Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Xosé Miranda
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-...
Sempre é difícil compaxinar dúas actividades tan absorbentes, pola falta de tempo. Ademais, aínda que ambas actividades de...
De feito, case sempre: somos seres humanos, logo o antropolóxico nunca nos é alleo. Non me
refiro só aos contos e lendas, ...
Significou poder publicar e que a crítica e o público soubesen da miña existencia. É como un
bautismo.
Xosé Miranda
7. O s...
Xosé Miranda
10. Sempre se di que un autor non bebe de outro, que a arte literaria é universal... bebeu Vostede ou inspiro...
14. E para rematarmos, aínda queda abondo que descubrir da nosa etnografía...
Xosé Miranda
É urxente recoller todo o que s...
CUESTIONARIO
martes 20 de octubre de 2015
StonehengeUn monumento
salientábel?
Manuel Antonio. “De
catro a catro”
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Afons...
A revolución
Un anceio por realizar?
Todo
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Florencia. A miña casa.
Un lugar para visitar...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Entrevista a Xose Miranda

439 views

Published on

Entrevista realizada a Xose Miranda por parte do alumnado de Literatura Galega do s.XX e da actualidade do IES Manuel García Barros

Published in: Art & Photos
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Entrevista a Xose Miranda

  1. 1. Xosé Miranda Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xosé Miranda (Lugo,1955). É Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela. Na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Gañou o Premio García Barros no 1990, por Historia dun paraugas azul e tamén o Premio Xerais no 1998, por Morning Star. É un dos grandes estudosos da nosa etnografía. martes 20 de octubre de 2015
  2. 2. Sempre é difícil compaxinar dúas actividades tan absorbentes, pola falta de tempo. Ademais, aínda que ambas actividades deberan ser predominantemente creativas, a actividade do profesor conleva cada vez máis una morea de burocracia, que ocupa moito tempo e me parece completamente inútil. Pero é o que hai: en vez de escritores, prefiren escribientes. Por outro lado, a xiria ou “jerga” teoricamente pedagóxica que traen as novas e nefastas leis de educación aburre a un santo. Pero ser profesor e ser escritor non pegan mal, todo o contrario. E se a pregunta é pola cuestión das ciencias e as letras, sinxelamente non creo nesa división. Non son Jekyll e Hyde. Xosé Miranda 1. Dáse en Vostede unha circunstancia que para nós, o alumnado, resulta un tanto curiosa: profesor de ciencias e escritor... por outro lado bastante recorrente -como temos visto noutras entrevistas-... É doado compaxinar estas dúas calidades nunha mesma persoa? 2. E teimando no anterior, que foi primeiro, o biólogo ou o escritor? Primeiro foron os versos, pero non publiquei ata moito máis tarde, cando xa encarreirara a vida. 3. Vostede un gran “coleccionista” de premios, xa sexan narrativos ou líricos, sen esquecer os ensaísticos... Que supoñen estes premios para Vostede? É certo que nesta nosa literatura en proceso de normalización un premio é un extra máis cara á publicación? Totalmente certo. Así empecei a publicar. Os premios son una oportunidade, un xeito de rachar o silencio e de asomar a cabeza, e tamén conta a parte económica, porque o público galego é limitado. martes 20 de octubre de 2015
  3. 3. De feito, case sempre: somos seres humanos, logo o antropolóxico nunca nos é alleo. Non me refiro só aos contos e lendas, etc, senón a como somos os galegos, cal é a nosa concepción do mundo, polo menos a miña. Por exemplo, o que pesa a emigración nas nosas vidas, aínda que nós en persoa nunca emigrásemos. Xosé Miranda 4. É Vostede un gran estudoso na nosa etnografía... cantas veces a súa obra literaria bebeu nesta etnografía? 5. Xa estamos afecéndonos a que o espertar literario das nosas escritoras e escritoras sexa ben precoz... por que en Vostede a publicación chegou pasada xa a trintena? Porque eu non son Rimbaud, e ademais estiven sempre fóra dos círculos e os cenáculos. As présas son malas conselleiras. Eu escribía, pero non publicaba. Publiquei cando estiven convencido e convencín a outros. 6. A literatura infantil e xuvenil tamén ocupa un gran espazo da súa obra literaria... ben seguro que aquí si que a etnografía ten abondo que ver, non? Claro, despois de ler a Calvino e as súas fiabe italiane pensei que tamén nós debiamos facer o mesmo e aí empecei un camiño que nunca se afastou moito dos nosos mitos populares: Pel de lobo, Lúa e os nubeiros, Álvaro e Álvaro, a serie do mago Amancio Amigo, etc Portada: “Morning Star” martes 20 de octubre de 2015
