Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

IAF140 nº9dixital

386 views

Published on

IAF140 nº9dixital

O 'Infórmate a Fondo' é o boletín trimestral do Fondo Galego. No IAF 140, número 9 da época dixital, poderás atopar toda a información sobre os últimos meses de vida da asociación municipalista, xunto a entrevistas co pintor sirio Ali Ali e a actriz Lucía Regueiro.

Published in: Government & Nonprofit
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

IAF140 nº9dixital

  1. 1. Infórmate aFondo Número 140 4º trimestre 2015 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Novas liñas estratéxicas para incorporar máis concellos 2 O voluntariado como ferramenta de aprendizaxe 5 Entrevista co presidente do Fondo, Juan González 3 Conversamos con Ali Ali, pintor sirio afincado en Galicia 7 FONDO DE ARMARIO 10 OS PROXECTOS EN TERREO: A prol da saúde materno- infantil en Mozambique 11 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Lucía Regueiro “A cooperación non é un concepto abstracto, cobra sentido con cada vida individual que gaña novas opcións” 12
  2. 2. > Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org ACTUALIDADE DO FONDO As novas liñas estratéxicas inciden na incorporación de máis concellos Co remate de 2015 ábrese no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade unha etapa na que a nova Comisión Executiva terá catro anos para levar adiante as súas liñas estratéxicas. A folla de ruta da lexislatura vén mar- cada polo reto de intensificar a participación das administra- cións locais e provinciais so- cias, pero tamén de incorporar novos concellos comprometidos coa solidariedade internacional, alén de recuperar aqueles que tiveran cursado a baixa. O traballo en rede coa Xunta, a Fegamp e as ONGD, así como con outras entidades estatais e internacionais, será un dos aspectos a reforzar no período 2016-2019, no que se promove- rá asemade o recoñecemento das políticas de cooperación desde o eido local. Neste senso, o Fondo Galego xa manifestou a súa vontade de formar parte da mesa de coordinación para a collida das persoas refuxiadas que cheguen a Galicia, sen que a solicitude fose aceptada polo de agora. As tarefas de cooperación para o desenvolvemento e sensibili- zación da solidariedade galega a prol dos dereitos humanos seguirán centrando o labor do Fondo Galego. Para apoiar os países do Sur proponse pasar de proxectos puntuais a progra- mas plurianuais que teñan un maior impacto na loita contra a pobreza, ao tempo que se afondará na colaboración cos países lusófonos. Apóstase ade- mais por poñer en marcha ini- ciativas de codesenvolvemento, así como por implicar máis ás cidades e deputacións e por am- pliar as misións a terreo. Para facer máis efectiva a sensi- bilización en Galicia, innovarase con actividades máis atracti- vas, que poderán estar vincu- ladas, por exemplo, á arte e a cultura galega ou ao deporte. Terase en conta o ámbito rural e ás persoas maiores, deseñan- do actividades acaídas para este perfil. Seguirase potenciando ademais o programa Vacacións con Traballo, que permite a per- soal das deputacións e concellos socios do Fondo Galego coope- rar durante un mes cos parcei- ros en países empobrecidos. Sumar novos concellos e deputacións é un dos retos da nova lexislatura 1
  3. 3. > ACTUALIDADE DO FONDO Juan González, presidente do Fondo Galego: “A solidariedade internacional é posible dende o concello máis pequeno ao máis grande de Galicia” O alcalde de Nigrán, Juan González, áchase á fronte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desde o mes de setembro. Chega á Presiden- cia levando os Servizos Sociais no seu concello e co aval de ter vivido en Latinoamérica e dirixir a Fundación Érguete . Que lle levou a poñerse á fron- te do Fondo Galego de Coope- ración? Despois de traballar 18 anos no eido social ao fronte da Fun- dación Érguete-Integración, o Fondo é unha magnífica opor- tunidade de levar a cabo