Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Nacionalismos e rexionalismos

192 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Nacionalismos e rexionalismos

  1. 1. O NACIONALISMO ESPAÑOL: A idea moderna de nación naceu en España vinculada á defensa popular do territorio forote á invasión das tropas de Napoleón e ás transformacións políticas liberais realizadas polas Cortes de Cádiz. A Constitución de 1812 foi a primeira que recolleu e definiu a nación española como un corpo político independente, formado por todos os habitantes da Coroa, no que residía a soberanía. Así mesmo, precisou que todos eses habitantes, por formar parte da mesma nación, deberían estar sometidos á mesma lei e ter os mesmos dereitos; isto implicaba a abolición de todas as particularidades persoais e territoriais características do Antigo Réxime, en especial as singularidades territoriais (foros) e os privilexios feudais. A división do liberalismo en dúas correntes –doutrinaria e democrática- deu lugar á aparición de distintas interpretacións sobre a existencia, identificación, valores e formación da nación española. Estes criterios serviron de base para o desenvolvemento dun nacionalismo español conservador e outro liberaldemocrático. O nacionalismo español conservador (Cánovas) foi o dominante nos séculos XIX e XX. Este nacionalismo defendeu a unidade da patria é incompatible co mantemento de calquera particularismo local, de modo que se impón o centralismo e a identificación dos valores españois cos valores casteláns. O nacionalismo español liberal-democrático. Demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega, Azaña...) defenderon que a nación española era unha construción política, formada por un conxunto de cidadáns que voluntariamente deciden vivir unidos baixo as mesmas leis. Esta concepción da nación segue o modelo liberal e voluntarista, formado a partir das revolucións liberais. REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS: A partir da segunda metade do século XIX, ó igual que noutros Estados europeos, xurdiron en España distintas manifestacións culturais e políticas localizadas na periferia (principalmente en Cataluña, País Vasco e Galicia), que evolucionaron progresivamente na defensa da existencia de nacións propias diferenciadas da española. Este proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou polas seguintes fases: ✓ Unha fase inicial, na que un reducido número de patriotas, intelectuais e eruditos comeza a interesarse pola historia, a lingua e a cultura do seu pobo, sen que este interese tivera aínda un explícito carácter político: Renaixença, Rexurdimento... ✓ Unha segunda fase, na que xunto co interese cultural, aparecen as primeiras formulacións nas que se considera ó propio pobo como unha nación, amplíanse os apoios sociais e aparece a axitación política nacionalista: catalanismo, galeguismo... En liñas xerais, esta axitación política reivindicadora dunha personalidade propia tivo diferentes manifestacións, que evolucionaron cara a unha maior radicalización e especificidade: ✓ O rexionalismo: movemento político que exalta os valores propios da comunidade ou rexión (xeográficos, étnicos, lingüísticos, históricos, culturais, económicos...) e reivindica a descentralización administrativa e a autonomía dentro do Estado español. ✓ O nacionalismo: movemento en defensa do recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de soberanía política e de goberno propio. Xorde así, a finais do século XIX e comezos do XX, a idea da existencia da nación catalá, vasca ou galega, e a creación de partidos nacionalistas que defenden estes dereitos.
