Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Díptico plataformas galego

62 views

Published on

Díptico explicativo como empregar as plataformas gratuitas de préstamo de libros electrónicos e contidos dixitais da Biblioteca Provincial da Coruña

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Díptico plataformas galego

  1. 1. PODES DARTE DE ALTA SE... Tes, polo menos, 15 anos. Es usuario/a da biblioteca da Deputación da Coruña ou dalgunha biblioteca municipal da provincia da Coruña. Dispós dunha conta de correo electrónico. Tes un ou máis dispositivos para ler (ordenador persoal, libro electrónico, móbil, tableta…). COMO ACCEDER UNHA VEZ INSCRITO/A Plataforma EBOOK DICORUNA: http://ebook.dicoruna.es 1. Recibirás dúas mensaxes de correo electrónico: unha informándote da túa inscrición, e outra para que introduzas o teu contrasinal e accedas. 2. Accede desde Internet no ordenador, tableta ou teléfono en http://ebook.dicoruna.es ou descarga a app gratuíta eBook DiCoruna (dispoñible na Play Store e na Apple Store). 3. Podes buscar no catálogo por título, autoría, ISBN, materia…; ver as novidades, os máis prestados, reservar libros... Plataforma ODILO TK: https://ebibliodacoruna.odilotk.es 1. Recibirás unha mensaxe de correo electrónico co teu usuario e contrasinal e a ligazón para acceder. 2. Accede desde internet no ordenador, tableta ou teléfono en https://ebibliodacoruna.odilotk.es ou descarga a app gratuíta OdiloApp (dispoñible na Play Store e na Apple Store). 3. Podes buscar no catálogo por título, autoría, editorial, materia, ISBN, data de publicación…; ver as novidades, os máis prestados, reservar libros... Se o exemplar está dispoñible, podes prestalo no momento premendo no botón de Prestar. Podes prestar ata 2 materiais por 21 días, e non se poden renovar. Cando venza o préstamo, non é preciso devolvelos, xa que desaparecerán automaticamente da túa conta. Podes reservar ata 2 libros simultaneamente. Cando o que reservaches estea dispoñible, recibirás unha mensaxe de correo electrónico, e tes 48 horas máximo para prestalo. Cada libro electrónico só admite un máximo de 5 reservas. COMO PODES LER Solicita a inscrición na túa biblioteca ou na web http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/prestamo-dixital/
  2. 2. QUE SON EBOOK DICORUNA E ODILO TK P L A T A F O R M A S G R A T U Í T A S D E P R É S T A M O D E L I B R O S E L E C T R Ó N I C O S E C O N T I D O S D I X I T A I S D A B I B L I O T E C A P R O V I N C I A L D A C O R U Ñ A Le en dixital LIBROS ELECTRÓNICOS EBOOK DICORUNA para préstamo de libros electrónicos. ODILO TK para préstamo de películas, libros electrónicos, audiolibros ou pílulas educativas. Riego de Agua, 37 15001 A Coruña Teléfono 981 080 176 biblioteca.info@dacoruna.gal B I B L I O T E C A   P R O V I N C I A L   D A C O R U Ñ A Son as plataformas gratuítas de préstamo de libros electrónicos, películas, audiolibros e outros materiais dixitais, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia e para os da propia Biblioteca Provincial. Podes ler desde o móbil, tableta, ordenador, libro electrónico... Se tes dúbidas, escríbenos ao enderezo: biblioteca.info@dacoruna.gal Máis información: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/ prestamo-dixital/ 981 080 176

×