Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 2016-2017. IES Elviña

Orientación académico profesional 2º Bacharelato.
Orientación titoría 2º Bacharelato.
Orientación do IES Elviña

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 2016-2017. IES Elviña

  1. 1. IES ELVIÑA MANUAL DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 2º BACHARELATO CURSO 2016-17
  2. 2. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 2 ÍNDICE: 0. INTRODUCIÓN: ................................................... · CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN · INFÓRMATE E DECIDE BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO........................ 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES..................................................................... 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS........................................................................ BLOQUE II. SAÍDAS ACADÉMICAS E PROFESIONAIS........... 1. UNIVERSIDADE ................................................ 1.1. INGRESO NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO............................................. 1.2. ESTRUTURA DAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS ........................................... 1.3. AVALACIÓN DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) (selectividade) ............................................................................................................................ 1.4. TITULACIÓNS E LÍMITES DE PRAZAS DO SUG (2016-2017).............................. 1.4.1. Distribución de prazas por colectivos ........................................................................... 1.4.2. Nota de corte nos centros con limitación de praza no sistema universitario galego Curso 2016-2017 .......................................................................................................................... 1.5. PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS DE CARÁCTER VOLUNTARIO NAS ABAU (Curso 2017-2018) ................................................................................................. 1.6. CONSELLOS Á HORA DE ESCOLLER UNHA CARREIRA UNIVERSITARIA ..... 2. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR ........ 2.1. DEFINICIÓN ......................................................................................................................... 2.2. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ................................................................... 2.3. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ............................................................. 2.4. FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL ............................................................................... 2.5. CATÁLOGO DE CICLOS FORMATIVOS OFERTADOS EN GALICIA.................... 2.6. OFERTA EDUCATIVA DE CICLOS FORMATIVOS NA CORUÑA E ÁREA METROPOLITANA ..................................................................................................................... 2.7. SITUACIÓN DO EMPREGO POR FAMILIAS PROFESIONAIS ............................ 3. ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL ............................ 3.1. FORMACIÓN OCUPACIONAL INEM-SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN 3.2. ESTUDOS ARTÍSTICOS E COMPLEMENTARIOS ..................................................... 3.2.1. Ensinanzas de música e danza .......................................................................................... 3.2.2. Arte dramática ..................................................................................................................... 3.2.3. Artes plásticas e deseño ....................................................... 3.2.4. Conservación e restauración .............................................................................................. 3.2.5. Ensinanzas técnico deportivas.............. ........................................................................... 3.3. ESCOLAS OFICIAIS DE DE IDIOMAS ........................................ 4. FORZAS ARMADAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO.. 5. GUÍAS DE ORIENTACIÓN E PÁXINAS WEBS INFORMATIVAS 3 4 4 5 6 6 6 8 10 15 18 19 22 25 28 28 29 30 32 34 37 43 44 44 45 46 47 48 50 51 52 53 54
  3. 3. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 3 0. INTRODUCIÓN A elección do tipo de estudio a seguir e o xeito de incorporarte ó mundo do traballo constitúe unha decisión difícil de tomar e que vai condicionalo teu futuro. • COMO TOMAR UNHA DECISIÓN Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da túa familia. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador. Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá da mera información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS. A toma de decisións que debes realizar ten que ter en consideración certos trazos persoais como: intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe, entre outros aspectos e confrontalos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso. Para a elección deberás ter en conta estes tres aspectos: Coñecemento de ti mesmo: As túas aptitudes, materias nas que mellores resultados obtés, intereses ou preferencias, actividades que ves desenvolvendo de xeito complementario, aspiracións que tes de futuro... Coñecemento do sistema educativo: Requisitos e/ou titulacións precisas que se requiren para realizar tal estudo, centros onde se poden cursar, bolsas de axudas... Coñecemento do mundo do traballo: Profesións que demanda a sociedade, características de cada posto de traballo, transformacións laborais que se producirán nos próximos anos, estratexias na búsqueda de emprego... Esta guía pretende que coñezas as posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e ver as características daquelas que máis se achegan ós teus intereses, ciclos formativos, carreiras universitarias, outros
  4. 4. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 4 estudos e profesións, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese... Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar a selectividade” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti. Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades de logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas axeitadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas. O abandono dos estudos universitarios ou dos ciclos formativos, na maior parte dos casos prodúcese pola falta de interese, por non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, por ter unha baixa autoestima... Non dubides en preguntar ó orientador do Centro todo o que non entendas. Moi interesante como fonte de información o blog elaborado pola responsable do departamento de orientación do IES Elviña, Silvina Paricio Tato: http://silvinaorienta.blogspot.com.es/ BLOQUE I. COÑECEMENTO DUN MESMO. 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. Cuestionario sobre estudos Apelidos e nome............................................................................ Idade:..............Curso:.....................................Data........................... 2. ¿Que asignaturas che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde. 1................................................. 4.................................................... 2................................................. 5.................................................... 3................................................. 6.................................................... 3. As que che resultan máis difíciles son: 1................................................ 4................................................... 2................................................ 5.................................................. 3................................................ 6.................................................. 4. ¿En que asignaturas sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas? 1(+)................................................ 1(-)................................................... 2(+)................................................ 2(-)................................................... 3(+)................................................ 3(-)...................................................
  5. 5. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 5 5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas) (+)Tes capacidade para estudialas ben. (-)Tes mala capacidade para estudialas. (+)Influiu a sorte. (-)Influiu a mala sorte. (+)Tes interese nesa asignatura. (-)Pouco interese pola túa parte (+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ........................................... 6. Respecto aos teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta) Moi favorable. Simplemente favorable. Móstranse indiferentes ante os meus estudos. A súa influencia é algo perxudicial. A súa influencia é moi perxudicial. 7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas) Os teus sistemas e formas de estudar. A túa actitude ante os exames. A túa forza de vontade e constancia. A túa postura ante as tarefas do Instituto. Os teus hábitos de lectura. 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais tes que analizar unha listaxe de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranche útiles diferentes test psicométricos que analizan as túas preferencias e intereses. Entre os test que faremos estarán. - “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas modalidades do bacharelato terás que pensar cal das opcións te interesan máis. Pódelo atopar en: http://www.aplicaciones.info/utiles/oprofe.htm Orienta8.exe
  6. 6. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 6 - “Test de preferencias Orienta 2006/2007”. Dous test que pertencen ao programa Orienta 2006/2007 de Julián Sádaba. - “Test de intereses profesionales universitarios”. Neste casos terás que elixir entre actividades profesionais. Pódelo atopar en: http:/www.aplicaciones.info/utiles/optestun.htm - “Test de formación profesional II”. Avalía a preferencia en relación a 23 familias profesionais. Pódelo atopar en: http:/www.aplicaciones.info/utiles/optesfp2.htm - Test IPP-R “Inventario de Intereses e preferencias profesionais” de Mª V. de la Cruz. ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS. A) TEST DE BACHARELATO: B) TEST ORIENTA 2006/2007: C) TEST DE INTERESES UNIVERSITARIOS PROFESIONALES: D) TEST DE FORMACIÓN PROFESIONAL: E) TEST IPP-R: Nas consultas co orientador poderás valorar os resultados. 1. UNIVERSIDADE Para posibles consultas acerca das condicións de acceso ás universidades galegas coordinadas pola COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA (CIUG) tedes como punto informativo o Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD 3 Campus de Elviña - A Coruña Pavillón de estudantes Campus de Elviña 15192 A Coruña. Tel. 981.167.000 extensión: 1190/1192. Correo electrónico: lerdcoruna@udc.es. Sobre posibles consultas do SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO (SUG), probas de acceso... podedes utilizar a dirección de internet seguinte: CIUG: http://ciug.gal/index.html UNIVERSIDADE DA CORUÑA: https://www.udc.es/ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: http://www.usc.es/ UNIVERSIDADE DE VIGO: https://uvigo.gal/ 1.1. INGRESO NO SISTEMA UNIVERSITARIO Para ingresar nos centros con limitación de prazas é necesario facer a solicitude de admisión (preinscripción). Os prazos adoitan ser nas primeiras semanas dos meses de xuño e xullo, para o alumnado que reúna os requisitidos de acceso á universidade nestas datas; e principios do mes de
  7. 7. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 7 outubro, para o alumnado que se presenta ós exames na convocatoria de setembro. Cada alumn@ presentará un único impreso de solicitude para cada un dos distritos universitarios (recordade que as universidades galegas forman un distrito compartido) onde se indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata dez se as titulacións son iguais pero os centros diferentes. Noutro apartado podedes ver as notas mínimas (nota de corte) de acceso a estudios e o número de prazas existentes para o curso 2016-17. Para máis información: http://ciug.gal/preins.php Distrito compartido Desde 1991-92 imprantouse no territorio estatal o distrito compartido, creado para facilitar a mobilidade entre estudiantes de distintos distritos universitarios. Deste xeito, tódolos centros universitarios públicos con límite de prazas reservan un número das mesmas (mínimo 5% e máximo do 10%) para calquera estudante, sexa cal sexa a localidade na que realizou os estudos secundarios. O alumno, en todo caso, terá que ter unha cualificación igual ou superior á nota mínima (nota de corte) na carreira e na universidade que queira entrar. Galicia é distrito único As universidades galegas (universidade de Santiago, cos campus de Santiago e Lugo; Universidade de A Coruña, cos campus de A Coruña e Ferrol; Universidade de Vigo, cos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra) considéranse distrito único e están integradas no sistema galego de universidades. É indiferente o lugar onde se cursou o ensino secundario dentro da Comunidade Autónoma. Por iso a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) (popularmente coñecida como a selectividade) é a mesma para toda Galicia. A organización destas probas e do proceso de xestión da adxudicación de prazas corresponde á Comisión Interuniversitaria do distrito único de Galicia (CIUG) . A CIUG vén publicando cada curso unha guía práctica, que inclúe prazos, convocatorias, etc.