un proxecto solidario e dirixido ás persoas que máis o precisan. Xa tiña experiencia no sector social, en que medida estas vivencias previas poden axu- darlle no cargo? Sobre todo a sensibilidade e a concienciación total e absoluta de que a través de decisións téc- nicas e políticas podemos me- llorar o noso mundo e, agora, a través do Fondo Galego, outros mundos. Vostede viviu en Centroa- mérica, diría que o contacto directo coa realidade do Sur resulta clave para que as e os políticos aposten pola coope- ración? Non só clave para apostar pola cooperación, senón para coñe- cer a forma de pensar dos paí- ses obxectivo do Fondo. É un erro das sociedades máis des- envolvidas acudir ás menos des- envolvidas con pensamentos de esmola, de trasladar a nosa cultura, de cambiar os seus cos- tumes... Iso é un erro, nós debe- mos ir aos países a aprender e a ensinar, pero sabendo sempre respectar e pór en valor a súa forma de vida e os seus costu- mes. Cal será a folla de ruta a se- guir polo Fondo Galego nesta lexislatura? Marcarana as Liñas Estratéxicas 2016-2019. Achegarnos a máis O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 2
  4. 4. > países, conseguir que máis entida- des se unan ao Fondo, facer e exe- cutar proxectos que deixen pega- da nos países de destino e que os galegos e galegas saiban que hai unha entidade que fai un inmen- so traballo no exterior. Reforzar o programa Vacacións con Traballo, etc. Cales son os plans máis inme- diatos para o ano que comeza? Pór en marcha os novos proxectos de desenvolvemento. Que lle aportou a Nigrán ser so- cio do Fondo Galego desde os seus inicios? Sen lugar a dúbida, coñecer outras realidades e saber que cunha mí- nima cota anual pódese cambiar e mellorar a vida de moitas persoas. Cal debe ser o papel dos conce- llos e do Fondo Galego ante a crise de persoas migrantes e re- fuxiadas? O Fondo xa está xogando un pa- pel importante pondo a disposi- ción da administración autonómi- ca toda a súa experiencia e todos os anos de traballo con persoas de características semellantes ás das refuxiadas e refuxiados. En que medida o novo escenario que se abriu tras as eleccións locais pode animar a máis con- cellos a apostar pola solidarie- dade internacional? Iso vai depender de cada adminis- tración local, vai ser labor do pro- pio Fondo Galego concienciar ás administracións locais para que a aposta sexa cada vez maior. Que lles diría aos concellos que aínda non son socios do Fondo Galego para animalos a unirse? Que con moi pouco esforzo eco- nómico pódese ser partícipe de proxectos que axudan ás persoas, ás persoas que máis o precisan e en países non desenvolvidos. A so- lidariedade internacional é posible dende o concello máis pequeno ao máis grande de Galicia, cun- ha achega case simbólica. Paga a pena. Juan González tomou o relevo de Teresa París na Asemblea de setembro Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 2
  5. 5. > ACTUALIDADE DO FONDO O voluntariado como ferramenta de aprendizaxe mutua O voluntariado internacional re- velouse como unha ferramenta de aprendizaxe mutua nas X Xornadas Anuais de Coopera- ción que o Fondo Galego cele- brou en decembro baixo o título ‘Vacacións con Traballo. Unha década de cooperación dende o local’. O presidente do Fondo Galego e alcalde do Concello de Nigrán, Juan González, lembrou na presentación que a través da cooperación para o desen- volvemento “aprendemos as dúas partes”. No mesmo senso se pronunciou a vicepresidenta e edil de Redondela, Teresa Pa- rís, mentres que a tesoureira da entidade e concelleira en Ponte- vedra, Carme Fouces, chamou a que máis administracións locais e provinciais se unan á asociación. Técnicas e técnicos que ao lon- go da última década participa- ron nas Vacacións con Traballo achegáronse ata a cidade do Lérez para compartir as súas vi- vencias. “As Vacacións con Tra- ballo en Nicaragua marcaron un antes e un despois na miña vida”, comentaba María López. “A