1. ENERXÍA EÓLICA
MARTÍN BRASA RGUEZ
MATERIAIS
3 pilas
cable condutor
goma eva
2 bombillas
1 táboa de madeira
1 interruptor
1 tubo de plástico
Cartón
Silicona
O vento move as aspas do muíño desta forma
xera a enerxía que se almacena nun xerador.
Para despois distribuír en forma de enerxía
eléctrica ata os nosos domicilios.
2. O HELIPORTO
Martina González Carral
MATERIAL
-Lapis
-Táboa de madeira
-Interruptor
-Pilas
-Martelo
-Parafuso
-Desparafusador
-Serra
-Goma
-Pinturas
-Silicona
-Cortizas
-Bombillas
-Cables
COMO O FIXEN?
1.Cunha serra cortei as táboas de madeira.
2.Cun lapis fixen as formas.
3.Pintei as formas de cores.
4.Cos cables, o interruptor,as pilas e as bombillas fixen un
circuíto eléctrico
5.Cunhas cortizas sostiven as dúas táboas.
6.E xa construín a miña maqueta.
FONTES: Internet
3. A MIÑA CASA EÓLICA
Salima Karrach el Halimi
Materiais que precisei:
-Paus de xeado
-Cartón
-Dous baterías
-Unha lámpada
-Cables
-Xoguetes
-Un motor
-Pintura de cores laranxa , azul, negro e verde
Como funciona?
Primeiro coa batería e os cables facemos que o muíño xire, e
con outra batería, cables un interruptor. Acendemos e fai que
se prenda a lámpada, e xa está.
Espero que vos guste!
4. PRENSA HIDRÁULICA
Lucas Lameiro Fernández
MATERIAL:
2 Xiringas de 20 ml
Mangueira de plástico
Cola
Unha base
FABRICACIÓN:
Faise a base. Pégase unha xiringa no centro da base. Na punta
da xiringa pégase a mangueira. Despois na outra punta da
mangueira pégase outra xiringa chea de líquido.
FUNCIONAMENTO:
Oprimindo a xiringa chea de líquido a da base sae pola
presión exercida pola outra xiringa. É enerxía hidráulica.
5. ENERXÍA ELÉCTRICA
CIRCUITO ELÉCTRICO
Léyer López Fernández
MATERIAIS:
-1 Lámpadas e 8 leds.
-1 pila de petaca.
-cables condutores
-Tesoiras e parafusos
-Cola,silicona.
-Taboleiro de madeira
-Decoración.
Pasos a seguir:
1º Elixir a base un taboleiro de madeira
2º Colocar a pila e o interruptor
3º Fixaremos as lámpadas
4º Incorporar os cables “pelalos”
5º Enrolar o fío nas distintas conexións
Por qué sucede?
PILA:É o xerador do circuíto. Polos positivo e negativo
CABLES:transportan a corrente eléctrica.
LÁMPADAS:Reciben a corrente e a transforman en luz.
Todos os compoñentes deben estar conectados.
Fontes:
Como hacer un circuito eléctrico. Experimentos para niños.
6. O MUIÑO DE VENTO
Hugo Lorenzo Alonso
Materiais da miña maqueta:
Cartón,pintura de cores,cables eléctricos,pilas(para simular
o vento) aspas de plástico, silicona, cinta adhesiva e
xerador.
A miña maqueta trata sobre a transformación da enerxía
eólica en enerxía eléctrica, para podela aproveitar nos
traballos e nas vivendas. A enerxía que ten o vento(enerxía
cinética) fai mover as aspas do aeroxerador. Esto fai mover
un eixe que está conectado a un xerador que transforma
esta enerxía cinética en enerxía eléctrica, unha forma de
enerxía que é fácil de transportar(cables eléctricos) e
utilizar(electrodomésticos,luz das casas,...).
Na miña maqueta para simular que o vento move as aspas
utilicei unhas pilas.
7. A casa de Aday
Aday Mancebo Rodríguez
MATERIAIS:
1-Cartón
2-Paus de xeado
3-Lousa
4-Madeira
5-Flores de plástico
6-Luces
7-Papel de cociña
8-Silicona quente.
PASOS NECESARIOS:
1-Colles anacos de cartón e formas unha casa con placas
solares.
2-Colles un cilindro, dúas tiras de cartón e un parafuso e fas
un muíño de vento.
