Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Capela s isidro marelle

159 views

Published on

Capela de San Isidro en Marelle, Covelas, Ribadeo

Published in: Art & Photos
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Capela s isidro marelle

  1. 1. S. Xoán Bautista nado a finais do s. I a.C.,foi un predicador coetáneo de Xesús de Nazaret. É venerado como un importante personaxe relixioso. Usaba o bautismo como sacramento central do movemento mesiánico. A maioría dos académicos están dacordo que Xoán bautizou a Xesús. Faleceu o 31 – 36 d.C. Festividade: 24 de xuño (Natividade de S. Xoán) e 29 de agosto (Martírio de S. Xoán). En Marelle chama a atención a vestimenta de S. Xoán, a pel dun raposo, pode verse a súa cabeza, fociño, ollos, orellas… Santa María da Cabeza. A súa historia está intimamnte ligada ao seu esposo S. Isidro Labrador e en todo compartíu a súa vida de familia, oración, traballo e servizo aos pobres. Chamábase María Toribia pero coñécese co nome de Sta. María da Cabeza porque, un tempo despois da súa morte, o seu cranio foi colocado nun relicario na ermida da Virxe. Moitos milagres obráronse pola súa intercesión. A súa festa celébrase o 9 de setembro. Na súa imaxe sostén nas mans unha xarra e un cacharrón, signos das súas tarefas fogareñas e de servicio aos pobres. Textos e fotos: Emilio Piñeiroa Lozano CAPELA de s. Isidro. MARELLE Parroquia de COVELAS (Ribadeo) A festividade celébrase o 15 de maio, actualmente só con misa. O derradeiro ano que se celebrou con música foi o ano 1956 coa famosa orquestra Amor de Viveiro. FACHADA: PORTICO, espazo arquitectónico cuberto adosado diante do edificio.Non ten espadana. Porta sinxela alintelada, na parte superior cruz grega, a ambolos dous lados dúas xanelas.
  2. 2. PLANTA: dunha soa nave rectangular rodeada dun banco de pedra, con cuberta de lousa sobre estrutura de madeira e pavimento de laxas. RETABLO: Carece de retablo, espazo ocupado por tres ménsulas: palalabra que provén do latín mensula (mesa pequena), é calquera elemento estrutural en saínte; con tres imaxes: no centro S. Isidro (Cidre) Labrador, o patrón, á dereita S. Xoán Bautista e a esquerda Sta. María da Cabeza. Sobre o altar un Crucifixo S. Isidro (Cidre) Labrador nado en Madrid o 4 de abril de 1082 é o patrón dos agricultores do mundo. Cando traballaba como xornaleiro, dividía o seu salario en tres partes: unha para os pobres, outra para a Igrexa e outra para el e a súa familia. Famoso por ter o don de atopar auga con facilidade. A súa muller, tamén santa, foi unha campesiña coñecida co nome de Santa María da Cabeza, á que se lle deu este alcume porque en Semana Santa, cando escasea a chuvia, a súa cabeza e exhibida en rogativas durante a procesión. Morreu no ano 1130. Aos 43 anos de ser sepultado sacaron do sepulcro o seu cadáver e estaba incorrupto, como se estivera recén morto. Pouco despois o rei Filipe III achábase gravemente enfermo e os médicos dicían que morrería. Entón sacaron os restos de S. Isidro do templo e ao rei foiselle a febre e ao chegar a el os restos do santo sanou por completo da enfermidade. A causa disto o rei intercedeu ante o Papa para que declarara Santo ao humilde labrador, e por isto e outros milagres, o Papa Gregorio XV canonizouno no ano 1622.

×