Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Anxos Sumai
Anxos Sumai naceu en Catoira no ano 1960. Desde o 2001
está a...
Anxos Sumai
1.

“Nacín co Ulla e a Arousa aos meus pés. (...) Entre o mar e a terra...”. Que supuxo, e supón este espazo p...
Anxos Sumai
4.

Que supuxo para Vostede aquel ano 2007 coa saída á rúa da súa Así nacen as baleas e o éxito acadado con el...
Anxos Sumai
7.

Á hora de se poñer a escribir unha novela que ten maior importancia para Vostede, o tratamento humano ou b...
Anxos Sumai
10.

Cando se soubo que Vostede gañara o “XXV Premio de Novela García Barros” o propio xurado se felicitou por...
Anxos Sumai
12.

Tivemos a sorte de compartir con Vostede os actos do 25º Aniversario do Premio de Novela García Barros na...
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

miércoles 26 de febrero de 2014
obra
a
unh
/-a e gos?
s
utor gale
Chu
a a ria
e en índa
a
eipo
n/h tera
r Qu gustan n só
U
ie
li enso en Xeasbque meado di...
Un feito histórico?
Un que aínda non
acontenceu: se non pode ser a
independencia de Galicia,
que sexa a proclamación da
Te...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Anxos Sumai

372 views

Published on

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Anxos Sumai.

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
372
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
81
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Anxos Sumai

