1. A Lírica Medieval Andrea Carracedo Álvarez Rosa Justo Prieto Mónica Rodríguez Arias Jéssica Domínguez López
2.
3. Clasificacion dos autores A xeración histórica : vai dende as orixes da lírica galego-portuguesa ata 1217, ano en que sobe ao trono de Castela Fernando III. Pertencen a esta etapa: Garcia Mendiz de Eixo, Johan Soairez Somesso, Vasco Fernández Praga, Estevan Perez Froian... os tres irmás da familia galega dos Marinho, Martin Eanes, Pero Eanes e Osoiro Eanes e Nuno Fernandez de Mirapeixe, Pero Velho e Pai Soarez de Taveirós. Tavani engade, aínda que con reservas, dous autores máis Pero Martins e Abril Pérez.
4. Pertencen a esta etapa, Johan Airas, Gomez Garcia, Diego Pezelho, Vasco Gil, Fernan Garcia Esgaravunha, Johan Perez de Avoin, Johan Soarez Coelho, Afonso X…. Tavani engade unha relación de autores pola participación en distintas polémicas literarias: Garcia Perez, Johan Baveca, Johan Vasquiz de Talaveira, Pero Garcia Burgalês, Pero Garcia de Ambroa, Pero Mafaldo… Afonso X A xeración intermedia : comprendería os reinados de Fernando III (1217-1252) e Afonso X (1252-1284) en Castela e de Sancho II (1222-1243) e Afonso III (1243 -1279) en Portugal.
5.
6. Epígonos : son os autores posteriores a Afonso X e Don Dinís. Tras a morte de Afonso X e a subida ao trono de Sancho IV, a actividade poética na corte de Castela decae. Temos neste período, ademais da presenza de trobadores da xerazón anterior, non se documenta a presenza de moitos poetas nesta corte, sendo Airas Nunes, Fernando Esquío, Fernan do Lago (aínda que posibelmente haxa que identificalo co anterior, e Fernan Paez de Talamancos os grandes autores deste período. Aínda puideron estar presentes nesta corte Galisteu Fernandiz e Golparro. É posíbel que en torno a Compostela operasen os xograres galegos Johan de Requeixo, Airas Paez e Johan de Cangas, mentres que de Martin de Caldas e Martin Campina non se coñece nin a súa procedencia xeográfica. En Portugal temos un panorama semellante tras a morte de Don Dinís. A algúns poetas que estiveran activos na corte de Don Dinís, só se suman tres poetas novos: Johan, Johan Fernandez de Ardeleiro e Vidal.