SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Literatura Galega
                               do Século XX e da Actualidade

                          Xosé Luís Franco Grande


                                        Entrevista
                                 IES Manuel García Barros
                                        A Estrada

                                                                Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                        Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 9 de enero de 2013
Xosé Luis Franco Grande


               1.     Os seus primeiros pasos na vida foron dados en plena guerra civil e na inmediata posguerra. Que quedou na vida e na obra de
                      Vostede daquelas circunstancias? Como lembra aqueles anos?

               Lembro vagamente, nuns casos, e moi vivamente noutros, as dificultades económicas máis elementais, por exemplo, un pan que
               chamaban de carioca, que nin os porcos o comían, así como as colleitas de viño que se perdían enteiras por mor de non haber por
               entón produtos efectivos contra as diversas enfermidades da viña. Tamén lembro que case nin había xoguetes, agás que os
               fixésemos os rapaces. E o peor de todo, porque se quedou gravado na miña conciencia para sempre: as prédicas dos xesuítas (a
               “misión” que lle chamaban) pintando o inferno de maneira que as boas xentes choraban. Un destes xesuítas (o P. Céspedes, que
               era de Carrión de los Condes), nunha sesión de auténtica paranoia, flaxelouse en público, no altar maior da igrexa de Santa
               María de Tebra (Tomiño), que era a miña parroquia, para que axente vise como se mortificaba. Nunca o poderei esquecer. Era o
               ano 1944, tiña eu oito anos



               2.     Naceu Vostede nun ambiente familiar intelectual. Ser fillo de mestres e mergullado naquel mundo de cultura e docente até
                      que punto influíu en Vostede? Por que non se inclinou pola profesión dos seus proxenitores?


               Na miña família había grande respecto pola cultura, por saber, por ler. Meus pais non tiñan unha grande biblioteca, pero si
               libros que eu lin e que contribuíron a que logo seguise lendo. Entre eles estaba “Follas Novas”.Tamén o crego de Tebra, D. José
               Areal Bugarín –que foi meu profesor de latín mentres estudei “por libre”-, que me deixaba libros, axudou un pouco. Non seguín a
               carreira dos meus pais porque a miña vocación, moi clara por entón, eran as letras. Pensaba facer xornalismo, pero non puido ser
               porque meu pais non tiñan posibles para mandarme a Madrid. Empecei Filosofía e Letras en Santiago, que deixei axiña por
               Dereito, porque, por aquel entón, aquela Facultade nada tiña que ver coa Filosofía nin coas Letras.




miércoles 9 de enero de 2013
Xosé Luis Franco Grande
                                                                                                                       Bernardino Graña

               3.     Aquel mundo cultural, socio-político... dos anos cincuenta en Compostela foron os que determinaron o seu compromiso coa
                      nosa cultura e co noso país? Que supuxo aquel fervor dos anos cincuenta e sesenta para o futuro de Galiza e da súa cultura?
                      Que supuxo Para Vostede aquela “loita pola dignidade nacional de Galicia”?

                Xa antes de ir para Santiago eu tiña unha moi clara vocación galeguista. Influíra moito en min o meu oculista Antón Beiras (tío de
                X.M. Beiras, a quen ía coñecer moi logo en Santiago, no ano 1954) que me deixou moitos libros que eu non podía atopar nas
                librerías, que tivo moitas conversas comigo sobre Galicia, a súa lingua, a súa cultura e os seus problemas en xeral. Por iso, eu
                cheguei a Santiago en procura de algo que estaba no ambiente, se ben non tiña moi claro que era. E un día, a primeiros do curso
                1954-55, coñecín a Ramón Lugrís, a Gonzalo R. Mourullo, a Baliñas, a Vidán Torreira, a Perejil e outros moitos, como xa teño
                referido no meu libro “Os anos escuros”. E con eles a homes da xeración anterior –Ramón Piñeiro, Garcia Sabell e outros- e aínda
                da anterior á destes, como D. Ramón Otero Pedrayo. De xeito que alí tiven a sorte de vivir entre xentes das tres xeracións: isto
                foi unha sorte, un verdadeiro privilexio. E penso que foi D. Ramón Otero Pedrayo, coa súa fina intuición, o que primeiro viu que
                naqueles anos estaba collendo feitura unha nova xeración galeguista –a da continuidade. Díxoo moi claramente en 1957 no
                Circulo Mercantil de Santiago. Supuxo para min aquel ambiente verme no eixo da reconstrución do galeguismo que Franco e o seu
                réxime coidaron acabado. Cousa curiosa: a maioría daqueles rapaces de entón eramos fillos de mestres, a clase máis perseguida
                pola represión franquista. Non todo estaba atado e ben atado.
                O que veu despois –o asociacionismo dos anos sesenta e setenta- foi continuidade, por toda Galicia, do que en Santiago
                comezamos. En realidade, se confrontamos as actividades iniciais de Santiago coas das asociacións posteriores, vemos que son
                practicamente as mesmas, e aínda desenvolvidas polas mesmas persoas (Rodríguez Pardo, García Bodaño, eu mesmo)
                incorporadas agora ás directivas desas asociacións.


