Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

2º domingo toa 2014 bene pagola

742 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

2º domingo toa 2014 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Present: B. Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain. Música: Bach, Concierto de violines 19 de xaneiro de 2014 2º Tempo ordinario (A) Xoán 1, 29-34
  2. 2. As primeiras comunidades cristiás preocupáronse de diferenciar ben o bautismo de Xoán que somerxía as xentes nas augas do Xordán e o bautismo de Xesús que comunicaba o seu Espírito para limpar, renovar e transformar o corazón dos seus seguidores. Sen ese Espírito de Xesús, a Igrexa apágase, extínguese.
  3. 3. Só o Espírito de Xesús pode poñer máis verdade no cristianismo actual. Só o seu Espírito nos pode conducir a recuperar a nosa verdadeira identidade, abandonando camiños que nos desvían unha e otra vez do Evanxeo. Só ese Espírito nos pode dar luz e forza para emprender a renovación que necesita hoxe a Igrexa.
  4. 4. O Papa Francisco sabe moi ben que o maior obstáculo para poñer en marcha unha nova etapa evanxelizadora é a mediocridade espiritual. Dío de maneira rotunda.
  5. 5. Desexa alentar con todas as súas forzas unha etapa “máis ardente, alegre, xenerosa, audaz, chea de amor ata o fin, e de vida contaxiosa”. Pero todo será insuficiente, “se non arde nos corazóns o lume do Espírito”.
  6. 6. Por iso busca para a Igrexa de hoxe “evanxelizadores con Espírito” que se abran sen medo á súa acción e encontren nese Espírito Santo de Xesús “a forza para anunciar a verdade do Evanxeo con audacia, en voz alta e en todo tempo e lugar, incluso a contracorrente”.
  7. 7. A renovación que o Papa quere impulsar no cristianismo actual non é posible “cando a falta dunha espiritualidade profunda se traduce en pesimismo, fatalismo e desconfianza”,
  8. 8. … ou cando nos leva a pensar que “nada pode cambiar” e polo tanto “é inútil esforzarse”, ou cando baixamos os brazos definitivamente, “dominados por un descontento crónico ou por unha acedia que seca a alma”.
  9. 9. Francisco advírtenos que “ás veces perdemos o entusiasmo ao esquecer que o Evanxeo responde ás necesidades máis profundas das persoas”. Con todo non é así.
  10. 10. O Papa expresa con forza a súa convicción: “Non é o mesmo ter coñecido a Xesús que non coñecelo, non é o mesmo camiñar con El que camiñar ás apalpadelas, non é o mesmo poder escoitalo que ignorar a súa Palabra... Non é o mesmo tratar de construír o mundo co seu Evanxeo que facelo só coa propia razón.”.
  11. 11. Todo isto temos que descubrilo por experiencia persoal en Xesús.
  12. 12. Do contrario, a quen non o descobre, “axiña lle falta forza e paixón; e unha persoa que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada, non convence a ninguén”.
  13. 13. Non estará aquí un dos principais obstáculos para impulsar a renovación querida polo Papa Francisco?
  14. 14. CO LUME DO ESPÍRITO As primeiras comunidades cristiás preocupáronse de diferenciar ben o bautismo de Xoán que somerxía ás xentes nas augas do Xordán e o bautismo de Xesús que comunicaba o seu Espírito para limpar, renovar e transformar o corazón dos seus seguidores. Sen ese Espírito de Xesús, a Igrexa apágase e extínguese. Só o Espírito de Xesús pode poñer máis verdade no cristianismo actual. Só o seu Espírito nos pode conducir a recuperar a nosa verdadeira identidade, abandonando camiños que nos desvían unha e outra vez do Evanxeo. Só ese Espírito nos pode dar luz e forza para emprender a renovación que necesita hoxe a Igrexa. O Papa Francisco sabe moi ben que o maior obstáculo para poñer en marcha unha nova etapa evanxelizadora é a mediocridade espiritual. Dío de maneira rotunda. Desexa alentar con todas as súas forzas unha etapa “máis ardente, alegre, xenerosa, audaz, chea de amor ata o fin, e de vida contaxiosa”. Pero todo será insuficiente, “se non arde nos corazóns o lume do Espírito”. Por iso busca para a Igrexa de hoxe “evanxelizadores con Espírito” que se abran sen medo á súa acción e encontren nese Espírito Santo de Xesús “a forza para anunciar a verdade do Evanxeo con audacia, en voz alta e en todo tempo e lugar, incluso a contracorrente”. A renovación que o Papa quere impulsar no cristianismo actual non é posible “cando a falta dunha espiritualidade profunda se traduce en pesimismo, fatalismo e desconfianza”, ou cando nos leva a pensar que “nada pode cambiar” e polo tanto “é inútil esforzarse”, ou cando baixamos os brazos definitivamente , “dominados por un descontento crónico ou por unha acedia que seca a alma”. Francisco advírtenos que “ás veces perdemos o entusiasmo ao esquecer que o Evanxeo responde ás necesidades máis profundas das personas”. Con todo é así. O Papa expresa con forza a súa convicción: “non é o mesmo ter coñecido a Xesús que non coñecelo, non é o mesmo camiñar con El que camiñar ás apalpadelas, non é o mesmo poder escoitalo que ignorar a súa Palabra... Non é o mesmo tratar de construír o mundo co seu Evanxeo que facelo só coa propia razón”. Todo isto temos que descubrilo por experiencia persoal en Xesús. Do contrario, a quen non o descobre, “axiña lle falta forza e paixón; e unha persoa que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada, non convence a ninguén”. Non estará aquí un dos principais obstáculos para impulsar a renovación querida polo Papa Francisco? José Antonio Pagola

×