Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Enfermidades EndóCrinas

998 views

Published on

Published in: Education, Health & Medicine
  • Be the first to comment

Enfermidades EndóCrinas

  1. 1. ENFERMIDADES ENDÓCRINAS
  2. 2. As alteracións na produción endócrina pódense clasificar como de hiperfunción (exceso de actividade) ou hipofunción (actividade insuficiente). A hiperfunción dunha glándula pode estar causada por un tumor produtor de hormonas que pode ser benigno ou maligno (este último dáse con menos frecuencia). A hipofunción pode deberse a defectos conxénitos, cáncer, lesións inflamatorias, dexeneración, trastornos da hipófises que afectan aos órganos diana, traumatismos, ou, no caso de enfermidade tiroidea, déficit de iodo.
  3. 3. As principais enfermidades relacionadas co sistema endócrino son: -Acromegalia -Enfermidade de Addison -Bocio -Diabetes mellitus -Diabetes insípida -Hipertiroidismo -Hipoglicemia -Hipotiroidismo -Mixedema -Síndrome de Cushing
  4. 4. <ul><li>1.Acromegalia: enfermidade crónica causada por un exceso de secreción da hormona do crecemento (GH, antes chamada somatotropina) que se caracteriza polo desenvolvemento exaxerado das mans, os pes e a parte inferior da cara. Tamén se produce un aumento xeneralizado do tamaño dalgúns órganos como o corazón ou a glándula tiroides. En moitos casos o exceso de secreción hormonal débese á existencia dun tumor na hipófises. A acromegalia produce ademais astenia (debilidade ou cansazo) e a veces diabetes mellitus. O tratamento básase na extirpación do tecido hiperfuncionante, a aplicación de radioterapia sobre a hipófises e o uso de fármacos que inhiben a secreción da hormona do crecemento. Nos nenos a enfermidade equivalente debida ó exceso na produción de GH chamase xigantismo e ocasiona un crecemento exaxerado dos huesos largos do esqueleto. </li></ul>
  5. 5. 2.Enfermidade de Addison: alteración endócrina crónica causada por unha insuficiente secreción das glándulas suprarrenais. Esta enfermidade pode desenvolverse tras unha infección grave como a tuberculose, tras sangrado masivo nas suprarrenais, ou tras cirurxía ablativa das glándulas, como a realizada para extirpar un tumor. Na maioría dos casos a etioloxía é descoñecida. A secreción insuficiente da hormona corticosteroide, orixina debilidade e astenia, perdida de peso, baixa tensión arterial, desequilibrio iónico, alteracións gastrointestinais, hipoglicemia en sangre, depresión e irritabilidade, e aumento da pigmentación da pel. Sen tratamento resulta mortal, pero hoxe en día tratase perfectamente con doses diarias de cortisona ou hidrocortisona e añadindo sal na infesta.
  6. 6. 3.Bocio: enfermidade da glándula tiroides caracterizada por un aumento do seu tamaño que se visualiza externamente como unha inflamación na cara anterior do cuello. Hai o bocio simple e o tóxico. O bocio simple caracterizase por un aumento global dea glándula, ou dun dos seus lóbulos, que sole estar causado por un déficit dietético de iodo. A aparición da enfermidade é máis frecuente en adolescentes . A tiroidectomía pode ser necesaria nos casos nos que o aumento do tamaño é moi importante. O bocio tóxico,tamén denominado hipertiroidismo, ou tirotoxicosis, é unha manifestación habitual de dous tipos diferentes de enfermidades del tiroides, a enfermidade de Graves e o bocio tóxico multinodular. Os síntomas do bocio tóxico poden incluír taquicardia, temblores, aumento da sudoración, aumento do apetito, perdida de peso, debilidade e fatiga. No tratamento do bocio tóxico utilizase algunhas veces iodo e tiouracilo, así como irradiación dea glándula con iodo radiactivo.
  7. 7. 4.Diabetes mellitus:  enfermidade producida por unha alteración do metabolismo dos carbohidratos na que aparece unha cantidade excesiva de azucre na sangre e a veces na urina. O páncreas humano segrega unha hormona denominada insulina que facilita a entrada da glicosa ás células de todos os tecidos do organismo, como fonte de enerxía. En un diabético, hai un déficit na cantidade de insulina que produce o páncreas, ou unha alteración dos receptores de insulina das células, dificultando o paso de glicosa. Deste modo aumenta a concentración de glicosa na sangre e esta excretase na urina. Hai dous tipos de diabetes: unha que padecen máis os nenos e outra que padecen máis os adultos. Co tratamento adecuado a maioría dos diabéticos alcanzan niveles de glicosa en un rango próximo á normalidade.