               4.     Tan mal se enxergaba a situación do noso idioma para que Vostede, un estudante de Dereito, se mergullase nos anos sesenta
                      na lexicografía do galego e dar á luz un dicionario tan empregado até os anos oitenta?

               Unha cousa nada ten que ver coa outra. Fixen ese dicionario porque mo pediron como unha especie de acto de servizo ao país.
               Foron Piñeiro e Paco del Riego, coa historia de que como eu, segundo eles dicían, era un home disciplinado faría o traballo nun
               tempo moi escaso (coido que seis meses), porque querían que “Galaxia” sacase o dicionario antes do que Leandro Carré –xa que
               había noticias de que este o pensaba sacar axiña. Esa é toda a historia.




miércoles 9 de enero de 2013
Xosé Luis Franco Grande
                                                                                                                         Bernardino Graña

               5.     Vostede deuse a coñecer na nosa lírica naquelas “Festas Minervais” que tan
                      boas plumas forneceron para a poesía galega. Que nos podería contar daquel
                      Certame? Como se sentiu ao ser recoñecido nun certame que antes e despois
                      gañaron célebres escritores e escritoras galeg@s ?
               Paréceme que foi un revulsivo na medida en que era por entón o único certame
               universitario, o único, que eu lembre, que incluía a lingua galega (se ben non ao
               principio) e porque chegou a ter dimensión popular pode que pola solemnidade con
               que sempre se celebrou. A vaidade nunca foi o meu forte. Eu servín ao meu país
               dende moi diversos postos. E sígoo facendo hoxe. E así seguirei mentres teña folgos

               6.     Sabemos que da súa pluma saíron varias pezas teatrais, mais por que
                                                                                                            Xosé Luis Franco Grande
                      soamente se fala da de “Vieiro choído”?
                Moi sinxelo: nunca me pareceron boas.

               7.     Sempre recoñeceu que a súa profesión lle impedira dedicarse de cheo á literatura, o “manter a relación cos lectores e
                      dicirlles que aínda está vivo”. Canto queda escrito e aínda por escribir por Vostede? Non lle gustaría mergullarse na narrativa
                      ou hai algo entre mans deste xénero literario?
                O feito, está feito. O que estea por vir é un arcano. Sigo traballando. Acabo de rematar un novo libro: “Outra política para outros
                tempos”, sobre federalismo, ou sexa, sobre unha posible solución federal para Galicia e para España. Custoume moito traballo,
                aínda que é un libro máis ben breve. Iso quere dicir que vou vello e que cada día custa máis escribir. Faremos o que se poida. Pero
                non deixa de ser curioso verificar que nos anos cincuenta federalistas en Galicia eramos Piñeiro, Lugrís, pode que Beiras e non sei
                se Gonzalo R. Mourullo. Agora tododiós é federalista, incluídos o señoritos de ”El País”, que está descubrindo, con moito retraso,
                o federalismo.

               8.     A súa frase “Alégrame ter sido un elemento de concordia e non de discordia” segue aínda a ter vixencia? Xamais tivo que
                      remar a contraconrrente e converterse en alguén incómodo para outras persoas por moita concordia que pretendese?

