Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
XEOGRAFÍA E HISTORIA 3º ESO
CADERNO PERSOAL DE APRENDIZAXE UD 6 “O MELLOR PROFETA DO FUTURO É O PASADO”
BLOQUE I: HISTORIA...
 DIDÁCTICA DE ESTUDO 5: ORDEN E RUTINA FOMENTAN O HÁBITO DE ESTUDO.
Orden e limpeza  Facilitan a concentración e axudan ...
3
AVALIACIÓN
INICIAL
HISTORIA
A) PRETAREFA / LECTURA INICIAL
Ao tempo que realizas unha LECTURA superficial, individual e silenciosa dos catro temas que...
5
1- 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO
https://www.youtube.com/watch?v=J_Pm-cZ-Zqc
a) Por que quere Colón viaxar a Asia polo oe...
2- LUTERO
https://www.youtube.com/watch?v=2_5n78JpxO8
a) A onde viaxa Lutero a principios en 1515? Que critica da súa viax...
7
3- TAMBIÉN LA LLUVIA
https://www.youtube.com/watch?v=wW4D2kigeoI https://www.youtube.com/watch?v=wW4D2kigeoI
a) Onde se ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

O mellor profeta do futuro é o pasado (primeira parte)

259 views

Published on

Caderno aprendizaxe UD 6 (3 puntos)

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O mellor profeta do futuro é o pasado (primeira parte)