  8. 8. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 8 1.2. ESTRUTURA DAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS As titulacións universitarias de carácter oficial estruturanse en tres ciclos, cada un dos cales conduce á obtención do título correspondente. O primeiro ciclo conduce ao título de grao, e o segundo e terceiro ciclo permiten obter os títulos de mestrado e de doutorado, ambos comprendidos no que se coñece como programa de posgrao, de acordo co esquema seguinte: 1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO Posgrao GRAO Mestrado (Máster) Doutoramento (Tese doutoral) 240 créditos 60 a 120 créditos EXERCICIO PROFESIONAL O segundo ciclo conduce á obtención do título de mestrado (máster). Esta titulación ten carácter oficial, están recoñecidos formalmente tanto no Estado español como no resto dos países europeos, e teñen prezos públicos, regulados polas distintas CC.AA. O mestrado (máster) universitario ofrece unha formación de alto nivel, especializada tanto nunha área específica do coñecemento como en áreas interdisciplinarias, co obxectivo de mellorar as competencias específicas nalgún ámbito profesional ou disciplinario. Entre os ámbitos profesionais aos que se dirixen, está a investigacións. Por iso o mestrado poderá intergrarse como parte da formación para a obtención do título de doutor. Teñen unha extensión de 60 a 120 créditos europeos. Moitos mestrados son intercentros e algúns son interuniversitarios. O terceiro ciclo ten como finalidade a formación avanzada do estudante nas técnicas de investigación e conduce á obtención do título de doutorado. O doutorado é o estudo de posgrao ao cal se pode acceder, como criterio xeral, cursando previamente estudos de mestrado universitario. O mestrado ten que permitir o acceso ao programa de doutorado para poder entrar no segundo período (de investigación), no que se ten que elaborar a tese doutoral. A duración depende do tempo necesario para facer a tese.
  9. 9. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 9 Materias troncais Son obrigatorias e comúns ós planos de estudio que conducen a un mesmo título en tódalas universidades do Estado español. Proceden das directrices xerais fixadas polo Ministerio de Educación. Materias obrigatorias Determinaas libremente cada universidade no plano de estudios correspondente, e téñenas que cursar obrigatoriamente os alumnos. Introducen un matiz diferenciador cos planos da mesma titulación doutras universidades. Materias optativas Determínaas libremente cada universidade para a súa posible elección polos estudantes, de acordo coas súas preferencias e intereses. En cada plano de estudios especifícase o número de créditos de materias optativas que se deben superar para a obtención do título. Materias de libre elección Son materias de libre elección por parte do estudante para a configuración flexible do seu currículo. Debe cursarse un número de créditos non inferior ó 10% da carga lectiva global e son ofrecidas pola universidade ou outras institucións tras convenio coa universidade. Créditos outorgados por equivalencia Nos novos planos de estudios existe a posibilidade aberta de realizar de prácticas en empresas e institucións públicas ou privadas previo convenio coa universidade, traballos academicamente dirixidos, estudios realizados no marco de convenios internacionais, proxecto ou traballo de fin de carreira...
  10. 10. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 10 1.3. AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (selectividade) * A proba para o alumnado do Instituto de Elviña realizarase pola Comisión Delegada nº 6 no Campus de Elviña (A Coruña) na Facultade de Ciencias Económicas. E terá unha duración de tres días tanto a convocatoria ordinaria A proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade estrutúrase en dúas partes denominadas respectivamente Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria. Parte Obrigatoria Ten como obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguioren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á comprensión de mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Versará sobre as materias xerais de segundo curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida. MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE Historia de España Lingua española e literatura II Lingua galega e literatura II Primeira lingua estranxeira II: Alemán/Francés/Inglés/Italiano/Portugués ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES F. Arte II Matemáticas II Mate. Ap. CC.SS. II Latín II Parte Voluntaria Ten como obxecto a avaliación dos coñecementos e capacidades de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na Parte Obrigatoria. Poderá examinarse dun máximo de catro materias sobre as do bloque de troncais de segundo curso e as materias xerais troncais específicas de modalidade distinta daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba.
  11. 11. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 11 ARTES CIENCIAS HUMANIDADES CIENCIAS SOCIAIS Latín II Matemáticas II Mate. Ap. CC.SS. II Fudamentos da Arte II Latín II Mate. Ap. CC.SS. II Fudamentos Arte II Matemáticas II Mate. Ap. CC.SS. II Fudamentos da Arte II Matemáticas II Latín II MATERIAS DE OPCIÓN (para todas as modalidades) Artes Escénicas Bioloxía Cultura Audiovisual II Debuxo Técnico II Deseño Economía da Empresa Física II Grego II Historia da Arte Historia da Filosofía Química Xeografía Xeoloxía Cada un dos exercicios, tanto da parte obrigatoria como voluntaria, presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha. Cada proba durará hora e media (90 minutos), establecéndose un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. A. CUALIFICACIÓN DA PARTE OBRIGATORIA Cada un dos exercicios da Parte Obrigatoria cualificarase entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais. A cualificación da Parte Obrigatoria será a media aritmética de todos os exercicios, expresa en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Considerarase superada a ABAU cando o estudante obtivese unha nota igual ou superior a 5 puntos como resultado da media ponderada do 60% da nota media de bacharelato (NMB) e o 40% da cualificación da Parte Obrigatoria (CPO), sempre que se obtivese un mínimo de 4 puntos na cualificación da Parte Obrigatoria da proba. A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade. B. CUALIFICACIÓN DA PARTE VOLUNTARIA Cada unha das materias da Parte Voluntaria das que se examine o estudante será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.
  12. 12. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 12 Considerarase superada cada unha das materias da Parte Voluntaria das que se examine o estudante cando obteña unha cualificación igual ou superior a 5. Aos efectos do acceso á universidade, a cualificación das materias da Parte Voluntaria terá validez os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así por exemplo, para alguén que superase a/as materias obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba na convocatoria ordinaria ou extraordinaria de 2017, a validez destas será para o acceso á universidade no curso 2017-2018 e 2018-2019. A nota de admisión para a preinscripción de matrícula nas facultades incorporará a cualificación das materias da Parte Voluntaria e/ou da materia troncal da modalidade da Parte Obrigatoria no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) para o acceso aos estudos oficiais de grao no curso académico 2017- 2018. Na parte voluntaria escolleranse ata un máximo de dúas materias das que se examinase o alumno/a na Parte Voluntaria e/ou materia Troncal de Modalidade correspóndete, que proporcionen mellor nota de acceso. Os parámetros de ponderación da parte voluntaria será de 0,2 ou 0,1 en función da titulación escollida. Nota de admisión = 0,6*NMB+0,4*CPO+a*M1+b*M2 NMB: nota media de bacharelato. CPO: cualificación da Parte Obrigatoria. M1 e M2: cualificación das materias de carácter voluntario. a, b: parámetros de ponderación das materias de carácter voluntario (0,1 ou 0,2). C. REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS O alumnado disconforme coa cualificación outorgada poderá solicitar a revisión dos exercicios mediante un escrito razoado, formulado no prazo de TRES días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das cualificacións no lugar (LERD) onde se entregou a matrícula. Existen dúas opcións de revisión: reclamación ou outra corrección. RECLAMACIÓN sobre a cualificación outorgada no exame. Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións fosen avalidadas cunha correcta aplicación dos
  13. 13. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 13 criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada. A cualificación definitiva da materia ou materias obxecto da reclamación será a que resulte do antedito proceso de revisión, sempre que esta sexa superior á outorgada na primeira corrección, agás nos casos de erros materiais de cálculo da cualificación, no que a cualificación será a que resulte do cálculo correcto. SEGUNDA CORRECCIÓN . Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección. A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferencia de 2 ou máis puntos, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección. Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente. Poderá haber reclamación do proceso de segunda corrección, no prazo de tres días hábiles,, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección. Contra a resolución adoptada pola Comisión Organizadora, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición perante a propia comisión. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición. D. SUBIR NOTA Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da Parte Obrigatoria da proba. Tamarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que sexa superior á anterior. Tamén poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias obxecto de exame na Parte Voluntaria establecido.