experiencia en Cabo Verde foi única no persoal e no profe- sional, recoméndoa ao 100%”, aseguraba Ana Ferradáns. A elas sumouse o arquitecto Jorge Duarte, que colaborou en San- tiago de Cuba. As xornadas contaron con dous convidados chegados desde Cabo Verde: José Belmiro Fon- seca, concelleiro da Cámara Mu- nicipal de Santa Cruz, e mais Ma- nuel Monteiro de Pina, alcalde de Ribeira Grande e presidente da Asociación Nacional de Muni- cipios Caboverdianos. O primei- ro destacou tanto o proxecto de rego gota a gota financiado no seu municipio como a asistencia técnica recibida a través das Va- cacións con Traballo. O segundo apostou por darlle continuida- de á parcería desenvolvida co Fondo Galego en sectores como xénero, urbanismo ou xestión fi- nanceira, pero tamén ao progra- Participantes nas Vacacións con Traballo compartiron as súas experiencias nas Xornadas Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 3
  6. 6. > ma de voluntariado internacional “onde todo o mundo gaña”, de xei- to que “a cooperación sobrepasa as esferas institucionais para chegar á sociedade civil, ás fami- lias e ás persoas”. Tamén na mesa conformada por representantes sindicais se abor- daron fórmulas para a impli- cación da administración local en proxectos de cooperación ao desenvolvemento. O secreta- rio nacional de Comunicación da CIG-Administración Pública, Xosé Carlos Crespo, avogou por que as centrais animen aos empregados públicos a participar nos progra- mas de voluntariado no Sur. Ta- mén Ángel Gil, da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F), insistiu en que o asocia- cionismo e o traballo en rede son clave para unha mellor xestión da cooperación internacional desde o local. Os relatorios pecháronse coa des- crición do programa Voluntari@s Expert@s por parte de Nuria Mo- rán, técnica do Fondo Extremeño Local de Cooperación para el De- sarrollo (Felcode). No entanto, as X Xornadas Anuais de Coopera- ción culminaron coa inauguración da exposición fotográfica ‘Nica- ragua: o futuro’ realizada polo vigués Felipe Carnotto como ga- ñador da segunda edición do cer- tame Imaxes con Fondo. Tamén houbo oco para degustar produ- tos de comercio xusto da man da ONGD Amarante e para emo- cionarse cos ‘Contos coas mans abertas’ da compañía A Tropa de Trapo. As X Xornais Anuais de Coopera- ción contaron coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Universidade de Vigo, así como con apoio económico da Xunta de Galicia. Membros da Comisión Executiva inauguraron as X Xornadas Anuais de Cooperación Representantes municipais de Cabo Verde asistiron ao encontro en Pontevedra Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 3
  7. 7. > ACTUALIDADE DO FONDO Ali Ali, artista sirio: “A única solución é que Estados Unidos e Europa quiten a man de Oriente Medio” Ali Ali chegou a Madrid en 2003 para representar a Siria nunha feira de arte, onde tomou con- tacto co Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC), que se acha en Betanzos. Dende entón quedaría ligado a Galicia e hoxe segue creando desde o seu estudio da Coruña. Á entra- da, unha morea de libros dan a benvida canda alegres pinturas cheas de cor. Ao fondo, os gran- des cadros nos que o artista está traballando actualmente, tamén coloridos pero con temá- ticas máis tráxicas. Conversa- mos observados polos grandes ollos das e dos seus protagonis- tas, entre o arrecendo do té con canela. Levas case trece anos en Ga- licia, sénteste ben acollido? Notaches certos prexuízos contra as persoas árabes e musulmás, sobre todo nos úl- timos tempos? Gústame Galicia, aínda que ao final é o traballo o que che vai levando a un sitio ou outro. Ga- licia é o contraste de Siria, con tanto verde e tanta choiva; para min era unha terra virxe que estaba por descubrir. A xente é en xeral amable, aínda que en todos os lugares do mundo hai persoas malas e maleducadas. Para min, esas son persoas po- O pintor sirio Ali Ali Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 4