                Asi é, o que non quere dicir que non sexa moi polémico no que digo ou escribo, pois teño o vicio de dicir o que penso, xa que non
                teño votos que recadar ni xefe do que dependa. Ou sexa, son un home libre. E ben sei que ás veces digo, ou escribo, cousas que
                proen. Pero a quen lle proa, que se rasque.




miércoles 9 de enero de 2013
Xosé Luis Franco Grande
                                                                                                                      Bernardino Graña

               9.     O personaxe de Ramón Piñeiro sempre está omnipresente nos persoeiros das nosas letras e do galeguismo de antes e mesmo
                      despois da entrada de democracia. Tan forte foi o seu pensamento e o seu adoutrinamento?
                                                                                                                       Xosé Luis Franco
               Moi forte e determinante. Os libros de Miguel Barros e de Xesús Alonso Montero, así como o de Xosé
               Manuel Dasilva, iluminan o problema. Estes son traballos serios, non sectarios. Son de agradecer.            Grande

               10.    Cando a alguén o nomean “Fillo predilecto” do seu pobo sente que xa tocou o ceu ou iso é un
                      pulo máis para seguir o vieiro polo que o recoñecen a un?


                O de “fillo predilecto” foi unha cortesía, que agradezo moito, duns rapaces de Tomiño moi
                simpáticos e dunha alcaldesa que debera seguir na alcaldía de Tomiño moitos, moitos anos. Esas
                cousas non son “o meu natural”, que dicía un veciño meu de situacións que non lle gustaban. Pero
                non podía negarme e refugar un nomeamento no que moitas persoas puxeran tanta ilusión. Isto
                tampouco sería “o meu natural”.



               11.    Non podiamos deixar de lado un tema profesional no que Vostede se viu inmiscido e que tanto balbordo está a montar na
                      actualidade. Vostede nalgún momento foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Que nos podería falar da situación
                      anterior e presente do sector bancario e, por que non, da desaparición desa tan sobranceira caixa viguesa?

               Na situación anterior, a Caixa de Vigo foi unha entidade solvente, ben administrada e moi útil á sociedade galega. Os problemas,
               para min, empezaron coas fusións, sempre empuxadas, e ás veces forzadas, polos políticos inútiles que tivo e ten Galicia. E a
               guinda foi a fusión con Caixa Galicia: a Xunta pensaba que ía ter un banco ao seu dispor fusionando esas entidades, e o que obtivo
               foi unha catástrofe para o país por non ter idea da realidade ou, mellor, porque da realidade só vían o que a eles lles interesaba e
               estaban cegos para o demais (unha situación financeira que non aconsellaba ningunha fusión). Principal culpable: a Xunta, unha
               Xunta de inútiles que lle está saíndo moi cara ao país. Pero que o país segue votando. ¡Manda carallo!




miércoles 9 de enero de 2013
Xosé Luis Franco Grande
                                                                                                                       Bernardino Graña

               12.    Nas nosas terras estradenses aínda resoan aquelas palabras reivindicativas a prol do noso idioma que Vostede pronunciou
                      cando lle entregaron o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e que o propio Secretario Xeral de Política Lingüística
                      tivo que escoitar. Segue a mantelas íntegras ou ben aínda lle quedarían cousas que reivindicar perante os órganos que
                      deberían dar ao noso idioma o estatus merecente?

                Claro que seguen vixentes. Dixen entón, se mal non lembro, que os nosos políticos de hoxe son monicreques, non políticos. E con
                monicreques non hai moito futuro.


               13.    E para finalizarmos, como enxerga Vostede o futuro do noso idioma e da nosa literatura?

                Penso que o futuro de galego depende dunha boa política lingüística, que non hai, porque non lle interesa á Xunta. (Tampouco fixo
                neste sentido unha boa política o bipartito, non o esquezamos). E non lle interesa porque, dende o presidente ao último
                monicreque –o de Cultura, por exemplo- son uns ignorantes absolutos; non saben nada de Galicia; non teñen a menor idea do que
                significa unha lingua propia; Galicia non lles importa o máis mínimo. Para eles, Galicia e a súa autonomía redúcense a un tingladiño
                que serve para ter nas mans uns fíos que moven a certas marionetas. As Deputacións sérvenlles para un fins determinados, por iso
                as defenden, e a autonomía para outros, e por iso non se opoñen a ela. Pero baléirana de contido canto poden ou lles esixa Xénova.
                O que importa é manter o tingladiño. Nesas circunstancias, e mentres non saibamos cambialas, o futuro é imperfecto, por suposto.
                Pero un aprendeu de pequeno do filósofo danés, Sören Kierkegaard, que a fe é a máis alta dimensión do ser humano. Hai que
                manter esa fe, a fe creadora, a fe que cómpre para calquera empresa grande (e aínda para as pequenas).




