Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Que plurilingüismo queremos?

377 views

Published on

Documento de interese para o profesorado galego elaborado pola Coordinadora Galega de ENDL no que se avoga por un novo marco para aprendizaxe de linguas en Galicia. O plurilingüismo inclusivo toma corpo na proposta metodolóxico do Tratamento Integrado de LInguas (TIL), unha solución ao ineficiente Decreto do Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia, que marxina a lingua galega do sistema educativo. Abril de 2012.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Que plurilingüismo queremos?

  1. 1. QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS?Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración decomida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballarporque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para arealización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde poloque é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida,que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que nonserve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla dedereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes edenominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada amorrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súamedio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte.Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmásdeixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio-irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá paraalgo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así,tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?Que temos agora?  Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada.  Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia.  Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo.  Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade.  Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de inglés de CCs de educación non abonda).Prexuízos graves desta situación Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos bo nin segue as clases nin percibe os conceptos. Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.
  2. 2. Que queremos? Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.Como se consegue? Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).O TIL non é:  un reparto de linguas por materias.  aprender só inglés e castelán.  memorizar palabras e deixar de aprender contidos.O TIL é:Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes nacomunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.  Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).  Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.  Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.  Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.  Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias. Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos [J. Cummins]Se queres + información: www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

×