3-Colles un anaco grande de cartón e cuns paus de madeira,
uns paus de xeado e silicona e fas as vallas.
4-Cun anaco de papel de cociña e lousas pequenas fas o
camiño para chegar ata a casa.
5-Colles unhas luces e póñense dentro da casa.
6-Colles todo e ideas como queres que sea a casa, despois
pegas todo.
7-Ponlle adornos (Flores, arbustos, persoas e animais)
ENERXÍAS: Solar e eólica.
8. A ENERXIA SOLAR
IZAN MARTÍNEZ RAMOS
A enerxía solar é a que se obtén
aproveitando o calor e a luz do sol, e así
convertemos enerxía solar en enerxía
eléctrica.
Para iso necesitamos unhas placas
solares, que son as que captan o calor e a
luz do sol.
A enerxía solar convértese en eléctrica,
que se acumula nuns contedores, ou
baterías, e por eso podemos ter luz na
casa.
É enerxía renovable; con esta enerxía
podémonos abastecernos sempre.
9. ENERXÍA EÓLICA
O muíño de vento
Adryel Méndez Reyes
Materiais necesarios.
1º Un rolo de cartón.
2º Un anaco de cartón para a base.
3º Goma eva.
4º Unha hélice a partir do plástico.
5º Cores
Montaxe
1º Peguei a goma eva no cartón.
2º Coloquei o rolo de cartón encima da base e
pegueino.
3º Coloquei un pau de ferro e detrás púxenlle
unha roda para que non escapase.
4 Con silicona quentei e peguei a hélice.
10. ENERXÍA PRINCESA
Diego Merencio Moral
Materiais necesarios:
➢ batería
➢ cable
➢ táboa de marquetería
➢ bombilla
➢ pedras
➢ pintura vermella
➢ pintura prateada
➢ pistola de silicona
Proceso:
1. Poñemos a pistola de silicona a quentar. Mentres
non se quenta pelamos o cable polos dous lados.
Instalamos o interruptor na táboa de marquetería.
Collemos outra táboa cortamos unha bolsa de cor
verde para simular o céspede.
A pistola de silicona xa está quente, agora con
coidado pegamos o anaco de bolsa verde a táboa.
2.Pegamos a táboa de marquetería na táboa;
pintámola de cor vermella e prateada.
3.Pegamos os cables e a batería e decoramos con
pedras.
E xa temos a miña maqueta de enerxía eléctrica.
11. Enerxía Solar
Andrews Manuel Montero Rodríguez
A base de todo o proxecto é de cartón. Está
pegado con cola da pistola quente. Tamén usei
un rolos de cartón para facer as catro torres
que representa a enerxía nuclear e o carbón.
Para a zona da enerxía eólica usei papel de
folio e nas aspas usei cartolina branca para
facer a forma. Con plastilina puxen as
montañas.
Por último pinteino todo e fíxenlle os finais
para facelo mais realista.
12. NA MIÑA GRANXA HAI MOITOS ANIMAIS
GRANXA ESTRELLA
Estrella Ortega Herrero
Vacas,coellos,galiñas,ovellas,etc necesitan calor
e comida, para estar ben precisan calefacción e
luz para poder facer todos os traballos.
Necesitan enerxía eléctrica por iso construín un
muíño de vento e paneis solares no teito que
xeran enerxía eléctrica.
Na granxa usamos a enerxía para dar luz, calor,
muxir as vacas, sacar auga do pozo e moitas
outras cousas.
Fontes: Google
13. A ENERXÍA EÓLICA
Ricardo Pérez Marques
A enerxía eólica é aquela que se obtén da forza
do vento.
Como?
A través dun aeroxerador que transforma a
enerxía cinética das correntes de aire en
enerxía eléctrica.
O proceso de extracción realizase
principalmente grazas ao rotor, que transforma
dita enerxía mecánica en enerxía eléctrica.
Trátase dunha enerxía renovable.
As vantaxes desta enerxía son:
✔Non contamina.
✔Baixo impacto ambiental.
✔Renovable.
✔Contribúe ao desenvolvemento sostible
✔Económica
14. ENERXÍA EÓLICA E SOLAR
Vera Pérez Rodríguez. (3ºB)
Para levar a cabo esta maqueta elixen dúas enerxías renovables: a eólica e a
solar. As enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais e
son inesgotables ou renovables colaborando coa sustentabilidade do planeta.
