Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
MANIFESTO PROGRAMÁTICO: “O VIGO QUE QUEREMOS”
En CxG queremos que Vigo recupere a vitalidade económica e o crecemento demo...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Miguel Barros - Decálogo Municipais 2015 - CxG Vigo

66 views

Published on

Miguel Barros - Decálogo Municipais 2015 - CxG Vigo

Published in: Law
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Miguel Barros - Decálogo Municipais 2015 - CxG Vigo

  1. 1. MANIFESTO PROGRAMÁTICO: “O VIGO QUE QUEREMOS” En CxG queremos que Vigo recupere a vitalidade económica e o crecemento demográfico 1. Queremos a “Nosa Caixa”. Porque a recuperación non é un momento, é un proceso. Precisamos o aforro para atender a pemes e familias. 2. Queremos construír politicamente a Área Metropolitana. Porque Vigo debe ser líder na acción e non lastre que retarde a construción do espazo común no centro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 3. Queremos recoñecer o policentrismo da estrutura de poder social e representativo das AA.VV. 4. Queremos orzamentos transparentes e participativos. As AA.VV. deben participar na ordenación das prioridades de inversión. 5. Queremos modificacións puntuais no PXOM que fagan posible a súa execución: -Iniciar a construción física da ronda de circunvalación. -Reducir a carga de reserva para vivenda protexida nos ámbitos que o precisen atendendo aos actuais prezos do solo. 6. Queremos Porto Cabral. Porque é necesario executar o PXOM e dar sentido e servizos a nosa Centralidade na Eurorrexión. 7. Queremos os laboratorios no Novo Hospital Comarcal. 8. Queremos a Nosa Universidade liderando os proceso de I+D+i. 9. Queremos unha Ría Limpa dos vertidos directos por parte dos concellos que bordean as marxes da ría de Vigo. Concello, Xunta e Augas de Galicia non poden adiar a solución deste problema. 10. Queremos unha Política Institucional Colaborativa. A confrontación institucional debilita a confianza cidadá e escusa a solución de todos os problemas. ¡VOTA O CAMBIO SENSATO! ¡VOTA COMPROMISO POR GALICIA (CxG)! ¡VOTA MIGUEL BARROS!

×