Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
CCSS, HISTORIA 4º ESO
CADERNO PERSOAL DE APRENDIZAXE UD 4 “A GOLPES DE... ”
BLOQUE 1: Tema 5 e anexos cultura e arte (+ re...
DIDÁCTICA DE ESTUDO 4: COIDA O TEU CEREBRO!
Durmir ben, practicar deporte regularmente e unha alimentación saudable mellor...
UDI: luns 22 de febreiro-14 de marzo.
Tarefa en equipos cooperativos: montaxe vídeo documental con voz en off (sobre un te...
1- PRETAREFA (luns 22 e martes 23)
1.1 Lectura do tema e apuntamentos.
1.2 Lectura capítulo /análise contexto/ cronoloxía ...
2- TAREFA (venres 26 - venres 4)
2.1 Documentos históricos (fontes primarias) / venres 26 (aula informática).
2.2 Gravació...
3- REFLEXIÓN-APRENDIZAXE
(Exposicións vídeos + realización e corrección das actividades no caderno persoal / 7-11 de marzo...
3.2 O REINADO DE FERNANDO VII E AS REXENCIAS (1814-1843)
Relaciona os feitos coa etapa correspondente do REINADO DE FERNAN...
3.4 A RESTAURACIÓN (1875-1902)
Reinado de ……………….....……………… (1875-1885) e Rexencia de Mª CRISTINA DE HABSBURGO (….…......-...
3.6 CAMBIO E CONTINUIDADE NA SOCIEDADE ESPAÑOLA
Por que en España a evolución da sociedade estamental á sociedade de clase...
3.7 GALICIA NO SÉCULO XIX
Relaciona os seguintes acontecementos: Batalla de Elviña (1809) - División do reino de Galicia e...
CORRENTES
HISTORICISTAS
ARQUITECTURA DE
NOVOS MATERIAIS
ESCOLA DE CHICAGO MODERNISMO
CARACTERÍSTICASEXEMPLO
(OBRAEAUTOR)
3...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Caderno de aprendizaxe UD 4 a golpes de...

736 views

Published on

Historia de españa século XIX

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Caderno de aprendizaxe UD 4 a golpes de...

  1. 1. CCSS, HISTORIA 4º ESO CADERNO PERSOAL DE APRENDIZAXE UD 4 “A GOLPES DE... ” BLOQUE 1: Tema 5 e anexos cultura e arte (+ repaso cronoloxía e vocabulario unidades anteriores). NOME E APELIDOS ………………………….………………………………………………. Nº……. 4º ……. Rúbrica de avaliación (criterios de cualificación): 0,5 1 1,5 2 Respecto das pautas. CL, CM Non respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) ou deixo entre 5 e 3 actividades sen facer. Non respecto algunha pauta de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) ou deixo 1 ou 2 actividades sen facer. Respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) e non deixo ningunha actividade sen facer. Respecto as pautas de elaboración (bolígrafo azul/vermello, nº liñas,…) e non deixo ningunha actividade incompleta. Elaboración propia. CL, AA A maioría das veces non realizo as actividades por min mesm@, coas miñas palabras, e copio as solucións. Intento realizar as actividades por min mesm@, coas miñas palabras, case sempre antes da corrección. Realizo as actividades case sempre por min mesm@, coas miñas palabras, antes da corrección. Realizo as actividades sempre por min mesm@, coas miñas palabras, antes da corrección. Profundar nos contidos. CL, AA Apenas tomo apuntamentos ou elaboro moi poucos esquemas ou resumos (anexos ao final do tema). Tomo apuntamentos ou elaboro esquemas ou resumos (anexos ao final do tema) sen afondar en todos os apartados do tema. Tomo apuntamentos ou elaboro esquemas ou resumos (anexos ao final do tema) de todos os apartados tratando os contidos en profundidade. Tomo apuntamentos e elaboro esquemas ou resumos (anexos) de todos os apartados tratando sempre os contidos en profundidade. Autocorrección. AA, AIP Case non fago autocorreccións, apenas completo ideas nin explico os feitos. Corrixo parcialmente, ás veces non completo as ideas nin explico os feitos. Case sempre corrixo en profundidade, completando as ideas e explicando os feitos. Sempre corrixo en profundidade, completo as ideas e explico os feitos. 