                                                                            Xosé Luís
                                                                          Franco Grande



miércoles 9 de enero de 2013
A R IO
                                     IO N
                                 ES T
                               CU

miércoles 9 de enero de 2013
Un personaxe galego e                Un p
                                                                                              erson
                         obra                        un estranxeiro?                               axe l
                                                                                                         i
                   unh
                       a                                                                         iden terario c
              /-a e gos?                            Ramón Piñeiro –                                   tifiq     o qu
        a utor gale                                                                            Con          ue?      e se
     /ha raria                                       Albert Camus.                                    ning
   Un lite
                       N  ovas                                                                                   ún.
                        . Fo llas
            os alía                                                                    Unh
                                                                                            a pel
        R                                                                                        ícula
                    ent
                        o                                                             Son                de ci
                                                                                                              ne
                  um l?                                                                     dema
                n
             mo tábe                                                                            siada
           Un lien      os os                              Unha obr
                                                                    a      teatral?          boas     s as
             sa
                  as iad                              Son dem
                                                                    asiadas a
              d em s.                                             boas.
                                                                              s
       S   on     bo                                                                                           a obr
                                                                                                                     a
                                                                                                           u nh s?
                                        Cal é a sú                                                    - a e xeiro
                                                  a fonte d                                    u t or/ ran           sía
                                                                                                                         .
                                           inspiraci        e                               a a ia est           Poe
                               A vida (a
                                                     ón?                                n/h erar
                                                                                       U it                  súa
                                         al
                               a esperan egria, a tristura,                               l            e –A
                                        za, a inc              os soños,                           ilk
                                                  erteza, a                                    .R
                                                                                         R.M
                                        do ser hu           fraxilida
                                                   mano...)          de



miércoles 9 de enero de 2013
?
                Un feito histórico?        Un lugar para visitar? e                    ut opía
                                                                                   a
                                                                          Unh     licia
                  Ilustración e a         un lugar para descansar?
                                                                             a Ga
                    Revolución                                            Unh lega
                                                 Calquera                    ga
                     Francesa
              Un tipo
                      de músi
               Unha ca        ca?                                     Un l
                        nción?                                            ugar
                                                                                  axeit
           Clásica-                       Outro entretemento                   lectu ado para
                    A terceir            ademais da literatura?                     ra?       a
               Sinfoní       a                                           Calq
             (Beethov
                       a                 Coidar as miñas viñas                         uera
                      en)                     de albariño.

                         ?               Un/h
                   b ano                       a
                                        quen autor/-
               l/ur ?
           rura taña                          se id       a con                                      ?
     ndo mon                                        entif
                                                                                             eal izar
   Mu                                   Pode              ique
      P raia
             /
                   on    se           comb   que
                                                  c
                                                               ?
                                                                                   eio por r      ro     e
                                           ativo o Camus                     anc             que
               s. N .
           odo úen                       de cl e buscad
                                                                      Un
                                                                                  ibir
                                                                                       o que a
                                                                                                r
         T                                    arida         or              e scr        q uixe
             e xcl                                   de.              Poder o o que
                                                                           tod


miércoles 9 de enero de 2013

More Related Content

What's hot

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaAsnosasletras
 

What's hot (20)

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 

Similar to Xosé luis franco grande

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroAsnosasletras
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalNoeliaVentosinosBast
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Anxos bibliotequeira
 

Similar to Xosé luis franco grande (19)

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Antón Fraguas
Antón FraguasAntón Fraguas
Antón Fraguas
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 