Empreguei os seguintes materiais:
Táboa e pau de madeira para o apoyo do muíño de vento, usei pilas para
substituír a fonte de enerxía, vento, sol,bombillas, motor eléctrico, acuarelas,
pinceis e cartón.
Para desenvolver a maqueta:
1.Pintei e decorei a base de madeira.
2.Montei o muíño de vento:pintando e pegando a base o pao de madeira,encima
coloquei o motor coas aspas.
3.Fixen a casa empregando cartóns,pinturas e cola de pegar.Dentro coloquei un
circuíto da bombilla coa pila acendida.
Trouxen os cables do motor do muíño ata o interior da casa coas sas pilas
correspondentes. Quedando na casa os interruptores dos dous circuítos.
4.Debuxei unhas nubes soprando para simular o vento.
5.No tellado da casa debuxei unha placa solar.
6.Pintei e decorei a paisaxe.
O funcionamento:
O acender o interruptor branco xiran as aspas do muíño,este motor substitúe a
enerxía que producira o vento na realidade.
O acender o interruptor negro acendese a bombilla da casa simulando a enerxía
eólica. Representar a enerxía solar, facémolo coa placa solar do tellado, que
transforma a enerxía que obtén do Sol.
15. NORIA CON MOTOR. ENERXÍA QUÍMICA
Lorenzo Petrache Pereira
O meu proxecto trátase dunha noria que usa un
motor a batería para mover unha polea e que xire.
Neste caso a batería é un dispositivo que
transforma a enerxía química en enerxía
eléctrica.
A enerxía química é a que se encontra almacenada
nos enlaces químicos. Algúns exemplos de enerxía
química son: a fotosínteses, a respiración, a
combustión...
16. FICHA MAQUETA MUÍÑO
Alberto Portela Álvarez
O meu experimento é sobre a enerxía EÓLICA E ELÉCTRICA.
Materiais necesarios
-Aspas
-Aeroxenerador
-Cable eléctrico
-Bombilla led
-Táboa
-Carton
-depresores
-Pintura
-Pincel
-Silicona
¿Como o fixen?
Fixen unha casa de cartón e pegueina na táboa de madeira;
por outro lado fixen cun aeroxenerador,unhas aspas e cos
depresores fixen un muíño.
Desde o aeroxenerador saquei un cable cunha bombilla led
ata a casa.
Pintei o pasto con verde. Con pintura vermella,azul e
amarela pintei os depresores.
As aspas fan mover o aeroxenerador e producen enerxía
eléctrica.
A enerxía eólica consiste que aproveita a forza do vento,
para producir enerxía eléctrica.
17. A miña casa intelixente
Antia Prada Prieto
Como fixen?
Elaborei as pezas da casa con cartón, monteinas e
peguei todas as pezas con silicona,coloquei a
placa solar no tellado e decorei arredor con
xardín.
Puxen todo nun soporte de cartón.
Como funciona?
A placa solar colocada no tellado aproveita a luz
do sol para recargar unha batería durante o día e
durante a noite esa batería da enerxía a bombilla
para alumar a casa. Isto è unha enerxía renovable
e solar.
FONTES:Google,páxina maquetas.
18. BRAZO MECÁNICO
MARIO PRIETO ÁLVAREZ
Materiais:
✗ cartón
✗ xiringas
✗ silicona quente
✗ pila
✗ tinta de cores
✗ mangueira fina
✗ pegamento
✗ taboleiro.
Que enerxía é? Enerxía Hidráulica.
-Pasos:
1º: Cortamos o cartón e pegámolo. Despois
fixemos un burato e puxemos uns palillos
para facer o brazo.
2º: Montamos as pinzas, pegámolas e puxemos
uns arames.
3º: Montamos a base do mando con cartóns e
paus e os pegamos.
4º: Colocamos as xiringas e as enchemos de
auga de cores.
Como funciona?
Cando apertamos as xiringas cheas de auga
fan presión e fan que o brazo se mova.
19. ENERXÍA EÓLICA
David Quiroga López
Materiais:
• CD
• silicona
• culleres
• cartón
• madeira
• cables
• bombillas
• pilas
• casa de xoguete
• céspede
• cabalos de xoguete
• estaño
• motor
Montaxe:
Empezamos pegando as culleres ao CD. Forramos cun folio o rolo de cartón
para formar o tubo do eólico. Na parte de enriba do tubo pegamos o motor.