0,25 0,5 0,75 1 Presentación. Corrección formal e ortográfica. CL A presentación non é axeitada e presenta moitas faltas de ortografía. A presentación non é axeitada ou presenta moitas faltas de ortografía. A presentación é mellorable ou presenta algunhas faltas de ortografía. A presentación é axeitada e non presenta faltas de ortografía. Autoavaliación regulada. AA, AIP Avalíase subxectivamente. Intenta avaliarse obxectivamente na maioría dos aspectos. Avalíase obxectivamente pero non recoñece os aspectos nos que pode mellorar. Avalíase obxectivamente e recoñece os aspectos nos que pode mellorar. Realizamos as actividades con bolígrafo azul e a corrección con vermello. Con máis de 5 actividades sen facer a avaliación será negativa. O alumn@ que non entrega o caderno nas datas propostas é cualificado cun 0. O caderno pode ser solicitado pola profesora para a súa revisión en calquera momento que o considere oportuno para comprobar que o alumn@ realiza as tarefas. Revisión/avaliación: Data Nota Observacións Actividades de positivo realizadas: Blog:
  2. 2. DIDÁCTICA DE ESTUDO 4: COIDA O TEU CEREBRO! Durmir ben, practicar deporte regularmente e unha alimentación saudable mellorarán o rendemento do teu cerebro. - Necesitas mínimo de 8 horas de sono. - A maiores das 3 comidas toma dúas merendas (a media mañá e a media tarde). - O almorzo debe ser completo e variado. - Evita: refrescos, pastelería industrial, doces e Fast-Food. - Procura tomar: auga, froitos secos (noces, anacardos, améndoas), froita, verdura e pescado (omega 3). Aprende a … DIFERENCIAR AS IDEAS PRINCIPAIS DAS SECUNDARIAS IDEAS PRINCIPAIS IDEAS SECUNDARIAS Máis importantes Relación directa co tema do texto Básicas Menos importantes Relación indirecta co tema do texto Complementan (exemplifican ou amplían) http://www.edistribucion.es/anayaeducacion/8430532/tecnicas/ideas.htm Diferenza entre ideas principais e secundarias: LEMBRA: TÉCNICA DE ESTUDO 1: ¡MOTÍVATE A TI MISMO! Tes que ser positiv@ ante os estudos e ter unha razón, un motivo, que consiga espertar o teu interese na materia. TÉCNICA DE ESTUDO 2: PRESTA ATENCIÓN NAS CLASES! Presta atención en clase para non chegar a ideas confusas e malas interpretacións, pregunta cando teñas dúbidas e toma nota dos aspectos máis importantes e das ideas principais para potenciar a memoria a longo prazo. TÉCNICA DE ESTUDO 3: AS PROBAS HAI QUE EMPEZAR A PREPARALAS DENDE O PRIMEIRO DÍA! Levar a materia ao día é fundamental. Aproveitamos as clases para resolver dúbidas, estudar e repasar contidos. http://es.wikihow.com/estudiar Nos temas anteriores prendiches a … TOMAR APUNTAMENTOS ESTUDAR A CRONOLOXÍA E A ELABORAR DEFINICIÓNS DE VOCABULARIO CONSTRUÍR APRENDIZAXES SIGNIFICATIVAS Marx é un comunista autoritario e centralista. Quere o que nós queremos: o triunfo da igualdade económica e social, pero no Estado e pola forza do Estado, pola negación da liberdade. Nós queremos o mesmo pola abolición do Estado. Queremos a reconstrución da sociedade de abaixo arriba, pola libre federación das asociacións obreiras de toda clase, emancipadas do xugo do Estado. Bakunin, M., Escritos.