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Anxos Sumai Anxos Sumai naceu en Catoira no ano 1960. Desde o 2001 está a desenvolver unha importante actividade literaria na rede portal “www.culturagalega.org” en diferentes seccións. A súa primeira novela foi Anxos da garda (2003). No ano 2013 gañou o XXV Premio de Novela Manuel García Barros coa novela A lúa da colleita (2013). Foi gañadora de diferentes certames literarios coma “Modesto R. Figueiredo”, “Premio da Crítica de Galicia”, “Roberto Blanco Torres”... Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 26 de febrero de 2014
  2. 2. Anxos Sumai 1. “Nacín co Ulla e a Arousa aos meus pés. (...) Entre o mar e a terra...”. Que supuxo, e supón este espazo para Vostede e para a súa obra literaria? Que deixou maior pegada en Vostede, o mar ou a terra? Eu vivín na aldea toda a infancia e toda a adolescencia. Eses tempos son moi importantes para min porque recorro a eles con frecuencia na busca de experiencias propias para a creación de personaxes ou para a construción de relatos. Tamén aprendín moito de nena coas mulleres e os homes contacontos que había na aldea. Que deixou maior pegada en min? Supoño que tanto a terra coma o mar. Eu de pequena axudaba nos labores do campo e comín terra coma todas as crianzas. Do mar –ou mellor, do río- víñanme os peixes que pescaba o meu pai e tamén unha grande ansia por coñecer o que había fóra da aldea. Espertábame moita curiosidade saber de onde viña o río e deica onde chegaba. Alentou as miñas ansias por viaxar e tamén me aguilloou a imaxinación. Anxos Sumai de nena 2. Na entrega do Premio de Novela García Barros dedicou Vostede ese premio aos seus pais por “renunciar á comodidade e apostar pola educación dos seus fillos”. Que supuxeron en realidade as súas raíces familiares para Vostede e que supuxo esta aposta pola educación en detrimento daquela terra ou mar? Na década dos sesenta, cando transcorreu a miña infancia, o mundo rural comezaba a cambiar. Chegou a televisión e desapareceron, pouco a pouco, as veladas que se facían nas casas e nas que a xente botaba horas contando historias. Comezamos a ver un futuro lonxe da terra e os meus pais decidiron darnos unha boa educación que nos abrise camiños fóra da aldea. Custou moito, porque tiñan que priscindir da nosa axuda na casa e no campo e tamén había que investir cartos. Tiveron que renunciar a algunhas cousas que lles terían facilitado a vida como un coche, un tractor, neveira, lavadora... Traballaron moito por nós, para que chegásemos a ter unha carreira universitaria. 3. Como se podería xustificar a súa tardía irrupción na literatura galega (xa no século XXI) cando xa con 25 anos (1985) fora recoñecida co premio ”Novos valores da narrativa galega”? Que supuxo para Vostede aquela narrativa galega finisecular…, unha formación, unha temeridade mergullarse nela...? Foi unha aprendizaxe, dende logo. Nos anos oitenta estaba agromando un mundo literario novidoso. Eu, como narradora, tiña como referencia daquela a escritores como Cunqueiro. Blanco Amor, Xohana Torres pero tamén a autores máis novos como Carlos Casares ou Víctor Freixanes. Nos oitenta apareceron as primeiras obras de Margarita Ledo, Suso de Toro, Manuel Rivas que foron moi estimulantes para min. Eu comecei a publicar nesa década pero deixei de facelo por unha serie de cuestións persoais, entre elas porque era xusto o momento en que remataba a carreira e precisaba establecerme profesionalmente. Naquel momento, nin se me pasaba pola cabeza a posibilidade de vivir da escrita. miércoles 26 de febrero de 2014
  3. 3. Anxos Sumai 4. Que supuxo para Vostede aquel ano 2007 coa saída á rúa da súa Así nacen as baleas e o éxito acadado con ela e cos moitos e importantes recoñecementos e premios? Foi un tempo feliz. Era a miña primeira novela e os recoñecementos déronme moita confianza como escritora. Creo que foi no ano 2001 cando tomei a decisión de darme unha oportunidade nova na escrita e comecei coa sección Anxos de garda, na rede. Vin que tomara unha boa decisión e animeime a escribir novela e gustoume a experiencia. Ata Así nacen as baleas, só escribira relatos e guións, letras de cancións… Descubrir que era quen de construir unha novela e que tiña tanto éxito deume máis azos como escritora. 