  2. 2. FACTORES: Os cambios xurídicos, políticos e culturais derivados da implantación do Estado liberal: centralización e unitarismo, supresión das particularidades xurídicas territoriais, predominio dos valores e da lingua casteláns e subordinación das outras linguas e culturas... Estes cambios incrementaron o enfrontamento centro-periferia. O desigual desenvolvemento capitalista. A dificultade das comunicacións e, sobre todo, o diferente grao de industrialización, orixinaron importantes desequilibrios económicos: os territorios máis desenvolvidos -Cataluña, País Vasco, Asturias- non coincidían coa localización dos centros de decisión política nin coa extracción xeográfica das elites gobernantes NACIONALISMO CATALÁN. A) A tendencia progresista foi a que iniciou a reivindicación política catalá, vinculada á idea de modernización e transformación do país. ✓ Esta tendencia estivo liderada polo republicano federal Valentí Almirall: fundou o Diari Catalá (1879), a primeira publicación diaria en catalán; o Centre Catalá (1882), considerado como o primeiro organismo defensor dos intereses especificamente cataláns; e a publicación Lo catalanisme (1886), en defensa do particularismo catalán. ✓ Valentí Almirall impulsou a redacción dun Memorial de agravios, (TEXTO NO LIBRO) presentado ó rei Afonso XII en 1885, durante a súa visita a Cataluña. O memorial denunciaba a opresión de Cataluña e reclamaba, entre outras medidas, a modificación da estrutura centralizada do Estado para dar cabida a unha organización rexional de España. O Goberno rexeitouno de plano. B) A tendencia conservadora foi a que tivo máis capacidade de actuación e de influencia na vida política española. Un grupo de intelectuais contrarios ó progresismo de Almirall fundaron en 1891 a Unió Catalanista: era unha federación de entidades de carácter catalanista, da que formaron parte algúns dos futuros dirixentes do catalanismo como Prat de la Riba ou e Cambó. O seu programa quedou fixado nas Bases de Manresa (1892), (TEXTO NO LIBRO), proxecto autonomista de signo conservador que defendía unha organización federal de España e a soberanía de Cataluña en política interior, reclamaban a volta á situación anterior ao Decreto de Nova Planta e a oficialidade do catalán. Xorde así, a comezos do século XX un nacionalismo catalán conservador, baseado nas ideas de Enric Prat de la Riba e articulado en torno a un novo partido, a Liga Rexionalista de Cataluña, fundado en 1901 e dirixido por Francesc Cambó. (TEXTO NO LIBRO). A Liga presentaba un programa político conservador, baseado nos principios de orde, tradición, relixión e propiedade. O seu obxectivo era participar activamente na vida política catalá e española para loitar contra o corrupto e ineficaz sistema da Restauración e a favor dun reformismo político que lle outorgase autonomía a Cataluña. NACIONALISMO VASCÓ: Desde a época medieval, as provincias vascas -Guipúscoa, Biscaia e Álava- mantiveron un status especial e particular definido polos seus privilexios forais, que Iles garantían diferentes dereitos: sistema fiscal propio, institucións administrativas e xurisdicionais específicas (Xuntas Xerais de cada provincia), aduanas internas que as separaban de Castela, restricións das obrigacións militares (só as prestaban no seu territorio), limitación do poder real (o rei debía xurar os privilexios)... Os mesmos privilexios conservaba o reino de Navarra. Unha consecuencia da guerra carlista de gran transcendencia política para o País Vasco e Navarra foi a lei do 21 de xuño de 1876 que limitou extraordinariamente o seu antigo réxime foral,
  3. 3. obrigándoos a cumplir o servicio militar e contribuír cunha serie de impostos semellantes aos que se pagaban no resto do Estado, aínda que se manteñen unha serie de concertos económicos especiais. A abolición dos dereitos forais vascos provocou un sentimento de frustración nos sectores tradicionalistas, que mantiveron viva a reivindicación de conseguir a reintegración foral plena. Ó mesmo tempo, tiña lugar o desenvolvemento dunha rápida industrialización que potenciou as transformacións sociais e económicas nas provincias vascas. Ambos procesos foron considerados polos tradicionalistas como unha ameaza para a supervivencia da sociedade, da cultura, dos costumes e das tradicións vascas. Neste contexto xurdiu un pensamento nacionalista fortemente independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana. SABINO ARANA. Educado no seo dunha familia carlista, o seu pensamento maniféstase abertamente contrario ás transformacións sociais e políticas que estaba a introducir o liberalismo e a industrialización nas provincias vascas. Baseándose na crenza da liberdade inmemorial dos vascos fronte ós demais pobos, e na idea de que a súa incorporación á Coroa de Castela na Idade Media foi pactada e voluntaria e non por conquista, Sabino Arana (1865-1903), ante a abolición dos privilexios e o perigo da desvasquización, defendeu de forma vehemente a independencia dos territorios vascos fronte a España e Francia e a súa unión nunha nova entidade política que el denominou Euzkadi. Esta nova entidade política, formada pola confederación de todos os territorios vascos, debía basear o seu goberno nun lema, Jaungoikua eta Lagizarra (Deus e leis antigas); nunha bandeira, a ikurriña; nunha lingua, o euskera; e nun inimigo, os maketos (inmigrantes españois). A partir de 1898, os nacionalistas vascos presentáronse ás eleccións, logrando os primeiros éxitos. Tras a morte de Sabino Arana en 1903, o PNV, baixo a dirección de Ángel Zabala, completou a súa organización (constitución do Euzkadi Buru Batzar) e precisou os seus estatutos en 1906. IV. O GALEGUISMO.
