Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

2º coresma b bene pagola 2012

330 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

2º coresma b bene pagola 2012

  1. 1. 4 de marzo de 2012 2º Coresma (B) Marcos 9, 2-10 Red evangelizadora BUENAS NUEVAS Libera a forza do Evanxeo. Pásao. José Antonio Pagola Música: Bach-concierto de violines:present: B.Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain LIBERAR A FORZA DO EVANXEO
  2. 2. O relato da "Transfiguración de Xesús" foi desde o comezo moi popular entre os seus seguidores. Non é un episodio máis. A escena, recreada con diversos recursos de carácter simbólico, é grandiosa.
  3. 3. Os evanxelistas presentan a Xesús co rostro resplandecente mentres conversa con Moisés e Elías.
  4. 4. Os tres discípulos que o acompañaron ata o cumio da montaña quedan abraiados. Non saben que pensar de todo aquilo. O misterio que envolve a Xesús é demasiado grande. Marcos di que estaban asustados .
  5. 5. A escena culmina de forma extraña: «Formouse unha nube que os cubriu e saíu da nube unha voz: Este é o meu Fillo benquerido. Escoitádeo» .
  6. 6. O movemento de Xesús naceu escoitando a súa chamada. A Igrexa vive escoitando o seu Evanxeo. A súa Palabra, recollida máis tarde en catro pequenos escritos, foi xerando novos seguidores.
  7. 7. Esta mensaxe de Xesús, encontra hoxe moitos obstáculos para chegar ata os homes e as mulleres do noso tempo. Ao abandonar a práctica relixiosa, moitos deixaron de escoitala para sempre. e xa non oirán falar de Xesús se non é de forma casual ou distraída.
  8. 8. Tampouco os que se achegan ás comunidades cristiás poden apreciar facilmente a Palabra de Xesús. A súa mensaxe pérdese entre outras prácticas, costumes e doutrinas . É difícil captar a súa importancia decisiva. A forza liberadora do seu Evanxeo queda, ás veces, bloqueada por linguaxes e comentarios alleos ao seu espírito .
  9. 9. Con todo, tamén hoxe, o único decisivo que podemos ofrecer os cristiáns á sociedade moderna é a Boa Nova proclamada por Xesús, e o seu proxecto dunha vida máis sa e digna. Non podemos seguir retendo a forza humanizadora do seu Evanxeo.
  10. 10. Temos que facer que corra limpa, viva e abundante polas nosas comunidades. Que chegue ata os fogares, que a poidan coñecer os que buscan un sentido novo ás súas vidas, que a poidan escoitar os que viven sen esperanza.
  11. 11. Temos que aprender a ler xuntos o Evanxeo. Familiarizarnos cos relatos evanxélicos. Poñernos en contacto directo e inmediato coa Boa Nova de Xesús. Nisto temos que gastar as enerxías. De aquí empezará a renovación que necesita hoxe a Igrexa.
  12. 12. Cando a institución eclesiástica vai perdendo o poder de atracción que tivo durante séculos, temos que descubrir a atracción que ten Xesús, o Fillo amado de Deus, para os que buscan a verdade e a vida.
  13. 13. Dentro de poucos anos, darémonos conta de que todo nos está empuxando a poñer con máis fidelidade a súa Boa Nova no centro do cristianismo.
  14. 14. LIBERAR A FORZA DO EVANXEO   O relato da "Transfiguración de Xesús" foi desde o comezo moi popular entre os seus seguidores. Non é un episodio máis. a escena, recreada con diversos recursos de carácter simbólico, é grandiosa. Os evanxelistas presentan a Xesús co rostro resplandecente mentres conversa con Moisés e Elías. Os tres discípulos que o acompañaron ata o cumio da montaña quedan abraiados. Non saben que pensar de todo aquilo. O misterio que envolve a Xesús é demasiado grande. Marcos di que estaban asustados. A escena culmina de forma extraña: «Formouse unha nube que os cubriu e saíu da nube unha voz: Este é o meu Fillo benquerido. Escoitádeo» . O movemento de Xesús naceu escoitando a súa chamada. A súa Palabra, recollida máis tarde en catro pequenos escritos, foi xerando novos seguidores. A Igrexa vive escoitando o seu Evanxeo. Esta mensaxe de Xesús, encontra hoxe moitos obstáculos para chegar ata os homes e mulleres do noso tempo. Ao abandonar a práctica relixiosa, moifos deixaron de escoitalo para sempre. E xa non oirán falar de Xesús se non é de forma casual ou distraída. Tampouco os que se achegan ás comunidades cristiás poden apreciar facilmente a Palabra de Xesús. A súa mensaxe pérdese entre outras prácticas, costumes e doutrinas. É difícil captar a súa importancia decisiva. A forza liberadora do seu Evanxeo queda, ás veces, bloqueada por linguaxes e comentarios alleos ao seu espírito. Con todo, tamén hoxe, o único decisivo que podemos ofrecer os cristiáns á sociedade moderna é a Boa Nova proclamada por Xesús, e o seu proxecto dunha vida máis sa e digna. Non podemos seguir retendo a forza humanizadora do seu Evanxeo. Temos que facer que corra limpa, viva e abundante polas nosas comunidades. Que chegue ata os fogares, que a poidan coñecer os que buscan un sentido novo ás súas vidas, que a poidan escoitar os que viven sen esperanza. Temos que aprender a ler xuntos o Evanxeo. Familiarizarnos cos relatos evanxélicos. Poñernos en contacto directo e inmediato co Boa Nova de Xesús. Nisto temos que gastar as enerxías. De aquí empezará a renovación que necesita hoxe a Igrexa. Cando a institución eclesiástica vai perdendo o poder de atracción que tivo durante séculos, temos que descubrir a atracción que ten Xesús, o Fillo benquerido de Deus, para os que buscan a verdade e vida. Dentro de poucos anos, darémonos conta de que todo nos está empuxando a poñer con máis fidelidade a súa Boa Nova no centro do cristianismo . José Antonio Pagola

×