Nel pegamos o CD coas culleres. Forramos o cume co céspede, pegamos o tubo
eólico e a adornamos a casiña metendo a lámpada no interior.
Adornamos con pedras, árbores e construímos un enreixado.
Conectamos o cableado do eólico ata a casiña unindo cun interruptor e pillas.
A súa función é a de xerar enerxía dende o eólico ata a casiña.
20. MAQUETA ENERXÍA EÓLICA
Daniel Rodríguez Lopéz (3B)
✗ Pintura
✗ Madeira
✗ Cortizo
✗ Silicona quente
✗ Cartón
✗ Papel
PROCESO DE MONTADO
Fixen unha base con cartón e forreina con papel, deseguido
pinteina con pintura acrílica despois fun construíndo toda a
decoración da maqueta.
✗ -muíños eólicos
✗ -luces
✗ -casa
✗ -farolas
✗ -parque
✗ -montañas
Para rematar debuxei un río cos seus peixes para darlle mais
realidad a maqueta eólica.
21. ENERXÍA ELÉCTRICA E MECÁNICA
Zoe Romasanta Rodríguez
Materiais utilizados:
-cartón -feltro -xoguetes -tea -resto de
céspede artificial -xerador eléctrico manual
-3 luces led -pintura acrílica
Como se fixo:
1ºCortei cartóns para facer a estrutura da casa
e o chan.
2ºDunha lanterna vella desmontámola e
sacámoslle o xerador e as 3 luces led.
3ºPintei a casa e peguei a manivela detrás da
casa.
4ºDecorei o resto da casa con xoguetes que
atopei pola casa.
Como funciona:
Funciona dándolle a manivela o xerador
produce corrente e acende as 3 luces led.
Fonte: miña nai.
22. Elevador Hidráulico
Paula Sousa López (3ºB)
Materiais:
-Porexpan
- xiringas
-Tubo flexible
-Palitos de xeado
-Chinchetas
-Regla
-Tesoiras
-Cartón
-Silicona quente
Como funciona?
A auga pode considerarse un fluido incomprensible (as súas moléculas
están bastante xuntas)
Cando exercemos presión na primeira xiringa, a mesma trasmítese a través
do tubo ata a segunda xiringa. Esa presión activa o pistón desta xiringa e
esa e a forza que acciona o noso elevador.
23. PLATILLO VOADOR
MARÍA TATO ALONSO
Materiais:
-4 pilas
-2 portapilas
-4 conectores
-1 interruptor
-1 motor
-1 ventilador
Elaboración:
Fixen un circuíto pechado conectando os portapilas co interruptor por un lado
e polo outro os portapilas co motor. Enriba do motor vai o ventilador.
Que pasa?
Grazas as pilas obtemos enerxía eléctrica que vai pasar a través dos conectores
ata o motor(Onde vai colocado o ventilador).
Co interruptor podemos permitir ou non o paso da enerxía.
Cando activamos o interruptor,permitimos que a enerxía eléctrica chegue ao motor
onde se transforma en enerxía mecánica e fai que o ventilador se mova.
Se soltamos o interruptor,cando motor alcanza a máxima velocidade, o ventilador
sobe,como se fose un platillo voador.
Gustoume moito facer esta maqueta(paseino xenial)
Fontes:Xogo electrocenfa
24. ELEVADOR HIDRÁULICO
Manuel Voces Alexandre
Que enerxía é? Enerxía hidráulica.
Materiais
.cartón
.4 xiringas
.2 cartolinas de cores
.1 barra de pregamento
.pistola de silicona quente
Como se constrúe?
Primeiro: pegamos os 4 recortes de cartón para facer
a base grande e pegamos xa a cartolina de cor verde.
Segundo:collemos os 8 recortes de cartón e pegamos ca
pistola quente para facer as 2 torres. Cando están
feitas as torres pegamos as xiringas en cada torre.
Terceiro:Empezamos coa base pequena que se forra de
cartolina vermella.
Cuarto:Facemos 2 buracos para colocar as torres de
cada lado e pegámolas.
Quinto:Collemos a base pequena e pegámola de lado das
xeringas. Na punta das xiringas colocamos as
mangueiras e colocamos as dúas xiringas.
.Como funciona?
As xiringas hai que botarlle auga e cando as empuxa
para dentro o elevador pequeno sube, e cando empuxa
para atrás o elevador pequeno baixa para abaixo.