  4. 4. A partir de mediados do século XIX, xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades unida á defensa dos seus intereses económicos e políticos. O resultado foi a configuración dun movemento heteroxéneo, o galeguismo, que reivindica, con maior ou menor intensidade, o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa do galego e do autogoberno. A pesar de que o movemento galeguista contou con destacados teóricos e defensores, o seu grao de implantación na sociedade foi escaso. Durante o século XIX estivo limitado a determinados círculos minoritarios de intelectuais e políticos; as masas populares non participaron de forma activa nas reivindicacións galeguistas ata ben entrado o século XX. A configuración do galeguismo foi un proceso evolutivo no que se diferencian con claridade tres fases: provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936). En todas elas, o punto de partida da reivindicación galeguista está no recoñecemento da pobreza, atraso e afastamento de Galicia, así como no sentimento de aldraxe ante o esquecemento e a marxinación que padece por parte dos políticos e dos gobernos de Madrid. IV.1. O PROVINCIALISMO: En torno á década de 1840 xorden en Galicia as primeiras reivindicacións en defensa da propia personalidade e de crítica ao centralismo político. Politicamente están relacionadas cos movementos provincialistas que se dan en toda España, encadrables na problemática da definición do modelo de Estado (centralismo dos moderados fronte a descentralización dos progresistas). Culturalmente coinciden cos movementos que en toda Europa, influenciados polo romanticismo, potenciaron o estudio e a defensa dos elementos diferenciadores e identificadores da propia comunidade: a súa historia, cultura e lingua. O descubrimento de Galicia como unha unidade diferenciable doutros pobos foi labor da xeración de 1846, entre os que destaca Antolín Faraldo, que a través dos seus escritos puxeron de manifesto as principais características diferenciadoras de Galicia e os problemas que padecía: falta de industrialización, ruralización, atraso, illamento, etc. TEXTO NO LIBRO. Paralelamente, no eido da cultura, desenvolveuse un activo movemento de recuperación histórica e literaria, o Rexurdimento. Nas décadas de 1850 e 1860, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Francisco Añón... iniciaron o movemento de recuperación e defensa do emprego do galego como lingua non só popular senón tamén literaria; os historiadores (Benito Vicetto, Manuel Murguía...) contribuíron, cos seus traballos de recuperación e interpretación do pasado de Galicia, a subministrar argumentos ó nacente galeguismo, xustificando o dereito a dispor dunha organización política propia que recoñecese os trazos específicos de Galicia: uns costumes e unha lingua diferentes, un pasado glorioso e, sobre todo, a crenza nunhas orixes do pobo galego vinculados á raza celta,considerada superior a dos restantes pobos peninsulares (celtismo). IV.2. O REXIONALISMO GALEGO. De modo paralelo ó que sucede noutras zonas de España, na década de 1880 aparece en Galicia un movemento de carácter rexionalista, é dicir, un movemento que busca, xustifica e defende para Galicia tanto o emprego da lingua propia como a consecución do dereito á autonomía política e administrativa sen rachar a unidade do Estado español. A defensa do rexionalismo galego foi formulada desde dúas posturas ideolóxicas diferentes: unha liberal liderada por Manuel Martínez Murguía e outra conservadora, tradicionalista e católica representada por Alfredo Brañas.