  8. 8. 5.Diabetes insípida: enfermidade infrecuente causada por un déficit de vasopresina, unha das hormonas da hipófises posterior, que controla o volume de urina segregado polos riles. Os síntomas son sede intensa e emisión de grandes cantidades de urina, entre catro e dez litros por día. Esta urina é baixa en glicosa. En moitos casos a inxección ou inhalación nasal de vasopresina controla os síntomas da enfermidade.
  9. 9. 6.Hipertiroidismo: é unha patoloxía causada pola hipersecreción de hormonas tiroideas dando lugar a uns niveles plasmático anormalmente elevados. Os principais síntomas poden variar segundo a idade e solen ser: Perdida de peso, hiperfagia (aumento desmesurado do apetito), dolor e/ou calambres intestinais, diaforeses (excesiva sudoración), intolerancia ó calor, fatiga, debilidade muscular, temblor fino, palpitacións, hipertensión sistólica, disnea de esforzo, ansiedade, nerviosismo, irritabilidade, insomnio e espertar precoz, problemas de concentración, diminución do umbral do estres, oligorrea ou amenorrea, impotencia. Os tratamento poden ser medicamentos antitiroideos, iodo radiactivo ou ciruxía.
  10. 10. 7.hipoglicemia: trastorno caracterizado por un descenso por debaixo do normal do nivel de glicosa en sangue. Os seus síntomas inclúen debilidade, temblores, excitación, ansiedade e palidez. Os pacientes poden mostrar tamén cambios marcados de personalidade e parecer intoxicados. A hipoglicemia é resultado do hiperinsulinismo, ou exceso de insulina.
  11. 11. 8.hipotiroidismo: é a diminución dos niveis de hormonas tiroideas en plasma sanguíneo e consecuentemente en tecidos, que pode ser asintomática ou ocasionar múltiples síntomas e signos de diversa intensidade en todo o organismo. Un dos problemas añadidos do hipotiroidismo sole ser o aumento de peso. No hipotiroidismo establecido, independente de cál sexa a súa causa, debese recorrer á tiroxina.
  12. 12. 9.Mixedema: enfermedad deficitaria debida á produción insuficiente ou nula de hormonas polo tiroides. Os pacientes que padecen mixedema sofren cansazo, estupor, somnolencia, intolerancia ó frío, falta de axilidade mental, tenden a gañar peso e teñen dores xeneralizados. O rostro aparece inchado e o cutis mostrase tumefacto, rugoso e de color amarelento. A pel secase e o pelo, quebradizo e seco, perdese con facilidade. A menudo desaparece tamén a porción externa das cejas. Estes e outros síntomas son consecuencia dun descenso na actividade metabólica debido ó déficit da hormona tiroidea, que é un estimulante do metabolismo. O mixedema ten a mesma causa que o cretinismo, pero distínguese deste en que se desarrolla despois do nacemento e non produce un retraso cerebral tan marcado. O tratamento consiste na administración de tiroxina ou outros extractos tiroideos, ou de preparacións sintéticas como a levotiroxina.
  13. 13. 9. Sindrome de Cushing: grupo de trastornos similares producido por niveis elevados de glucocorticoides circulantes, en particular de cortisol. Os síntomas que se presentan son: enrojecimiento das meixelas, obesidade no tronco, aumento do apetito, cara de lúa chea, pel fina que se lesiona con facilidade, mala cicatrización das feridas, aumento da susceptibilidade ás infeccións, debilidade e atrofia dos músculos proximais, hipertensión, acne, osteoporoses, intolerancia a la glicosa que pode producir diabetes, cansazo excesivo, amenorrea en mulleres, e euforia ou outros síntomas psicolóxicos. Se a causa dos síntomas é unha alteración da hipófises, recibe o nome de enfermidade de Cushing. En este caso aparece un tumor na hipófises anterior. Unha causa frecuente do síndrome de Cushing é a súa aparición como efecto colateral do tratamento prolongado con glucocorticoides instaurado para algunha outra enfermidade. O tipo de tratamento do síndrome de Cushing depende da súa causa, polo que é esencial establecer un diagnóstico preciso.
  14. 14. 

×