Emprendemento na Coruña: guía de recursos

324 views

Published on

Guía de recursos para emprendedores e autónomos na provincia da Coruña

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Emprendemento na Coruña: guía de recursos

  1. 1. Guía de emprendedores E de emprender Esta guía pretende ofrecer as principáis referencias en liña que precisades no campo do emprendemento, e que xunto co rincón temático creado, que amosa unha parte da producción bibliográfica que temos sobre este tema, axudaravos a crear a vosa empresa e a adoptar unha postura emprendedora no traballo e na vida. Para coñecer os títulos máis importantes que hai na biblioteca sobre este tema, só tedes que acercarvos e consultar as obras do noso novo rincón temático ou introducir as seguintes palabras chave no catálogo en liña da biblioteca (http://www.dicoruna.es/biblioteca/catalogo/dc1spa.htm) ou premer sobre elas neste mesmo documento pulsando á vez a tecla “Ctrl”: Coatching Emprendedores Empresarios Empresas Nuevos emprendedores Nuevas empresas Tamén vos informamos de que Europe Direct, en colaboración coa Deputación da Coruña xunto coa Universidade da Coruña presenta o 28, 29 e 30 de outubro o Foro Xuventude en Movemento. Destacando no día 30 de outubro a xornada “Emprende o teu futuro”. Unha xornada dedicada á xuventude emprendedora. Consultade aquí o programa do evento. Axudas e financiación Eventos destacados Guías Institucións Viveiro de empresas Biblioteca Provincial Deputación da Coruña
  2. 2. Axudas e financiación Business Angles Network Galicia (BANG) BANG promueve mecanismos efectivos E alternativos ás institucións financeiras que permiten cubrir as necesidades de financiación de novos proxectos empresariais. Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia o Axudas o Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica Centro para o Desenrolo Tecnolóxico Industrial – CDTI o Financiación de proxectos I+D+i Con diversos instrumentos para a financiación de proxectos de I+D+i e de creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica. Ademais da financiación, o CDTI pode emitir o Informe Motivado para a desgravación fiscal por actividades de I+D+i. o VII Programa Cadro Ministerio de Industria, Energía e Turismo o Axudas e incentivos nacionais para empresas o Programas europeos de axudas e incentivos por sectores o Axudas para proxectos e actuacións dentro do programa I+D+i. Axudas dentro do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015. o Programa Emprendetur jóvenes emprendedores do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015 Xesgalicia o Fondo XES-INNOVA A Sociedade xestora de entidades de capital risco galega oferta este fondo para apoiar aos emprendedores dende o inicio dos seus proxectos ata a súa transformación nunha empresa activa. -2-
  3. 3. Eventos destacados Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero, que se celebrará dende o 21 de outubro ao 8 de novembro no Edificio Emprendia. Santiago de Compostela Uniemprende e Woman Emprende organiza o primeiro Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero, que se celebrará dende o 21 de outubro ao 8 de novembro no Edificio Emprendia. O curso, cuxa matrícula é gratuita, e terá unha duración de 32 horas, componse de sesións teóricas e prácticas, ademáis de dúas titorías persoalizadas por proxecto. Programa formativo de la EOI (Escuela de Organización Industrial) “Iniciativa emprendedora (A Coruña – Universidade da Coruña” Este programa pretende mostrar aos alumnos universitarios a creación dunha empresa como unha alternativa, onde poidan desenvolver o seu potencial creativo, á vez que os dota das ferramentas necesarias para estudar a viabilidade dun negocio. Para solicitar a admisión pulse aquí. Guías Guía práctica para a elaboración do Plan de Empresa do Centro Municipal de Empresas do Concello da Coruña. Guía dinámica de ayudas e incentivos para empresas do Ministerio de Industria, Energía y Turismo Guía para o Plan de Negocio de BicGalicia (Para máis guías desta entidade premer aquí). Portal Creación de Empresas do Ministerio de Industria, Energía y Turismo A túa empresa paso a paso. Institucións Área de emprego e de empresa do Concello da Coruña Nesta área do poderás atopar cursos, formación, información e recursos para poder crear a túa empresa. Así destaca a sección Emprende dedicada a ofreceche as mellores ferramentas para difundir a cultura emprendedora dende os máis pequenos, para crear a túa empresa (contando co asesoramento a emprendedores e con talleres de iniciativas empresariais), para fomentar o emprendemento e para consolidalo. Asociación de Xóvenes Empresarios Coruña A Asociación oferta a aposibilidade de ampliación da rede de contactos a empresarios eo asesoramento gratuito a emprendedores. -3-
  4. 4. Empresa-concepto Financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar, o programa Empresa-Concepto, impulsado polas universidades galegas de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, e polo Consello Superior de Investigaciones Científicas, pon a disposición destes centros de investigación os recursos financeiros e humanos que posibilitan a creación de empresas de base tecnolóxica xurdidas de resultados de investigación. Fundación Universidade da Coruña - FUAC A Fundación unha serie de proxectos propios para alentar o emprendemento entre os máis novos. Fundación Empresa-Universidade Gallega - FEUGA Entidade de dereito privado, sen fins lucrativos, adicada ao desarrollo da economía e a sociedade de Galicia. Entre a oferta integral de servizos ofrecidos destacamos a súa sección de formación e programas educativos, xenéricos, a medida, presenciais e virtuais. IGAPE O recurso máis completo a nivel autonómico da formación, os recursos, os manuais, as axudas e o asesoramento para emprendedores. Rede Innova Ferrolterra Unha rede para a rexión de Ferrol, que ofrece noticias na área do emprendemento, as empresas, a formación, os recursos, as axudas e as subvencións así como os diversos xeitos de innovar e emprender. Servizo de Promoción Económica da Deputación da Coruña Este servizo ofrécevos novas, contidos e informes de carácter económico e social para poder fomentar e desarrollar o espíritu emprendedor. Informando ademáis das posibilidades financieiras que se propoñen dende a propia institución para impulsar os microcréditos dos pequenos emprendedores. Tamén é moi interesante a sección dedicada a Recursos e Ferramentas para Emprendedores. Sociedade para promoción de iniciativas empresariais innovadoras, S.L. Sociedade mercantil que ten como finalidade potenciar o desenvolvemento de iniciativas empresariais partindo da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela. Uniemprende A Universidade de Santiago de Compostela promove a través do Programa UNIEMPRENDE o seu compromiso co desenvolvemento socioeconómico da sociedade, que non só abarca as empresas de base tecnolóxica, senón as que teñen compoñente social e compromiso ambiental. -4-
  5. 5. Viveiro de empresas Viveiro de empresas (Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña) Autónomos, emprendedores, sociedades anónimas ou limitadas, e calquera pyme ten cabida no Viveiro, para encontrar unha serie de facilidades que lle axuden a minimizar os primeiros gastosde establecemento do seu negocio. http://www.camaracoruna.com/web/camara/emprendedores Viveiro de empresas (Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol) Espacio físico especialmente deseñado para acoller empresas de nova creación, para que os emprendedores podan dispoñer dunhas instalacións e servizos a uns prezos máis habituáis do mercado por un tempo determinado. http://www.camaraferrol.org/esp/viveiro.asp Viveiro de empresas da Univesidade da Coruña As empresas solicitantes teñen que ter base tecnolóxica ou certo compoñente innovador e estar promovidas por membros da comunidade universitaria. http://www.udc.es/otri/empresas_base_tecnoloxica/viveiro_empresas/?language= es Viveiro de empresas Santiago de Compostela Estructura de acollida temporal pensada para ubicar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado. http://www.camaracompostela.com/vivero/principal.asp -5-

×