AS MÁQUINAS
AS MÁQUINAS
Sonobxectos fabricados polas persoas ou por outras máquinas, que
están formados por pezas unidas entre si e que se usan para facer un
traballo de forma máis fácil ou máis rápida. Xeralmente as máquinas
transforman a enerxía en movemento ou traballo.
TIPOS DE MÁQUINAS. As máquinas poden ser de dous tipos:
Máquinas simples son as que están formadas por poucas pezas, como
un martelo.
Máquinas compostas son as que están formadas por moitas pezas
como un coche.
As máquinas poden usar distintos tipos de enerxía:
- Enerxía eléctrica: unha lavadora, un ordenador...
- Enerxía derivada do petróleo (gasolina, gasoleo): un
tractor
- Enerxía das persoas ou dos animais (forza): unha
bicicleta.
AS MÁQUINAS NA VIDA COTIÁ
As máquinas fan máis doada e máis cómoda a nosa vida e o noso
traballo.
- Na casa usamos lámpadas e electrodomésticos: lavadora,
aspiradora...
- Para comunicarnos usamos os móbiles, os ordenadores.
- No traballo úsanse distintas ferramentas.
2.
- Na medicina:para facer algunhas operacións
- Nos transportes: grazas aos avións e outros medios de
trasporte podemos desprazarnos moi rapidamente dun lugar a
outro.
- No tempo libre tamén usamos máquinas para xogar e
entreternos.
AS MÁQUINAS E A SAÚDE
Aínda que as máquinas melloraron moito a nosa vida, temos que ter
coidado co uso que facemos delas, pois nalgúns casos poden
prexudicar a nosa saúde:
Sentarse de forma incorrecta durante moito tempo cando
estamos vendo a tele, usando un ordenador ou xogando cos
videoxogos pode danar a nosa columna.
A falta de exercicios físico cando pasamos demasiado tempo
vendo a tele ou no ordenador pode producir: cansazo, obesidade
e outras enfermidades ademais de danar a nosa vista
OS ORDENADORES
Son máquinas que se usan para traballar, escribir, debuxar, escoitar
música, ver fotos ou películas, mercar diferentes produtos,
comunicarnos con persoas en calquera lugar do mundo, etc. Os
ordenadores están formados por dous tipos de elementos:
3.
O HARDWARE
Son aspartes do ordenador que podemos ver: a torre ou CPU, o
teclado, o rato, a pantalla, os altofalantes.
O SOFTWARE
É o conxunto de programas que fan funcionar o ordenador: o sistema
operativo, o procesador de textos, os navegadores de internet, os
xogos, etc.
4.
As partes máisimportantes dun ordenador son:
- Torre ou CPU: conten as partes que fan funcionar o
ordenador
- Teclado: emprégase para escribir.
- Monitor ou pantalla: mostra textos e imaxes.
- Rato: serve como mando para o ordenador.
- Impresora: imprime textos, fotos e debuxos.
- Cámara web: filma e manda imaxes a través do
ordenador.
- Altofalantes: permítennos escoitar o son a maior volume.
INTERNET está formado por millóns de ordenadores de todo o
mundo conectados entre si para transmitir información.
ICONAS E SÍMBOLOS
As iconas son pequenas imaxes que aparecen nas pantallas dos
ordenadores e dos móbiles. Algunhas iconas amósannos programas e
outras indican accións que podemos facer: fotos, mandar correo, etc.
conexión usb, cámara… Cámara Internet
Tempo
O USO DOTECLADO
O teclado sirve para darlle instrucións ao ordenador e para
escribir letras, números ou símbolos. Para escribir unha letra ou un
número temos que pulsar a tecla que corresponda.
Hai teclas que teñen ata tres signos diferentes
Para escribir o 1º símbolo pulso a tecla.
Para escribir o 2º símbolo premo a tecla de maiúsculas e o mesmo
tempo pulso esa tecla.
Para escribir o 3º símbolo premo a tecla Alt Gr e o mesmo tempo
pulso esa tecla .