Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
LITERATURA (tema 9)9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSAE TEATRO.1. INTRODUCIÓN       a) América     ...
LITERATURA (tema 9)9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSAE TEATRO.1. INTRODUCIÓN        O esplendor cu...
LITERATURA (tema 9)             O tema da emigración e do exilio aparece especialmente en Fardel de eisiliado e A         ...
LITERATURA (tema 9)4. TEATRO        Como é lóxico, o teatro, que no seu último termo é un espectáculo de índole social, su...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Literatura 9

768 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Literatura 9

  1. 1. LITERATURA (tema 9)9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSAE TEATRO.1. INTRODUCIÓN a) América b) Europa2. A LÍRICA 2.1. LUÍS SEONE (Fardel de eisiliado; Na brétema, Sant-Iago; A maior abondamento) 2.2. LORENZO VARELA (Catro poemas para catro gravados, Lonxe)3. PROSA 3.1. RAMÓN DE VALENZUELA (Non agardei por ninguén, Era tempo de apandar) 3.2. SILVIO SANTIAGO (Vilardevós, O silencio redimido)4. TEATRO 4.1. MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN (O Ferreiro de Satán; Taberna sen dono, O cego deFornelos e outras comedias…) 4.2. LUÍS SEOANE (A soldadeira)5. CONCLUSIÓN 1
  2. 2. LITERATURA (tema 9)9. A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSAE TEATRO.1. INTRODUCIÓN O esplendor cultural creado polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós, e continuado polasvangardas, vese truncado en 1936 co estoupido da Guerra Civil. A partir desta data, todo orelacionado co galeguismo e coa cultura galega dentro do Estado comeza a ser sospeitoso eperigoso. Ante esta nova situación, ós intelectuais galegos quédalles a solución de adaptarsesufrindo a represión, resistir a través da guerrilla ou fuxir cara o exilio. a) América Os intelectuais galegos en América continuarán o labor xa iniciado polos emigrados,asociándose en distintos grupos. En Bos Aires refúxianse Antón Alonso Ríos, Castelao, Luís Seoane,Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela; no Uruguai e Caribe, Silvio Santiago e LuísTobío; en México, Florencia Gurriarán, Carlos Velo, Luís Soto… Realizan un gran labor cultural en revistas e xornais como Correo Literario, GaliciaEmigrante, Vieiros; corais; audicións radiofónicas (Recordando Galicia e Galicia Emigrante);editoriais que publican clásicos galegos como Citanía, Edicións Nós, Edicións de Galicia, FollasNovas; compañías de teatro… b) Europa En Europa os exiliados non chegaron a constituír grupos que presentasen unha dinámicacultural, aínda así na BBC destaca Galician Programma. En canto a literatura, non asumiron os ideais revolucionarios das vangardas, senón que,sen infravalorar a dimensión estética, afondan na experiencia humana e na reflexión existencial.Amosan as mesmas preocupacións que calquera literatura exiliada, como a importancia dopasado, o paso do tempo e a esperanza do regreso. Os exiliados, xunto cos emigrados anteriormente, forman un conxunto heteroxéneocondicionado pola idade, ideoloxía, ámbito social e cultura do país de acollida.2. A LÍRICA 2.1. LUÍS SEONE (Fardel de eisiliado; Na brétema, Sant-Iago; A maior abondamento) Forte compromiso ético coa realidade social e humana de Galiza. 2
  3. 3. LITERATURA (tema 9) O tema da emigración e do exilio aparece especialmente en Fardel de eisiliado e A maior abondamento. Na brétema, Sant-Iago, obra de temática histórica mantendo o compromiso social. No tocante ó estilo, destacan os versos longos de métrica libre e sen rima, marcando o ritmo con figuras de repetición. 2.2. LORENZO VARELA (Catro poemas para catro gravados, Lonxe) Catro poemas para catro gravados, aparecen catro personaxes galegos históricos representantes da dignidade e da loita: María Pita, María Balteira, Roi Xordo e o bispo Ataúlfo II. Lonxe, condicionada pola experiencia persoal do exilio con composicións de plenitude sensorial centradas na saudade da terra, poesía socialrealista de denuncia da opresión…3. PROSA Produción fortemente condicionada pola experiencia persoal, con novelas autobiográficas ou realistas en exceso. Algunhas obras non foron publicadas en Galiza ata pasada a ditadura. 3.1. RAMÓN DE VALENZUELA (Non agardei por ninguén, Era tempo de apandar) Carácter autobiográfico, con dominio da acción sobre a descrición e uso de técnicas do relato oral como a liñalidade temporal. Non agardei por ninguén, inaugura io tema da Guerra Civil na literatura galega, relatando o levantamento militar e a fuxida do protagonista á zana republicana. Era tempo de apandar, relata a fuxida a Francia tras a guerra, o internamento do protagonista nun campo de concentración e a súa devolución ás autoridades franquistas. 3.2. SILVIO SANTIAGO (Vilardevós, O silencio redimido) Ton autobiográfico. Vilardevós, exposición marcada pola ironía sobre esta vila ourensá. O silencio redimido, relato da amarga experiencia da guerra, encarceramento e fuxida. 3
  4. 4. LITERATURA (tema 9)4. TEATRO Como é lóxico, o teatro, que no seu último termo é un espectáculo de índole social, sufriu máis que ningún outro xénero a censura e represión franquista. Só no ámbito da emigración e do exilio americanos houbo autores e compañías que mantiveron o alento do teatro nas letras galegas. O traballo dos autores emigrados uniuse o dos exiliados, xa que preexistía unha labor teatral en América. Cómpre destacar a Compoñía Maruxa Villanueva, fundada e dirixida por Manuel Daniel Varela Buxán, que estrou en 1941 no teatro Mayo de Bos Aires, Os vellos non deben de namorarse de Castelao, tendo durante cinco días o aforo completo. 4.1. MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN (O Ferreiro de Satán; Taberna sen dono, O cego deFornelos e outras comedias…) Compuxo unhas trinta pezas teatrais cun estilo directo, popular, cómicas e sentimentais encadradas na liña ruralismo humorístico. 4.2. LUÍS SEOANE (A soldadeira) A soldadeira, un drama histórico situado nas revoltas irmandiñas do século XV, sendo unha parábola contra a opresión e en prol da conciencia do pobo galego.5. CONCLUSIÓN Tras o exposto anteriormente, mais que falar de literatura galega do exilio, poderíamoschamarlle ‘o exilio da literatura galega’, pois, por moito tempo, a creación e o universalismoliterario galego estiveron representados polas letras do desterro. Durante os primeiros anos daposguerra, a Galicia europea cédelle o protagonismo da creación literaria á Galicia americana. 4

×