5. Nas súas obras narrativas desde logo que se enxerga un profundo lirismo. Para cando unha obra poética? Non sei escribir poesía. É algo inalcanzable para min. Eu necesito moitas palabras, moitas páxinas, para dicir o que as boas poetas e os bos poetas condensan nun verso. É un talento que envexo e, de feito, adoito ler moita máis poesía que narrativa. Gústame especialmente porque, ademais do gozo literario, do poder de evocación, faime pensar. Se algún día escribo un poemario, eu sería a primeira en sorprenderme. Pero igual me acontece o mesmo que me aconteceu coa novela. Quen sabe! 6. Cada obra narrativa súa soe acadar un fondo recoñecemento con premios... (“Autora do ano”, “Premio Blanco Torres”, “Premio da crítica de Galicia”, “Premio García Barros”...) Que supón este extra, un medo a non dar superado o anterior ou un reto a superar con cada nova creación? Eu non adoito presentarme a premios literarios. Presenteime a dous cando era unha autora nova e de adulta, ao Repsol e ao García Barros e se o fixen foi por medo escénico, por gañar seguridade poñendo as novelas nas mans dun xurado cualificado. O resto foron premios de recoñecemento que me resultan especialmente gratificantes. Non me asustan porque cada obra para min é distinta das anteriores, ou iso creo. Lévame moito tempo escribir e, de cada vez, fágoo cunha actitude nova simplemente porque vou madurando como autora e vou perdendo o medo a publicar. miércoles 26 de febrero de 2014 Retrato de Anxos Sumai realizado polo alumno do MGB Cristóbal Durán Rey
  4. 4. Anxos Sumai 7. Á hora de se poñer a escribir unha novela que ten maior importancia para Vostede, o tratamento humano ou ben a trama, a intriga...? Estamos a nos referir especialmente á súa obra A lúa da colleita. A intriga nas obras que levo escritas non era premeditada. Interésame máis a creación de personaxes, a transmisión de emocións, a insistencia en determinadas formas de pensar ou de vivir… Por exemplo, n’A lúa da colleita quería que a lectura transmitise o terror que, por veces, sente a protagonista, pero tamén quería tratar o tema da soidade, da vellez, da creación artística, das luces e das sombras que todos temos… Estes temas que van aparecendo na novela son para min moito máis importantes que a intriga. Non concibo como autora unha novela sen cargas de profundidade que fagan reflexionar a quen le. De feito, creo que as novelas que escribo son reflexións sobre determinados temas que me preocupan, neste caso a especial forma de sentir que podemos chegar a ter e que nos distingue como persoas. 8. O seu compromiso co noso idioma desde logo que non admite dúbidas chegando a equiparalo coa alimentación que lle deron desde pequena. Para cando os galegos teremos que evitar as preguntas de por qué eliximos o galego e que ninguén nos pregunte se somos quen de empregar o castelán ou outros idiomas? Supoño que cando deixe de ser un conflito, cando non teñamos que facer militancia polo uso da lingua. Pero coas políticas lingüísticas que están en marcha, dubido que o consigamos tan axiña como quixeramos. Con todo, paréceme que as autoras e os autores hoxe en día centrámonos menos en debates lingüísticos e máis en cuestións literarias. Ogallá aumenten as persoas que len en galego, porque sen a lectura non ten sentido escribir en ningún idioma. 9. Desde o ano 2001 é vostede moi activa na rede. Está nesa rede o futuro da nosa literatura? Poderá este feito universalizada máis? Canto á universalización a min chamoume moito a atención cando escribía na rede que non había fronteiras xeográficas. Líanme en calquera parte do mundo. Escribíanme dende todos os continentes… Gustaríame que investigásemos máis as posibilidades creativas que ofrece o espazo dixital. Gustaríame que deixásemos de ver a pantalla como un folio en branco e que o considerásemos un espazo tridimensional onde as palabras poden aparecer por todas partes, subir, baixar, asomar polos lados… Tamén sería importante darlle máis pulo á edición dixital, autoedición… Podería ser o futuro, claro que si. E supoño que nalgún momento alguén dará os primeiros pasos importantes. miércoles 26 de febrero de 2014
  5. 5. Anxos Sumai 10. Cando se soubo que Vostede gañara o “XXV Premio de Novela García Barros” o propio xurado se felicitou porque este premio pasara a mans dunha muller (era a segunda vez). Pode ser que na nosa literatura se coñeza máis a pluma feminina na lírica ca na narrativa ou isto do premio sería unha mera anécdota? É certo que hai máis mulleres poetas que narradoras, pero nos últimos tempos están a xurdir narradoras novas e moi boas. A narativa foi territorio de homes, e creo que se debeu a unha cuestión de tempo e de eleccións. A medida que fomos conseguindo espazos propios, tamén gañamos tempo para dedicarlle á creación e chegamos a elixila como unha opción de vida. E falo do mundo da creación en xeral, porque non só na narrativa aparecen novas voces, senón tamén nas artes plásticas, nas artes escénicas… A recuperación da memoria das mulleres no mundo das artes tamén nos anima e nos axuda porque nos ofrece modelos dos que careciamos deica hai pouco tempo. Un exemplo de recuperación e de visibilización é o Álbum de mulleres que está a elaborar a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e que podedes consultar aquí: http://www.culturagalega.org/album/ Anxos Sumai na entrega do XXV Premio de Novela