  8. 8. > bres de cabeza, ignorantes, que non teñen nada mellor que fa- cer que atacar a xente cun nivel de vida máis baixo. Aquí hai de todo. Cando cheguei, xa sabía que ía atopar malas persoas, pero o meu obxectivo non era relacionarme con elas. Nesta te- rra hai moitas cousas boas que ver e intercambiar, falas sobre o teu país e ao mesmo tempo aprendes sobre este. Os sirios veñen a Galicia sobre todo para estudar e hai moitos médicos. Como era a vida no teu país? Eu vivía da arte, traballei na Uni- versidade de Damasco despois de licenciarme, tiña o meu estu- dio e as miñas galerías, a miña vida feita. Quería doutorarme e pensaba irme a Francia, pero de casualidade todo cambiou, e considérome afortunado. Den- tro do mundo árabe, Siria era un país estable. A xente tiña as súas necesidades básicas cubertas: comida, auga, luz, educación, sanidade… Pero vivimos nun- ha ditadura e non se respectan moitos dereitos e liberdades. Ademais, chegas a un límite e non podes seguir prosperando, non deixan que mellores a túa vida a nivel económico, estudos, etc. Tes que estar dentro dun- ha cuadrícula e non podes saír dela. Por iso a gran maioría das persoas que están a entrar en Europa ten capacidades, carrei- ras universitarias, pero non tra- ballo. Despois de cinco anos en guerra, a xente perdeu a espe- ranza. Agora un quilo de toma- tes vale máis que unha persoa. Queren salvar aos seus fillos! A nenos con dous ou tres anos córtanlles a cabeza, grávano e fan diso un espectáculo. A que niveis se chegou? Cal é, para ti, a orixe do pro- blema en Siria? Oriente Medio é unha área moi interesante a nivel xeoestraté- xico. Coa creación do Estado de Israel, Occidente conseguiu situarse e ante calquera amea- za xa vai protexer as fronteiras israelís. Non queren arranxar o conflito, porque desde o ano 48 sabemos que a solución para a estabilidade na zona é que haxa tamén un Estado palestino. Se non arranxaron iso, non van querer solucionar a situación de Iraq nin de Siria. Fálase de gran- des negociacións, conferencias, etc. pero todo é mentira, todas estas reunións só alargan o pro- blema. Entón, non ves posible unha solución diplomática? A única solución é que Estados Unidos e Europa quiten a man de alá e deixen en paz non só a Siria, senón ao mundo. Se o deixan en paz, o mundo arránxa- se. Estados Unidos, Europa e Ru- sia son os que están a protexer eses gobernos ditatoriais polo seu propio interese; cando non se reparten a torta entre eles, non solucionan o problema, e quen morre é a pobre xente. Eu son musulmán e teño moi- tos amigos cristiáns e xudeus, e nunca tivemos problemas entre nós. Todos sabemos onde está o problema e onde está a solu- ción, pero non queren arranxa- lo; polos intereses duns poucos amólase a países enteiros e só queren intervir para xerar o caos e vender armamento. Desde os anos 70 estivo saíndo diñeiro de Siria cara aos bancos suízos, iso xa non se vai a recuperar. Como debe reaccionar Europa ante a chegada de refuxiadas e refuxiados? Se deixan á xente en paz, a xen- te non quererá vir a Europa. O meu pobo, Khatounie, leva case dous anos baixo control do Estado Islámico. Despois dos atentados de París borrárono do mapa, bombardearon toda a zona, onde vivían 3.000 per- soas. É esa a solución de Euro- pa? Eu perdín moitos sobriños, curmáns… Todas as familias perderon alguén. O mundo non é xusto. Cando empezan a le- vantar os campos de refuxiados e a instalarse as ONG, é un mal sinal: a guerra vaise alongar e non van buscar unha solución. É o que pasou con Palestina, a xente foxe das súas casas e em- pezan a conformarse cidades enteiras nestes campamentos. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 4