Xosé luis franco grande

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Xosé Luís Franco Grande Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Xosé Luis Franco Grande 1. Os seus primeiros pasos na vida foron dados en plena guerra civil e na inmediata posguerra. Que quedou na vida e na obra de Vostede daquelas circunstancias? Como lembra aqueles anos? Lembro vagamente, nuns casos, e moi vivamente noutros, as dificultades económicas máis elementais, por exemplo, un pan que chamaban de carioca, que nin os porcos o comían, así como as colleitas de viño que se perdían enteiras por mor de non haber por entón produtos efectivos contra as diversas enfermidades da viña. Tamén lembro que case nin había xoguetes, agás que os fixésemos os rapaces. E o peor de todo, porque se quedou gravado na miña conciencia para sempre: as prédicas dos xesuítas (a “misión” que lle chamaban) pintando o inferno de maneira que as boas xentes choraban. Un destes xesuítas (o P. Céspedes, que era de Carrión de los Condes), nunha sesión de auténtica paranoia, flaxelouse en público, no altar maior da igrexa de Santa María de Tebra (Tomiño), que era a miña parroquia, para que axente vise como se mortificaba. Nunca o poderei esquecer. Era o ano 1944, tiña eu oito anos 2. Naceu Vostede nun ambiente familiar intelectual. Ser fillo de mestres e mergullado naquel mundo de cultura e docente até que punto influíu en Vostede? Por que non se inclinou pola profesión dos seus proxenitores? Na miña família había grande respecto pola cultura, por saber, por ler. Meus pais non tiñan unha grande biblioteca, pero si libros que eu lin e que contribuíron a que logo seguise lendo. Entre eles estaba “Follas Novas”.Tamén o crego de Tebra, D. José Areal Bugarín –que foi meu profesor de latín mentres estudei “por libre”-, que me deixaba libros, axudou un pouco. Non seguín a carreira dos meus pais porque a miña vocación, moi clara por entón, eran as letras. Pensaba facer xornalismo, pero non puido ser porque meu pais non tiñan posibles para mandarme a Madrid. Empecei Filosofía e Letras en Santiago, que deixei axiña por Dereito, porque, por aquel entón, aquela Facultade nada tiña que ver coa Filosofía nin coas Letras. miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 3. Aquel mundo cultural, socio-político... dos anos cincuenta en Compostela foron os que determinaron o seu compromiso coa nosa cultura e co noso país? Que supuxo aquel fervor dos anos cincuenta e sesenta para o futuro de Galiza e da súa cultura? Que supuxo Para Vostede aquela “loita pola dignidade nacional de Galicia”? Xa antes de ir para Santiago eu tiña unha moi clara vocación galeguista. Influíra moito en min o meu oculista Antón Beiras (tío de X.M. Beiras, a quen ía coñecer moi logo en Santiago, no ano 1954) que me deixou moitos libros que eu non podía atopar nas librerías, que tivo moitas conversas comigo sobre Galicia, a súa lingua, a súa cultura e os seus problemas en xeral. Por iso, eu cheguei a Santiago en procura de algo que estaba no ambiente, se ben non tiña moi claro que era. E un día, a primeiros do curso 1954-55, coñecín a Ramón Lugrís, a Gonzalo R. Mourullo, a Baliñas, a Vidán Torreira, a Perejil e outros moitos, como xa teño referido no meu libro “Os anos escuros”. E con eles a homes da xeración anterior –Ramón Piñeiro, Garcia Sabell e outros- e aínda da anterior á destes, como D. Ramón Otero Pedrayo. De xeito que alí tiven a sorte de vivir entre xentes das tres xeracións: isto foi unha sorte, un verdadeiro privilexio. E penso que foi D. Ramón Otero Pedrayo, coa súa fina intuición, o que primeiro viu que naqueles anos estaba collendo feitura unha nova xeración galeguista –a da continuidade. Díxoo moi claramente en 1957 no Circulo Mercantil de Santiago. Supuxo para min aquel ambiente verme no eixo da reconstrución do galeguismo que Franco e o seu réxime coidaron acabado. Cousa curiosa: a maioría daqueles rapaces de entón eramos fillos de mestres, a clase máis perseguida pola represión franquista. Non todo estaba atado e ben atado. O que veu despois –o asociacionismo dos anos sesenta e setenta- foi continuidade, por toda Galicia, do que en Santiago comezamos. En realidade, se confrontamos as actividades iniciais de Santiago coas das asociacións posteriores, vemos que son practicamente as mesmas, e aínda desenvolvidas polas mesmas persoas (Rodríguez Pardo, García Bodaño, eu mesmo) incorporadas agora ás directivas desas asociacións. 