  1. 1. XEOGRAFÍA E HISTORIA 3º ESO CADERNO PERSOAL DE APRENDIZAXE UD 6 “O MELLOR PROFETA DO FUTURO É O PASADO” BLOQUE I: HISTORIA MODERNA www.historiartex.blogspot.com (UD 0) NOME E APELIDOS ………………………………………………….………………………………………………. Nº……. 3º ……. Rúbrica de avaliación (criterios de cualificación): 0,5 1 1,5 2 Respecto das pautas. CL, AA Non respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) ou deixo entre 5 e 3 actividades sen facer. Non respecto algunha pauta de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) ou deixo 1 ou 2 actividades sen facer. Respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) e non deixo ningunha actividade sen facer. Respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) e non deixo ningunha actividade incompleta. Elaboración propia. CL, AA A maioría das veces non realizo as actividades por min mesm@, coas miñas palabras, e copio as solucións do encerado. Intento realizar as actividades por min mesm@, coas miñas palabras, case sempre antes da corrección. Realizo as actividades case sempre por min mesm@, coas miñas palabras, antes da corrección. Realizo as actividades sempre por min mesm@, coas miñas palabras, antes da corrección. Profundar nos contidos. CL, AA, SIE Apenas tomo apuntamentos ou elaboro moi poucos esquemas ou resumos (anexos ao final do tema). Tomo apuntamentos ou elaboro esquemas ou resumos (anexos ao final do tema) sen afondar en todos os apartados do tema. Tomo apuntamentos ou elaboro esquemas ou resumos (anexos ao final do tema) de todos os apartados tratando os contidos en profundidade. Tomo apuntamentos e elaboro esquemas ou resumos (anexos) de todos os apartados tratando sempre os contidos en profundidade. Autocorrección. AA, SIE Case non fago autocorreccións, apenas completo ideas nin explico os feitos. Corrixo parcialmente, ás veces non completo as ideas nin explico os feitos. Case sempre corrixo en profundidade, completando as ideas e explicando os feitos. Sempre corrixo en profundidade, completo as ideas e explico os feitos. 0,25 0,5 0,75 1 Presentación. Corrección formal e ortográfica. CL A presentación non é axeitada e presenta moitas faltas de ortografía. A presentación non é axeitada ou presenta faltas de ortografía. A presentación é mellorable ou presenta faltas de ortografía. A presentación é axeitada e non presenta faltas de ortografía. Autoavaliación regulada. AA, SIE Avalíase subxectivamente. Intenta avaliarse obxectivamente na maioría dos aspectos. Avalíase obxectivamente pero non recoñece os aspectos nos que pode mellorar. Avalíase obxectivamente e recoñece os aspectos nos que pode mellorar. Realizamos as actividades con bolígrafo azul e a corrección con vermello. Deixar máis de 5 actividades sen facer ou non entregar o caderno nas datas propostas será penalizado cun 0. Avaliación: Data Nota Observacións Avaliación Inicial Autoavaliación Avaliación final Actividades de positivo realizadas: Blog:
  2. 2.  DIDÁCTICA DE ESTUDO 5: ORDEN E RUTINA FOMENTAN O HÁBITO DE ESTUDO. Orden e limpeza  Facilitan a concentración e axudan a optimizar o tempo. Mantén limpos e ordenados os apuntamentos, o teu pupitre e a túa mesa de estudo. http://como-estudiar.estudiantes.info/2007/09/el-mejor-sitio-para-estudiar.html http://www.volveraeducar.com/estudio/lugar/aprendizaje/ambiente/condiciones/16.htm Rutina  Estuda todos os días á mesma hora e no mesmo lugar. Evita as distraccións. Móbil e dispositivos electrónicos apagados durante o horario de estudo. http://noticias.universia.es/en-portada/noticia/2013/08/28/1045236/crear-rutina-estudios.html https://www.examtime.com/es/blog/habitos-de-estudio/ Empregas as seguintes técnicas ou recursos á hora de estudar? https://www.youtube.com/watch?v=fynvWxfzlf4 SI NON  APRENDE A... FACER DEFINICIÓNS DE VOCABULARIO (Practica cun termo de vocabulario do tema) Que é? É... Onde se desenvolve? que se desenvolve en... Cando se desenvolve? durante/entre... Que características ten? e que se caracteriza... Nas unidades anteriores prendiches a … TOMAR APUNTAMENTOS CONSTRUÍR APRENDIZAXES SIGNIFICATIVAS ELABORAR PRESENTACIÓNS ESCRITAS E A PREPARAR EXPOSICIÓNS ORAIS TÉCNICA DE ESTUDO 1: ¡MOTÍVATE A TI MISMO! Tes que ser positiv@ ante os estudos e ter unha razón, un motivo, que consiga espertar o teu interese na materia. TÉCNICA DE ESTUDO 2: PRESTA ATENCIÓN NAS CLASES! Presta atención en clase para non chegar a ideas confusas e malas interpretacións, pregunta cando teñas dúbidas e toma nota dos aspectos máis importantes e das ideas principais para potenciar a memoria a longo prazo. TÉCNICA DE ESTUDO 3: AS PROBAS HAI QUE EMPEZAR A PREPARALAS DENDE O PRIMEIRO DÍA! Levar a materia ao día é fundamental. Aproveitamos as clases para resolver dúbidas, estudar e repasar contidos. TÉCNICA DE ESTUDO 4: COIDA O TEU CEREBRO! Durmir ben, practicar deporte regularmente e unha alimentación saudable mellorarán o rendemento do teu cerebro. Nesta avaliación podes subir nota … ACTIVIDADE DE POSITIVO 5: También la lluvia. Pautas na última páxina. ACTIVIDADE DE POSITIVO 6: Caderno UD 6 completo e corrixido, con apuntamentos e esquemas ou resumos de todos os apartados (anexos). ACTIVIDADE DE POSITIVO 7: Making-of Proxecto Viaxando por España.
  3. 3. 3 AVALIACIÓN INICIAL HISTORIA
  4. 4. A) PRETAREFA / LECTURA INICIAL Ao tempo que realizas unha LECTURA superficial, individual e silenciosa dos catro temas que compoñen o bloque de Historia, COMPLETA A TÁBOA: VOCABULARIO RELEVANTE PERSONAXES DESTACADOS FEITOS HISTÓRICOS/CRONOLOXÍA HUMANISMO E RENACEMENTO (PÁX. 14-25) Monarquía autoritaria Humanismo Antropocentrismo Johannes Gutemberg Leonardo da Vinci Lutero Nicolao Copérnico Invención da Imprenta / 1450 aprox. 95 teses de Lutero / 1517 Concilio de … OS DESCUBRIMENT OS XEOGRÁFICOS (PÁX. 34-43) A MONARQUÍA HISPÁNICA (PÁX. 52-63) A EUROPA DO SÉCULO XVII (PÁX. 72-89
  5. 5. 5 1- 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO https://www.youtube.com/watch?v=J_Pm-cZ-Zqc a) Por que quere Colón viaxar a Asia polo oeste? Cambiaría este feito algo con respecto a visión que existía do mundo? b) Quen pode estar detrás das execucións da praza? Por que? c) Quen financia a expedición de Colón? En que documento se recollen os acordos relativos a expedición? d) Que tipo de estado era a monarquía hispánica? Por que? e) Elabora un eixe cronolóxico dos acontecementos históricos de relevancia para a monarquía hispánica que suceden en torno ao 1492 (contexto histórico). f) Que instrumento permite a Colón establecer a súa posición durante a viaxe? Sinala outras melloras na navegación. g) Dirías que Colón é un humanista? Por que? h) Copia e completa o esquema da páxina 48.
  6. 6. 2- LUTERO https://www.youtube.com/watch?v=2_5n78JpxO8 a) A onde viaxa Lutero a principios en 1515? Que critica da súa viaxe? b) Onde predica Lutero? Contra que predica? https://www.youtube.com/watch?v=SmFAgq9GoSI c) Entre 1513 e 1521 que Papa operou como mecenas na reconstrución da Basílica de San Pedro? Como pretende financiar as obras? d) Que invento permitiu a difusión das 95 teses de Lutero en 1517? e) Dirías que Lutero foi un humanista? Por que? f) Despois da lectura do esquema da páxina 21 sinala as dúas diferenzas entre o catolicismo e o protestantismo que chamaron máis a túa atención. g) Realiza no libro as actividades 4 e 5 da páxina 32. h) Copia e completa o esquema da páxina 30.
  7. 7. 7 3- TAMBIÉN LA LLUVIA https://www.youtube.com/watch?v=wW4D2kigeoI https://www.youtube.com/watch?v=wW4D2kigeoI a) Onde se leva a cabo a rodaxe do film? Coincide este territorio coas primeiras terras colonizadas? b) Que métodos e instrumentos de conquista empregaron os colonizadores para someter a poboación? d) Existía división de poderes nas colonias? Por que? (para contestar as preguntas consulta as funcións dos organismos e institucións de goberno da paxinas 42 e 57) Lectura páxina 42 e lectura dos texos da páxina 46 + https://www.youtube.com/watch?v=WA5-3NunByc e) Que recursos naturais e materias primas explotaban os colonizadores? Como? f) Cando e quen inicia as protestas denunciando os abusos e o maltrato ao que era sometida a poboación nativa? g) Tiveron algún efecto as Leis Novas promulgadas por Carlos I en 1542? c) Coa axuda do mapa da páx. 43 sitúa os dous vicerreinados nos que se dividían as posesións americanas da monarquía hispánica e os territorios portugueses. A continuación completa o mapa político actual e colorea no novo mapa os dous vicerreinados. Que tratado permite a Portugal establecerse en América? Como?

×