Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Present3ªav

499 views

Published on

Club de lectura Gozando no Laxeiro

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Present3ªav

  1. 1. Moi boas! Ao finalizar este curso queremos facervos partícipes das lecturas que recomendamos entre nós no noso club durante o último trimestre e, así, axudarvos a escoller as que deleitarán o voso verán. @s lector@s máis ávid@s foron Anabel, Verónica e Manuel ; serán eles quen inicien estas presentacións.
  2. 2. A evolución de Calpurnia Tate Jacqueline Kelly Neste libro nárrase a historia de Calpurnia, unha rapaza diferente que vive en Texas xunto cos seus irmáns e pais. Ela non aspira só a casar, ter fillos e ser ama de casa; desexa estudar ciencias e ir á universidade, pero isto será difícil pois vive no século XIX e as mulleres non se dedican a estas cousas. Súa nai insístelle en aprender os labores do fogar, pero ela goza máis observando a natureza co seu avó. Anímovos a lelo porque é un libro entrañable e divertido. Anabel Ramos, 3º PDC
  3. 3. Nubes de evolución Andrea Maceiras Son tres historias que se enlazan e se modifican porque os protagonistas loitan para mellorar a situación na que se atopan: Amanda, unha rapaza de dezaoito anos que vive soa co seu bebé e traballa todo o día; Uxío, un adolescente que sufriu un engano amoroso; Luís, un profesor aburrido descontento coa vida que leva. Gustoume moito esta lectura repousada, tranquila e reflexiva. Verónica Vázquez, 3ºPDC
  4. 4. O que aconteceu a Barnaby Brocket John Boyne Este libro trata dunha familia normal de Australia. Cando nace o seu terceiro fillo as súas vidas vense alteradas porque este non obedece á lei da gravidade, isto é, flota. Un día a nai, abafada por ter un fillo diferente, déixao saír flotando. Así empeza a divertida viaxe do protagonista por varios países do mundo na que fará novos amigos, moi pouco normais. Lede esta divertida, estraña e, por veces, tráxica historia na que se valora as persoas diferentes. Manuel Pérez, 3º PDC
  5. 5. Este libro trata sobre a revolución de Pancho Villa vista por Rafael, un rapaz que viu morrer a seu pai a mans dos colorados. Rafael busca vinganza e segue a Pancho Villa. Coñecera a cara positiva deste personaxe que axuda aos máis necesitados e, a súa crueldade, cando non dubida en asasinar o inimigo ou a persoas que non teñen moita culpa. Rafael namorarase de Reina, un amor imposible, coñecerá a Longinos, un filósofo que sabe contar historias. Lédeo e coñeceredes este período da historia de México. Marcos Sampayo , 3ºPDC Centauros do norte Marcos Calveiro
  6. 6. A neve interminable Agustín Fernández Paz Deberiades ler este libro pois conta a historia dunha parella que se converteu en vampiros; de rapazas mortas que vingan a súa morte dende o máis alá; dun monstro que habita no soto dunha casa e só o sente o pai de familia; de presenzas fantasmais que atacan a novos artistas. En definitiva é esta unha novela que reune varias historias de intriga, medo e terror nun ambiente abafante dun temporal de neve que semella que nunca vai parar. Acabarase o mundo? Miguel da Cunha, 3ºPDC
  7. 7. Os doce traballos de Hércules James Riordan A min este libro de mitoloxía gustoume moito e recoméndocho a ti porque nos ensina como unha persoa se pode perdoar a si mesma despois de matar á súa propia familia. Como a través dos doce traballos, que parecían imposibles de realizar, fai posible que volvan a crer nel. Tivo que matar un león moi perigoso, a unha hidra de nove cabezas. Capturar a unha cerva con cornos de ouro á que protexía a deusa da caza, ao un terrible xabaril , ao touro de Creta. Enfrontarse a paxaros carnívoros… Destacaría a Euristeo, un home covarde, que era quen lle encargaba os distintos traballos a Hércules co obxectivo de acabar con el . Isaias Medela, 3ºPDC
  8. 8. Corredores de sombras Agustín Fernández Paz Gustoume todo neste libro: o que máis, foi o amor entre Clara e Miguel, os seus encontros ás agachadas e protexidos polo tío dela. Hai misterio, asasinatos, amores frustrados nun pazo onde durante a guerra civil ocorreu un terrible e inxusto crime, pero que non se descobre ata o verán no que Clara, Miguel e Carlos deciden saber a verdade. Sempre haberá quen desexe que todo quede soterrado para sempre. María Iglesias, 3º PDC
  9. 9. Moonky e Liberty Paul Kropp É este un libro de fácil lectura que atrapa dende o comezo. O que máis me chamou a atención é a diferenza entre a forma de ser dos dous irmáns protagonistas. El é un tipo distinto e raro: intelixente, grande lector, independente, non consumista. Polo contrario a irmá só aspira a ser como todos os rapaces; quere ser aceptada polo grupo e fará o que sexa. Con cal dos dous vos identificades? Lédeo e descubrirédelo. Alejandro Riveira, 3º PDC
  10. 10. A revolta dos animais George Orwell Este libro, como indica o título, trata da sublevación dos animais dunha granxa contra o seu dono porque os trataba moi mal: moitísimo traballo e pouca comida. O personaxe que máis me emocionou foi Boxer, un cabalo que durante toda a vida traballa duramente e, ao final, nin ten dereito a un merecido descanso. Destacaría tamén a Napoleón, que nun principio predica a igualdade entre todos os animais, pero que despois pasa a ser autoritario e só mira polo seu propio ben. Tiven dificultades na lectura porque son moitos personaxes e, ás veces, é algo complicado de entender. Javier Castro, 3º PDC
  11. 11. A banda sen futuro Marilar Aleixandre Este libro trata dunha rapaza que ten que comezar o curso nun novo instituto e coa cabeza rapada por unha enfermidade. Carlota vaille contando ao seu cantante favorito como é o seu día a día: a quen coñece, quen lle gusta, os problemas cos compañeiros, os profesores, a relación coa súa avoa… Foi o libro que máis me gustou dos que lin este ano porque reflicte o mundo da escola, dos amores imposibles e dos correspondidos. O que lle acontece a calquera rapaz da miña idade. Adrián Vázquez, 3ºPDC
  12. 12. Ata a feira!

×