Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Observatorio astronómico

89 views

Published on

Pinceladas para a construcción un observatorio astronómico caseiro con materiais baratos e de reciclaxe.

Published in: Science
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Observatorio astronómico

  1. 1. Construcción dun observatorio astronómico de teito corredizo: Deneb International Toande Observatory (DITO)
  2. 2. ¿Por qué construir un observatorio na casa?  Amortización do equipo: usalo o maior número de veces posible.  Mellor aproveitamento do tempo (desprazamentos, montar, desmontar...).  Condicións climatolóxicas menos adversas : humidade, frío.  Maior seguridade para un mesmo e menores preocupacións nas saídas en solitario.  Proxecto atractivo e estimulante: satisfacción de participar nun proxecto “homemade”.
  3. 3. Alternativas comerciais (I): cúpula - Custo elevado (+4000 eur). - Chamativa visualmente. - Maior complicación técnica. - Maior tempo aclimatación observatorio. - Necesidade de edicificación de obra legal.
  4. 4. Alternativas comerciais (II): caseta de xardín - Caras para o que ofrecen. - Illamento térmico máis pobre. - Menor tempo de traballo : modificar soamente o teito.
  5. 5. Alternativas comerciais (III): caseta teito corredizo comercial - Custo tan elevado como a cúpula. - Modelo que sirveu de inspiración para o DITO.
  6. 6. Alternativa a ter en conta (IV) : caseta de obra modificada  De segunda man por uns 500e.  Ben illada e robusta.  Instalación sinxela.
  7. 7. Opción escollida: construcción caseta de teito corredizo  Base de hormigón dispoñible (depósito de auga).  Superficie ampla (uns 10m2).  Preto da casa (uns 100m).  Mercando os materiais e coa man de obra de balde era a opción máis económica.  Dispoñibilidade de tódalas ferramentas necesarias sen custos engadidos.
  8. 8. Dimensións e organización dos espazos
  9. 9. Ferramentas necesarias (das que dispoñía)  Meu pai e as súas destrezas.  Amoladora e discos.  Soldadora de arco e electrodos .  Taladro e brocas.  Desparafusadores, martelo, limas.  Pala,esparavel.  Compresor.  Andamio.
  10. 10. Dificultades técnicas  Primeira vez se construía unha estructura destas características.  Impermeabilización completa (chan en teito).  Incorporación do teito encima da estructura base : peso duns 150kg.  Implementación dun sistema para un desprazamento suave do teito.  Cálculo da altura da columna para non guillotinar o telescopio ao cerrar o teito.  Manexo dos recortes de panel de sándwich : solapamento de 2 pranchas para acadar a altura necesaria do observatorio.
  11. 11. Fase I : estructura base e teito
  12. 12. Fase II : Instalación da estrutura na base de hormigón
  13. 13. Fase II (2 parte) Fila 1 Fila 2 Fila 3 Fila 4 0 2 4 6 8 10 12 Columna 1 Columna 2 Columna 3
  14. 14. Fase III: panelado da fachada e o teito
  15. 15. Fase III: panelado da fachada e o teito
  16. 16. Fase IV: columna para a montura
  17. 17. Fase V : electricidade  Zanxa duns 60m e 50cm de profundidade.  Tralo paso do arado houbo que profundizar uns 10cm máis.  Electricidade procedente do establo.
  18. 18. Fase VI: mimetización co entorno e acabados estéticos
  19. 19. Mención especial (I) : teito corredizo e estructura metálica sobre a que repousa  Elección de rodamentos para diminuir friccións.  O rodamento ten 1mm de holgura dentro do perfil e está ancorado ás 4 pletinas da estructura do teito cun perno. Deste xeito queda totalmente encaixado e fai prácticamente imposible que se desprenda polo vento.  Dota ao teito dun movemento moi fluído e de fácil apertura. Isto é interesante de cara a motorización (precisa motor de menos potencia).
  20. 20. Mención especial (I) : teito corredizo e estructura metálica sobre a que repousa  Estructura accesoria sobre a que repousa o teito: - Suxeita a vibracións pola acción do vento: punto feble que pode debilitarse co paso do tempo. - Ancorada á base de hormigón con 2 pletinas metálicas e pernos expansivos.  Pendentes de comprobar a súa resistencia. En caso de necesidade instalaríanse 2 travesas máis en diagonal.
  21. 21. Mención especial (II): impermeabilización e vibracións Selado das xuntas tanto do chan coma do teito con silicona .  Utilización de ángulos de PVC e aluminio nas esquinas e cantos de toda a estructura  Capa de 2 cm de mortero hidrófugo sobre o chan vello.  Aplicación de pintura plástica de caucho.  Plancha de espuma de poliuretano compactado usado para illamento acústico de paredes.  Alfombra antideslizante de caucho.
  22. 22. Inventario de material e custos
  23. 23. Seguridade  Material instalado de forma permanente: montura, PC e escritorio.  Instalación de 2 pasadores para a fixación do teito.  Instalación dunha cámara IP wifi.  Porta con pechadura .  Suscripción dunha póliza de seguro para o equipo (pendente de estudo).
  24. 24. Futuras melloras  Motorización do teito.  Robotización do equipo para controlalo en remoto.  Instalación de estación meteorolóxica.  Placa solar e muíño de vento para ser enerxéticamente independente.  Construcción dunha montura ecuatorial.
  25. 25. Conclusións!  Proxecto altamente estimulante para quen dispoña do terreo e queira o equipo fixo ou semifixo.  Resaltar que o maior aforro estivo na man de obra e no panel empregado tanto na fachada coma no teito ; son recortes de obra adquiridos a un prezo moito menor (ata un 90% de aforro).  Soamente o tubo de ferro e o panel de adquirirse novos superan o presuposto total invertido no observatorio.  Ter paciencia buscando o material para atopar bós prezos.
  26. 26. Agradecementos... Especialmente a meu pai por facer a meirande parte do traballo, sabendo sempre construír según as recomendacións que eu lle propoñía e aportando melloras en todo momento. Tamén participaron :  María (miña nai) e Xosé (primo).  Luís (Casca) e Juanito participando do brainstorming que lles obligaba a facer entre cervexa e cervexa cando quedabamos.  Antonio (veciño) e Primitivo , por nos axudar coa grúa para subir o teito.  Tódolos membros de Vega que íades vendo os avances e colaborastes aportando novas ideas.
  27. 27. Recursos para nutrirse... http://observatorioelche.blogspot.com/ https://www.telescopiomania.com/ Sittin-up a small observatory: from concept to construction , David Arditti (cortesía de Ramón Iglesias Marzoa) https://www.youtube.com/watch?v=WepYZ8xPhps (Moi instructivo) https://www.youtube.com/watch?v=yBqLvcjCL8U (Charla TED construcción Astrohita) Visita ao observatorio persoal de Cristovao Cunha que me ensinou e explicou a proceso de construcción e materiais empregados a aportou consellos moi valiosos.

×