  14. 14. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 14 E. ORIENTACIÓN DE CALENDARIO No curso 2016-2017 o calendario é o seguinte: 30-31 de maio matrícula para a realización da ABAU do alumnado que aprobe BACHARELATO na convocatoria de ordinaria. O lugar de matriculación será na secretaría do instituto. 7-8-9 de Xuño realización das probas (Setembro: 12-13-14) 1º Día Mañá 09:00-10:00 Presentación 10:00-11:30 Lingua castelá e literatura II 11:30-12:00 Descanso 12:00-13:30 Historia de España 13:30 Fin da sesión Tarde 15:30-17:00 Lingua galega e literatura II 17:00-17:30 Descanso 17:30-19:00 Primeira lingua estranxeira II 19:00 Fin da sesión. 2º Día Mañá 09:00-10:30 Matemáticas Aplicadas CC.SS. Fundamentos da arte II 10:30- 11:00 Descanso 11:00-12:30 Matemáticas II Latín 12:30-13:00 Descanso 13:00-14:30 Debuxo Técnico II Artes escénicas 14:30 Fin da sesión Tarde 16:00-17:30 Física Xeografía Cultura audiovisual II 17:30-18:00 Descanso 18:00-19:30 Química Grego II 19:30 Fin da sesión 3º Día Mañá 09:00-10:30 Bioloxía. Hª da Arte. 10:30-11:00 Descanso 11:00-12:30 Xeoloxía Historia da Filosofía 12:30-13:00 Descanso 13:00-14:30 Economía de empresa Deseño 14:30 Fin da sesión 12 Xuño Comunicación dos criterios específicos de avaliación das probas. 16 Xuño: Publicación en internet cualificacións provisionais (a partir das 20 horas) 17 Xuño: Difusión nos LERDs e na prensa de Galicia do listado de aptos (provisional)
  15. 15. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 15 17-20 Xuño: prazo de reclamación ou dobre corrección: modelo da solicitude. 23-27 Xuño: solicitudes de revisión á segunda corrección (ata as 14 h do día 27) 29 Xuño: envío urxente de cualificacións modificadas. 19-30 Xuño: solicitude ordinaria de admisión (preinscrición) para cursar ensinanzas de grao única instancia (ata cinco graos, ata dez solicitudes contando distintos centros no SUG) a través da aplicación NERTA non é preciso a entra da mesma nos LERD. Para setembro os prazos e o esquema e similar. 1.4. Titulacións e límite de prazas no SUG (2016-2017) Procedemento de ingreso. Para os efectos do procedemento de ingreso en estudos universitarios no SUG, cada alumno poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará por orde de preferencia as titulacións con límite de prazas nas que desexa matricularse. Na solicitude de admisión poderanse solicitar ata cinco titulacións diferentes, que poderán chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros. É fundamental a orde de preferencia, xa que o alumno será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. As titulacións solicitadas en menor preferencia ca aquela na que resulte admitido eliminaranse automáticamente das listas de espera. Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que cubriran todas as prazas na matrícula de xuño nin aquelas nas que a Comisión Interuniversitaria estime que existen datos obxectivos que aconsellan esta acción. Os alumnos de fóra de Galicia que desexen solicitar praza por distrito aberto nas universidades do SUG deberanse ater aos procedementos fixados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Na outra folla podemos ver o catálogo da oferta educativa no curso 2016- 2017, número de prazas ofertadas en cada grao e a localidade onde se realiza. Aclaración á táboa das páxinas seguintes: 1. Os que teñen un (1) son Centros con condicións económicas especiais á hora de matricularse. 2. As que teñen (2) Titulación que precisa proba de acceso. 3. O grao en Tecnoloxía e Enxeñería Civil xunto co Mestrado en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos substitúen á anterior titulación de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. (3) 4. Enxeñería en Tecnoloxía Industriais xunto co Mestrado Universitario en Enxeñería Industrial substitúen á anterior tiulación de Enxeñería Industrial. (4)
  16. 16. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 16 UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CAMPUS DA CORUÑA CAMPUS DE SANTIAGO ESTUDOS DE GRAO ESTUDOS DE GRAO Cód. Titulación Prazas Cód. Titulación Prazas 6001 Administración e Dirección de Empresas 180 4001 Administración e Dirección de Empresas 200 6003 Bioloxía 70 4002 Bioloxía 125 6004 Ciencias da Actividade Física e do Deporte (2) 120 4003 Ciencia Política e da Administración 125 6005 Ciencias Empresariais 90 4004 Comunicación Audiovisual 50 6006 Comunicación Audiovisual 50 4005 Dereito 170 6007 Dereito 114 4006 Economía 150 6008 Economía 90 4007 Educación Social 71 6009 Educación Infantil 120 4008 Enfermería 150 6010 Educación Primaria 120 4009 Enxeñería Informática 55 6011 Educación Social 80 4010 Enxeñería Química 60 6012 Enfermería (Adscrito) 60 4011 Farmacia 200 6013 Enxeñería de Obras Públicas 80 4012 Filoloxía Clásica 50 6014 Enxeñería Informática 240 4013 Filosofía 65 6015 Tecnoloxías Mariñas 50 4014 Física 90 6016 Naútica e Transporte Marítimo 50 4015 Historia 100 6017 Arquitectura Técnica 90 4016 Historia da Arte 100 6018 Español: Estudos Lingüísticos e Literarios 50 4017 Lingua e Literatura Españolas 50 6019 Fisioterapia 60 4018 Lingua e Literatura Galegas 50 6020 Galego e Portugés: Estudos Lingüisticos e Liter. 50 4019 Lingua e Literatura Inglesas 100 6021 Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios 100 4020 Linguas e Literaturas Modernas 75 6022 Logopedia 55 4021 Matemáticas 104 6023 Química 50 4022 Medicina 360 6024 Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ads.) (1) 95 4023 Mestre en Educación Infantil 72 6025 Socioloxía 95 4024 Mestre en Educación Primaria 126 6026 Tecnoloxías da Enxeñería Civil (3) 80 4025 Odontoloxía 50 6027 Terapia Ocupacional 50 4026 Óptica e Optometría 60 6028 Turismo (Adscrito) (1) 80 4027 Pedagoxía 71 6036 Estudos de Arquitectura 200 4028 Psicoloxía 150 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO 4029 Química 105 Cód. Titulación Prazas 4030 Relacións Laborais e Recursos Humanos 90 6029 Dereito e ADE 60 4031 Traballo Social (Adscrito) 80 6030 CC. Empresariais e Turismo (1) 30 4032 Xeografía e Ordenación do Territorio 55 6031 Bioloxía e Química 10 4033 Xornalismo 75 6032 CC. Empresariais e Arquitectura Técnica 20 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO 6033 Inglés e Español 20 Cód. Titulación Prazas 6034 Inglés e Galego-Portugués 5 4101 Comunicación Audiovisual e Xornalismo 10 6035 Español e Galego-Portugués 5 4102 Dereito e Relacións Laborais 20 TITULACIÓNS PROPIAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 4013 Enxeñería Informática e Matemáticas 10 Cód. Titulación Prazas 4104 Matemáticas e Física 10 Arquitectura de Interiores 4105 Química e Bioloxía 20 CAMPUS DE FERROL 4106 Química e Física 10 ESTUDOS DE GRAO TITULACIÓNS PROPIAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO Cód. Titulación Prazas Cód. Titulación Prazas 7002 Enfermería 60 Criminoloxía 7003 Enxeñería Eléctrica 60 Xestión Hostaleira 7004 Enxeñería Electrónica Industrial e Automática 50 7005 Enxeñería en Deseño Industrial e Des. do Produto 70 7007 Enxeñería en Tecnoloxías Industriais (4) 60 7008 Enxeñería Mecánica 48 7009 Humanidades 45 7010 Información e Documentación 45 7011 Podoloxía 50 7012 Relacións Laborais e Recursos Humanos 66 7013 Enxeñería Naval e Oceánica 45 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO Cód. Titulación Prazas 7101 Enxeñería Mecánica e Naval Oceánica 12
  17. 17. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 17 CAMPUS DE LUGO CAMPUS DE VIGO ESTUDOS DE GRAO ESTUDOS DE GRAO Cód. Titulación Prazas Cód. Titulación Prazas 5001 Administración e Dirección de Empresas 119 3001 Administración e Dirección de Empresas 210 5002p Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (presencial) 40 3002 Administración e Dirección de Empresas (Ads.) (2) 60 5002s Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (semiprese.) 25 3003 Bioloxía 75 5004 Enfermería (Adscrito) 68 3004 Ciencias do Mar 70 5006 Enxeñería Civil 45 3005 Comercio 110 5008 Enxeñería Xeomática e Topográfica 45 3006 Dereito 70 5009 Enxeñería Forestal e do Medio Natural 45 3007 Economía 60 5010 Enxeñería de Procesos Químicos e Industriais 50 3008 Educación Infantil (Adscrito) (1) 75 5011 Mestre en Educación Infantil 85 3009 Educación Primaria (Adscrito) (1) 75 5012 Mestre en Educación Primaria 85 3010 Enfermería (Meixoeiro) (Adscrito) 50 5013 Nutrición Humana e Dietética 60 3011 Enfermería (Adscrito) (1) 70 5014 Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ads.) (1) 61 3012 Enxeñería da Enerxía 50 5015 Veterinaria 110 3013 Enxeñería Tecnoloxías da Telecomunicación 150 5016 Lingua e Literatura Españolas 25 3014 Enxeñería Recursos Mineiros e Enerxéticos 50 5017 Xestión de Pequenas e Medianas Empresas 45 3015 Enxeñería Eléctrica 50 5018 Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria 45 3016 Enxeñería Electrónica Industrial e Automática 90 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO 3017 Enxeñería en Organización Industrial 73 Cód. Titulación Prazas 3018 Enxeñería Química Industrial 50 5101 Xeomática e Topografía e Enxeñería Civil 10 3019 Enxeñería Tecnoloxías Industriais 100 5102 Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria e Forestal 10 3020 Enxeñería Mecánica 140 5103 Mestre Infantil e Primaria 10 3022 Linguas Estranxeiras 50 UNIVERSIDADE DE VIGO 3023 Química 60 CAMPUS DE OURENSE 3024 Relacións Laborais e Recursos Humanos 80 ESTUDOS DE GRAO 3025 Tradución e Interpretación (Español-Inglés) 50 Cód. Titulación Prazas 3026 Tradución e Interpretación (Español-Francés) 20 1001 Administración e Dirección de Empresas 100 3027 Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) 40 1002 Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos 45 3028 Tradución e Interpretación (Galego-Francés) 10 1003 Ciencias Ambientais 45 3029p Ciencias da linguaxe e estudos literarios (Presencial) 40 1005 Dereito 50 3029s Ciencias da linguaxe e estudos literarios (Semipre.) 10 1006 Educación Infantil 75 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO 1007 Educación Primaria 75 Cód. Titulación Prazas 1008 Educación Social 75 3101 ADE e Dereito 40 1009 Enfermería (Adscrito) 50 CENTRO UNIVERSITARIO DE DEFENSA-MARÍN 1010 Enxeñería Agraria 45 Titulación con condicións de acceso especiais 1011 Enxeñería Informática 90 Cód. Titulación Prazas 1012 Traballo Social 75 Enxeñería Mecánica (Adscrito) 67 1013 Turismo 60 1014 Xeografía e Historia 45 1015 Enxeñería Aeroespacial 50 SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS DE GRAO Cód. Titulación Prazas 1101 ADE e Enxeñería Informática 20 1102 ADE e Dereito 20 CAMPUS DE PONTEVEDRA TITULACIÓNS PROPIAS DO CAMPUS DE PONTEVEDRA ESTUDOS DE GRAO Cód. Titulación Prazas Cód. Titulación Prazas Superior en Deseño Téxtil e Moda 2001 Belas Artes 130 2002 Ciencias da Actividade Física e do Deporte (2) 100 2003 Comunicación Audiovisual 45 2004p Dirección e Xestión Pública (Presencial) 20 2004s Dirección e Xestión Pública (Semipresencial) 25 2005 Educación Infantil 75 2006 Educación Primaria 75 2007 Enfermería (Adscrito) 50 2008 Enxeñería Forestal 45 2010 Fisioterapia 50 2011 Publicidade e Relacións Públicas 100
