Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

395 views

Published on

Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre xullo e setembro de 2015. Boletín número 13 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

  1. 1. SELECCIONADOS XULLO-SETEMBRO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS SETEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 13) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 biblioteca.central@naron.es
  2. 2. Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015 1 Biblioteca Pública Municipal de Narón SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE XULLO-AGOSTO-SETEMBRO DE 2015 “SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS” Boletín SOLF número 13 Bebeteca (Bebés de 0 a 36 meses) Un cuento muy aburrido para quedarse dormido, de Estela Antín. Conto ideal para que aos máis pequenos/as da casa lles entre o sono. O seu ritmo soa coma unha canción de berce, todo está escuro e en silencio, os personaxes durmen e… no conto non pasa nada. Colección La cereza, de Mar Benegas. Tres títulos (Diez ardillas, ¿Le pondremos un bigote? e Ñam, ñam) de contos para contar e cantar. En cada un deles inclúe un código QR para poder descargar a canción cuxa letra se ofrece como texto no libro. Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos) Contos de humor: Cuando papá era pequeño había dinosaurios, de Vincent Malone. Unha deliciosa historia sobre un tema que tanto apaixoa os nenos e nenas, saber como era o mundo cando os seus pais eran pequenos, como era o colexio, como se divertían... Leva o salto xeracional ao esaxerado, ubicando a infancia dos pais na prehistoria. De seguro a lectura deste conto servirá de pretexto para contar os fillos e fillas como era realmente a infancia que vivistes os adultos de hoxe en día.
  3. 3. Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015 2 Biblioteca Pública Municipal de Narón Contos da vida real: Acércate, de Patricia Arredondo. O achegamento entre os dous protagonistas, Elisa e Mateo, sérvelles para entender que tamén se pode falar coas mans e escoitar cos ollos; o importante é poder comunicarse. Cuando a Vaca se le posó Mariposa en la nariz, de Susana Rico Calleja. Aborda a morte dun ser querido enfocándoo naquelas cousas que o que marcha deixa nos que quedan, de maneira que a relación entre eles nunca termina. Para ler acompañados/as. Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos) Contos fantásticos: El deseo del gato Klops, de Estefanía Padullés. O gato Klops ve unha estrela e disponse a pedirlle un desexo. Ten que pensar moi ben o que vai pedir porque todo o que se lle ocorre ten a súa parte mala e a súa parte boa. É un conto estupendo para aprender a coñecer e valorar a propia identidade, aceptándonos con virtudes e defectos. Contos da vida real: Kalia bajo las estrellas, de Didier Dufresne. O autor inspírase no cadro As carretas, campamento xitano cerca de Arlés, de Vincent Van Gogh para compoñer esta fermosísima historia de amor entre unha xitana nómada e un neno francés que nunca saiu da súa granxa. Ao final do libro podemos atopar varios datos sobre Vincent Van Gogh e a súa obra que de seguro espertarán entre os nenos e nenas a cuiriosidade pola figura deste pintor holandés.
  4. 4. Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015 3 Biblioteca Pública Municipal de Narón Contos de humor: Princesa Belinda, de Pam Calvert. Aínda que á princesa Belinda encántanlle os seus lentes, non quere lucir diferente ao resto de princesas cando se trata de conquistar ao príncipe Vebién. A renuncia a este elemento tan imprescindible vaina levar a situacións realmente disparatadas. A partir de aquí o texto do conto amósanos unha situación que nada ten que ver coa real, que é a que amosan as ilustracións. Este é un atractivo engadido ao libro. Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos) Contos da vida real: O becho que quería comer á avoa, de Rocío Leira. Calquera neno ou nena pódese sentir identificado coa protagonista deste conto. Sara cóntanos dun xeito moi cercano e familiar como é a súa escola, os seus compañeiros, a súa familia e, sobre todo, como é a relación que mantén coa súa avoa Celia. A enfermidade chega á súa casa obrigándolle a decatarse de que o mundo que a rodea non vai permanecer sempre intacto. Unha historia que, a pesares de ser algo dura, non deixa de ser real e non perde a tenrura e a inocencia da infancia. Contos detectivescos: ¿Quién teme al Señor Hombre-Lobo?, de Jörg Hilbert e Felix Janosa. Como o seu subtítulo indica, esta é unha historia musical de intriga. Podedes ler o conto independientemente ou escoitar no CD a súa versión narrada. A Orquestra sinfónica e radiofónica de Saarbrücken, Alemaña, pon música a este conto, o que axuda a envolvelo nun ambiente de intriga e misterio.
  5. 5. Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015 4 Biblioteca Pública Municipal de Narón Sección Xuvenil (a partir de 12 anos) Narrativa: El niño que quería matar, de Lolita Bosch. Un duro e honesto relato contado en primeira persoa por un mozo cunha doenza mental que fai que non poda sacar unha idea da súa cabeza; a idea de matar. Unha lectura que nos axuda a entender os sentementos de medo, soidade e desesperanza das persoas con estas doenzas. Jesús Betz, de Fred Bernard e François Roca. Máis que unha novela, este libro é un álbum ilustrado para mozos e mozas. As ilustracións que acompañan ao texto son dunha grandísima beleza e expresividade; o complemento perfecto para o marabilloso texto que narra a vida de Jesús, un neno que nace sen extremidades a finais do século XIX. A través das cartas que de adulto lle envía a súa nai podemos coñecer toda a súa complicadísima vida. BOMBÓN

×