  9. 9. > Moita xente vén aquí, ao taller, e chora, pero a min as bágoas non me serven. Chega un punto no que digo “Basta!”. Basta de ter que defenderme. Os sirios non necesi- tan sacos de arroz nin tendas de campaña, necesitan que os deixen en paz. Pode a cidadanía facer algo res- pecto diso? Quizais presionar aos nosos políticos? O pobo, se quere, pode cambia- lo todo. O problema é que cando alguén empeza a actuar, pois só- benlle a luz, e entón xa ten que empezar a preocuparse por iso ta- mén. Refírome a que, cando a ci- dadanía empeza a reaccionar, ao día seguinte os políticos fabrican un novo problema económico, e os medios de comunicación cén- transe niso, xa que só se moven por interese, pois gañan moito diñeiro con iso. Os sirios non bus- can saír nos medios; hai cousas moito máis bonitas nestes paí- ses sobre as que escribir, pero só sae o sangue e as matanzas. Non culpo á xente, pero o certo é que non quere actuar. A poboación de Occidente vive ben á conta des- tas mortes, se non o seu nivel de vida baixaría, por iso o pobo de Estados Unidos e Europa para min está a participar nesta guerra ta- mén. Se lles quitan a neveira, ao día seguinte danlles igual as mor- tes con tal de recuperala. É moi grave o que estás a dicir… Todo é un círculo, hoxe tócanos a nós e mañá non sabemos a quen... O teu último proxecto reflicte a difícil situación do pobo sirio, fálanos desta evolución na túa pintura. Eu son unha persoa optimista, gústame a tranquilidade e a paz, e a miña obra céntrase niso, na be- leza... Pero perdín a moita xente, a miña familia atravesa unha moi mala situación, non teñen casa. Esa xente que estaba tranquila- mente na súa aldea, con toda a po- breza e os problemas que tiveron que soportar, agora non sabe que facer, onde ir. Non é xusto. Moita xente non o entende, pero eu non quero chorar. Estou a terminar o proxecto e buscando espazos para expoñelo, xa que me gusta- ría presentalo no Kiosko Alfonso, aquí na Coruña, e logo trasladalo a outras cidades galegas. Será un proxecto multidisciplinar, con ins- talacións, performance… O obxec- tivo é sensibilizar á xente, a ver se serve de algo; non o creo, pero hai que intentalo. Nenos sirios na busca de refuxio en Europa. FOTO: Felipe Carnotto Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org 4
  10. 10. > Remata a xira “Ti tamén contas” da Tropa de Trapo A Tropa de Trapo vén de pechar a xira “Ti tamén contas” tras perco- rrer 24 concellos socios do Fondo Galego de Cooperación. Sensibilizar sobre a solidariedade internacional era o obxectivo deste espectáculo que entre marzo e decembro pasou por escenarios de Carballo, Laxe, Culleredo, Sandiás, Pontecesures, Moraña, A Laracha, Ourense, Ca- banas, Porto do Son, Cuntis, Tomiño, Malpica, Mondoñedo, O Barco, Bergondo, Oleiros, Pontevedra, Poio, Fene, Burela, Arteixo, Vilar de Santos e Corcubión. Centos de nenas e nenos gozaron de historias que introducen cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais, para pasar logo ao debate a través de dinámi- cas participativas. Nas representacións para persoas adultas os contos abordaban a importancia dos pequenos retos cotiás, as mulleres que se organizan rompendo tabús relixiosos para acadar a paz ou a diver- sidade de respostas que culturalmente se lle poden dar a un proble- ma, para culminar cunha escena de teatro-foro. A Rede Municipalista Solidaria reuniuse en seis vilas Os concellos de Nigrán, Ames, Caldas de Reis, Cartelle, Monforte de Lemos e a Deputación da Coruña acolleron entre o 17 e o 24 de no- vembro as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria, integrada polo persoal técnico que se encarga das relación co Fondo en cada adminis- tración socia. As e os asistentes amosáronse moi participativos, aínda que moitos se estreaban neste tipo de reunións, encamiñadas a dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e valorar as actividades de sensibilización que se poden implementar ao longo do ano en Ga- licia. Neste senso, recolléronse as propostas para o próximo ano, alén de informar sobre o estado da asociación. As xuntanzas da Rede Muni- cipalista Solidaria coa Secretaría do Fondo Galego celébranse cada seis meses co obxectivo de render contas e favorecer un contacto directo que garanta o correcto funcionamento da asociación. O intercambio de ideas e opinións permite unha boa circulación da información, a comunicación e a transparencia. FONDO DE ARMARIO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org *