  18. 18. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 18 1.4.1 Distribución de prazas por colectivos en titulacións con límite de prazas Requisitos para acceso Poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos: a) Ter superada a PAU ou ABAU e estar na posesión dalgún título de bacharelato, certificación equivalente, outra titulación de formación profesional equivalente ou outras situacións que especifique a lei. Do número de prazas ofertadas en cada titulación con límite de prazas para os diferentes colectivos, reservaranse as seguintes porcentaxes: a) Titulados/as universitarios ou equivalentes (2%) b) Alumnado con grao de discapacidade igual ou superior ao 33% (5%) c) Alumnado coa Cualificación de Deportista de Alto Nivel (3%) nas titulacións de grao de Ciencias de Actividade Física e de Deporte e en Fisioterapia (8%) d) Maiores de 25 anos (2%) Máis información: http://ciug.gal/infom25.php e) Maiores de 40 anos (1%) Máis información: http://ciug.gal/infom40.php f) Maiores de 45 anos (2%) Máis información: http://ciug.gal/infom45.php A asignación de prazas nas titulacións con límite de prazas farase atendendo aos seguintes criterios de preferencia: a) Estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en convocatorias ordinarias ou extraordinarias de anos anteriores. b) Estudantes que reúnan os requisitos académicos para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria do ano en curso. c) O alumnado que presente na convocatoria extraordinaria a súa solicitude para o ingreso terá prioridade de setembro na adxudicación de prazas, aínda que superase a PAU ou os estudos que lle habiliten para acceder á universidade na convocatoria ordinaria en curso ou en anos anteriores. Titulacion sen límite de prazas (de matrícula inmediata) Para o acceso á titulacións sen límite de prazas non é necesario facer ningunha solicitude de admisión ou preinscrición. Matricularase no prazo establecido a tal efecto polas universidades.
  19. 19. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 19 1.4.2. Nota de corte nos centros con limitación de praza no sistema universitario galego Curso 2016-17
  20. 20. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 20
  21. 21. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 21
  22. 22. 1.5. PARÁMETROS DE PONDERACIÓN NAS MATERIAS DE CARÁCTER VOLUNTARIO DA ABAU PARA O ACCESO AOS GRAOS (2017-2018)
  23. 23. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 23
  24. 24. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 24
  25. 25. 1.6. ALGÚNS CONSELLOS Á HORA DE ESCOLLER UNHA CARREIRA UNIVERSITARIA Títulos universitarios máis solicitados no mercado de traballo • Titulados en CC_Empresariais, Dereito (doble titulación ADE) • Titulados con formación informática. • Enxeñerías. Enxeñeiros técnicos con complemento de formación en ciencias sociais e coñecemento da realidade circundante. • Dereito. • Cienciais químicas.
  26. 26. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 26 • Técnicos en ciclos formativos de grao medio e grao superior (Ciclos técnicos). Nunha enquisa formulada a distintas empresas de ámbito estatal (ano 2013) resaltaron a escasez de profesionais nestes ámbitos: a) Informática: área de xestión e robótica. b) Alta dirección (management) xeneralistas, coñecedores do complexo mundo da empresa en tódalas súas áreas coas máis modernas técnicas de xestión. c) Mercadotecnia (marketing). Planificación e estudio de mercados. d) Tecnoloxía punta: enerxía nuclear, láser, telemática, bioxenética, microelectrónica, enerxías alternativas. e) Ergonomía: técnicos en organización e planificación dos procesos produtivos na optimización dos factores humanos e técnicos. f) Comunicólogos: expertos en comunicación, imaxe e semioloxía. g) Relacións humanas: expertos en xestión persoal, desenvolvemento de recursos humanos. h) Técnicos varios: necesidades moi concretas: comercio exterior, tráfico marítimo, seguridade e hixiene no traballo, xestión bancaria, refinado de produtos químicos... i) Área de seguros: hoxe extinguiuse o título de Actuario de seguros, e exercen este papel os economistas. Pero faltan titulacións que preparen os niveis intermedios do sector de seguros. j) Área de alimentación e nutrición: a universidade debería preparar ós futuros profesionais destinados ao sector da alimentación. Existen pero son poucos e pouco especializados, cando se prevé que a demanda sexa crecente. k) Titulacións relacionadas co ámbito do benestar e tempo libre: turismo, actividades físico-deportivas, fisioterapia... Hai un número considerable de empresas que estiman que a universidade, ademais de proporcionar tódolos coñecementos profesionais mencionados, debe dar tamén unha formación humanística, xa que baixo todo profesional hai unha persoa e canto máis formado estea, mellor será a súa creatividade e aportación profesional.
  27. 27. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 27 Consellos á hora de elixir carreira 1. O título universitario perde valor no mercado de traballo. A empresa privada esixe cualidades persoais aos candidatos, xa que os titulados universitarios están destinados en moitas ocasións a ocupar postos de mando, altos ou baixos, para os que se requiren habilidades en relacións humanas que o sistema educativo actual non proporciona. En canto a administración pública cada vez son máis os corpos en que só se esixe estar en posesión dunha titulación de nivel superior ou medio, ao marxe da que sexa rachándose deste xeito a especialidade de determinados títulos. 2. A versatilidade dalgunhas titulacións premiase co emprego. Dereito, económicas, empresariais, ADE son titulacións que, pese a enorme taxa de paro existente, siguen sendo valoradas socialmente de xeito positivo e demandadas polo mercado laboral pola súa maior adaptación a moitos sectores e campos. 3. O ciclo corto é preferible ao longo. 4. As empresas demandan coñecementos complementarios (informática, idiomas, contabilidade...) que os actuais plans de estudo non imparten, ou os imparten en exceso ou con defecto: desequilibradamente en suma. 5. As áreas de futuro son, ó parecer, as técnicas e as relacionadas co sector servizos. 6. A pesar disto, as novas tecnoloxías non facilitan o emprego dos titulados superiores máis que dun xeito limitado. 7. Os titulados universitarios con emprego deben actualizar periodicamente os seus coñecementos. 8. Os títulos universitarios teñen que experimentar cambios e moitos deles pode que, incluso, desaparezan na súa configuración actual. A rixidez de moitos curricula uniformes conleva a unha falta de flexibilidade á hora de acomodar as condicións de oferta empresarial.
  28. 28. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 28 9. A universidade, a pesar de todo, non é só un instrumento para conseguir emprego. As funcións da Universidade son varias, e unha delas é a preparación para o exercicio de actividades profesionais. Pero tamén (non hai que esquecelo) na universidade créase, desenvólvese, transmítese e critícase a ciencia, a técnica e a cultura e, ademais, é unha das bases do desenvolvemento persoal e cultural do individuo. Estes consellos teñen que ser ampliados cunha advertencia final que relativiza todo o exposto: todo o que hoxe sabemos, mañá pode que sexa parcialmente incerto e nun futuro non lonxano talvez sexa erróneo. O ritmo de cambio social fai que as recomendacións, que poden deducirse do anteriormente sinalado, teñan unha validez temporal moi curta. Agora ben, se o coñecemento da realidade actual é algo necesario e imprecindible para quen debe tomar decisións, non o é menos unha actividade vixiante sobre a evolución das novidades no noso entorno e en concreto no mundo do traballo. Para máis información webs recomendadas: Blog do departamento de orientación do IES Elviña: http://silvinaorienta.blogspot.com.es/ Decálogo de consellos na web Universia: http://noticias.universia.es/vida- universitaria/noticia/2011/11/08/885757/diez-cosas-debes-saber-elegir- carrera.html Ten enlaces con portais adicados a: a) Orientación de acceso á universidade. b) Buscador de carreiras, saídas profesionais de cada unha. c) Proxección que ten no mercado. 2. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2.1. DEFINICIÓN A formación profesional específica comprende un conxunto de ciclos formativos que se organizan en módulos profesionais, de formación teórico- práctica, cunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente. Máis información na web: http://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp A finalidade da formación profesional no ámbito do sistema educativo, é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa
  29. 29. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 29 capacitación para o desenvolvemento cualificado de diferentes profesións proporcionándolle unha formación polivalente. As ensinanzas da formación profesional específica conducen a un título con validez académica e profesional en todo o territorio español e abranguen todo o campo productivo de bens e servicios. Ordénanse en ciclos formativos de grao superior e de grao medio. 2.2. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Acceso polo réxime ordinario As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%). Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso: Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos. Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes. Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio. A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é: GRUPO A ESO ou equivalentes GRUPO B FPB e PCPI GRUPO C Probas de accceso e outros Ata o 70% Ata o 20% Ata o 10% Acceso polo réxime de persoas adultas Os criterios son igual que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que non cumpran os requisitos de acceso poderán matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo que desexan cursar. Estas persoas só poderán matricularse de existiren prazas vacantes ao final do proceso.
