Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Xesús Pisón
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-s...
Manuel lourenzo e eu somos curmáns. A súa nai e a miña avoa eran irmás. Eu coñecino na Coruña, pois el fórase para esta ci...
Eu non son director de escena. Teño dirixido algún espectáculo hai anos,
meu e doutros autores, mais de forma esporádica. ...
Non se descoñece o noso teatro. Descoñécese o teatro. Esta arte, que naceu na civilización máis
brillante de Europa, ocupa...
Xesús Pisón
10. Por que nas súas obras prima máis o conflito, a trama, a psicoloxía... que
o divertimento?
Teño obras ben ...
14. Sátira relixiosa (O Pauto...), sátira social (Ei, Feldmüle...), relación de parella
(Venenos...)... Con que temáticas ...
CUESTIONARIO
viernes 16 de enero de 2015
O santuario de Santa
Eulalia de Bóveda.
Un monumento
salientábel?
Depende do momento.
Agora Chus Pato e
calquera das súas ...
Escribir unha obra máis.
Un anceio por realizar?
Monte e cidade con mar,
ou sexa, todo.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Entrevista Xesús Pisón

713 views

Published on

Entrevista a Xesús Pisón dos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade do IES Manuel García Barros.

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Entrevista Xesús Pisón

  1. 1. Xesús Pisón Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xesús Pisón (Ferreira do Valadouro, Lugo, 1954) é un escritor galego especializado na literatura teatral, sen esquecermos a narrativa e a literatura infanto-xuvenil. A súa primeira peza teatral publicada foi O Xigante Don Gandulfo, Señor de Tentequedo (1980) publicada dentro da colección dos “Cadernos da Escola Dramática Galega”. Outras obras súas son O pauto (1983), Ei, Feldmühle! (1991), Venenos (1994), O milagre de Baíñas (2003)... A súa obra dramática foi moi premiada con premios coma “Rafael Dieste”, “O Facho”... viernes 16 de enero de 2015
  2. 2. Manuel lourenzo e eu somos curmáns. A súa nai e a miña avoa eran irmás. Eu coñecino na Coruña, pois el fórase para esta cidade sendo eu moi pequeno. Na Coruña, Manolo creara “Teatro Circo”, e no ano 1970 o grupo xuvenil “Os Cans Ceibes”, onde eu traballei de actor. Así comezou unha relación de traballo e de afecto que durará sempre. Xesús Pisón 1. No Valadouro naceron dous personaxes fundamentais para entendermos o noso teatro contemporáneo (Manuel Lourenzo e Vostede). Circunstancias da vida ou hai algo máis? Supoñemos que Vostede, ao marchar pronto para A Coruña, non coñeceu a Manuel Lourenzo até máis tarde... 2. Foi tal a primeira impresión ao ver unha obra posta en escena que o levou xa de novo ao mundo do teatro? Si, naqueles anos eu quería ser pintor, e comecei tamén a escribir poesía, mais disfrutara tanto no teatro que probei a escribir unha obra. Pancho Pillado, que dirixía os Cadernos da Escola Dramática Galega, publicouna. Conque eu continuei por ese camiño. E saín gañando. Descubrín que o teatro era a mellor maneira de conectarse aos seres humanos, e iso, agora que todo o mundo se conecta a maquiniñas, é unha sorte. 3. Por que todo tipo de xéneros menos o lírico, cando menos con dedicación máis constante? E máxime cando nas súas obra teatrais agroma un forte lirismo... Teño escrito moita poesía sendo novo, mais publiquei moi pouca. Só en revistas literarias. Tamén publiquei contos. E mesmo me deron algún premio. Mais, como dixen, gañou o teatro. Canto ao lirismo, iso é algo que me comenta a xente. Tamén din que escribo como un pintor. Outros, que a miña pintura é moi literaria. Enfin… Falta quen diga que son un dramaturgo músico-escultórico ou algo así. E por que non? viernes 16 de enero de 2015
