Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

11º domingo tob 2012

288 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

11º domingo tob 2012

  1. 1. Dicíalle Xesús á xente: O Reino de Deus é como un gran de mostaza.Ao sementalo na terra, é a máis pequena das sementes. Pero unha vez sementada, medra e faise maior que calquera hortaliza. Mc 4, 26-32
  2. 2. «A paciencia é un tesouro, porque do chumbo fai ouro» Esta virtude é a capacidade de aguante na adversidade, e a esperanza que afronta as dificultades do presente en vistas do ben que se agarda.
  3. 3. Pero a paciencia hoxe perdeu popularidade. Queremos ver o éxito dos nosos programas de evanxelización.Inqueitámonos ao non recibir o froito inmediato.
  4. 4. Para Israel, a paciencia é un dos grandes atributos de Deus.« O Señor é compasivo e misericordioso, lento á ira e rico en clemencia… (Sal 103, 8-9)
  5. 5. Deus non mira tanto as humildes orixes como o proxecto final. Dunha ponla de cedro pode sacar unha árbore que dea abeiro a todas as aves. A paciencia é a capacidade de afrontar o ritmo lento dos tempos sen tratar de adiantar o futuro.
  6. 6. O evanxeo de Marcos preséntanos a parábola da semente que crece por si soa sen que o labrador saiba como. Xunto a ela engade a do gran de mostaza.Con elas Xesús invita a vivir o presente, confiando máis na mensaxe que na forza do mensaxeiro.
  7. 7. A paciencia, hoxe, evoca a harmonía persoal tan necesaria nun mundo agresivo.Todos necesitamos máis capacidade de autodominio para: • Conservar a paz interior • Conservar a serenidade de ánimo • Ter un sabio equilibrio para tomar decisións.
  8. 8. A paciencia dános sabedoría para contar cos prazos para alcanzar as metas máis humanas.A urxencia compulsiva para lograr os nosos obxectivos inmediatamente é unha proba da infantilidade da nosa sociedade.
  9. 9. A paciencia denota a nosa relación con Deus. Se a fe se abre ao recoñecemento de Deus Pai,a paciencia será confianza agradecida e estará aberta á esperanza e impregnada da forza do amor.
  10. 10. Señor Xesús, sabemos que ti es o dono e señor da seara. Agradecémosche que contases coa nosa colaboración epedímosche a humilde paciencia de quen non se atribúe os froitos. Amén.
  11. 11. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Irish Greens

×