  30. 30. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 30 Duración dos ciclos A duración destes ciclos é de 1300 a 2000 horas de formación, que se reparten entre horas de formación no centro educativo e prácticas no centro de traballo. Titulación acadada A titulación que o alumno obtén, trala superación do ciclo formativo de grao medio, é a de TÉCNICO. Para máis información sobre ciclos formativos de grao medio: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio 2.3. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR Acceso polo réxime ordinario As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%). Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso: Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior. A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é: GRUPO A Bacharelato ou equivalentes GRUPO B Título de técnico GRUPO C Probas de acceso e outros Ata o 70% Ata o 20% Ata o 10% Para acceder mediante proba de acceso Poderán participar na proba de acceso aquelas persoas que non teñan a titulación de bacharelato e que teñan 19 anos cumpridos ou os cumpran o ano en que realicen a proba. O prazo de presentacións de solicitudes é do 6 ao 15 de febreiro de 2017. A proba consta de dúas partes: parte común e parte específica.
  31. 31. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 31 A parte común ten tres probas: lingua galega, lingua castelá e matemáticas. A parte específica organízase en tres opcións: • Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía. • Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física. • Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía. Respecto á parte específica, na solicitude elixirase unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escolleranse dúas materias. 22 MARZO PUBLICACIÓN DA SEDE DA PROBA 20 ABRIL Realización da pobra co seguinte horario: • 9:00 Presentación. • 10:00-13:30 (Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá) • 16:00-18:30 (materias específicas da opción escollida) Máis información sobre a proba de acceso: http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Probas%20acceso/2017/informacion_proba _acceso_grao_superior_2017.pdf Exemplos de exercicios doutras probas: http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/ Acceso polo réxime de persoas adultas Os criterios son igual que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que non cumpran os requisitos de acceso poderán matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo que desexan cursar. Estas persoas só poderán matricularse de existiren prazas vacantes ao final do proceso. Duración dos ciclos De 1400 a 2000 horas repartidas entre o centro educativo e o centro de traballo. Titulación acadada A titulación, trala superación do ciclo formativo de grao superior, é a de TÉCNICO SUPERIOR.
  32. 32. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 32 2.4. FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo. Na actualidade, debido á súa ampla oferta, ao seu carácter modular e ás facilidades para a súa realización, preséntase como unha opción moi atractiva cunha alta porcentaxe de inserción laboral. Que é a FP dual? É unha modalidade de formación profesional do réxime para as persoas adultas, e enténdese como o conxunto das accións e iniciativas formativas mixtas de emprego e formación que teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo. A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa. Que tipos de proxectos de FP dual existen na actualidade? Hai dous tipos de proxectos de FP dual: por contrato de formación e aprendizaxe, ou por bolsa. Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración? No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado percibirá a retribución establecida no convenio colectivo correspondente, e non poderá ser, en ningún caso, inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo. Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado será beneficiario dunha bolsa dunha cuantía similar a dos proxectos tipo contrato durante a súa participación no proxecto.
  33. 33. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 33 Que diferencia a modalidade de FP dual do resto de modalidades de FP? A característica principal da modalidade dual é que a formación do ciclo formativo é compartida entre o centro educativo e a empresa; consiste en que a empresa facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título. Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual? Na modalidade dual da formación profesional, as 2.000 horas de formación dos ciclos formativos distribúense ao longo dun máximo de tres anos. Cales son os requisitos para acceder á FP dual? Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que con caracter xeral se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”, e ademais: • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar. • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do contrato de formación e aprendizaxe. • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo correspondente. Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa? No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado é contratado pola empresa e é un traballador máis desta para todos os efectos. Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado terá a condición de bolseiro nesa empresa.
  34. 34. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 34 Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual? Ao cursar un ciclo formativo de formación profesional na modalidade dual, has recibir unha remuneración desde o inicio do teu período de formación, que se irá incrementando cada ano á medida que aumente a túa competencia profesional, e terás maior facilidade para a integración no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa. Orientativo: oferta da fp dual en Galicia no curso 2016-2017: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6592 2.5. CATÁLOGO DE CICLOS FORMATIVOS OFERTADOS EN GALICIA FAMILIA PROFESIONAL CICLO FORMATIVO ACTIVIDADES FÍSICO E DEPORTIVAS CM Conducción de actividades físico-deportivas no medio natural CS Animación de actividades físicas e deportivas ADMINISTRACIÓN CM Xestión administrativa CS Administración e finanzas CS Asistencia á dirección AGRARIA CM Produción agroecolóxica CM Produción agropecuaria CM Xardinaría e floraría CM Aproveitamento e conservación do medio rural CM Explotacións agrarias extensivas CS Xestión forestal e do medio natural CS Paisaxismo e medio natural CS Gandaría e asistencia en sanidade animal ARTES GRÁFICAS CM Impresión gráfica CM Preimpresión dixital CS Deseño e xestión de produción gráfica CS Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia COMERCIO E MERCADOTECNIA CM Actividades comerciais CS Transporte e loxística CS Comercio internacional CS Xestión de vendas e espazos comerciais CS Márketing e publicidade EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL CM Construción CM Obras de interior, decoración e rehabilitación CS Proxectos de edificación CS Proxectos de obra civil CS Realización e plans de obra ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA CM Instalación eléctricas e automáticas CM Instalacións de telecomunicacións CS Sistemas electrotécnicos e automatizados CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos
  35. 35. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 35 CS Automatización e robótica industrial CS Mantemento electrónico ENERXÍA E AUGA CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica CS Enerxías renovables CS Centrais eléctricas FABRICACIÓN MECÁNICA CM Soldadura e caldeiraría CM Mecanizado* CS Programación da produción en fabricación mecánica CS Construcións metálicas CS Deseño en fabricación mecánica CS Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros HOSTALARÍA E TURISMO CM Cociña e gastronomía CM Servizos en restauración CS Xestión en aloxamentos turísticos CS Axencias de viaxes e xestión de eventos CS Guía, información e asistencia turísticas CS Dirección de cociña CS Dirección de servizos de restauración IMAXE E SON CM Vídeo disc-jockey e son CS Produción de audiovisuais e espectáculos CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos CS Son para audiovisuais e espectáculos CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe IMAXE PERSOAL CM Estética e beleza CM Peiteado e cosmética capilar CS Estética integral e benestar CS Estilismo e dirección de peiteado CS Asesoría de imaxe persoal e corporativa CS Caracterización e maquillaxe profesional INDUSTRIAS ALIMENTARIAS CM Panadaría, repostaría e confeitaría CM Aceites de oliva e viños CM Elaboración de produtos alimentarios CS Vitivinicultura CS Procesos e calidade na industria alimentaria INFORMÁTICA CM Sistemas microinformáticos e redes CS Administración de sistemas informáticos en rede CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma CS Desenvolvemento de aplicacións web INSTALACIÓN E MANTEMENTO CM Instalacións frigoríficas e de climatización CM Instalacións de produción de calor CM Mantenemento electromecánico CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos CS Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos CS Mecatrónica industrial CS Prevención de riscos laborais
  36. 36. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 36 MADEIRA, MOBLE E CORTIZA CM Carpintaría e moble CM Instalación e amoblamento CS Deseño e amoblamento MARÍTIMO PESQUEIRA CM Cultivos acuícolas CM Operacións subacuáticas e hiperbáricas CM Navegación e pesca de litoral CM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións CS Acuicultura CS Transporte marítimo e pesca de altura CS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións QUÍMICA CM Planta química CM Operacións de laboratorio CS Laboratorio de análise e de control de calidade CS Química industrial CS Fabricación de productos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns CS Química ambiental SANIDADE CM Emerxencias sanitarias CM Farmacia e parafarmacia CM Coidados auxiliares de enfermaría CS Audioloxía protésica CS Próteses dentais CS Ortoprótese e produtos de apoio CS Imaxes para o diagnóstico e medicina nuclear CS Laboratorio clínico e biomédico CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico CS Radioterapia e dosimetría CS Documentación e administración sanitarias CS Hixiene bucodental CS Saúde ambiental CS Dietética SEGURIDADE E MEDIOAMBIENTE CM Emerxencias e protección civil CS Educación e control ambiental SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE CM Atención a persoas en situación de dependencia CS Animación sociocultural e turística CS Educación infantil CS Mediación comunicativa CS Integración social TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL CM Confección e moda CS Patronaxe e moda TRANSPORTE E MANTEMENTOS DE VEHÍCULOS CM Electromecánica de vehículos automóbiles CM Carrozaría CM Electromecánica de maquinaria CS Automoción