  3. 3. Eu non son director de escena. Teño dirixido algún espectáculo hai anos, meu e doutros autores, mais de forma esporádica. Non estou seguro da resposta. Xesús Pisón 4. Que é máis doado para Vostede, dirixir a posta en escena dunha obra propia ou a doutro autor ou autora? Por que? 5. Cando fala de que hai poucos directores de teatro que teñan ganas de arriscar cre que é por medo ao fracaso ou máis ben por falta de apoio económico, social...? Cando dixen iso aínda non se falaba de crise económica. Con todo, a maioría dos directores preferían montar obras con certas garantías de éxito e non o teatro “difícil” de Xesús Pisón. Hoxendía a situación mudou. É case imposíbel facer teatro en lingua galega. Nen sequer teatro comercial. Entón, que podo esperar eu, como autor? E que podemos esperar nós, como galegos? 6. Vostede mesmo recoñeceu que desde Venenos escribiu un teatro que ten certos riscos... A que se refire? Riscos de posta en escena ou obras selectivas? Xa digo, o teatro que eu escribo non é fácil. Non é cómodo. O último espectáculo que se montou, Animal/Vacío, é un exemplo. Foi difícil para os actores adaptarse a aquel mundo tan pouco habitual nos escenarios galegos. Tamén para o público, que esperaba un argumento, e a obra é máis ben un collage. Difícil. E ás veces dura. Mais o que facer? Debo escribir un teatro bonito nunha Europa tan fea como esta? viernes 16 de enero de 2015
  4. 4. Non se descoñece o noso teatro. Descoñécese o teatro. Esta arte, que naceu na civilización máis brillante de Europa, ocupa un lugar marxinal nos estudios de literatura en todos os niveis educativos. E non é casualidade. O teatro canta as verdades cara a cara. Por iso todos os reximes políticos tratan de neutralizalo. Agora tratan de enterralo debaixo do audiovisual, do mercado da imaxe e mesmo de certos espectáculos tecnolóxicos… Non o lograrán. A especie humana necesita escoitar a propia voz. E iso só pode encontralo no teatro. Xesús Pisón 7. Falta coñecemento da nosa dramaturxia e só se agarda teatro chamemos “universal” polo que leva a que non se vexa que o teatro non deixa de ser un xénero que pode marchar da man dos outros xéneros literarios coma a poesía ou a narrativa e incluso co mesmo cinema? 8. Vostede comezou a publicar teatro nos famosos “Cadernos da Escola Dramática Galega”. Que supuxo, e supón, para o noso teatro aquela inxente colección de pezas teatrais? E para Vostede? Os Cadernos da EDG paliaron a pobreza editorial que existía a respecto do teatro nos anos oitenta e noventa do século pasado. Neles publicaron por primeira vez autores como Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoán Guisán ou eu propio, que doutra maneira non teríamos publicado. Tamén se publicaron traducións de obras doutros idiomas e ensaios sobre teatro, que eran moi necesarios. Agora os Cadernos no existen e a situación editorial continúa a ser a mesma. Ninguén vai pillar o relevo? 9. Que papel xogou, e xoga, a arte pictórica na súa dramaturxia? Teño escrito algunas obras moi pictóricas, moi coloristas, especialmente o teatro para nenos. Mais tamén son obras moi musicais, debido ao ritmo. E acontece o mesmo cos dramas. Animal/Vacío, por exemplo, no escenario resultou ser unha misa cantada, unha terríbel misa cantada. Magnífico. O importante é vibrar. Como unha nota ou como unha pincelada, que importa. viernes 16 de enero de 2015
  5. 5. Xesús Pisón 10. Por que nas súas obras prima máis o conflito, a trama, a psicoloxía... que o divertimento? Teño obras ben divertidas. Penso, por exemplo, n´O Pauto, onde se demostra que o inventor do aborto foi un bispo de Mondoñedo. As poucas veces que a vin representada, comprobei como gozaba a xente. Pero ademais do humor existe a soidade, o desamor ou a alienación… E a necesidade de gritar. E entón nacen os dramas. 11. Na nosa literatura soe aparecer Vostede como compoñente da “Xeración dos 80”. Está a favor de establecer xeracións por anos e non por temas ou máis ben está en contra da falar de xeracións ou grupos? 