Manuel García Barros 11. Tan importante é para Vostede a amizade cando (ao se referir ao actor Morris) deixou escrita a seguinte frase: “A amizade non admite a adulación innecesaria nin a complacencia pero fortalécese co recoñecemento da admiración”? Si, é fundamental na miña vida. Eu sempre digo que teño dúas familias: a familia de sangue e mais a familia elixida, que é a formada polas miñas amigas e os meus amigos. E para manter relacións que duren é moi importante non ser compracentes, hai que falar dos conflitos que se crean para poder solucionalos. Igual de importante que botar unha man cando alguén está triste é recoñecerlle os éxitos e alegrarse por eles. Non é tan doado como parece. miércoles 26 de febrero de 2014
  6. 6. Anxos Sumai 12. Tivemos a sorte de compartir con Vostede os actos do 25º Aniversario do Premio de Novela García Barros na Cidade da Cultura así como a entrega deste premio na Estrada e foi algo moi importante que nos fixo aproximar á nosa literatura. Non cre Vostede que as nosas escritoras e os nosos escritores debesen estar un pouco máis achegadas/-os á nosa xeración para fomentar a literatura de noso? Vaia, non o vira nunca desa maneira. De todas formas, en Galicia as persoas que escribimos estamos moi preto das lectoras e dos lectores, adoitamos participar en clubes de lectura, irmos aos institutos e aos colexios cando nos chaman. Incluso aparecen moitas obras moi próximas nos contidos e nas temáticas ás novas xeracións. Non creo que sexa un problema da actidude de quen escribe, senón das políticas de promoción da lectura e do trato que se lle dá ao galego dende as instancias políticas, sobre todo no tocante ao ensino. Alumnado de Literatura do S.XX do IES MGB con Anxos Sumai miércoles 26 de febrero de 2014
  7. 7. IO R A N IO T ES U C miércoles 26 de febrero de 2014
  8. 8. obra a unh /-a e gos? s utor gale Chu a a ria e en índa a eipo n/h tera r Qu gustan n só U ie li enso en Xeasbque meado dicir u Un personaxe galego e un estranxeiro? Galego: Rosalía de Castro, sen dúbid a. o r p a nto auto non é d : cad ome as e os a, m stro br r te Ca Nes s auto a súa o ome. uísa novo. L n .A do , de i algo Pato crean leas n ed e ba está eas aínda m l o : Ba obra e a rele a Unh vez qu Non galego: as sufraxistas que loit aron polo voto feminino. Sobre todo Silvia Pan khurst, que estaba convencida de que o vot o das mulleres era un paso imprescindibl e para acadar a igualdade, a liberdade e a xustiz a social e política. nto a me u l? eim n qu s e on be ra a iana n m ientá conmemoHitler ue me U s se tude coa q ban de n sal a n e ac , on uv ció lín las X scrip ibros, l o n Ber en abo p nha i man s” z, a c t uei rsoa nu pla a bel levad 3. Te e se q ose pe e A B bros e 193 “Ond ánd : d m li de maio tifico quei n ide Cal é a súa fonte de inspiración En xeral, a vida miércoles 26 de febrero de 2014 Un p erson axe l i iden terario c Ulti o qu tifiq Ane mamen iros, te rel e se ue? e í das gall hai un n Coraz h ó de m etas de n a person ns amo lecid ata” aior axe que lle en vive nu coa que nun con os en sa nh lit m t cant a fac a casa o e identi o que se re, de R os ti fi n er ga lleta da o ma co moito tula “A d a mul ler c s de nat r, rodead , unha m ona ando a. a sexa Encant de cerde uller aríam vella ira . e ser s e á esa que Unha película de cine? Hai moitas, pero decídome agora por Blade Runner. Non me canso de vela. E ademais, está baseada nunha obra de Philip K. Dick, un autor de ciencia ficción que me gusta moito. Unha obra teatral? A última que vin: Davinci tiña razón, de Roland Topor, dirixida por Quico Cadaval. a obr a nh s? u a e xeiro de or/ ran Con . aut est /ha aria / O as) n er U it thy um l ar D cC sto ( c M ecri ma ont Cor M de
  9. 9. Un feito histórico? Un que aínda non acontenceu: se non pode ser a independencia de Galicia, que sexa a proclamación da Terceira República española. zar? eali por r eio gran xa a unh o que U ar scal un soñ E , taña esboto. d mon anc n Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Para visitar o extremo sur de Chile. Para descansar a aldea de Oeste, onde nacín. Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Tanto me ten, gozo de todo, sempre que haxa calma e un pouco silencio. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Ken Bugul, unha escritora senegalesa. miércoles 26 de febrero de 2014 nha U ? opía ut Un tipo de músi ca? Unh a canción ? Gústam e a músi ca clásic hip-hop… a, o r aquela m En fin, gústam ock, o e úsica ca paz de m toda ritmo do arcarme meus pa o Unha ca sos diari nción: H os. onky to na versi nk wom ón dos R an, oll me acom paña den ing Stones, que de que s o e me dá moita en n pequena erxía. Un l Calq ste en e que o s ndo dador mu Un o depre r todo. sm uí itali a destr cap stá e ugar a xeita lectu do para ra? a uera onde pouc haxa o sile ncio un .

×