  37. 37. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 37 2.5. OFERTA EDUCATIVA DE CICLOS FORMATIVOS NA CORUÑA E ÁREA METROPOLITANA A oferta no curso 2016-2017 foi a seguinte: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto CICLO MEDIO: Atención a persoas en situación de dependencia CICLO MEDIO: Coidados auxiliares de enfermería CICLO MEDIO: Farmacia e parafarmacia CICLO SUPERIOR: Anatomía patolóxica e citodiagnóstico CICLO SUPERIOR: Animación sociocultural e turística CICLO SUPERIOR: Audioloxía protésica CICLO SUPERIOR: Dietética CICLO SUPERIOR: Educación infantil CICLO SUPERIOR: Hixiene bucodental CICLO SUPERIOR: Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear CICLO SUPERIOR: Integración social CICLO SUPERIOR: Laboratorio clínico e biomédico CICLO SUPERIOR: Mediación comunicativa CICLO SUPERIOR: Próteses dentais CICLO SUPERIOR: Radioterapia e dosimetría CICLO SUPERIOR: Saúde ambiental CICLO MEDIO ADULTOS: Atención a persoas en situación de dependencia CICLO MEDIO ADULTOS: Coidados auxiliares de enfermería CICLO MEDIO ADULTOS: Emerxencias sanitarias CICLO MEDIO ADULTOS: Farmacia e parafarmacia CICLO SUPERIOR ADULTOS: Audioloxía protésica CICLO SUPERIOR ADULTOS: Documentación e administración sanitaria CICLO SUPERIOR ADULTOS: Educación infantil CICLO SUPERIOR ADULTOS: Hixiene bucodental CICLO SUPERIOR ADULTOS: Integración social CICLO SUPERIOR ADULTOS: Laboratorio clínico e biomédico CICLO SUPERIOR ADULTOS: Mediación comunicativa CIFP Someso CICLO MEDIO: Carpintaría e moble CICLO MEDIO: Carrozaría CICLO MEDIO: Electromecánica de vehículos automóbiles CICLO MEDIO: Estética e beleza CICLO MEDIO: Mecanizado CICLO MEDIO: Peiteado e cosmética capilar CICLO MEDIO: Soldadura e caldeiraría CICLO SUPERIOR: Automoción CICLO SUPERIOR: Construcións metálicas CICLO SUPERIOR: Deseño e amoblamento
  38. 38. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 38 CICLO SUPERIOR: Estética integral e benestar CICLO SUPERIOR: Estilismo e dirección de peiteado CICLO SUPERIOR: Organización e control de obras de construción CICLO SUPERIOR: Programación da produción en fabricación mecánica CICLO SUPERIOR: Proxectos de edificación CICLO SUPERIOR: Proxectos de obra civil CICLO MEDIO ADULTOS: Construción CICLO MEDIO ADULTOS: Instalación e amoblamento CICLO MEDIO ADULTOS: Electromecánica de vehículos automóbiles CICLO MEDIO ADULTOS: Mecanizado CICLO MEDIO ADULTOS: Peiteado e cosmética capilar CICLO MEDIO ADULTOS: Soldadura e caldeiraría CICLO SUPERIOR ADULTOS: Estética integral e benestar CICLO SUPERIOR ADULTOS: Proxectos de edificación CICLO SUPERIOR ADULTOS: Proxectos de obra civil IES A Sardiñeira CICLO MEDIO: Operacións de laboratorio CICLO SUPERIOR: Laboratorio de análise e control de calidade CICLO SUPERIOR: Química industrial CICLO SUPERIOR ADULTOS: Laboratorio de análise e de control de calidade IES Agra do Orzán CICLO SUPERIOR: Animación de actividades físicas e deportivas IES Calvo Sotelo CICLO MEDIO: Impresión gráfica CICLO MEDIO: Instalacións e amoblamento CICLO MEDIO: Instalacións eléctricas e automáticas CICLO MEDIO: Mecanizado CICLO MEDIO: Preimpresión dixital CICLO MEDIO: Soldadura e caldeiraría CICLO SUPERIOR: Mecatrónica industrial IES Eusebio da Guarda CICLO SUPERIOR: Axencias de viaxes CICLO SUPERIOR: Información e comercialización turísticas IES Fernando Wirtz Suárez CICLO MEDIO: Sistemas microinformáticos e redes CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO SUPERIOR: Administración de sistemas informáticos en rede CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas
  39. 39. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 39 CICLO SUPERIOR: Asistencia á dirección CICLO SUPERIOR: Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma CICLO MEDIO ADULTOS: Xestión administrativa CICLO SUPERIOR ADULTOS: Administración e finanzas CICLO SUPERIOR ADULTOS: Desenvolvemento de aplicacións web CICLO SUPERIOR ADULTOS: Administración de sistemas informáticos en rede IES Imaxe e Son CICLO SUPERIOR: Animacións 3D, xogos e contornos interactivos CICLO SUPERIOR: Produción de audiovisuais e espectáculos CICLO SUPERIOR: Iluminación, captación e tratamento de imaxe CICLO SUPERIOR: Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos CICLO SUPERIOR: Son para audiovisuais e espectáculos CICLO SUPERIOR ADULTOS: Animacións 3D, xogos e contornos interactivos CICLO SUPERIOR ADULTOS: Produción de audiovisuais e espectáculos CICLO SUPERIOR ADULTOS: Iluminación, captación e tratamento de imaxe CICLO SUPERIOR ADULTOS: Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos CICLO SUPERIOR ADULTOS: Son para audiovisuais e espectáculos CIFP Paseo das Pontes CICLO MEDIO: Cociña e gastronomía CICLO MEDIO: Servizos en restauración CICLO MEDIO: Confección e moda CICLO MEDIO: Elaboración de produtos alimentarios CICLO SUPERIOR: Dirección de cociña CICLO SUPERIOR: Dirección de servizos de restauración CICLO SUPERIOR: Patronaxe e moda CICLO SUPERIOR: Procesos e calidade na industria alimentaria CICLO MEDIO ADULTOS: Cociña e gastronomía CICLO SUPERIOR ADULTOS: Dirección de servizos de restauración CICLO SUPERIOR ADULTOS: Patronaxe e moda IES Plurilingüe Eusebio da Guarda CICLO SUPERIOR: Axencias de viaxes e xestión de eventos CICLO SUPERIOR: Guía, información e asistencia turísticas IES Ramón Menéndez Pidal CICLO MEDIO: Actividades comerciais CICLO SUPERIOR: Comercio internacional CICLO SUPERIOR: Xestión de vendas e espazos comerciais IES Urbano Lugrís CICLO MEDIO: Instalacións de telecomunicacións
  40. 40. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 40 CICLO MEDIO: Mantemento electromecánico CICLO SUPERIOR: Automatización e robótica industrial CICLO SUPERIOR: Mantemento electrónico CICLO SUPERIOR: Sistemas electrotécnicos e automatizados CICLO SUPERIOR: Sistemas de telecomunicación e informáticos CICLO MEDIO ADULTOS: Instalacións de telecomunicacións CPR Afundación A Coruña CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas CICLO SUPERIOR: Asistencia á dirección CICLO SUPERIOR: Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma CPR Cervantes CICLO MEDIO: Xestión administrativa CPR Cruz Roja Española CICLO MEDIO: Coidados auxiliares de enfermaría CICLO MEDIO: Farmacia e parafarmacia CICLO SUPERIOR: Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida CICLO MEDIO: Actividades comerciais CPR Plurilingüe Karbo CICLO MEDIO: Xestión administrativa CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha CICLO MEDIO: Xestión administrativa CPR Plurilingüe Liceo La Paz CICLO MEDIO: Coidados auxiliares de enfermaría CPR López Vicuña CICLO SUPERIOR: Educación infantil CPR Nebrija Torre de Hércules CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO MEDIO: Actividades comerciais CICLO MEDIO: Coidados auxiliares de enfermaría
  41. 41. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 41 CICLO MEDIO: Farmacia e parafarmacia ARTEIXO: IES de Sabón CICLO MEDIO: Instalacións eléctricas e automáticas CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas BERGONDO-GUÍSAMO: CFEA de Guísamo CICLO MEDIO: Xardinaría CICLO SUPERIOR: Paisaxismo e medio rural BETANZOS: IES As Mariñas CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO MEDIO: Instalacións eléctricas e automáticas CICLO MEDIO: Electromecánica de vehículos automóbiles CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas CICLO SUPERIOR: Automoción CICLO SUPERIOR: Proxectos de edificación CICLO SUPERIOR: Sistemas electrotécnicos e automatizados BETANZOS: IES Francisco Aguiar CICLO SUPERIOR: Xestión de vendas e espazos comerciais CAMBRE: IES Afonso X O Sabio CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas CARBALLO: IES Alfredo Brañas CICLO MEDIO: Actividades comerciais CARBALLO: IES Isidro Parga Pondal CICLO SUPERIOR: Administración de sistemas informáticos en rede CARBALLO: IES Monte Neme CICLO MEDIO: Xestión administrativa CICLO MEDIO: Instalacións de telecomunicacións CICLO MEDIO: Instalacións eléctricas e automáticas CICLO MEDIO: Mecanizado CICLO SUPERIOR: Administración e finanzas CICLO SUPERIOR: Mantementos electrónico
  42. 42. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 42 CULLEREDO-ACEA DA MA: IES Universidade Laboral Ciclo Medio: Instalacións e telecomunicacións Ciclo Medio: Instalacións eléctricas e automáticas Ciclo Medio: Instalacións frigoríficas e de climatización Ciclo Medio: Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións Ciclo Medio: Navegación e pesca de litoral Ciclo Superior: Animación de actividades físicas e deportivas Ciclo Superior: Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica Ciclo Superior: Enerxías renovables Ciclo Superior: Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos Ciclo Superior: Mantemento electrónico Ciclo Superior: Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos Ciclo Superior: Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións Ciclo Superior: Prevención de riscos profesionais Ciclo Superior: Sistemas electrotécnicos e automatizados Ciclo Superior: Transporte marítimo e pesca de altura Ciclo Medio Adultos: Instalacións de produción de calor Ciclo Medio Adultos: Instalacións frigoríficas e de climatización Ciclo Superior Adultos: Sistemas de telecomunicacións e informáticos ORDES: IES Nº 1 Ciclo Medio: Xestión administrativa Ciclo Medio: Electromecánica de vehículos automóbiles PONTEDEUME: IES Fraga do Eume Ciclo Medio: Cociña e gastronomía Ciclo Medio: Panadaría, repostaría e confeitaría Ciclo Medio: Servizos en restauración Ciclo Superior: Dirección de cociña Ciclo Superior: Dirección de servizos de restauración Ciclo Medio Adultos: Cociña e gastronomía Ciclo Medio Adultos: Servizos en restauración CPR San José Ciclo Medio: Xestión administrativa
  43. 43. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 43 2.8. SITUACIÓN DO EMPREGO POR FAMILIAS PROFESIONAIS
  44. 44. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 44 3. ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL 3.1.Formación ocupacional a través do INEM-SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN Pretende a adaptación dos traballadores a unha profesión ou actividade laboral determinada mediante cursos eminentemente prácticos, en horarios e datas non acollidos ós calendarios escolares, e que unha vez superados dan lugar á obtención dun certificado que habilita para o desempeño da actividade profesional correspondente. A tramitación farase nas direccións provinciais do INEM-SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN e nas oficinas de emprego. Coa posta en marcha da reforma da formación profesional, os actuais centros de FP, asociaicións, institucións públicas e privadas (concellos, sindicatos, asociacións empresariais...), impartirán cursos formativos homologados.