  5. 5. Murguía reivindicou para Galicia o dereito a recobrar a súa autonomía política que só se podía lograr mediante unha ampla descentralización administrativa e económica. Influíu no galeguismo do século XX. (TEXTO NO LIBRO). Alfredo Brañas Menéndez, desde posicións tradicionalistas e católicas, tratou de fundamentar as bases dun rexionalismo que puidese ser aplicado a todas aquelas comunidades que tivesen as mesmas aspiracións á autonomía política. Defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) coa finalidade de conxugar as reivindicacións rexionalistas coa unidade de España, e avogou pola formación de institucións propias para o goberno das rexións. Para Galicia, a súas propostas incluían o catolicismo como trazo fundamental da alma galega, e o corporativismo social e gremial como base da composición das futuras institucións políticas rexionais (polo tanto un regreso á sociedade rural precapitalista). (TEXTO NO LIBRO). Foi tamén nesta época cando apareceron as primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación Rexionalista Galega, 1891; Liga Galega, 1897) e de defensa da lingua (Real Academia Galega, 1906); tamén se fundaron periódicos para a difusión dos seus ideais (A Rexión Galega, 1886; A Patria Galega, 1891; A Nosa Terra, 1907). IV.3. O NACIONALISMO GALEGO. A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirmou con rotundidade que Galicia é unha nación. Esta idea aparece de forma reiterada na obra de Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte ou Castelao. Na obra destes intelectuais repóllense os trazos esenciais da nación galega (lingua, unha Terra, a raza céltica e a saudade ou “alma galega”), analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións, alternativa e programas de transformación da realidade política e económica galega. NO LIBRO TEXTO DE CASTELAO, Sempre en Galiza. O ideario dos nacionalistas galegos concéntrase na denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castela, a defensa da autonomía integral de Galicia, o rexeitamento do separatismo e o desexo de conseguir unha federación ibérica na que se poida integrar Portugal. O nacionalismo galego manifestouse inicialmente da man das Irmandades da Fala, fundada na Coruña en 1916. En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asamblea das Irmandades da Fala, a I Asamblea Nacionalista (no libro texto no que recolle o seu programa político). Ao movemento das Irmandades da Fala incorporáronse numerosas personalidades da cultura e da intelectualidade galega, aínda que a súa repercusión popular foi minoritaria. Na difusión da cultura galega cabe destacar o papel da revista Nós, fundada en 1920. e dirixida por Risco, así como o Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923; en torno a eles, a xeración Nós realizou un intenso labor de estudio e divulgación cultural en diferentes eidos (xeográficos, literarios, artísticos, etnográficos, etc.). Durante o Goberno de Primo de Rivera os nacionalismos periféricos foron perseguidos e reprimidos. A partir de 1929 algúns galeguistas comezaron a reorganizarse e participaron, xunto cos republicanos, na fundación da ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma. En 1931 fundaríase o Partido Galeguista, que tivo un gran protagonismo durante a II República que tivo por obxectivo básico a conquista da autonomía para Galicia (páxina 403 do libro, texto do Partido Galeguista). En 1932, por iniciativa do Concello de Santiago e do seu alcalde, López Pol, iníciase a elaboración dun novo proxecto de Estatuto para Galicia, compatible coa Constitución de 1931. O 28 de Xuño de 1936, tras unha intensa campaña a favor da autonomía, na que destacou a actividade de Castelao e Alexandre Bóveda, o pobo galego aprobou, con ampla mayoría, o Estatuto de Autonomía (texto na páxina 404 do libro). O 15 de xullo de 1936 o texto foi presentado nas Cortes españolas para a súa discusión e aprobación, pero o 17 de xullo comezou a
  6. 6. sublevación militar contra o Goberno da República. Galicia foi rapidamente ocupada polo exército rebelde e autonomía morreu baixo a opresión franquista. As Cortes republicanas, trasladadas a Cataluña, nun acto simbólico, admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia en 1938, pero non foi discutido nin aprobado.
  7. 7. sublevación militar contra o Goberno da República. Galicia foi rapidamente ocupada polo exército rebelde e autonomía morreu baixo a opresión franquista. As Cortes republicanas, trasladadas a Cataluña, nun acto simbólico, admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia en 1938, pero non foi discutido nin aprobado.

×