4. Tan mal se enxergaba a situación do noso idioma para que Vostede, un estudante de Dereito, se mergullase nos anos sesenta na lexicografía do galego e dar á luz un dicionario tan empregado até os anos oitenta? Unha cousa nada ten que ver coa outra. Fixen ese dicionario porque mo pediron como unha especie de acto de servizo ao país. Foron Piñeiro e Paco del Riego, coa historia de que como eu, segundo eles dicían, era un home disciplinado faría o traballo nun tempo moi escaso (coido que seis meses), porque querían que “Galaxia” sacase o dicionario antes do que Leandro Carré –xa que había noticias de que este o pensaba sacar axiña. Esa é toda a historia. miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 5. Vostede deuse a coñecer na nosa lírica naquelas “Festas Minervais” que tan boas plumas forneceron para a poesía galega. Que nos podería contar daquel Certame? Como se sentiu ao ser recoñecido nun certame que antes e despois gañaron célebres escritores e escritoras galeg@s ? Paréceme que foi un revulsivo na medida en que era por entón o único certame universitario, o único, que eu lembre, que incluía a lingua galega (se ben non ao principio) e porque chegou a ter dimensión popular pode que pola solemnidade con que sempre se celebrou. A vaidade nunca foi o meu forte. Eu servín ao meu país dende moi diversos postos. E sígoo facendo hoxe. E así seguirei mentres teña folgos 6. Sabemos que da súa pluma saíron varias pezas teatrais, mais por que Xosé Luis Franco Grande soamente se fala da de “Vieiro choído”? Moi sinxelo: nunca me pareceron boas. 7. Sempre recoñeceu que a súa profesión lle impedira dedicarse de cheo á literatura, o “manter a relación cos lectores e dicirlles que aínda está vivo”. Canto queda escrito e aínda por escribir por Vostede? Non lle gustaría mergullarse na narrativa ou hai algo entre mans deste xénero literario? O feito, está feito. O que estea por vir é un arcano. Sigo traballando. Acabo de rematar un novo libro: “Outra política para outros tempos”, sobre federalismo, ou sexa, sobre unha posible solución federal para Galicia e para España. Custoume moito traballo, aínda que é un libro máis ben breve. Iso quere dicir que vou vello e que cada día custa máis escribir. Faremos o que se poida. Pero non deixa de ser curioso verificar que nos anos cincuenta federalistas en Galicia eramos Piñeiro, Lugrís, pode que Beiras e non sei se Gonzalo R. Mourullo. Agora tododiós é federalista, incluídos o señoritos de ”El País”, que está descubrindo, con moito retraso, o federalismo. 8. A súa frase “Alégrame ter sido un elemento de concordia e non de discordia” segue aínda a ter vixencia? Xamais tivo que remar a contraconrrente e converterse en alguén incómodo para outras persoas por moita concordia que pretendese? Asi é, o que non quere dicir que non sexa moi polémico no que digo ou escribo, pois teño o vicio de dicir o que penso, xa que non teño votos que recadar ni xefe do que dependa. Ou sexa, son un home libre. E ben sei que ás veces digo, ou escribo, cousas que proen. Pero a quen lle proa, que se rasque. miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 9. O personaxe de Ramón Piñeiro sempre está omnipresente nos persoeiros das nosas letras e do galeguismo de antes e mesmo despois da entrada de democracia. Tan forte foi o seu pensamento e o seu adoutrinamento? Xosé Luis Franco Moi forte e determinante. Os libros de Miguel Barros e de Xesús Alonso Montero, así como o de Xosé Manuel Dasilva, iluminan o problema. Estes son traballos serios, non sectarios. Son de agradecer. Grande 10. Cando a alguén o nomean “Fillo predilecto” do seu pobo sente que xa tocou o ceu ou iso é un pulo máis para seguir o vieiro polo que o recoñecen a un? O de “fillo predilecto” foi unha cortesía, que agradezo moito, duns rapaces de Tomiño moi simpáticos e dunha alcaldesa que debera seguir na alcaldía de Tomiño moitos, moitos anos. Esas cousas non son “o meu natural”, que dicía un veciño meu de situacións que non lle gustaban. Pero non podía negarme e refugar un nomeamento no que moitas persoas puxeran tanta ilusión. Isto tampouco sería “o meu natural”. 