Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

16º domingo tob bene pagola 2012

370 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

16º domingo tob bene pagola 2012

  1. 1. José Antonio Pagola 22 de xullo de 2012 16º Tempo ordinario (B) Marcos 6, 30-34 Red evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a mirada compasiva de Xesús. Pásao.Música: Bach; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Marcos describe con todo detalle a situación. Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a un lugar tranquilo e retirado. Quere escoitalos con calma, pues volveron cansos da súaprimeira andaina evanxelizadora e desexan compartir a súa experiencia co Profeta que os enviou.
  3. 3. O propósito de Xesús queda frustrado. A xente descobre a súa intención e adiántaselles correndo pola ribeira.Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha multitude vinda de todas as aldeas da contorna. Como reaccionará Xesús?
  4. 4. Marcos describe graficamente a súa actuación: os discípulos han de aprender como han de tratar a xente; nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesúscon esas persoas perdidas no anonimato, das que ninguén se preocupa.
  5. 5. "Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, econmoveuse porque andaban como ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles con calma".
  6. 6. O primeiro que destaca o evanxelista é a mirada de Xesús.Non se irrita porque interromperon os seus plans. míraos paseniñamente e conmóvese.
  7. 7. Nunca lle molesta a xente.O seu corazón intúe adesorientacióne o abandono en que se encontran os campesiños de aquelas aldeas.
  8. 8. Na Igrexa temos que aprender a mirar a xente como a miraba Xesús: captando o sufrimento, a soidade,o desconcerto ou o abandono que sofren moitos e moitas.
  9. 9. A compaixón non agroma da atención ás normas ou do recordo das nosas obrigas. Espértase en nós cando miramos atentamente os que sofren.
  10. 10. Desde esa mirada Xesús descobre a necesidade máis profunda daquelas xentes:"andan como ovellas sen pastor".
  11. 11. A ensinanza que reciben dos mestres eletrados da Lei non lles ofrece o alimento que necesitan. Viven sen que ninguén coide realmente delas. Non teñen un pastor que as guíe e as defenda.
  12. 12. Movido pola súa compaixón, Xesús " ponse a ensinalles con calma". ensinalleSen présas, dedícase pacientemente a ensinarlles a Boa Nova de Deus e o seu proxecto humanizador do Reino.
  13. 13. Non o fai por obrigación.Non pensa en si mesmo. Comunícalles a Palabra de Deus, conmovido pola necesidade que teñen dun pastor.
  14. 14. Non podemos permanecer indiferentesante tanta xente que, dentro das nosas comunidades cristiás, anda buscandoun alimento máis sólido que o que recibe.
  15. 15. Non temos que aceptar como normal a desorientación relixiosa dentro da Igrexa.Temos que reaccionar de maneira lúcida e responsable. Non poucos cristiáns buscan ser mellor alimentados. Necesitan pastores que lles transmitan a ensinanza de Xesús.
  16. 16. A MIRADA DE XESÚS  Marcos describe con todo detalle a situación. Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a unlugar tranquilo e retirado. Quere escoitalos con calma, pois volveron cansos da súa primeira andainaevanxelizadora e desexan compartir a súa experiencia co Profeta que os enviou. O propósito de Xesús queda frustrado. A xente descobre a súa intención e adiántaselles correndopola beira. Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha multitude vinda de todas as aldeas da contorna. Comoreaccionará Xesús? Marcos describe graficamente a súa actuación: os discípulos han de aprender como han de tratar axente; nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesús con esas persoas perdidas no anonimato, dasque ninguén se preocupa. "Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e conmoveuse porque andaban comoovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles con calma". O primeiro que destaca o evanxelista é a mirada de Xesús. Non se irrita porque interromperon osseus plans. Míraos paseniñamente e conmóvese. Nunca lle molesta a xente. O seu corazón intúe adesorientación e o abandono en que se encontran os campesiños daquelas aldeas. Na Igrexa temos que aprender a mirar a xente como a miraba Xesús: captando o sufrimento, asoidade, o desconcerto ou o abandono que sofren moitos e moitas. A compaixón non agroma da atención ásnormas ou do recordo das nosas obrigas. Espértase en nós cando miramos atentamente os que sofren. Desde esa mirada Xesús descobre a necesidade máis profunda daquelas xentes: "andan comoovellas sen pastor". A ensinanza que reciben dos mestres e letrados da Lei non lles ofrece o alimento quenecesitan. Viven sen que ninguén coide realmente delas. Non teñen un pastor que as guíe e as defenda. Movido pola súa compaixón, Xesús " ponse a ensinarlles con calma". Sen présas, dedícasepacientemente a ensinarlles a Boa Nova de Deus e o seu proxecto humanizador do Reino. Non o fai porobrigación. Non pensa en si mesmo. Comunícalles a Palabra de Deus, conmovido pola necesidade que teñendun pastor. Non podemos permanecer indiferentes ante tanta xente que, dentro das nosas comunidadescristiás, anda buscando un alimento máis sólido que o que recibe. Non temos que aceptar como normal adesorientación relixiosa dentro da Igrexa. Temos que reaccionar de maneira lúcida e responsable. Non poucoscristiáns buscan ser mellor alimentados. Necesitan pastores que lles transmitan a ensinanza de Xesús.  José Antonio Pagola

×