  11. 11. > OS PROXECTOS EN TERREO: A prol da saúde materno-infantil en Mozambique Co remate de 2015 finalizaron os proxec- tos cofinanciados a ONGD galegas durante o último ano e pecháronse tamén as dúas iniciativas de cooperación directa apoiadas polo Fondo Galego en Cabo Verde. Ata xullo de 2016 permanecerá activo en Mozambique o proxecto iniciado o pasado mes de agosto coa Fundaçao Encontro a prol da saúde ma- terna e infantil, ao que se destinan 24.988 euros. Visitas a 240 domicilios e mais un cento de charlas e obras teatrais sobre coidados básicos de saúde e prevención de doenzas son algunhas das actividades que un grupo de activistas está a levar a cabo para concien- ciar a mulleres e familias sobre a importancia de acudir ás consultas pre e post parto, así como de dar a luz na maternidade. Tamén se crearán grupos de “nai para nai”, onde se intercambian experiencias a fin de multipli- car a sensibilización e superar as barreiras socioculturais. Segundo as crenzas locais, o embarazo debe ocultarse ata que a barriga sexa grande, xa que falar sobre o tema atraería a mala sor- te. Isto leva ao sufrimento e morte de moitas mulleres durante a xestación e en partos non seguros. As nenas e nenos tampouco adoi- tan seguir os pertinentes controis e hai un elevado risco de desnutrición, polo que a intervención incide asemade en identificar á poboación infantil que precisa unha atención especial neste senso. O proxecto lévase a cabo nos distritos de Boane e Namaacha, na provincia de Mapu- to, e agárdase que nos doce meses de exe- cución aumenten nun 25% as embarazadas que acuden a consulta e que 1.290 nenos e nenas leven control pediátrico. Realizar un acompañamento individualizado, ao tem- po que se involucra a toda a comunidade, é unha das claves da intervención. Mozambique áchase entre os países cun Índi- ce de Desenvolvemento Humano máis baixo do mundo, xa que é o noveno pola cola. Ade- mais da pobreza, o contexto da intervención vén marcado pola desigualdade de xénero, a prevalencia de enfermidades como a sida ou as dificultades de acceso á auga. A desnu- trición crónica afecta a un 44% da poboación infantil. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org O teatro permite concienciar sobre coidados básicos e prevención de doenzas As familias acoden aos servizos sanitarios para os controis pediátricos *
  12. 12. > A OLLADA EXTERNA Lucía Regueiro: “A cooperación non é un concepto abstracto, cobra sentido con cada vida individual que gaña novas opcións” O papel de María na serie ‘Libro de familia’ fixo que a empezaran a recoñecer pola rúa, pero Lucía Regueiro xa levaba anos curtín- dose no teatro e con algunha que outra incursión no audio- visual. Logo pasaría a presen- tar o “Luar” canda Xosé Ramón Gayoso e hoxe toma as armas en “Serramoura”. Polo camiño, a danza, o violín, a súa egua e unha chea de colaboracións que a fan medrar como profesional e como persoa. A mediados de novembro poñías rostro á V Semana coa Infancia da CRTVG e Unicef, supón moita respon- sabilidade auspiciar este tipo de campañas? Supón sobre todo un privilexio. Xa colaborei na Semana coa In- fancia o ano pasado, pero des- ta volta a miña implicación foi moito máis profunda e activa, xa que tiven ocasión de viaxar como convidada de Unicef a Bolivia. Alí puiden coñecer de primeira man o traballo que fan na zona de Cochabamba, nun proxecto no que os galegos te- mos un papel fundamental gra- zas á colaboración da Xunta nun programa de atención ás ma- más e os neonatos. Si que sen- tín certa responsabilidade no sentido de que debía transmitir correctamente a importancia do traballo que realiza Unicef, e tratar de mover aos espectado- res da Televisión de Galicia para que colaborasen mediante o en- vío de sms. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org * A actriz e presentadora Lucía Regueiro