  3. 3. UDI: luns 22 de febreiro-14 de marzo. Tarefa en equipos cooperativos: montaxe vídeo documental con voz en off (sobre un texto escollido). Exemplo en: http://historiartex.blogspot.com.es/2016/02/el-indeseable-deseado-un-capitulo-de.html. Traballo individual: caderno de aprendizaxe e blog persoal. 1 A GUERRA DA INDEPENDENCIA E AS CORTES DE CÁDIZ (1808- 1814) “Aranjuez, un motín calculado al milímetro” y “La Pepa”. Menudas historias de la historia de Nieves Concostrina. 2 FERNANDO VII E O RETORNO AO ABSOLUTISMO (1814- 1833) “Vivan las caenas”, Cap. 80. Historia de España contada para escépticos de Juan Eslava Galán. 3 O ESTADO LIBERAL (1843- 1874) “Pragmática Sanción” y “Alfonso X, un pipiolo restaurador”. Menudas historias de la historia de Nieves Concostrina. 4 A RESTAURACIÓN (1875- 1902) “El sistema canovista” (Historia de España contada para escépticos) y “La excusa del acorazado Maine” (Menudas historias de la historia). 5 REFORMA AGRARIA E INDUSTRIALIZACIÓN “Y llegó Mendizabal con las rebajas” (Menudas historias de la historia) e páx. 95 do libro de texto. 6 O MOVEMENTO OBREIRO Páx. 97 do libro de texto. 7 GALICIA NO SÉCULO XIX Otra idea de Galicia de Miguel-Anxo Murado (páx. 122-125). 8 ARTE NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XX Páx. 129-137 do libro de texto Pre-tarefa •Lectura do tema e apuntes / luns 22 •Lectura capítulo /análise contexto/ cronoloxía/ vocabulario/ martes 23 Tarefa •Documentos históricos (fontes primarias) /vernes 26 •Gravación voces en off / actividades no caderno persoal / luns 29 •Montaxe vídeo martes 1-venres 4 Reflexión-Aprendizaxe •Exposicións vídeos + actividades caderno persoal / 7-11 de marzo •Proba final / 14 de marzo
  4. 4. 1- PRETAREFA (luns 22 e martes 23) 1.1 Lectura do tema e apuntamentos. 1.2 Lectura capítulo /análise contexto/ cronoloxía / vocabulario: Individual: Despois dunha primeira lectura do capítulo, coa axuda lo libro de texto sinalamos:  Cronoloxía dos acontecementos principais:  Contexto histórico:  Vocabulario relevante: En grupo: completamos a actividade e organizamos a seguinte sesión (lectura en grupo):
  5. 5. 2- TAREFA (venres 26 - venres 4) 2.1 Documentos históricos (fontes primarias) / venres 26 (aula informática). 2.2 Gravación voces en off / actividades no caderno persoal / luns 29. 2.3 Montaxe vídeo (martes 1- venres 4). Publicación VÍDEO e DIARIO DE APRENDIZAXE no blog. Nota Individual Moi satisfactorio 2 Satisfactorio 1 Acada 0,5 Non acada 0,25 Blog persoal O blog persoal do alumno recolle unha entrada coas dúas actividades solicitadas: o diario de aprendizaxe e o vídeo. Cubre o diario de aprendizaxe indicando as tarefas que realiza e outros aspectos de interese (mínimo 15 liñas). Nota Equipo * Moi satisfactorio 1 Satisfactorio 0,75 Acada 0,5 Non acada 0,25 VÍDEO As fontes empregadas para realizar o vídeo son primarias, fiables e rigorosas. Todos os integrantes do grupo participan na gravación das voces en off. Recolle todos os apartados obrigatorios (títulos, documentos e voz en off, créditos coa cronoloxía e o vocabulario destacado) ordenados de maneira lóxica e coherente. Inclúe definicións de vocabulario completas e rigorosas. Inclúe a autoría/cronoloxía/título dos documentos empregados para a realización da reportaxe. Responde a criterios de claridade e de calidade estética. * A nota de equipo está suxeita á nota individual. Para beneficiarse da nota de equipo o alumn@ debe obter un mínimo (acadado) nos dous apartados individuais, en caso contrario non poderá beneficiarse do traballo en equipo.
  6. 6. 3- REFLEXIÓN-APRENDIZAXE (Exposicións vídeos + realización e corrección das actividades no caderno persoal / 7-11 de marzo) 3.1 A GUERRA DA INDEPENDENCIA E AS CORTES DE CÁDIZ (1808-1814) Explica os feitos desencadearon o estalido da guerra da Independencia: https://www.youtube.com/watch?v=8Uzjnzzjtg8 Tratado de Fontainebleau (1807)  Descontento co rei (Carlos IV) e con Godoy  Motín de ................................ (1808) Falta de acordo entre os reis  Como se organizou a resistencia? Francisco de Goya (1746-1828) retrata episodios da guerra https://www.youtube.com/watch?v=z8-7ECbYGpI: Que principios estableceu a Constitución de Cádiz de 1812? En que artigos aparecen reflectidos estes principios? Por que foi coñecida popularmente como “A Pepa”? https://www.youtube.com/watch?v=UE0w_maKlxo Título: Tema (Histórico): Cronoloxía: Estilos artísticos e características: Título: Tema (Histórico):