  4. 4. Significou poder publicar e que a crítica e o público soubesen da miña existencia. É como un bautismo. Xosé Miranda 7. O seu primeiro gran premio literario foi precisamente aquí na Estrada no segundo Premio de Novela Manuel García Barros coa obra Historia dun paraugas azul... Que supuxo este gran premio de narrativa para Vostede? 8. É Vostede un escritor case integramente monolingüe en galego... nunca se lle ocorreu escribir noutro idioma ou ben na tradución das súas obras como feito de universalizar un tanto a súa obra? Son monolingüe porque iso é o normal. Escribo en galego porque son militante da idea de que a Galiza é un país. Se vivise en Inglaterra, como Conrad, sería outra cousa. Pero vivo en Lugo, non en Madrid. Algúns libros meus traducíronse e publicáronse en catalán ou en castelán. Se non se traduciron máis as editoriais españolas saberán por que. No caso de Morning Star, por exemplo, que é un dos libros máis vendidos en galego, é incomprensible que non teña tradución. Pero eu non son responsable diso. 9. É Vostede o clásico escritor autocrítico que lle está a dar voltas a unha obra incluso despois de estar practicamente rematada ou unha vez chegado ao remate xa a dá como apta para a súa publicación? Depende. Normalmente, non dou as páxinas por rematadas ata que teñen a forma case definitiva. Fíxome moito no conxunto, pero tamén en cada frase. Foto: Eduardo Castro / Fonte: AELG martes 20 de octubre de 2015
  5. 5. Xosé Miranda 10. Sempre se di que un autor non bebe de outro, que a arte literaria é universal... bebeu Vostede ou inspirouse noutras autorías á hora de se pór a escribir? Non existen os escritores que non len, nin os músicos que non escoitan música. A literatura vive da literatura (e da vida). A mesma vida é literatura, sempre estamos contando e escoitando, ou así era ata agora. 11. Se antes falabamos do premio acadado aquí na Estrada, non dubidamos que o acadou a súa obra Morning Star (Premio Xerais) foi coma unha realidade consolidada, non? 12. Que pensa Vostede cando o definiron como “un «sabio» de todo canto se refire á cultura popular galega” (Marcos Valcárcel)? Ata ese premio crin ser o Home Invisible. Pero teño masa e carga. Estou aquí. Marcos era un grande amigo. O sabio, un sabio oteriano, era el. Foto: Santos Díez / Fonte: AELG martes 20 de octubre de 2015
  6. 6. 14. E para rematarmos, aínda queda abondo que descubrir da nosa etnografía... Xosé Miranda É urxente recoller todo o que se poida e estudalo mellor. Poño por caso, hai mitos propiamente galegos, pero os estudosos ata agora negárono ou silenciárono, pensando ou dando a entender que eran lendas ou contos. Pero son restos fosilizados dunha relixión anterior ao cristianismo e do cristianismo medieval. 13. Cando Vostede se puxo mans á obra recolleitando contos populares para unha antoloxía... dende logo que tería que ter uns moi fortes criterios para ir seleccionando neles dada a inxente cantidade e variedade, non? O que quixemos facer cos contos do Cabalo Buligán, foi o que fixeran Calvino, Perrault, os Grimm, Afanassiev, Andersen cos contos dos seus países. Unha edición dignificada, que lles devolvese o seu verdadeiro valor, una edición ilustrada, marabillosa, para que os nenos galegos coñecesen os descoñecidos contos galegos. Fixádevos, os nenos galegos coñecían os contos dos Grimm e non os propios. Ademais, poñelos en contacto cos contos de todo o mundo, e para iso recorremos ao catálogo de Aarne e Thompson. O criterio foi o da autenticidade para que se vise, precisamente, que somos un país como os outros, que os nosos contos son os “mesmos” e teñen o mesmo valor, que os italianos, os franceses ou os alemáns. Somos un pobo normal: só temos que crer máis en nós mesmos. Entre todas as versións que hai de cada conto eliximos sempre as máis lindas ou as máis íntegras. Portada: “Historia dun paraguas azul” martes 20 de octubre de 2015
  7. 7. CUESTIONARIO martes 20 de octubre de 2015
  8. 8. StonehengeUn monumento salientábel? Manuel Antonio. “De catro a catro” Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Afonso de Lanzós e Cabalo Tolo (Tasunka Witko, Craz Horse) Un personaxe galego e un estranxeiro? Marcel Schwob “Vies imaginaires” Un/ha autor/-a e unha obra Tom Sawyer Un personaxe literario co que se identifique? A vida Cal é a súa fonte de inspiración “Amarcord” de Fellini Unha película de cine? Unha obra teatral? Hamlet martes 20 de octubre de 2015
  9. 9. A revolución Un anceio por realizar? Todo Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Florencia. A miña casa. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A Revolución Francesa Un feito histórico? A república galega socialista Unha utopía? Calquera sitio senruido Un lugar axeitado para a lectura? O fado, a bossa-nova etodo José Afonso.“Valzer per un amore”,de Fabrizio de André Un tipo de música? Unhacanción? Aquilino Ribeiro Un/ha autor/-a con quen se identifique? A música, a natureza, o cine Outro entretemento ademais da lectura? martes 20 de octubre de 2015

×