12. Por que nas súas obras soen aparecer personaxes anónimos? Será para facelos máis universais? Iso son cousas de profesores. Comprendo que é necesario facer clasificacións, pero hai outras cousas máis útiles, e no caso do noso País, máis urxentes. E non hai quen as expoña. Nas nosas universidades, os profesores especializados en teatro son moi conservadores. Penso que antes de redixir as súas teses deberan ser máis espectadores e máis cidadáns, e menos profesores. Moitos dos meus personaxes son anónimos porque foron despoxados de todo, mesmo do nome. Son unha metáfora do ser humano. viernes 16 de enero de 2015
  6. 6. 14. Sátira relixiosa (O Pauto...), sátira social (Ei, Feldmüle...), relación de parella (Venenos...)... Con que temáticas se sente máis a gusto e por que? Xesús Pisón Con todas. A vida ten moitas voltas e todas me interesan, desde as que se expresan nunha comedia até o drama máis duro ou máis difícil. Así e todo encóntrome máis a gusto coa xente perdida. Tanto no teatro como na vida. A xente que sabe o camiño é aburridísima. Se estás no teatro e ves entrar un actor cun farol na man nun escenario baleiro, xa estás ante o máis importante: unha criatura perdida; no fondo, ti propio. Isto sentímolo todos, máis ou menos conscientemente. E poñémonos alerta, porque teatro anticipa cousas. Como os antigos oráculos. Como lle aconteceu a Edipo, que continúa a ser a imaxe do ser humano. Todo o que lle aconteceu a Edipo aconteceunos a nós. Todo o que lle aconteza ao actor do farol hache acontecer a ti. Que outra arte pode ofrecer tal emoción? 13. Tampouco desbota Vostede os esperpento (O Pauto)... Até que punto o esperpento está algo deixado da man cando precisamente nesta sociedade contemporánea na que tería un gran caldo de cultivo? Temos en galego obras extraordinarias que poden clasificarse como esperpentos, tal son algunhas de Otero Pedrayo e, con diferentes roupaxes, algunhas de Manuel Lourenzo. Roberto Vidal Bolaño cultivou un esperpento máis valleinclanesco. Entre os autores novos tamén se dá, aínda que hai moitos mecanismos de distracción. Si, é un xénero con moito futuro. viernes 16 de enero de 2015
  7. 7. CUESTIONARIO viernes 16 de enero de 2015
  8. 8. O santuario de Santa Eulalia de Bóveda. Un monumento salientábel? Depende do momento. Agora Chus Pato e calquera das súas obras. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Otero Pedrayo e Pasolini. Un personaxe galego e un estranxeiro? Miguel Torga, Mishima, non sei… Canto á obra, talvez Novos Contos da Montaña, do portugués. Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? O capitán Ahab, que vén sendo Hamlet, como moitos outros personaxes. Un personaxe literario co que se identifique? A vida diaria. Entras nela e non dás coa saída, mais si coas palabras. Cal é a súa fonte de inspiración Algunha de Bergman, ou Satyricon de Fellini. Unha película de cine? Unha obra teatral? King Lear, de Shakespeare. viernes 16 de enero de 2015
  9. 9. Escribir unha obra máis. Un anceio por realizar? Monte e cidade con mar, ou sexa, todo. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Algunha das illas do norte. As Feroe, por exemplo. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O sitio da Frouseira. Un feito histórico? Unha ben urxente: acabar co sistema educativo europeo. Unha utopía? A pequenabiblioteca da miña casa do Valadouro. Un lugar axeitado para a lectura? Disfruto vendo aMalcolm Holcomberompendo guitarras. Un tipo de música? Unhacanción? Jorge Cuña, que tamén rompía instrumentos, no seu caso, a sintaxe. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Non é un entretemento, mais unha paixón: a investigación mitolóxica e a arte. Outro entretemento ademais da lectura? viernes 16 de enero de 2015

×