  7. 7. 3.2 O REINADO DE FERNANDO VII E AS REXENCIAS (1814-1843) Relaciona os feitos coa etapa correspondente do REINADO DE FERNANDO VII: Novo período absolutista - Abole a Constitución de 1812 – Levantamento do Xeneral R. Riego - Independencia das Colonias Americanas - Regreso a España 1814- …………. Regreso a …………………… ………….. -1823 Trienio ……………………… 1823- ………….. Década ………………………… Diferenza entre causas (CA) e consecuencias (CO) da INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS (1824): Etapas: 1ª) 1810-1814: As xuntas de defensa decláranse Independentes / 2ª) 1815-1824: Grandes Campañas Militares  Política levada a cabo por España que marxinaba aos crioulos de participar en cargos políticos e prohibíalles as colonias comerciar con outros países  España deixa de ser unha potencia internacional  Extensión das Ideas Liberais  Crise do comercio e da Facenda: deixan de chegar materias primas e ingresos.  Exemplo de Independencia de Estados Unidos Sinala os acontecementos máis importantes durante a REXENCIA DE MARÍA CRISTINA (1833-1840): 1833-1839 1834 1835 1837 Diferenzas entre os liberais moderados e os liberais progresistas: MODERADOS PROGRESISTAS SOBERANÍA SUFRAXIO 3.3 O ESTADO LIBERAL (1843-1874) Completa o esquema sobre os diferentes períodos políticos durante o reinado de ISABEL II (1843-1868): 1843-……….…… DÉCADA MODERADA - Promulgación da ……………….................……………….. de ……….…….. (moderada) - Reorganización administrativa do …….............……….… (gobernador civil, novo código penal, creación da …….........… …….…...…..) 1854-………..…… O BIENIO …………....…………………….. - Chegada ao poder dos ………….....……………………. - Restauración da ………………......……………… de ……………….. - Reformas económicas: lei de ……………………........…………….. e lei de ……………......………………….. de Madoz ………………-1868 ÚLTIMOS ANOS - Alternancia no poder de ……………..….....………………… e ………..……....………………. (moderados e progresistas) - Restauración da …………………...……..…………… de …….…….….. - Crise …………………......…...………… e de ……..………......……………... (1866) - ………….….………. de …………...…………….. (1866)  pronunciamento militar exilio da raíña a …………..……………. Completa con acontecementos/protagonistas a cronoloxía do SEXENIO DEMOCRÁTICO: https://www.youtube.com/watch?v=yW1hE9Y8QTI 1868  1869  1871-1873  1873-1874 Enumera as razóns do fracaso da PRIMEIRA REPÚBLICA. https://www.youtube.com/watch?v=ctreEQQV68M
  8. 8. 3.4 A RESTAURACIÓN (1875-1902) Reinado de ……………….....……………… (1875-1885) e Rexencia de Mª CRISTINA DE HABSBURGO (….…......- ……..……) https://www.youtube.com/watch?v=hFuuQGYGNZc Relaciona os seguintes conceptos co partido que corresponda ao sistema político bipartidista da restauración: Cánovas, Sagasta, Defensa da constitución, Demócratas e algúns republicanos, Unión entre moderados e progresistas, Constitución de 1876, Defensa da monarquía. En que consistía o sistema político da restauración (sistema canovista)? Diferenza entre causas (CA) e consecuencias (CO) da CRISE de 1898.  Problemas de funcionamento político da Restauración  Perdas económicas e humanas que afectaron as clases máis humildes  Atraso da agricultura e da industria téxtil  Agravamento da crise do réxime da restauración  Crise cultural e de indentidade, aparición do rexeneracionismo  Guerras coloniais (Cuba: 1895-1898; e Filipinas: 1896-1898) e guerra hispano-norteamericana. 3.5 REFORMA AGRARIA E INDUSTRIALIZACIÓN Lectura/vídeo: Que reformas se levaron a cabo para modernizar o sector agrícola? En que consistía a desamortización? En cantas ocasións e baixo que mandatos (raíñas e ministros) se leva a cabo durante o século XIX? Que factores dificultaron a extensión da industrialización en España? Sinala os sectores nos que se produciu un maior desenvolvemento industrial e zonas nas que se concentraba: En que ano se inaugura, e que localidades unía, a primeira liña de ferrocarril en España? Partido Conservador Partido Liberal
