Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Conclusións world

158 views

Published on

boas prácticas de convivencia

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Conclusións world

  1. 1. II Encontro de centros para unha convivencia positiva Conclusións da miña mesa Dinámica World Café “ Intercambios de boas prácticas entre iguais “ Lourdes Otero Rodríguez
  2. 2. CONCLUSIÓNS WORLD-CAFÉ Coordinadora: Lourdes Otero Rodríguez Experiencias de boas prácticas nos centros CENTRO EXPERIENCIA 1. Centro Residencial “A Coruña” A EMPATÍA Dado que é un centro residencial increméntanse os espazos e os tempos para convivir e iso fai que as oportunidades de aprender a resolver conflictos dun xeito pacífico tamén aumenten. Constitúen polo tanto, experiencias intensas e auténticas ocasións para enriquecerse e formarse como persoa. As educadoras deste Centro traballan co alumnado a EMPATÍA desde un enfoque preventivo antes de chegar a un proceso de mediación 2.IES “Castro Alobre”. Vilagarcía TEMPO GAÑADO Romper a dinámica dunha estructurada dunha clase con algunha dinámica informal ( unha curta…) permite un achegamento afectivo ó alumnado , gañar a confianza e a complicidade do alumno. Completar e anexar no boletín de notas observacións que recollan aspectos positivos que o titor percibiu ó longo do trimestre ( algún verso …). Agasaios na época do Nadal con algo simbólico co algún doce navideño 3.IES Isidro Parga Pondal Carballo ALUMNO AXUDANTE Creación dunha rede de alumnado axudante en 1º de ESO como un paso máis a estructura de mediación ( asentada no centro fai 8 anos ). O proxecto empeza este curso coa formación de tres alumnos por grupo ( sumando un total de 12 ). O protocolo foi elaborado polo Equipo de Mediación e Convivencia o curso pasado e aprobado polo Claustro para a posta en marcha este curso. Organizativamente supuxo un compromiso forte do profesorado pola condicionamento dos horarios ( unificación da hora presencial de titoría nos catro grupos) para poder dinamizar o alumnado formado como equipo de axuda. Tamén supuxo que a escolla deste alumnado axudante, como fase previa a súa formación, fose traballado con actividades específica nas horas de titoría a principios de curso ( garda similitudes coa selección de delegado). 4.IES Nª 1 Elviña AULA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA Esta aula atende a alumnos que teñen un patrón de comportamento parecido en canto a disrupción e carencia de habilidades sociais . A selección desde alumnado establécese por decisión da xunta de avaliación. Esta aula está atendida por un Educador Social, unha profesora de Pedagoxía Terapéutica, unha profesora que leva a cabo un Obradoiro de Alimentación e a Orientadora. O límite máximo de alumnos é de 5 alumnos .
  3. 3. 5.Asesora do Centro de Formación e Recurso de Pontevedra. APRENDIZAXE COOPERATIVO ENTRE PROFESORES Esta experiencia ponse en práctica nun grupo de traballo que se forma nun IES de Pontevedra que dinamiza a asesora do CEFORE desta provincia “ Rosana de París”. A finalidade é que os profesores experimenten o rol do alumnado empregando unha metodoloxía de grupos cooperativos integrando as TIC , en concreto o Google Drive para que neste espazo na nube poidan recoller as dificultades coas que se atoparon, aspectos a mellorar , aspectos positivos que conleva, propostas e modificacións… 6. PRETEXTOS PARA FALAR Aproveitar os espazos de lecer ( recreos ) para formar comunidades educativas ó redor de Obradoiros facilitando a comunicación e o establecemento de relacións persoais entre os membros da comunidade educativa coa conseguinte cercanía afectiva. 7.IES Pobra do Caramiñal COMISIÓN DE CONVIVENCIA Establecemento dunha comisión de convivencia formada polo Educador Social do Concello, representante do persoal non docente do Centro, país, alumnos, profesores, membros do equipo directivo, orientador..) cunha adicación de dúas horas semanais de reunión. Isto é un gran logro acadado neste centro educativo e que está instaurado dende fai varios anos. Tamén é significativo que haxa permanencia de determinados componentes desta comisión dende o seu inicio, o cal garantiza a continuidade e o fortalecemento desta estructura. 8.IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Perillo . A Coruña Auditoría con delegados A fináis de cada un dos tres trimestres os mediadores reúnense cos delegados dos distintos grupos. Isto permite ter unha idea de cal é o clima social da aula , detectar conflictos, analizar aqueles grupos donde hai máis disrupcións, en qué momentos da xornada lectiva aumenta esta disrupción, alumnos aillados ou que estén atravesando por momentos difíciles… A identificación destas situacións permite establecer medidas como organizar equipos de axuda ó titor ( delegados e mediadores ) para tratar de introducir melloras naqueles grupos máis disruptivos , facer labores de acompañamento en tempos de lecer para alumnos con dificultades de relación persoal… É fundamental que se recolla entre as tarefas que ten que asumir o delegado estas auditorías. No enlace que se xunta podedes atopar máis información: http://orientateenperillo.blogspot.com/2014/01/auditorias-cos-delegados-dende-fai.html?spref=tw

×