  13. 13. > Que balance fas da viaxe a Bolivia cun equipo dos in- formativos, no marco desta iniciativa contra a desnutri- ción infantil? Superou todas as miñas expec- tativas. Eu xa coñecía o traballo de Unicef, pero a posibilidade de velo sobre o terreo modificou to- talmente o meu punto de vista. Poñerlle nome e cara ás persoas polas que traballan, ver como melloran as súas vidas en aspec- tos concretos e tanxibles... Iso dálle un sentido novo. Nós tive- mos a oportunidade de coñecer comunidades indíxenas case illa- das, ás que hai que acceder por camiños imposibles ou mesmo en canoa, que non teñen nin luz nin auga potable, e ás que por suposto non chegaban os servi- zos sanitarios mínimos, que ago- ra si están presentes grazas ao labor de Unicef en colaboración coas autoridades locais. Esta viaxe fíxome comprender que a cooperación non é un concepto abstracto, senón que cobra sen- tido con cada vida individual á que se lle dan novas opcións. Como licenciada en Xorna- lismo, consideras que os medios deberían prestar máis atención á coopera- ción internacional e á loita contra a pobreza? Si, sen dúbida. Non só á coope- ración internacional, creo que os niveis de pobreza infantil que hai agora mesmo no noso país son demasiado alarmantes como para non prestarlles unha atención xornalística apropiada. Tamén tes apoiado iniciati- vas solidarias no eido local, como as de persoas afecta- das pola Síndrome de As- perger ou pola Síndrome de Down. Semella que é nece- sario o aval dunha perso- naxe pública para dar a co- ñecer estas problemáticas e que a sociedade se impli- que... Supoño que unha foto cunha cara coñecida fai que algunhas persoas dediquen una maior atención a esas situacións, pero o traballo real, e os logros reais, son outros, por suposto. Hai uns meses poñías en marcha o proxecto Anima- liños para impulsar a adop- ción de cans e gatos aban- donados. Como funciona? Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org A intérprete viaxou a Bolivia na Semana coa Infancia da CRTVG “O proxecto Animaliños aproveita as redes sociais para poñerlle imaxe e nome a centos de animais abandonados” O proxecto Animaliños emprega as redes para atoparlles un fogar a cans e gatos “En Bolivia sentín a responsabilidade de transmitir correctamente a importancia do traballo que realiza Unicef” *
  14. 14. > Que acollida está a ter? Trátase dunha iniciativa que tra- ta de aproveitar a inmediatez das redes sociais para poñerlle imaxe e nome aos centos de ani- mais abandonados que ateigan os refuxios galegos. A idea é moi sinxela: nós visitamos as protec- toras con compañeiros e amigos do audiovisual e fotografámo- nos cos casos máis complicados: gatos e cans maiores, con pro- blemas de saúde, etc. Despois, compartimos esas fotos e unha pequena biografía do animaliño coa esperanza de que alguén se namore del e decida ampliar a familia. É un proxecto moi mo- desto e que aínda está dando os seus primeiros pasos, pero a aco- llida foi moi boa desde o minuto un, e a maioría dos meus com- pañeiros televisivos adheríronse sen pensalo. Para os próximos meses imos abrir o abano de actividades, como a elaboración dun calendario moi especial ou a colaboración cunha firma de xoias para recadar fondos me- diante a venda dunhas pulseiras deseñadas para nós. Son as redes sociais unha boa ferramenta para fo- mentar a solidariedade ou córrese o risco de ficar no “click” e non pasar á acción? Creo que son unha arma de do- bre fío. Por unha banda, acáda- se unha notoriedade moi inme- diata, e é moi fácil lograr que a xente comparta e difunda a túa mensaxe, pero por outro lado esa mesma facilidade leva a que un simple “me gusta” xa pareza suficiente como acción solidaria, e non é así. O difícil é conseguir que o compromiso