  9. 9. 3.6 CAMBIO E CONTINUIDADE NA SOCIEDADE ESPAÑOLA Por que en España a evolución da sociedade estamental á sociedade de clases foi máis lenta que en Europa? En que zonas apareceron as novas clases sociais (burguesía e proletariado)? Despois de revisar as definicións de socialismo e de anarquismo contesta as preguntas: A. A sociedade burguesa, xurdida sobre as ruínas da sociedade feudal, non aboliu os antagonismos de clases, endureceunos ao simplificar a división social a dúas clases opostas: burguesía e proletariado. Tras a Revolución Industrial xorde a burguesía moderna, clase oprimida polo Antigo Réxime, que conseguiu coa Revolución a supremacía política e económica no Estado moderno. Pero a burguesía só pode vivir do traballo dos obreiros. O proletariado é unha clase revolucionaria. Non ten propiedades e está explotado. A súa caída e a vitoria do proletariado son, pois, inevitables. Xa no poder, desposuirá do capital a burguesía, centralizando os medios de produción en mans do Estado, co que desaparecerán as clases e, xa que logo, as súas diferenzas. Marx, K.; Engels, F., O manifesto comunista. B. Marx é un comunista autoritario e centralista. Quere o que nós queremos: o triunfo da igualdade económica e social, pero no Estado e pola forza do Estado, pola negación da liberdade. Nós queremos o mesmo pola abolición do Estado. Queremos a reconstrución da sociedade de abaixo arriba, pola libre federación das asociacións obreiras de toda clase, emancipadas do xugo do Estado. Bakunin, M., Escritos. — Segundo Marx, cales son as diferenzas de clase máis notorias entre a burguesía e o proletariado? — Explica as semellanzas e as diferenzas de obxectivos entre Marx e Bakunin. — Por que Bakunin cualifica a Marx como autoritario e centralista? Responde as preguntas sobre o movemento obreiro en España: Que significa UGT ou UXT? Que é a UXT? Que político funda a UXT no ano 1888? O mesmo político funda un partido político no ano 1879. Cal? A que corrente de pensamento ou ideoloxía política pertencen ambos? Que outra ideoloxía botou raíces en España (sobre todo entre o proletariado industrial de Cataluña e o campesiñado andaluz)? A continuación explica as tendencias desta última ideoloxía.
  10. 10. 3.7 GALICIA NO SÉCULO XIX Relaciona os seguintes acontecementos: Batalla de Elviña (1809) - División do reino de Galicia en 4 provincias - Batalla de Pontesampaio (1809) -Díaz Porlier (1815) - Provincialismo - Mártires de Carral - Rexionalismo (Manuel Murgía e Alfredo Brañas) - Reforma de Xavier de Burgos (1833) - Gobernador Civil - Comandante Solís (1846). Enumera os destinos da emigración galega no século XIX. Cara onde se dirixiu de forma masiva a emigración na segunda metade do século? 3.8 ARTE DO SÉCULO XIX Páx. 129-1371 e 136-137 Completa as táboas sobre os estilos artísticos e as correntes arquitectónicas da segunda metade do século XIX: REALISMO IMPRESIONISMO POSTIMPRESIONISMO CRONOLOXÍA CARACTERÍST ICAS TEMÁTICA EXEMPLO (obra e autor) REFORMAS DO ESTADO LIBERAL (REXENCIA MARÍA CRISTINA E REINADO ISABEL II) GUERRA DE INDEPENDENCIA PRONUNCIAMENTOS LIBERAIS GALEGUISMO
  11. 11. CORRENTES HISTORICISTAS ARQUITECTURA DE NOVOS MATERIAIS ESCOLA DE CHICAGO MODERNISMO CARACTERÍSTICASEXEMPLO (OBRAEAUTOR) 3.9 CRONOLOXÍA Relaciona con acontecementos europeos: 3.10 VOCABULARIO MONARQUÍA ABSOLUTA CONSTITUCIÓN MONARQUÍA PARLAMENTARIA DIVISIÓN DE PODERES SOBERANÍA NACIONAL SUFRAXIO CENSIATRIO SUFRAXIO UNIVERSAL REPÚBLICA BURGUESÍA PROLETARIADO SOCIALISMO ANARQUISMO GUERRILLA PRONUNCIAMENTO CARLISTAS ISABELINOS BIPARTIDISMO CACIQUE DESAMORTIZACIÓN ACTIVIDADES DE POSITIVO SOBRE GAUDÍ (MODERNISMO) E PICASSO (CONSULTAR PAUTAS NO BLOG DE AULA). España Século XIX Reinado de Carlos IV Guerra da Independencia 1808-1814 Constitución de Cádiz 1812 Reinado de Fernando VII 1814- Trienio Liberal 1820-1823 Independencia das colonias Americanas 1824 Rexencia de Mª Cristina 1833- Reinado de Isabell II 1843-1868 O sexenio Democrático A Primeira República Reinado Alfonso XII Independencia de Cuba e Filipinas

×