariseos e algúns mestres da Lei procedentes de Xerusalén achegáronse a Xesús e observaron que algúns dos seus discípulos comían coas mans impuras, é decir, sen lavalas –é de saber que os fariseos e os xudeus en xeral non comen sen antes terse lavado as mans meticulosamente, aferrándose á tradición dos seus devanceiros ...Os letrados e fariseos representan o culto hipócrita que se ciñe ao externo,ao de “fóra” (a rúbrica, a norma), perdendo de vista o profundo, o de “dentro”.A convivencia cotiá con Xesús fai relativizar costumes e normas. Sabemos queXesús saltaba en moitas ocasións certos preceptos da Lei, porque en lugar deliberar as persoas, escravizábaas e excluíaas da vida social e relixiosa.Para Xesús a suciedade non consiste en non lavarse as manos, senón en non facerfelices as persoas, en esquecerse das súas necesidades, en crerse “limpo”.A auténtica limpeza consiste en vivir como viviu Xesús.
  3. 3. e ao volver da praza, se non se lavan, non comen; ... e observan por tradición outros moitos costumes, como a purificación de vasos, xerras e bandexas–. Así que os fariseos e os mestres da Lei lle preguntaron: – Por que os teus discípulos non proceden conforme á tradición dos devanceiros, senón que comen con mans impuras? A persoa farisea é estrita cumplidora da Lei e séntese demasiado satisfeita do seu cumprimento externo. Da máis importancia á norma humana que ao que Deus quere.A relación de Xesús con este tipo de persoas foi moi conflitiva.Actúo como os fariseos na interpretación meticulosa da norma? Confórmome coa aparencia e cumprimento exterior?
  4. 4. Xesús contestoulles: – Ben profetizou Isaías de vós, hipócritas, segundo está escrito: Este pobo hónrame cos beizos, pero o seu corazón está lonxe de min. O culto que me dan está baleiro, porque a doutrina que ensinan son preceptos humanos.Xesús, en repetidas ocasións, xustifica a súa forma de actuar, sen analizar a conduta dos seus opoñentes (Mc 2,1-3,6;3,22-30). Agora pasa a denunciar abertamente aos que cren ter o poder ideolóxico e relixioso. Coas súas acusacións cambia todo o sistema socio-relixioso e censura a forma oficial de acceso a Deus. Unha forma de intentar domesticar o Evanxeo é convertelo nun conxunto de normas que abonda con cumplir escrupulosa e externamente. A vida interna da Igrexa católica –e das demais Igrexas- condúcese polo Evanxeo ou polo Dereito Canónico-preceptos humanos? As persoas de ambientes católicos -ou dotras relixións- practican a relixión ou son seguidoras de Xesús?
  5. 5. e chamando de novo á xente, díxolles: – Escoitádeme todos e entendede isto: Nada do que entra no ser humano pode manchalo. O que sae de dentro é o que contamina o ser humano. Xesús non critica á xente, como aos letrados e fariseos, senón que os invita a escoitar e axúdaos a entender ben.Xesús declara puros todos os alimentos e desautoriza radicalmente o sistema socio- relixioso baseado en ritos e tradicións. Xesús proclama a liberdade ante as ataduras da Lei que escravizan as persons. Demostra que non é tan complicado nin hai que purificarse tanto para encontrar a Deus, que está nas relaciónes humanas, en todo o que contribúe a facer máis libre, digna e feliz a vida das persoas. A Palabra de Deus sempre é portadora de vida e de liberación para o ser humano.
  6. 6. Porque é de dentro, do corazón dos seres humanos, de onde saen os malospensamentos, fornicacións, roubos, homicidios, adulterios, cobizas,perversidades, fraude, libertinaxe, envexa, inxuria, soberbia e insensatez.Todas estas maldades saen de dentro e manchan o ser humano. Xesús sinala claramente a verdadeira fonte do amor ou da ignorancia: o corazón humano. Ten un corazón que pensa ben, respectuoso, xeneroso, solidario, austero, alegre, coherente, compasivo..., quen vive como viviu Xesús. Aínda que non o saiba nin o coñeza.
  7. 7. Ti me espertachesdo falso soño da responsabilidade. Descargaches a miña mochila de inútiles seguridades e falsas necesidades, e dixéchesme con voz amiga: camiña lixeiro de equipaxe. Agora si, Señor.Agora sei escoitar a túa voz amiga e o seu eco no horizonte. Agora si, Señor, camiñe ou descanse, síntote ao meu lado, e non me pesa a vida nin o seguir as túas pegadas. Ulibarri Flo.

×