Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

15º domingo tob 2012

355 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

15º domingo tob 2012

  1. 1. Recomendoulles que nonlevasen nada para o camiño, fóra dun caxato; nin pan, nin alforxas, nin cartos na faixa. Que calzasen sandalias,pero que non levasen máis ca unha túnica. (Mc 6, 7-9)
  2. 2. Cando o Papa visita un país son moitos os que o reciben con entusiasmo. Aínda que nunca faltan grupos que amosan o seu descontento.O mensaxeiro fala porque ha de obedecer unha orde.
  3. 3. Así lle ocorreu ao profeta Amós. Era un pastorque un día se viu empuxado a falar de parte de Deus. Aquilo non gustou ás autoridades e expulsárono de Betel, santuario real.
  4. 4. Amós defendeuse coa verdade: “O Señor sacoume de xunto ao rabaño e díxome: Vai e profetiza ao meu pobo Israel”. (Am 7, 14-15) Amós non é un profesional “autónomo”.É un enviado por Alguén a quen debe fidelidade.
  5. 5.  Os discípulos de Xesús son portadores dunha mensaxe que os transcende. Non poden modificala ao seu antollo. E menos camuflala, impulsados por grupos de presión.
  6. 6. Daquela e agora, Xesús envía os seus discípulos cunha tripla misión, á que non poden fallar: Predicar a conversión: anunciar que o Reino esixe novas actitudes e un cambio de vida. Expulsar demos: denunciar os antivalores que deshumanizan a persoa. Curar e coidar enfermos: ser testemuñas e axentes da misericordia de Deus.
  7. 7. “Se nalgún lugar non vos acolleren nin vos escoitaren, ídevos, sacudindo o po dos vosos pés, para que lles sirva de aviso”.Aos pregoeiros do evanxeo rexeitáronos non porque non se lles entenda, senón porque se entende ben qué é o que anuncian.
  8. 8. “Irse e sacudir o po” é un signo dunha dobre liberdade. A do mensaxeiro que non perde nada se as xentes non acollen a súa mensaxe.  A dos que o rexeitan, aos que ninguén quere nin pode impoñerlles un camiño de salvación.
  9. 9. “Sirva de aviso” significa deixar as cousas claras sobre a responsabilidade que incumbe a cada un.Polo menos a mensaxe foi anunciada e a verdade foi proclamada.
  10. 10. Xesús, ti non fuches acollido por todosnin todos quixeron escoitar a túa mensaxe.Concede aos teus enviadosa sabedoría para transmitir fielmente a túa palabra, e a paz e a liberdadepara cumprir a súa misión a pesar do rexeitamento. Amén.
  11. 11. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: MeditazioneCapella_musicale_Pontificia_Sistina

×