virtual se tra- duza en actos reais e útiles. Comezaches sendo unha nena no teatro e vímoste presentar programas de te- levisión, pero pódese dicir que te consolidaches nas series. Que ensinanzas tira- ches de cada unha destas tres facetas? Tiven moita sorte de ter caí- do nas series nas que traballei. Tanto ‘Libro de familia’ como ‘Serramoura’ chegaron moi ben ao público e permitiron que eu tivese unha continuidade laboral da que estou moi agradecida. O teatro, sen embargo, foi a miña base. É unha escola insustituíble que che dá as ferramentas im- prescindibles para desempeñar o oficio. No meu caso, o feito de ter experiencia teatral serviume moito á hora de enfrontarme a un programa en directo e con público no plató como é ‘Luar’. E creo que é nesa faceta, na de presentadora, na que máis dis- fruto. Hai un tempo tiven unha pequena crise de valores, na que me preguntaba se realmente era útil o que eu facía para vivir. A resposta chegoume na rúa e nas redes sociais: hai moita xente moi soa á que lle facemos com- pañía desde a pantalla e que nos considera case da familia por- que contribuímos a que esque- zan os seus problemas por un- has horas. Con iso, eu xa me dou por satisfeita. Encántame facer entretemento e dedicar grandes doses de enerxía positiva e vita- lidade a este propósito. Tes denunciado que hai máis papeis interesantes para homes que para mulle- res, queda moito por facer pola igualdade de xénero na profesión? Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org Lucía visitou o proxecto de atención ás nais e os neonatos apoiado pola Xunta “O difícil é conseguir que o compromiso virtual se traduza en actos reais e útiles” “Hai moita xente soa á que lle facemos compañía desde a pantalla e que nos considera case da familia” *
  15. 15. > Lamentablemente, si. Creo que no audiovisual, como na vida, queda moito por facer pola igualdade de xénero. Tanto na ficción como en programas, e en múltiples aspectos, como as esixencias físicas ás que esta- mos sometidas as mulleres que aparecemos en pantalla. É a sarxento Marga, de ‘Se- rramoura’, unha desas mu- lleres que racha cos estereo- tipos habituais na ficción? Faltan referentes femininos neste senso? Eu agora mesmo síntome unha privilexiada interpretando a unha muller profesional, que se define polas súas accións e non polas súas relación amorosas ou familiares, porque non é o habitual. Ademais, gústame in- terpretar a unha muller á que non lle parece importante estar guapa ou non, e que di e fai o que considera oportuno aínda cando sabe que non vai conten- tar aos homes do seu entorno. Creo que iso é moi poderoso e debería ter moito máis reflexo no noso audiovisual. Como valoras a actual mar- cha de xente nova cara o estranxeiro? É unha opción para ti ou ves o teu futuro en Galicia? Eu creo que o éxito reside en vivir e traballar onde queres es- tar, e rodeada da túa xente. E iso para min está en Galicia. Pero se as cousas se poñen feas irei a onde teña que ir para buscar as fabas como tantos outros. Creo que é moi bo que a xente nova teña a posibilidade de saír ao estranxeiro e aprender, ver, co- ñecer... Pero cando non é unha elección, senón unha saída des- esperada, algo moi gordo e moi terrible está pasando. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org “Creo que no audiovisual, como na vida, queda moito por facer pola igualdade de xénero” “É moi bo que a xente nova teña a posibilidade de ir ao estranxeiro, pero cando non é unha saída desesperada” Lucía caracterizada como Cisne Negro para o almanaque solidario de Asperga. FOTO: Edu Pereira A sarxento Marga racha cos estereotipos en ‘Serramoura’ Lucía Regueiro copresentou ou sonado ‘Luar’ canda Xosé Ramón Galloso 1
  16. 16. >INFÓRMATEAFONDO:140º·www.fondogalego.org Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo. Infórmate aFondo Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 Pontevedra Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

×