Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Para alumn@s e familias...

6,246 views

Published on

Para alumn@as e familias...

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Para alumn@s e familias...

  1. 1. Para alumn@s e familias...
  2. 2. O IES Perdouro... … ten as aulas baleiras. Non ten a alegría dos corredores, o barullo do patio, os sorrisos, os choros, as conversas, as apertas e os bicos... Pero seguimos estando presentes! O traballo é intenso... 2
  3. 3. …e a actividade NON PARA!! Os alumn@s de 1º ESO son uns expertos en videopoemas e tamén aspiran a converterse en Superheroes!! En 2º ESO atrévense co Hip Hop e todos van sorprendernos con tarxetas para celebrar a “Fête des mères”. 3
  4. 4. En 3º ESO agasalláronnos cun fermoso vídeo no día do libro. O seu perfil televisivo lévaos a formar parte da plataforma N3tflix, na que participan en distintos programas semanais, convértense en detectives en “La parte por el todo” e concursan en “ Non pases a palabra”. E ollo, que se atreven cos experimentos na casa!! 4
  5. 5. E en 4º ESO, podedes crer que se organizaron en bandas? E teñen unha trama que chaman “Na casa de papel”. Aí hai de todo… maquetan revistas, son expertos en Rap, apúntanse a retos deportivos, analizan a “Fête du travail”, profundizan no Romanticismo, preparan os carteis das Letras Galegas, participan nun recital poético virtual, fabrican robots e ata están a facer un vídeo de… ups! Non se pode dicir… Ssshh… É sorpresa! 5
  6. 6. En 1º de BAC participan en desafíos converténdose en personaxes literarios e están a competir nos Xogos Olímpicos! Quen dixo que non se podía facer alta competición na casa? E ata os artistas de 2º de BAC, entre tanto estudo, están a “pintar” cadros con Scratch! Incluso en Perruquería andan a experimentar coa colorimetría e a cosmética natural! Veredes á volta que guap@s nos van deixar!! 6
  7. 7. Traballamos e xogamos, estudamos e bailamos, aprendemos e creamos, rimos e tamén protestamos, entramos nas vosas casas e vós entrades nas nosas… En definitiva, convivimos na distancia! Pero todo isto... 7
  8. 8. … é grazas a vós: a vós alumn@s e a vós, familias, por estar aí! Así, o profesorado do IES Perdouro... 8
  9. 9. … quere transmitirvos os seus parabéns! E dicirvos que estamos agardando volver vervos bulir polo centro!! E deste xeito, máis cedo que tarde, seguir escribindo novas páxinas deste libro... 9

×