11. Non podiamos deixar de lado un tema profesional no que Vostede se viu inmiscido e que tanto balbordo está a montar na actualidade. Vostede nalgún momento foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Que nos podería falar da situación anterior e presente do sector bancario e, por que non, da desaparición desa tan sobranceira caixa viguesa? Na situación anterior, a Caixa de Vigo foi unha entidade solvente, ben administrada e moi útil á sociedade galega. Os problemas, para min, empezaron coas fusións, sempre empuxadas, e ás veces forzadas, polos políticos inútiles que tivo e ten Galicia. E a guinda foi a fusión con Caixa Galicia: a Xunta pensaba que ía ter un banco ao seu dispor fusionando esas entidades, e o que obtivo foi unha catástrofe para o país por non ter idea da realidade ou, mellor, porque da realidade só vían o que a eles lles interesaba e estaban cegos para o demais (unha situación financeira que non aconsellaba ningunha fusión). Principal culpable: a Xunta, unha Xunta de inútiles que lle está saíndo moi cara ao país. Pero que o país segue votando. ¡Manda carallo! miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. Xosé Luis Franco Grande Bernardino Graña 12. Nas nosas terras estradenses aínda resoan aquelas palabras reivindicativas a prol do noso idioma que Vostede pronunciou cando lle entregaron o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e que o propio Secretario Xeral de Política Lingüística tivo que escoitar. Segue a mantelas íntegras ou ben aínda lle quedarían cousas que reivindicar perante os órganos que deberían dar ao noso idioma o estatus merecente? Claro que seguen vixentes. Dixen entón, se mal non lembro, que os nosos políticos de hoxe son monicreques, non políticos. E con monicreques non hai moito futuro. 13. E para finalizarmos, como enxerga Vostede o futuro do noso idioma e da nosa literatura? Penso que o futuro de galego depende dunha boa política lingüística, que non hai, porque non lle interesa á Xunta. (Tampouco fixo neste sentido unha boa política o bipartito, non o esquezamos). E non lle interesa porque, dende o presidente ao último monicreque –o de Cultura, por exemplo- son uns ignorantes absolutos; non saben nada de Galicia; non teñen a menor idea do que significa unha lingua propia; Galicia non lles importa o máis mínimo. Para eles, Galicia e a súa autonomía redúcense a un tingladiño que serve para ter nas mans uns fíos que moven a certas marionetas. As Deputacións sérvenlles para un fins determinados, por iso as defenden, e a autonomía para outros, e por iso non se opoñen a ela. Pero baléirana de contido canto poden ou lles esixa Xénova. O que importa é manter o tingladiño. Nesas circunstancias, e mentres non saibamos cambialas, o futuro é imperfecto, por suposto. Pero un aprendeu de pequeno do filósofo danés, Sören Kierkegaard, que a fe é a máis alta dimensión do ser humano. Hai que manter esa fe, a fe creadora, a fe que cómpre para calquera empresa grande (e aínda para as pequenas). Xosé Luís Franco Grande miércoles 9 de enero de 2013
  • 7. A R IO IO N ES T CU miércoles 9 de enero de 2013
  • 8. Un personaxe galego e Un p erson obra un estranxeiro? axe l i unh a iden terario c /-a e gos? Ramón Piñeiro – tifiq o qu a utor gale Con ue? e se /ha raria Albert Camus. ning Un lite N ovas ún. . Fo llas os alía Unh a pel R ícula ent o Son de ci ne um l? dema n mo tábe siada Un lien os os Unha obr a teatral? boas s as sa as iad Son dem asiadas a d em s. boas. s S on bo a obr a u nh s? Cal é a sú - a e xeiro a fonte d u t or/ ran sía . inspiraci e a a ia est Poe A vida (a ón? n/h erar U it súa al a esperan egria, a tristura, l e –A za, a inc os soños, ilk erteza, a .R R.M do ser hu fraxilida mano...) de miércoles 9 de enero de 2013
  • 9. ? Un feito histórico? Un lugar para visitar? e ut opía a Unh licia Ilustración e a un lugar para descansar? a Ga Revolución Unh lega Calquera ga Francesa Un tipo de músi Unha ca ca? Un l nción? ugar axeit Clásica- Outro entretemento lectu ado para A terceir ademais da literatura? ra? a Sinfoní a Calq (Beethov a Coidar as miñas viñas uera en) de albariño. ? Un/h b ano a quen autor/- l/ur ? rura taña se id a con ? ndo mon entif eal izar Mu Pode ique P raia / on se comb que c ? eio por r ro e ativo o Camus anc que s. N . odo úen de cl e buscad Un ibir o que a r T arida or e scr q uixe e xcl de. Poder o o que tod miércoles 9 de enero de 2013