  45. 45. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 45 3.2. ESTUDOS ARTÍSTICOS E COMPLEMENTARIOS (OUTROS DE RÉXIME ESPECIAL) Artes aplicadas e oficios artísticos Estudios universitarios 3º Ciclo (Doutorado) Estudios universitarios 2º Ciclo 3º 2º 3º 3º 2º 2º 2º 18- Estudios universitarios 1º Ciclo Grao superior de música e danza (*) Grao superior 1º (*) Grao superior 1º (*) Escola superior restauración e conservación 1º* Escola superio r De deseño 1º* 18-17 2º Bacharelato 6º 2º 16-17 1º Bacharelato 3º Ciclo 5º Grao medio 1º (*) 15-16 4º 4º 14-15 E.S.O. 2º Ciclo 3º 2º Ciclo 3º 13-14 2º 2º 12-13 E.S.O. 1º Ciclo 1º Gra o Me dio 1º Ciclo 1º (* 11-12 6º 4º Curso 10-11 Educación primaria 3º Ciclo 5º 3º Curso 9-10 4º 2º Curso 8-9 Educación primaria 2º Ciclo 3º Ele me ntal 1º Curso (*) 7-8 2º 6-7 Educación primaria 1º Ciclo 1º 5-6 4º 4-5 Educación infantil 2º Ciclo 3º ESCOLA MÚSICA E DANZA (non regrada) 3-4 2º 2-3 Educación infantil 1º Ciclo 1º ENSINANZAS DE MÚSICA E DANZA ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICA CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO ESTUDIOS SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO ENSINANZAS TÉCNICO DEPORTIVAS (EQUIVALENTE GRAO MEDIO FP) IDIOMAS IDADE ENSINANZAS ARTÍSTICAS (*) Proba de acceso ENSINANZAS RÉXIME XERAL ENSINANZA DE RÉXIME ESPECIAL
  46. 46. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 46 3.2.1. Ensinanzas de música e danza As ensinanzas de música e danza divídense en dous grupos: regradas e non regradas. As ensinanzas reguladas poden cursarse en dous tipos de centros: • Conservatorios de música ou danza: teñen como titular un organismo público. • Centros autorizados de música ou danza: centros privados adscritos para os efectos administrativos a un centro público. Poden impartir os mesmos graos que os conservatorios de música. As ensinanzas non reguladas cúrsanse en: • Escolas de música ou danza: os estudos nestas escolas non conducen á expedición de títulos con validez académica ou profesional. Poden ser de titularidade pública ou privada. Segundo o seu grao de ensinanza musical clasificanse en: Elementais. Impartirán a especialidade de piano e, cando menos, cinco especialidades sinfónicas coas que se poida constituír un grupo camerístico ou orquestral, con repertorio orixinal. Profesionais. Impartirán a especialidade de piano e cando menos, as especialidades instrumentais de corda e vento que constitúen a base da orquestra de cámara. Impartiranse os tres ciclos de grado medio. Superiores. Impartirán, cómo mínimo tódalas especialidades instrumentais de orquestra sinfónica e, ademáis, dúas de entre as seguintes: canto, composición, dirección, musicoloxía ou pedagoxía. Segundo o seu grao de ensinanza de danza clasifícase en: Elemental. Impartirá as ensinanzas correspondentes ó grao. Profesional. Impartirá, cando menos, unha das especialidades do grao medio de danza. Superior. Unicamente impartirá as ensinanzas propias do seu grao. CENTRO GRAO CONCELLO ENDEREZO C.P. TFNO. Conservatorio música Conservatorio danza Conservatorio música Profesional Medio Superior Coruña, A Coruña, A Coruña, A Pr. do conservatorio, s/n R/ Franxa, 14 Pr. do conservatorio, s/n 15011 15001 15011 981276800 981205390 981276800 ESTUDIOS DURACIÓN ACCESO CENTROS MÚSICA E DANZA Grado elemental, medio e superior: variable (ver táboa páx. 44) Elemental: 8 anos cumpridos + exame de ingreso. Medio e superior (Ver páx. 44) Conservatorios. Centros autorizados Escolas de música
  47. 47. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 47 Oferta educativa conservatorios profesionais de música: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_cmusprof_101115.pdf Oferta educativa conservatorio superior de música: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_cmussup_101115.pdf Oferta educativa dos conservatorios profesionais de danza: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/1 3/oferta_educativa_danza.pdf 3.2.2. Arte dramática Acceso Accedarase ó grao superior se se reúnen os seguintes requisitos: • Posesión do título de bacharel (ou equivalente). • Superar unha proba específica para cada especialidade. Pode accederse ós estudios superiores de arte dramática sen estar en posesión do título de bacharel, sempre que a través dunha proba o aspirante demostre posuír tanto os coñecementos como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento a especialidade que pretenda cursar. Para o acceso por este procedemento será preciso que o aspirante teña cumpridos os 20 anos de idade. Especialidades As especialidades dos estudios de arte dramática son tres: • Titulación Superior en Dirección de Escena • Titulación Superior en Dramaturxia • Titulación Superior en Interpretación textual Titulación O alumnado que superase o grao superior dos estudios de arte dramática terán dereito ó Título superior, que será equivalente para tódolos efectos ó título de licenciad@ universitari@. Localización A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia esta funcionando provisionalmente dende o curso 2005-06 nas instalacións do IES de Bouzas (Vigo) http://www.esadgalicia.es/. Tfno. 986.246399 Estaba previsto que no actual curso 2007-08 tivese unha sede definitiva na cidade de Vigo (instalacións que están en fase de construción). Outras escolas oficiais en España: Institut del Teatre, delegación en Terrassa e adscrito a Universidade Autónoma de Barcelona; Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Valencia, Murcia, Córdoba, Málaga e Sevilla tamén teñen escolas de arte dramática.
  48. 48. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 48 3.2.3. Artes plásticas e deseño Definición Son ciclos formativos de grao medio e superior que se cursan en réxime de ensinanza especial en centros públicos como as escolas de arte ou privados como centros autorizados de artes plásticas e deseño. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Para iniciar os ciclos formativos de grao medio é preciso estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou equivalente (teñen prioridade os da secundaria) e superar unha proba específica de acceso. Poderá accederese tamén sen estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria sempre que ademais da proba específica o aspirante supere unha proba de madurez. Proba específica PROBA ESCRITA REALIZACIÓN EXECUCIÓN Desenvolvemento nun tempo máximo dunha hora dun tema proposto a partir dun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico artísticos. Realización nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Execución durante un tempo máximo de dúas horas, con bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Proba de madurez Deberase ter cumprido os 18 anos de idade. Realizarase unha proba única en toda a Comunidade, na mesma data e hora. Duración Cuantifícase en horas de formación. Organízase en módulos de duración variable distribuídos do seguinte xeito: • Módulos impartidos no centro educativo. • Fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres. • Obra final. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR Para acceder ós ciclos formativos de grao superior será preciso estar en posesión do Título de Bacharel (ou equivalente) e superar unha proba específica de acceso. Poderá accederse tamén sen estar en posesión dos requisitos académicos sempre que ademais da proba específica o aspirante supere unha proba de madurez.
  49. 49. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 49 Proba específica Responde o mesmo esquema que o acceso a un ciclo de grao medio adaptada a un nivel de grao superior. Proba de madurez O alumnado que careza das condicións académicas para a realización da proba específica poderá concorrer a esta proba de madurez. Neste último caso estes alumnos deberán ter cumpridos 20 anos de idade. Celebrarase unha convocatoria anual e consistirá nunha proba única realizada en toda a Comunidade, na mesma data e hora. Duración Cuantifícase en horas e non en cursos. Os módulos organízanse nos seguintes apartados: • Módulos impartidos no centro educativo. • Fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres. • Obra final. Especialidades Familia profesional Título Xoiaría artística • GS Xoiería artística. • Oferta modular: xoiaría I e II Artes aplicadas á escultura • GM Dourado e policromías artísticas • GM Ebanistería artística • GS Artes aplicadas da escultura Artes aplicadas ao libro • GM Serigrafía artística • GS Gravado e técnicas de estampación • Edición de arte. Deseño gráfico • GS Fotografía • GS Ilustración Cerámica artística • Oferta modular: Taller cerámico I e II Deseño de interiores • GS Arquitectura efémera Centros educativos públicos en Galicia Medio Superior Escola Pablo Picasso, r/Os Pelamios, s/n 15001. A Coruña. 981.225396 http://www.eapicasso.com/ •••• Dourado e policromía artísticos •••• Oferta modular: taller cerámico I e II • Artes aplicadas da escultura • Fotografía • Ilustración Escola Mestre Mateo, R/ Virxe da Cerca, 32 15703. Santiago. 981. 587733 http://centros.edu.xunta.es/ea rtmestremateo/index.htm • Oferta modular: taller de xoiaría I e II • Estilista de indumentaria • Fotografía • Arquitectura efémera • Xoiería artística
  50. 50. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 50 Escola Ramón Falcón, z.e. As Mercedes. 27002. Lugo. 982.220790 http://www.escarteramonfalc on.com/ • Serigrafía artística. • Gravado e técnicas de estampación • Fotografía • Cerámica artística Escola Antonio Failde, As Lagoas, 32004. Ourense. 988.238365 http://www.escolarte.com/ • Ebanistería artística. • Fotografía • Ilustración 3.2.4. Conservación e Restauración de Bens Culturais http://www.gradoconservacionbbcc.es/index.html Imparte tres especialidades: Especialidade en arqueoloxía Especialidade en escultura Especialidade en pintura Condicións de acceso Posuír o título de bacharel (ou equivalente) ou ter superada a proba de madurez para maiores de 19 anos. En calquera caso haberá que superar unha proba específica de acceso. Poderán acceder directamente á Escola quen estea en posesión de título de técnico superior en artes plásticas e deseño. Proba de acceso Realizarase nunha convocatoria anual no mes de setembro. PROBA ESCRITA Madureza e formación APTITUDE PLÁSTICA Inclúe as seguintes probas: Análise dun texto relacionado cos bens culturais. O tempo máximo para realizar este exercicio será de 90 minutos. a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e o acabamento do traballo. b) Representación dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor. c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e pulcritude na realización do traballo. A adxudicación de prazas vacantes realizarase de acordo coa puntación obtida.
  51. 51. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 51 Cada alumno disporá dun número máximo de catro convocatorias para superar esta proba. Se superase a proba pero non obtivese praza, poderá utilizar convocatorias restantes ata o máximo establecido para mellorar a súa cualificación. En todo caso, a cualificación obtida nesta proba de acceso será válida durante catro cursos académicos consecutivos. Duración Os estudos superiores abarcan catro cursos de duración. Titulación que se obtén Os alumnado que supere estes estudos obterán o título de conservación e restauración de bens culturais equivalentes, a tódolos efectos, ao título de grao universitario. Centros de Galicia onde se imparten estudios superiores de artes plásticas e deseño Escola superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia Centro Escultura Pintura Arqueoloxía Pontevedra * * * 3.3. ENSINANZAS TÉCNICO DEPORTIVAS Contestación ás preguntas máis frecuentes: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/ 08/preguntas_deportes_181010.pdf Oferta en centros públicos de Galicia. Actualizada a 2015. Pode variar con respecto a este ano. CENTRO LOCALIDADE ESPECIALIDADE IES Universidade Laboral Culleredo Fútbol IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Lugo Atletismo IES Río Cabe Monforte Fútbol CIFP A Farixa Ourense Fútbol Sala IES Sánchez Cantón Pontevedra Fútbol Balonmán IES Fermín Bouza Brey Vilagarcía Baloncesto IES As Barxas Moaña Atletismo IES Losada Dieguez A Estrada Salvamento e socorrismo Oferta en centros privados de Galicia. Actualizada a 2015. Pode variar con respecto a este ano. CENTRO LOCALIDADE ESPECIALIDADE Liceo La Paz A Coruña Fútbol Sala Real Club Deportivo A Coruña Abegondo Fútbol* Adscrito IES Universidade Laboral Federación Galega Fútbol A Coruña Fútbol* Adscrito IES Universidade Laboral Santa Apolonia Santiago Hípica e Vela* Adscrito IES Lamas de Abade
  52. 52. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 52 CAD Cented Santiago Fútbol e Fútbol Sala* Adscrito IES Fontiñas CAD Safe Formación Ourense Deportes de inverno* Adscrito CIFP A Farixa Federación Galega de Fútbol Sala Vigo Fútbol Sala* Adscrito IES Politécnico CAD Cemar Mondariz Hípica* Adscrito IES Val do Tea (Ponteareas) CAD Cenafe* Vigo Fútbol* Adscrito IES Sánchez Cantón (Pontevedra) CAD Top rescue A Coruña Salvamento e socorrismo e Megullo deportivo con escafandro autónomo CAD Federación Galega de Judo A Coruña Judo Manuel Peleteiro Santiago Baloncesto *Hai máis centros en Vigo , Pontevedra e Ourense de fútbol 3.4. ESCOLAS OFICIAIS DE DE IDIOMAS As escolas oficiais de idiomas (EOI) son centros docentes públicos pertencentes á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cuxa misión é capacitar o alumnado, maioritariamente adulto, para o uso efectivo das linguas que imparten. Existen en Galicia 11 EOI situadas en localidades das catro provincias galegas ás que se suman 24 seccións dependentes delas. Con carácter xeral poden cursar estas ensinanzas as persoas maiores de 16 anos. Tamén poderán acceder a estas ensinanzas as persoas que teñan 14, pero só se poderán matricular nun idioma que non sexa o que estean estudando como primeira lingua estranxeira na ESO. Se xa tes coñecementos do/s idioma/s que queres cursar podes realizar unha proba de clasificación no mes de setembro para acceder ao curso que se corresponde co teu nivel. Do mesmo xeito, se estás en disposición dalgún título ou certificado recoñecido do idioma estranxeiro (deberás consultar na web) poderás acceder directamente aos distintos cursos dos niveis. Organización As ensinanzas de idiomas estrutúranse en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Cada nivel consta de dous cursos, aínda que pode ter unha duración distinta segundo a complexidade de cada idioma. Ao final de cada un dos niveis, realizase unha proba para acadar o certificado oficial de ter superado o nivel correspondente. Ademais, a oferta das escolas inclúe, nalgúns casos, cursos de inglés especializados dirixidos a profesionais de distintos ámbitos, cursos monográficos e cursos de preparación para as probas dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas (CELGA). Modalidades
  53. 53. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 53 Presencial. Podes estudar inglés na modalidade presencial nas escolas oficiais de idiomas ou en calquera das súas seccións. A distancia. Podes cursar o ciclo elemental (tres cursos) da lingua inglesa destas ensinanzas, correspondentes á anterior ordenación, a través da modalidade a distancia co programa “That’s English!” Probas libres. Tamén podes facer as probas de certificación de final de nivel polo réxime libre no mes de xuño sen estares escolarizado nas escolas oficiais de idiomas. Prazos de matrícula Réxime presencial (atento á información da web ou na información que se che poida aportar na EOI) Probas libres: Se optas por realizar as probas libres de certificación deberás matricularte na EOI nos prazos establecidos para realizar as probas no mes de xuño de 2017. Estas probas son en convocatoria única. Idiomas ofertados na ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE A CORUÑA: Alemán, Árabe, Chinés, Español (para estranxeiros), Francés, Galego, Inglés, Italiano, Portugués, Ruso, Xaponés. • Dirección: Rúa Pepín Rivero nº 1 15008 A Coruña • Máis información: http://www.eoicoruna.org/ 4. FORZAS ARMADAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO Enlace informativo para acceso ás FFAA: corpo de oficiais, suboficiais, tropa- mariñeiría e reservistas voluntarios: http://reclutamiento.defensa.gob.es/ Acceso ao Corpo Nacional de Policía e Garda Civil: http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/oposiciones As administracións locais e autonómicas tamén convocan oposicións para o acceso aos seus corpos. Hai que estar pendentes da data de convocatoria. 5. GUÍAS DE ORIENTACIÓN E PÁXINAS WEBS INFORMATIVAS O departamento de orientación do IES Elviña ten un blog moi interesante elaborado pola orientadora do Centro, Silvina Paricio Tato, onde podes buscar información sobre a orientación académica e profesional. http://silvinaorienta.blogspot.com.es/ Tamén podes consultar no departamento de orientación nas horas que ten a disposición para consultas. Ver horario da porta do departamento.
  54. 54. ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. TITORÍA BACHARELATO 54 A) FORMACIÓN PROFESIONAL: http://www.edu.xunta.es/fp/ B) ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL E EDUCACIÓN DE ADULTOS: https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109 C) ACCESO Á UNIVERSIDADE, PAAU E INSCRICIÓN: http://ciug.cesga.es/menuinicio.html Editada polo MEC (dispoñible en CD) pode accederse a través da páxina web do Ministerio de educación: http://www.mec.es F) UNIVERSIDADES GALEGAS • Universidade da Coruña: http://www.udc.es/ (permite acceder a Universia, o buscador de Universidades de todo o mundo e, a través do portal Orienta: http://www.orienta.universia.es • Universidade de Santiago: http://www.usc.es • Universidade de Vigo: http://www.uvigo.es H) OUTRAS http://www.aplicaciones.info/utiles/oprofe.htm test sobre orientación académico e profesional. http://educared.net http://orientacionescolar.com

×